Decreto 130/2007

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Preámbulo[editar]

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo III, determina que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

Así mesmo, coa finalidade de asegurar unha formación común a toda a cidadanía española e garantir a validez das titulacións correspondentes, establece que lle corresponde ao Goberno de España fixar os aspectos básicos do currículo en relación aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación que constitúen as ensinanzas mínimas ás cales se refire a disposición adicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.

O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o parágrafo primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan.

O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da educación primaria que facilitarán a continuidade, progresión e coherencia da aprendizaxe no caso de mobilidade xeográfica do alumnado, desenvolve os aspectos básicos do currículo en relación cos obxectivos, competencias básicas, contidos e criterios de avaliación.

A Lei orgánica de educación indica que serán as administracións educativas as que establezan o currículo das distintas ensinanzas reguladas pola citada lei, do cal formarán parte os aspectos básicos anteriormente indicados.

Os centros docentes desenvolverán e completarán, se for o caso, o currículo das diferentes etapas e ciclos no uso da súa autonomía, tal e como se recolle no capítulo II do título V da Lei orgánica de educación, respondendo ao principio de autonomía pedagóxica, de organización e xestión que a citada lei lles atribúe aos centros educativos coa finalidade de adecuarse ás características e á realidade educativa de cada un deles.

O currículo que se establece neste decreto ten como obxectivo contribuír ao logro dos principios básicos desta Lei orgánica de educación que se expresan no preámbulo e que se resumen en lograr:

  • Calidade de educación para todo o alumnado.
  • Equidade que garanta a igualdade de oportunidades.
  • Esforzo compartido por todas as persoas compoñentes da comunidade educativa.

A educación primaria e mais a educación secundaria obrigatoria constitúen o ensino básico, que é obrigatorio e gratuíto para todas as persoas.

A educación primaria é, pois, a primeira etapa do ensino obrigatorio. Como tal, caracterízase por unha especial atención á diversidade, pola prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de apoios e/ou reforzos tan pronto como sexan detectadas, acudindo ás medidas organizativas e/ou curriculares que sexan precisas para asegurar o principio de equidade, sen prexuízo de garantir unha educación común para todo o alumnado.

Nesta liña, estableceranse os mecanismos precisos para lograr unha coordinación entre esta etapa e as de educación infantil e educación secundaria obrigatoria.

Porén, será de grande importancia a acción titorial que vertebre todas as actuacións con cada un dos grupos e con cada alumno e cada alumna dese grupo.

O eixe do traballo nesta etapa educativa será o desenvolvemento das competencias básicas que permitan encamiñar todo o alumnado cara ao logro dunha formación integral, tanto na súa vertente persoal coma nas demandas sociais e culturais que faciliten a continuación dos estudos e, posteriormente, a inclusión na vida laboral, pero sempre coa asunción da necesidade de aprender ao longo de toda a vida.

Ten enorme importancia a presenza no currículo das competencias básicas que o alumnado deberá desenvolver na educación primaria e completar na educación secundaria obrigatoria. As competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos. O seu logro deberá capacitar as alumnas e os alumnos para a súa realización persoal, a incorporación satisfactoria á vida adulta e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Será preciso que a organización dos centros educativos, as formas de relación de todas as persoas compoñentes da comunidade educativa, as actividades docentes, así como as complementarias e extraescolares, incidan no desenvolvemento das citadas competencias básicas. Prestarase especial atención á educación en valores e ás normas de convivencia que permitan unha incorporación á sociedade democrática con respecto, interese, esforzo e responsabilidade.

Neste decreto inclúense os seguintes anexos:

  • Anexo I. Competencias básicas.
  • Anexo II. Obxectivos, competencias básicas, contidos e criterios de avaliación das distintas áreas que constitúen a etapa.
  • Anexo III. Cadro de distribución horaria.
  • Anexo IV. Proxecto lector de centro.
  • Anexo V. Plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, oídos os ditames do Consello Consultivo e do Consello Escolar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de xuño de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º. Principios xerais[editar]

A educación primaria é unha etapa educativa que ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende seis cursos académicos, que se cursarán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade. Con carácter xeral, o alumnado incorporarase ao primeiro curso da educación primaria no ano natural en que cumpra seis anos.

A educación primaria consta de tres ciclos que se organizarán en áreas con carácter global e integrador.

Artigo 2º. Fins[editar]

1. A finalidade da educación primaria é proporcionarlles a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e á afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo.

2. A acción educativa nesta etapa procurará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e adaptarase aos seus ritmos de traballo.

Artigo 3º. Obxectivos da educación primaria[editar]

Os obxectivos da educación primaria estarán encamiñados ao logro da adquisición, por parte de todo o alumnado, das capacidades que permitan:

a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lle permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais con que se relaciona.

d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e de mulleres e a non-discriminación de persoas con discapacidade.

e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega, a lingua castelá e desenvolver hábitos de lectura.

f) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lle permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.

g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaz de aplicalos a situacións da súa vida cotiá.

h) Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas.

i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.

j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.

k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar e aprender a coidar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

l) Coñecer e valorar a flora e a fauna, en especial a presente na Comunidade Autónoma de Galicia, e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, o valor da corresponsabilidade no traballo doméstico e no coidado das outras persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

n) Fomentar a educación vial e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

Artigo 4º. Currículo[editar]

1. Enténdese por currículo da educación primaria o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación desta etapa educativa.

2. As competencias básicas que se deben adquirir no ensino básico publícanse no anexo I deste decreto.

Ao seu logro deberá contribuír a educación primaria, de acordo cos criterios de avaliación que para cada ciclo e área figuran no anexo II.

3. O currículo para a educación primaria nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia será o que se recolle para cada área e nos diferentes ciclos no anexo II a este decreto.

4. Os centros docentes desenvolverán e concretarán o currículo establecido neste decreto. Estas concrecións formarán parte do proxecto educativo, así como o tratamento nas distintas áreas de educación en valores, a educación moral e cívica, a educación para a paz, a igualdade de oportunidades entre os sexos, a educación ambiental, a educación sexual, para a saúde e calidade de vida, a educación para o lecer a educación do consumidor e a viaria.

Artigo 5º. Organización[editar]

1. A etapa da educación primaria comprende tres ciclos de dous anos académicos cada un e organízase en áreas, que terán un carácter global e integrador.

2. Cada un dos ciclos constitúe unha unidade de ensino-aprendizaxe, polo que é imprescindible a coordinación de todo o profesorado implicado para o desenvolvemento correcto do currículo. A etapa de educación primaria terá, pois, un carácter global e integrador.

3. A educación primaria será impartida por mestres e mestras, que terán competencia docente en todas as áreas deste nivel. As ensinanzas da música, da educación física e dos idiomas estranxeiros serán impartidas por mestres e mestras coa especialidade ou habilitación correspondente.

Artigo 6º. Áreas de coñecemento[editar]

1. As áreas que se impartirán en todos e cada un dos cursos da educación primaria, entre as que terán especial consideración polo seu carácter instrumental as linguas e as matemáticas, son as seguintes:

Coñecemento do medio natural, social e cultural.
Educación artística.
Educación física.
Lingua galega e literatura.
Lingua castelá e literatura.
Lingua estranxeira.
Matemáticas.

2. Ademais, no segundo ano do terceiro ciclo engadirase a área de educación para a cidadanía e os dereitos humanos, na cal se prestará especial atención á igualdade entre homes e mulleres.

3. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunha das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación e a educación en valores traballaranse en todas as áreas.

4. Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os centros elaborarán e aplicarán un proxecto lector que se axustará ás liñas básicas que se publican como anexo IV ao presente decreto, asegurándose como mínimo media hora diaria.

5. Os centros docentes elaborarán e aplicarán, ademais, o plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación que se axustará ás directrices que se publican como anexo V deste decreto.

Artigo 7º. Horario[editar]

1. Sen esquecer o carácter global e integrador das diferentes áreas en que se organiza a educación primaria, o horario semanal de cada unha das áreas nos distintos cursos é o que figura no anexo III deste decreto.

Artigo 8º. Avaliación[editar]

1. A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua, global, formativa e integradora de todas as áreas. Terá en conta o progreso do alumnado no conxunto das áreas.

2. Na avaliación serán tidos en conta todos os elementos que compoñen o currículo.

3. Os criterios de avaliación das áreas serán referentes fundamentais para valorar o grao de adquisición das competencias básicas.

4. Se no proceso de avaliación continua se advertise que un alumno ou alumna non progresa adecuadamente, o centro educativo, tan pronto detecte as dificultades de aprendizaxe, adoptará medidas de reforzo educativo coa finalidade de que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para continuar o proceso educativo.

5. O profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado coma os procesos de ensino e a súa propia práctica docente.

Artigo 9º. Promoción de ciclo[editar]

1. Ao final de cada ciclo, e como consecuencia do proceso de avaliación, tomaranse as decisións sobre promoción de ciclo do alumnado.

2. A decisión de promoción de ciclo adoptaraa o equipo de profesores e profesoras que imparten docencia ao grupo de alumnos e alumnas no último curso do ciclo, e deberá ter en especial consideración a información e o criterio do titor ou titora.

3. O alumnado acadará a promoción ao ciclo educativo seguinte sempre que alcanzase o desenvolvemento correspondente das competencias básicas e un axeitado grao de madurez. Accederase tamén ao seguinte ciclo cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo. Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas precisas para que o alumnado reciba os apoios necesarios para a recuperación das ditas aprendizaxes.

4. Cando o alumno ou alumna non cumpra as condicións establecidas no parágrafo anterior, permanecerá un ano máis no ciclo, tendo en conta que esta medida só se poderá adoptar unha soa vez ao longo de toda a etapa educativa. Esta medida deberá ir acompañada dun plan específico de reforzo educativo que os centros educativos organizarán de acordo co que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 10º. Promoción á educación secundaria obrigatoria[editar]

1. O alumnado accederá á educación secundaria obrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas e o adecuado grao de madurez. Accederá tamén cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa. Neste caso, o centro educativo receptor do alumnado establecerá as medidas de apoio necesarias para que este recupere as ditas aprendizaxes, á vista dos informes individualizados.

2. Se non se cumpren as condicións establecidas no parágrafo anterior, o alumno ou alumna permanecerá un ano máis no terceiro ciclo, agás se xa repetise unha vez nos dous ciclos anteriores.

Artigo 11º. Procedemento en materia de avaliación[editar]

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ditará as normas oportunas de procedemento en materia de avaliación e promoción do alumnado.

Artigo 12º. Informe sobre a aprendizaxe[editar]

1. De conformidade co establecido no artigo 20.5º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e coa finalidade de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, ao rematar a etapa, os titores ou titoras, tendo en conta a información solicitada ao equipo de profesores e profesoras, elaborarán un informe individualizado de cada alumno ou alumna sobre a súa aprendizaxe, os obxectivos alcanzados e as competencias básicas adquiridas, así como sobre aqueles elementos que puidesen condicionar o progreso educativo do alumnado.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria elaborará as características do informe, establecerá os mecanismos de coordinación coa etapa educativa seguinte e garantirá a súa confidencialidade.

Artigo 13º. Participación dos pais ou titores[editar]

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá o procedemento para que, de conformidade co establecido no artigo 4.2º e), da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, os pais e nais ou titores/as participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos/as ou tutelados/as, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros educativos para facilitar o seu progreso educativo.

Artigo 14º. Titoría[editar]

1. Na educación primaria, cada grupo de alumnos e alumnas terá un titor ou titora. A súa actuación deberá coordinarse especialmente coa dos outros profesores e profesoras que incidan sobre o mesmo grupo de alumnos e alumnas, sen prexuízo da necesaria coordinación co equipo de profesoras e profesores de ciclo e etapa.

2. Na educación primaria, a acción titorial orientará o proceso educativo individual e colectivo do alumnado, sen prexuízo das competencias e a necesaria coordinación, se é o caso, co Departamento de Orientación.

3. A persoa titora manterá unha relación permanente coas familias do alumnado, atendendo á conciliación profesional e familiar, teraas informadas sobre o progreso da aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus fillos/as e escoitaraas naquelas decisións que afecten a orientación académica e profesional dos seus fillos/as, sen prexuízo, se é o caso, das competencias do Departamento de Orientación.

Artigo 15º. Atención á diversidade[editar]

1. A intervención educativa nesta etapa atenderá á diversidade do alumnado, é dicir, centrarase nas actuacións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe.

Ademais, porá énfase na detección temperá do alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas da aprendizaxe, polas súas altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia familiar.

2. En canto se detecten dificultades de aprendizaxe nalgún alumno ou alumna, o centro educativo deberá poñer en funcionamento as medidas de reforzo educativo que se consideren máis convenientes e que poderán ser tanto organizativas como curriculares. Entre estas medidas encóntranse o apoio dentro do grupo ordinario, o apoio ocasional fóra do grupo ordinario, os agrupamentos flexibles e as adaptacións do currículo.

3. A escolarización do alumnado que se incorpora tardiamente ao sistema educativo por proceder doutros países ou por calquera outro motivo realizarase atendendo ás súas circunstancias, coñecementos, idade e historial académico.

Cando presente graves carencias na lingua de escolarización do centro, realizará un programa de inmersión lingüística que será, en todo caso, simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios, cos cales compartirá o maior tempo posible de horario semanal, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os alumnos e alumnas que presenten un desfase no seu nivel de competencia curricular de máis dun ciclo poderán ser escolarizados nun curso inferior ao que lles correspondería por idade. Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas de reforzo educativo máis adecuadas para facilitar a súa integración escolar e a recuperación do desfase curricular. No suposto de superar o dito desfase, incorporaranse ao curso que lles corresponde pola súa idade.

4. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a súa duración cando se prevexa que estas son as medidas máis adecuadas para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 16º. Alumnado con necesidades educativas especiais[editar]

1. Enténdese por alumnado que presenta necesidades educativas especiais aquel que requira, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves da conduta, tal como indica o artigo 73 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. Para que este alumnado poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos da etapa, estableceranse as medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso, dentro dos principios de inclusión e normalidade.

3. Na educación primaria poderán realizarse adaptacións curriculares que se aparten significativamente dos contidos e criterios de avaliación do currículo, dirixidas a este alumnado con necesidades educativas especiais.

4. As adaptacións curriculares deste alumnado, que estarán precedidas en todo caso dunha avaliación das súas necesidades educativas especiais e da conseguinte proposta curricular específica, realizaranse buscando o máximo desenvolvemento das competencias básicas de acordo coas posibilidades do alumno ou alumna; a avaliación e a promoción tomarán como referencia os obxectivos e criterios de avaliación fixados nas ditas adaptacións.

5. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará o procedemento de autorización das adaptacións referidas neste artigo.

6. Sen prexuízo da permanencia durante un curso máis no mesmo ciclo, prevista no artigo 9.4º do presente decreto, a escolarización deste alumnado na educación primaria en centros ordinarios poderá prolongarse un ano máis, sempre que se favoreza a súa integración socioeducativa.

Artigo 17º. Avaliación de diagnóstico[editar]

1. Ao finalizar o segundo ciclo da educación primaria, todos os centros realizarán unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas polo seu alumnado. Esta avaliación, que non terá efectos académicos, terá carácter formativo e orientador para os centros, informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa, como establece o artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitaralles aos centros educativos os modelos e apoios necesarios, co fin de que todos realicen de xeito adecuado estas avaliacións.

Disposicións adicionais[editar]

Primeira. Ensinanzas de relixión[editar]

1. A área de relixión católica será de oferta obrigatoria para os centros e de carácter voluntario para o alumnado.

2. O ensino doutras relixións axustarase ao disposto nos acordos de cooperación celebrados polo Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, a Federación de Comunidades Israelitas de España, a Comisión Islámica de España e, se é o caso, aqueles que no futuro se poidan subscribir con outras confesións relixiosas.

3. Ao inicio de cada curso académico os pais/nais ou titores/as dos alumnos e alumnas manifestarán a súa vontade de que os seus fillos/as reciban ou non ensinanzas de relixión.

4. Os centros docentes disporán as medidas organizativas para que o alumnado cuxos pais ou titores non optasen por que cursen as ensinanzas de relixión, reciban a debida atención educativa co fin de que a elección dunha ou outra opción non supoña discriminación ningunha. A dita atención, en ningún caso comportará a aprendizaxe de contidos curriculares asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a calquera área da etapa. As medidas organizativas que dispoñan os centros deberán ser incluídas no proxecto educativo para que familias e titores/as as coñezan con anterioridade.

5. A determinación do currículo do ensino de relixión católica e das diferentes confesións relixiosas coas cales o Estado español subscribiu acordos de cooperación en materia educativa será competencia, respectivamente, da xerarquía eclesiástica e das correspondentes autoridades relixiosas. O seu contido deberá, en calquera caso, ser respectuoso cos dereitos das persoas marcados na lexislación vixente e sobre todo co valor de igualdade entre mulleres e homes.

6. A avaliación do ensino da relixión católica realizarase nos mesmos termos e cos mesmos efectos ca a das outras áreas da educación primaria. A avaliación do ensino das diferentes confesións relixiosas axustarase ao establecido nos acordos de cooperación subscritos polo Estado español.

7. Coa finalidade de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia entre todo o alumnado, as cualificacións que se obtivesen na avaliación das ensinanzas de relixión non se computarán nas convocatorias en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

Segunda. Ensinanzas en linguas estranxeiras[editar]

A Administración educativa poderá autorizar que unha parte do currículo se imparta en linguas estranxeiras, sen que iso supoña modificación dos aspectos básicos do currículo regulados neste decreto.

Os centros que impartan unha parte das áreas do currículo en linguas estranxeiras non poderán incluír en ningún caso requisitos lingüísticos entre os criterios de admisión do alumnado.

Disposición derrogatoria[editar]

Queda derrogado o Decreto 245/1992, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da vixencia do seu currículo ata a implantación da nova ordenación da educación primaria, de acordo co disposto no Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Disposicións derradeiras[editar]

Primeira. Desenvolvemento normativo[editar]

Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda. Entrada en vigor[editar]

Este decreto entra en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo do establecido na súa disposición derrogatoria.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xuño de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño
Presidente

Laura Sánchez Piñón
Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I: Competencias básicas[editar]

Unha posible definición de competencia básica podería ser «a capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os saberes como as habilidades e as actitudes e vai máis alá do saber e do saber facer, incluíndo o saber ser ou estar».

A incorporación de competencias básicas ao currículo permite poñer o acento naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde unha posición integradora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos. De aí o seu carácter básico. Son aquelas competencias que debe desenvolver un mozo ou unha moza ao finalizar o ensino obrigatorio para poder lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias finalidades: integrar as diferentes aprendizaxes, tanto as formais, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, coma as informais e non formais.

Permitirlles a todos os estudantes integrar as súas aprendizaxes, poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas de xeito efectivo cando lles resulten necesarias en diferentes situacións e contextos.

Orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible e, en xeral, inspirar as distintas decisións relativas ao proceso de ensino e de aprendizaxe, a metodoloxía, a organización dos centros educativos, as relacións persoais e a participación de toda a comunidade educativa.

Coas áreas e materias do currículo preténdese que todos os alumnos e as alumnas alcancen os obxectivos educativos e, consecuentemente, que adquiran as competencias básicas. Con todo, non existe unha relación unívoca entre o ensino de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias.

Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias e, pola súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias áreas ou materias.

Ao ser as competencias un elemento organizador van ter influencia, non só nos contidos e na avaliación, senón tamén na metodoloxía.

O traballo nas áreas e materias do currículo para contribuír ao desenvolvemento das competencias básicas debe complementarse con diversas medidas organizativas e funcionais, imprescindibles para o seu desenvolvemento. Así, a organización e o funcionamento dos centros e as aulas, a participación do alumnado, as normas de réxime interno, o uso de determinadas metodoloxías e recursos didácticos, ou a concepción, organización e funcionamento da biblioteca escolar, entre outros aspectos, poden favorecer ou dificultar o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, a análise do contorno físico, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital. Igualmente, a acción titorial permanente pode contribuír de modo determinante á adquisición de competencias relacionadas coa regulación das aprendizaxes, o desenvolvemento emocional ou as habilidades sociais. A planificación das actividades complementarias e extraescolares pode reforzar o desenvolvemento do conxunto das competencias básicas.

No marco da proposta realizada pola Unión Europea, e de acordo coas consideracións que se acaban de expoñer, identificáronse oito competencias básicas:

  1. Competencia en comunicación lingüística.
  2. Competencia matemática.
  3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
  4. Tratamento da información e competencia dixital.
  5. Competencia social e cidadá.
  6. Competencia cultural e artística.
  7. Competencia para aprender a aprender.
  8. Autonomía e iniciativa persoal.

Neste anexo recóllense a descrición, finalidade e aspectos distintivos destas competencias e ponse de manifesto, en cada unha delas, o nivel considerado básico que debe alcanzar todo o alumnado ao finalizar a educación secundaria obrigatoria.

O currículo da educación primaria estrutúrase en áreas; é nelas onde se deben buscar os referentes que permitan o desenvolvemento e adquisición das competencias nesta etapa. Así pois, en cada área incluiranse referencias explícitas á súa contribución a aquelas competencias básicas ás cales se orienta en maior medida. Doutra banda, tanto os obxectivos como a propia selección dos contidos buscan asegurar o desenvolvemento de todas elas. Os criterios de avaliación serven de referencia para valorar o progresivo grao de adquisición.

Competencia en comunicación lingüística[editar]

Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.

Os coñecementos, destrezas e actitudes propios desta competencia permiten expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formar un xuízo crítico e ético, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar coherencia e cohesión ao discurso e ás propias accións e tarefas, adoptar decisións e desfrutar escoitando, lendo ou expresándose de forma oral e escrita, todo o cal contribúe ademais ao desenvolvemento da autoestima e da autoconfianza.

Comunicarse e conversar son accións que supoñen habilidades para establecer vínculos e relacións construtivas cos demais e co contorno, así como achegarse a novas culturas, que adquiren consideración e respecto na medida en que se coñecen. Por iso, a competencia de comunicación lingüística está presente na capacidade efectiva de convivir e de resolver conflitos.

A lingua, como ferramenta de comprensión e representación da realidade, debe ser instrumento para a igualdade; para a construción de relacións, en termos de igualdade, entre mulleres e homes; para a eliminación de estereotipos e expresións machistas ou xenófobas.

A comunicación será o eixe da resolución pacífica de conflitos na comunidade escolar.

Escoitar, expoñer e dialogar implica ser consciente dos principais tipos de interacción verbal, ser progresivamente competente na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas e adaptar a comunicación ao contexto. Supón tamén a utilización activa e efectiva de códigos e habilidades lingüísticas e non lingüísticas e das regras propias do intercambio comunicativo en diferentes situacións, para producir textos orais adecuados a cada situación de comunicación. Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar información, e ser competente á hora de comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas. A lectura facilita a interpretación e comprensión do código que permite facer uso da lingua escrita e é, ademais, fonte de pracer, de descubrimento doutros contornos, idiomas e culturas, de fantasía e de saber, todo o cal contribúe, pola súa vez, a conservar e mellorar a competencia comunicativa.

A habilidade para seleccionar e aplicar determinados propósitos ou obxectivos ás accións propias da comunicación lingüística (o diálogo, a lectura, a escritura, etc.) está vinculada a algúns trazos fundamentais desta competencia, como as habilidades para representarse mentalmente, interpretar e comprender a realidade, e organizar e autorregular o coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. Comprender e saber comunicar son saberes prácticos que se deben apoiar no coñecemento reflexivo sobre o funcionamento da lingua e as súas normas de uso, e implican a capacidade de tomar a lingua como obxecto de observación e de análise. Expresar e interpretar diferentes tipos de discurso acordes á situación comunicativa en diferentes contextos sociais e culturais implica o coñecemento e aplicación efectiva das regras de funcionamento do sistema da lingua e das estratexias necesarias para interactuar lingüisticamente dun xeito adecuado.

Dispoñer desta competencia implica ter conciencia das convencións sociais, dos valores e aspectos culturais e da versatilidade da lingua en función do contexto e da intención comunicativa. Implica a capacidade empática de poñerse no lugar doutras persoas; de ler, de escoitar, de analizar e de ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espírito crítico; de expresar adecuadamente -en fondo e forma- as propias ideas e emocións, e de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.

Con distinto nivel de dominio e de formalización -especialmente en lingua escrita- esta competencia significa, no caso das linguas estranxeiras, poder comunicarse nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio. Así mesmo, favorécese o acceso a máis e diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.

En síntese, o desenvolvemento da competencia lingüística ao final da educación obrigatoria comporta o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos, e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, recollendo as normas do Estatuto de autonomía, todos estes elementos que configuran a competencia lingüística estarán referidos ás dúas linguas oficiais, o galego, lingua propia de Galicia, e o castelán, así como, polo menos, a unha lingua estranxeira.

Competencia matemática[editar]

Consiste na habilidade para utilizar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo laboral.

Forma parte da competencia matemática a habilidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións, o que aumenta a posibilidade real de seguir aprendendo ao longo da vida, tanto no ámbito escolar ou académico como fóra del, e favorece a participación efectiva na vida social.

Así mesmo, esta competencia implica o coñecemento e manexo dos elementos matemáticos básicos (distintos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.) en situacións reais ou simuladas da vida cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á solución dos problemas ou á obtención de información. Estes procesos permiten aplicar esa información a unha maior variedade de situacións e contextos, seguir cadeas argumentais identificando as ideas fundamentais, e estimar e axuizar a lóxica e validez de argumentacións e informacións.

En consecuencia, a competencia matemática supón a habilidade para seguir determinados procesos de pensamento (como a indución e a dedución, entre outros) e aplicar algúns algoritmos de cálculo ou elementos da lóxica, o que conduce a identificar a validez dos razoamentos e a valorar o grao de certeza asociado aos resultados derivados dos razoamentos válidos.

A competencia matemática implica unha disposición favorable e de progresiva seguridade e confianza cara á información e ás situacións (problemas, incógnitas, etc.) que conteñen elementos ou soportes matemáticos, así como cara á súa utilización cando a situación o aconsella, baseadas no respecto e no gusto pola certeza e na súa procura a través do razoamento.

Esta competencia cobra realidade e sentido na medida en que os elementos e razoamentos matemáticos son utilizados para enfrontarse a aquelas situacións cotiás que os precisan. Xa que logo, a identificación de tales situacións, a aplicación de estratexias de resolución de problemas e a selección das técnicas adecuadas para calcular, representar e interpretar a realidade a partir da información dispoñible están incluídas nela. En definitiva, a posibilidade real de utilizar a actividade matemática en contextos tan variados como sexa posible. Por iso, o seu desenvolvemento na educación obrigatoria alcanzarase na medida en que os coñecementos matemáticos se apliquen de xeito espontáneo a unha ampla variedade de situacións, provenientes doutros campos de coñecemento e da vida cotiá.

O desenvolvemento da competencia matemática ao final da educación obrigatoria implica utilizar espontaneamente -nos ámbitos persoal e social- os elementos e razoamentos matemáticos para interpretar e producir información, para resolver problemas provenientes de situacións cotiás e para tomar decisións.

En definitiva, supón aplicar aquelas destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática e expresarse e comunicarse na linguaxe matemática, utilizando as ferramentas de apoio adecuadas, e integrando o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento para dar unha mellor resposta ás situacións da vida de distinto nivel de complexidade.

Competencia no coñecemento e a interación co mundo físico[editar]

É a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana, de tal modo que se posibilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos. En definitiva, incorpora habilidades para desenvolverse adecuadamente, con autonomía e iniciativa persoal, en ámbitos da vida e do coñecemento moi diversos (saúde, actividade produtiva, consumo, ciencia, procesos tecnolóxicos, etc.) e para interpretar o mundo, o que exixe a aplicación dos conceptos e principios básicos que permiten a análise dos fenómenos desde os diferentes campos de coñecemento científico involucrados.

Así, forma parte desta competencia a adecuada percepción do espazo físico en que se desenvolven a vida e a actividade humana, tanto a grande escala coma no contorno inmediato, e a habilidade para interactuar co espazo circundante: moverse nel e resolver problemas nos cales interveñan os obxectos e a súa posición.

Así mesmo, a competencia de interactuar co espazo físico leva implícito ser consciente da influencia que ten a presenza das persoas no espazo, o seu asentamento, a súa actividade, as modificacións que introducen e as paisaxes resultantes, así como da importancia de que todos os seres humanos se beneficien do desenvolvemento e de que este procure a conservación dos recursos e a diversidade natural, e se manteña a solidariedade global e interxeracional. Supón, así mesmo, demostrar espírito crítico na observación da realidade e na análise das mensaxes informativas e publicitarias, así como uns hábitos de consumo responsables na vida cotiá.

Esta competencia, partindo do coñecemento do corpo humano, da natureza e da interacción dos homes e mulleres con ela, permite argumentar racionalmente as consecuencias duns ou doutros modos de vida, e adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudables nun contorno natural e social tamén saudable.

Así mesmo, supón considerar a dobre dimensión -individual e colectiva- da saúde, e mostrar actitudes de responsabilidade e de respecto cara aos demais e cara a un mesmo.

Esta competencia fai posible identificar preguntas ou problemas e obter conclusións baseadas en probas, coa finalidade de comprender e tomar decisións sobre o mundo físico e sobre os cambios que a actividade humana produce no medio natural, na saúde e na calidade de vida das persoas. Supón a aplicación destes coñecementos e procedementos para dar resposta ao que se percibe como demandas ou necesidades das persoas, das organizacións e do medio natural.

As habilidades asociadas ao movemento no espazo físico e á saúde activan esta competencia a través da actividade física e do control do propio corpo. A actividade física está mediatizada polo movemento e as súas funcións. Unha correcta utilización do movemento por medio da actividade física facilitará, ademais dun maior coñecemento de si mesmo, unha utilización máis produtiva do contorno, unhas mellores relacións entre as persoas e un incremento da calidade de vida e da saúde, entendida como un estado de benestar físico, mental e social.

Tamén incorpora a aplicación dalgunhas nocións, conceptos científicos e técnicos, e de teorías científicas básicas previamente comprendidas. Isto implica a habilidade progresiva para poñer en práctica os procesos e actitudes propios da análise sistemática e de indagación científica: identificar e propoñer problemas relevantes; realizar observacións directas e indirectas con conciencia do marco teórico ou interpretativo que as dirixe; formular preguntas; localizar, obter, analizar e representar información cualitativa e cuantitativa; propoñer e contrastar solucións, tentativas ou hipóteses; realizar predicións e inferencias de distinto nivel de complexidade; e identificar o coñecemento dispoñible (teórico e empírico) necesario para responder ás preguntas científicas, e para obter, interpretar, avaliar e comunicar conclusións en diversos contextos (académico, persoal e social). Así mesmo, significa recoñecer a natureza, fortalezas e límites da actividade investigadora como construción social do coñecemento ao longo da historia. Esta competencia proporciona, ademais, destrezas asociadas á planificación e ao manexo de solucións técnicas, seguindo criterios de economía e de eficacia, para satisfacer as necesidades da vida cotiá e do mundo laboral.

En definitiva, esta competencia supón o desenvolvemento e aplicación do pensamento científico-técnico para interpretar a información que se recibe e para predicir e tomar decisións con iniciativa e autonomía persoal nun mundo en que os avances que se van producindo nos ámbitos científico e tecnolóxico teñen unha influencia decisiva na vida persoal, na sociedade e no mundo natural. Así mesmo, implica a diferenciación e valoración do coñecemento científico á beira doutras formas de coñecemento, e a utilización de valores e de criterios éticos asociados á ciencia e ao desenvolvemento tecnolóxico.

En coherencia coas habilidades e destrezas relacionadas ata aquí, son parte desta competencia básica o uso responsable dos recursos naturais, o coidado do medio, o consumo racional e responsable, e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

Tratamento da información e competencia dixital[editar]

Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Está asociada coa procura, selección, rexistro e tratamento ou análise da información, utilizando técnicas e estratexias diversas para acceder a ela segundo a fonte á cal se acuda e o soporte que se utilice (oral, impreso, audiovisual, dixital ou multimedia). Require o dominio de linguaxes específicas básicas (textual, numérica, icónica, visual, gráfica e sonora) e das súas pautas de descodificación e de transferencia, así como aplicar en distintas situacións e contextos o coñecemento dos diferentes tipos de información, das súas fontes, das súas posibilidades e da súa localización, así como as linguaxes e soportes máis frecuentes en que esta adoita expresarse. Dispoñer de información non produce de forma automática coñecemento. Transformar a información en coñecemento exixe de destrezas de razoamento para organizala, relacionala, analizala, sintetizala e facer inferencias e deducións de distinto nivel de complexidade; en definitiva, comprendela e integrala nos esquemas previos de coñecemento. Significa, así mesmo, comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando recursos expresivos que incorporen, non só diferentes linguaxes e técnicas específicas, senón tamén as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación.

Ser competente na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como instrumento de traballo intelectual inclúe utilizalas na súa dobre función de transmisoras e xeradoras de información e de coñecemento. Utilizaranse na súa función xeradora ao empregalas, por exemplo, como ferramenta no uso de modelos de procesos matemáticos, físicos, sociais, económicos ou artísticos. Así mesmo, esta competencia permite procesar e xestionar adecuadamente información abundante e complexa, resolver problemas reais, tomar decisións, traballar en contornos colaborativos ampliando os contornos de comunicación para participar en comunidades de aprendizaxe formais e informais, e xerar producións responsables e creativas.

A competencia dixital inclúe utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación extraendo o seu máximo rendemento a partir da comprensión da natureza e modo de operar dos sistemas tecnolóxicos, e do efecto que eses cambios teñen no mundo persoal e sociolaboral. Así mesmo, supón manexar estratexias para identificar e resolver os problemas habituais de software e de hardware que vaian xurdindo. Igualmente, permite aproveitar a información que proporcionan e analizala de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo, tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica, coñecendo e relacionándose con contornos físicos e sociais cada vez máis amplos. Ademais de utilizalas como ferramenta para organizar a información, procesala e orientala para conseguir obxectivos e fins de aprendizaxe, traballo e lecer previamente establecidos.

En definitiva, a competencia dixital comporta facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles para resolver problemas reais de modo eficiente. Ao mesmo tempo, posibilita avaliar e seleccionar novas fontes de información e innovacións tecnolóxicas a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para acometer tarefas ou obxectivos específicos. En síntese, o tratamento da información e a competencia dixital implican ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas; tamén ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible, contrastándoa cando for necesario, e respectar as normas de conduta acordadas socialmente para regular o uso da información e as súas fontes nos distintos soportes.

Competencia social e cidadá[editar]

Esta competencia fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.

Globalmente supón utilizar, para desenvolverse socialmente, o coñecemento sobre a evolución e organización das sociedades e sobre os trazos e valores do sistema democrático, así como utilizar o xuízo moral para elixir e tomar decisións, e exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía.

Esta competencia favorece a comprensión da realidade histórica e social do mundo, da súa evolución, dos seus logros e dos seus problemas. A comprensión crítica da realidade exixe experiencia, coñecementos e conciencia da existencia de distintas perspectivas ao analizar esa realidade. Supón recorrer á análise multicausal e sistémica para axuizar os feitos e problemas sociais e históricos e para reflexionar sobre eles de forma global e crítica, así como realizar razoamentos críticos e loxicamente válidos sobre situacións reais, e dialogar para mellorar colectivamente a comprensión da realidade.

Significa tamén entender os trazos das sociedades actuais, a súa crecente pluralidade e o seu carácter evolutivo, ademais de demostrar comprensión da achega que as diferentes culturas fixeron á evolución e progreso da humanidade, e dispoñer dun sentimento común de pertenza á sociedade en que se vive. En definitiva, mostrar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local. Así mesmo, forman parte fundamental desta competencia aquelas habilidades sociais que permiten saber que os conflitos de valores e de intereses forman parte da convivencia, resolvelos con actitude construtiva e tomar decisións con autonomía empregando tanto os coñecementos sobre a sociedade como unha escala de valores construída mediante a reflexión crítica e o diálogo no marco dos patróns culturais básicos de cada rexión, país ou comunidade.

As dinámicas persoais ou de grupo a través do propio corpo, en situacións de cooperación e de oposición, fomentan a reflexión sobre os fenómenos deportivos na actualidade, así como os valores deportivos máis esenciais de colaboración, de compañeirismo e de solidariedade e a súa aplicación a outros ámbitos da vida do alumnado.

A dimensión ética da competencia social e cidadá entraña ser consciente dos valores do contorno, avalialos e reconstruílos afectiva e racionalmente para crear progresivamente un sistema de valores propio e comportarse en coherencia con eles ao afrontar unha decisión ou un conflito. Iso supón entender que non toda posición persoal é ética se non está baseada no respecto a principios ou valores universais como os que encerra a Declaración universal dos dereitos humanos.

En consecuencia, entre as habilidades desta competencia destacan coñecerse e valorarse, saber comunicarse en distintos contextos, expresar as propias ideas e escoitar as alleas, ser capaz de poñerse no lugar do outro e comprender o seu punto de vista aínda que sexa diferente do propio, e tomar decisións nos distintos niveis da vida comunitaria, valorando conxuntamente os intereses individuais e os do grupo.

Ademais, implica a valoración das diferenzas á vez que o recoñecemento da igualdade de dereitos entre os diferentes colectivos, en particular entre homes e mulleres. Igualmente, a práctica do diálogo e da negociación para chegar a acordos como forma de resolver os conflitos, tanto no ámbito persoal como no social.

Para rematar, forma parte desta competencia o exercicio dunha cidadanía activa e integradora que exixe o coñecemento e a comprensión dos valores en que se asentan os estados e sociedades democráticas, dos seus fundamentos, modos de organización e funcionamento.

Esta competencia permite reflexionar criticamente sobre os conceptos de democracia, liberdade, solidariedade, corresponsabilidade, participación e cidadanía, con particular atención aos dereitos e deberes recoñecidos nas declaracións internacionais, na Constitución española e na lexislación autonómica, así como á súa aplicación por parte de diversas institucións; e mostrar un comportamento coherente cos valores democráticos, que á súa vez implica dispoñer de habilidades como a toma de conciencia dos propios pensamentos, valores, sentimentos e accións, e o control e autorregulación deles.

En definitiva, o exercicio da cidadanía implica dispoñer de habilidades para participar activa e plenamente na vida cívica. Significa construír, aceptar e practicar normas de convivencia acordes cos valores democráticos, exercer os dereitos, liberdades, responsabilidades e deberes cívicos, e defender os dereitos dos demais.

En síntese, esta competencia supón comprender a realidade social en que se vive, afrontar a convivencia e os conflitos empregando o xuízo ético baseado nos valores e prácticas democráticas, e exercer a cidadanía, actuando con criterio propio, contribuíndo á construción da paz e da democracia, e mantendo unha actitude construtiva, solidaria e responsable ante o cumprimento dos dereitos e obrigas cívicas.

Competencia cultural e artística[editar]

Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute e consideralas como parte do patrimonio dos pobos.

Apreciar o feito cultural en xeral, e o feito artístico en particular, leva implícito dispoñer daquelas habilidades e actitudes que permiten acceder ás súas distintas manifestacións, así como habilidades de pensamento, perceptivas e comunicativas, sensibilidade e sentido estético para poder comprendelas, valoralas, emocionarse e desfrutalas.

Esta competencia implica poñer en xogo habilidades de pensamento diverxente e converxente, posto que comporta reelaborar ideas e sentimentos propios e alleos; atopar fontes, formas e canles de comprensión e expresión; planificar, avaliar e axustar os procesos necesarios para alcanzar uns resultados, xa sexa no ámbito persoal ou académico. Trátase, xa que logo, dunha competencia que facilita tanto expresarse e comunicarse como percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura.

Require poñer en funcionamento a iniciativa, a imaxinación e a creatividade para expresarse mediante códigos artísticos e, na medida en que as actividades culturais e artísticas supoñen en moitas ocasións un traballo colectivo, cómpre dispoñer de habilidades de cooperación para contribuír á consecución dun resultado final, e ter conciencia da importancia de apoiar e apreciar as iniciativas e contribucións alleas.

A competencia artística incorpora, así mesmo, o coñecemento básico das principais técnicas, recursos e convencións das diferentes linguaxes artísticas, así como das obras e manifestacións máis destacadas do patrimonio cultural. Ademais, supón identificar as relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade -a mentalidade e as posibilidades técnicas da época en que se crean-, ou coa persoa ou colectividade que as crea. Isto significa tamén ter conciencia da evolución do pensamento, das correntes estéticas, das modas e dos gustos, así como da importancia representativa, expresiva e comunicativa que os factores estéticos desempeñaron e desempeñan na vida cotiá da persoa e das sociedades.

Supón igualmente unha actitude de aprecio da creatividade implícita na expresión de ideas, experiencias ou sentimentos a través de diferentes medios artísticos, como a música, a literatura, as artes visuais e escénicas, ou das diferentes formas que adquiren as chamadas artes populares. Exixe, así mesmo, valorar a liberdade de expresión, o dereito á diversidade cultural, a importancia do diálogo intercultural e a realización de experiencias artísticas compartidas.

En síntese, o conxunto de destrezas que configuran esta competencia refírese tanto á habilidade para apreciar e desfrutar coa arte e outras manifestacións culturais como a aquelas relacionadas co emprego dalgúns recursos da expresión artística para realizar creacións propias. Implica un coñecemento básico das distintas manifestacións culturais, artísticas e deportivas; a aplicación de habilidades de pensamento diverxente e de traballo colaborativo; unha actitude aberta, respectuosa e crítica cara á diversidade de expresións artísticas e culturais; o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora e un interese por participar na vida cultural e por contribuír á conservación do patrimonio cultural e artístico, tanto da propia comunidade como doutras.

Competencia para aprender a aprender[editar]

Aprender a aprender supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónomo de acordo cos propios obxectivos e necesidades.

Esta competencia ten dúas dimensións fundamentais. Por unha banda, a adquisición da consciencia das propias capacidades (intelectuais, emocionais, físicas), do proceso e das estratexias necesarias para desenvolvelas, así como do que se pode facer por un mesmo e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou recursos. Doutra banda, dispoñer dun sentimento de competencia persoal, que redunda na motivación, na confianza nun mesmo e no gusto por aprender.

Significa ser consciente do que se sabe e do que cómpre aprender, de como se aprende, e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer obxectivos persoais. Require coñecer as propias potencialidades e carencias, sacando proveito das primeiras e tendo motivación e vontade para superar as segundas desde unha expectativa de éxito, aumentando progresivamente a seguridade para afrontar novos retos de aprendizaxe.

Por iso, comporta ter consciencia daquelas capacidades que entran en xogo na aprendizaxe, como a atención, a concentración, a memoria, a comprensión e a expresión lingüística ou a motivación de logro, entre outras, e obter un rendemento máximo e personalizado delas coa axuda de distintas estratexias e técnicas: de estudo, de observación e rexistro sistemático de feitos e de relacións, de traballo cooperativo e por proxectos, de resolución de problemas, de planificación e de organización de actividades e tempos de forma efectiva, ou do coñecemento sobre os diferentes recursos e fontes para a recolla, selección e tratamento da información, incluídos os recursos tecnolóxicos.

Implica, así mesmo, a curiosidade de formularse preguntas, identificar e manexar a diversidade de respostas posibles ante unha mesma situación ou problema utilizando diversas estratexias e metodoloxías que permitan afrontar a toma de decisións, racional e criticamente, coa información dispoñible.

Inclúe, ademais, habilidades para obter información -xa sexa individualmente ou en colaboración- e, moi especialmente, para transformala en coñecemento propio, relacionando e integrando a nova información cos coñecementos previos e coa propia experiencia persoal e sabendo aplicar os novos coñecementos e capacidades en situacións parecidas e contextos diversos.

Por outra banda, esta competencia require proporse metas alcanzables a curto, medio e longo prazo e cumprilas, elevando os obxectivos de aprendizaxe de forma progresiva e realista.

Fai necesaria tamén a perseveranza na aprendizaxe, desde a súa valoración como un elemento que enriquece a vida persoal e social e que é, xa que logo, merecedor do esforzo que require. Supón ser capaz de autoavaliarse e autorregularse, responsabilidade e compromiso persoal, saber administrar o esforzo, aceptar os erros e aprender de e cos demais.

En síntese, aprender a aprender implica a consciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos desde un sentimento de competencia ou eficacia persoal, e inclúe tanto o pensamento estratéxico como a capacidade de cooperar, de autoavaliarse, e o manexo eficiente dun conxunto de recursos e técnicas de traballo intelectual, todo o cal se desenvolve a través de experiencias de aprendizaxe conscientes e gratificantes, tanto individuais coma colectivas.

Autonomía e iniciativa persoal[editar]

Esta competencia refírese, por unha banda, á adquisición da consciencia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas, como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de simesmo e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos.

Por outra banda, remite á capacidade de elixir con criterio propio, de imaxinar proxectos, e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver as opcións e plans persoais -no marco de proxectos individuais ou colectivos- responsabilizándose deles, tanto no ámbito persoal coma no social e no laboral.

Supón poder transformar as ideas en accións; é dicir, propoñerse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos. Require, xa que logo, poder reelaborar as propostas previas ou elaborar novas ideas, buscar solucións e levalas á práctica. Ademais, analizar posibilidades e limitacións, coñecer as fases de desenvolvemento dun proxecto, planificar, tomar decisións, actuar, avaliar o feito e autoavaliarse, tirar conclusións e valorar as posibilidades de mellora.

Exixe, por todo iso, ter unha visión estratéxica dos retos e oportunidades que axude a identificar e cumprir obxectivos e a manter a motivación para lograr o éxito nas tarefas emprendidas, cunha ambición persoal, académica e profesional. Igualmente, ser capaz de poñer en relación a oferta académica, laboral ou de lecer dispoñible, coas capacidades, desexos e proxectos persoais.

Ademais, comporta unha actitude positiva cara ao cambio e á innovación que presupón flexibilidade de formulacións para que se comprendan os devanditos cambios como oportunidades, para adaptarse crítica e construtivamente a eles, afrontar os problemas e atopar solucións en cada un dos proxectos vitais que se emprenden.

Na medida en que a autonomía e iniciativa persoal involucran a miúdo outras persoas, esta competencia obriga a dispoñer de habilidades sociais para relacionarse, para cooperar e para traballar en equipo: poñerse no lugar do outro, valorar as ideas dos demais, dialogar e negociar, a asertividade para comunicarlles adecuadamente aos demais as propias decisións, e traballar de forma cooperativa e flexible.

Outra dimensión importante desta competencia, moi relacionada con esta vertente máis social, está constituída por aquelas habilidades e actitudes relacionadas co liderado de proxectos, que inclúen a confianza nun mesmo, a empatía, o espírito de superación, as habilidades para o diálogo e a cooperación, a organización de tempos e tarefas, a capacidade de afirmar e defender dereitos ou a asunción de riscos.

En síntese, a autonomía e a iniciativa persoal supoñen ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

Relación entre competencias básicas, obxectivos xerais da etapa e áreas curriculares[editar]

Aínda que todas as áreas contribúen á consecución das oito competencias básicas, a contribución é maior ou menor segundo a competencia á cal nos refiramos:

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico[editar]

Obxectivos xerais.

  • Coñecer, valorar e desfrutar do contorno natural, social e cultural, as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación del.
  • Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Matemáticas.

Competencia cultural e artística[editar]

Obxectivos xerais.

  • Coñecer, valorar e desfrutar do contorno natural, social e cultural, as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación del.
  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas, desenvolvendo a sensibilidade estética e a capacidade de desfrute das súas diferentes manifestacións e iniciándose na construción de propostas persoais.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios, as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non-discriminación de persoas por ningunha causa.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Educación artística.
  • Coñecemento do medio natural, social e vultural
  • Educación gísica.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

Competencia en comunicación lingüística[editar]

Obxectivos xerais.

  • Coñecer e utilizar apropiadamente a lingua galega e a lingua castelá e desenvolver hábitos de lectura e de respecto á diversidade lingüística.
  • Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.

Competencia en matemáticas[editar]

Obxectivos xerais.

  • Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaces de aplicalos a situacións da súa vida cotiá.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Matemáticas.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.

Competencia dixital e tratamento da información[editar]

Obxectivos xerais.

  • Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.
  • Utilizar estratexias persoais e variadas para obter, seleccionar, organizar, transformar, representar e comunicar a información.

Áreas máis directamente relacionadas:

  • Matemáticas.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
  • Educación artística.
  • Educación física.

Competencia para aprender a aprender[editar]

Obxectivos xerais.

  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
  • Utilizar estratexias persoais e variadas para obter, seleccionar, organizar, transformar, representar e comunicar a información.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Matemáticas.
  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
  • Educación artística.
  • Educación física.

Autonomía e iniciativa persoal[editar]

Obxectivos xerais.

  • Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o do resto das persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
  • Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lle permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos cales se relaciona. Fomentar a práctica e o respecto de normas cívicas e de aspectos de educación viaria, asumindo comportamentos que incidan na vida saudable, no consumo responsable, na seguridade e na prevención dos accidentes de tráfico.
  • Desenvolver as capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas relacións co resto das persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Educación artística.
  • Educación física.

Competencia social e cidadá[editar]

Obxectivos xerais.

  • Coñecer e apreciar os valores e as normas da convivencia, aprender a actuar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
  • Desenvolver as capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas relacións co resto das persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar as diferentes culturas e os seus patrimonios, as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e de oportunidades de homes e mulleres e a non-discriminación de persoas por ningunha causa.
  • Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lle permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos cales se relaciona o alumnado. Fomentar a práctica e o respecto de normas cívicas e de aspectos de educación viaria, asumindo comportamentos que incidan na vida saudable, no consumo responsable, na seguridade e prevención dos accidentes de tráfico.
  • Coñecer, valorar e desfrutar do seu contorno natural, social e cultural, as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación del.
  • Desenvolver as capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas relacións co resto das persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas.

Áreas máis directamente relacionadas.

  • Educación para a cidadanía e os dereitos humanos.
  • Coñecemento do medio natural, social e cultural.
  • Lingua galega e literatura.
  • Lingua castelá e literatura.
  • Linguas estranxeiras.
  • Educación artística.

ANEXO II. Obxectivos, competencias básicas, contidos e criterios de avaliación das distintas áreas que constitúen a etapa[editar]

Introdución[editar]

A educación primaria, na LOE, pon énfase no desenvolvemento das competencias básicas, na atención á diversidade do alumnado e na prevención das dificultades de aprendizaxe, actuando tan pronto como estas se detecten.

Ao longo da etapa, o alumnado progresa en control e autonomía. Evoluciona a consciencia do propio corpo e prodúcense enormes avances nas habilidades de coordinación, na axilidade, flexibilidade, equilibrio, resistencia, velocidade, forza e precisión. A finais da mesma etapa xorde a conciencia crítica do propio corpo e da propia imaxe, polo que é importante un clima de aceptación e de valoración no contorno onde vive o alumnado.

O control do espazo desenvólvese simultaneamente ao do corpo. Pasa dun coñecemento directo e vivencial del a un coñecemento máis abstracto e representable con signos convencionais.

No ámbito cognitivo danse salientables progresos.

De acordo coas necesidades, os nenos e nenas van creando e elaborando representacións para asimilar a realidade. Ao comezo da etapa, o alumnado xa constrúe os coñecementos por medio da linguaxe, pero a súa percepción do mundo é aínda limitada e está influída polo egocentrismo. A medida que progresa este período, as alumnas e os alumnos adquiren unhas actitudes menos egocéntricas e máis realistas; comezan a percibir con maior claridade as diferenzas existentes entre si e o resto das persoas. Pouco a pouco van organizando as súas accións en sistemas de conxuntos e prodúcense grandes avances na aplicación de nocións lóxicas, pero aínda con apego á situación concreta; poderán, en definitiva, ir accedendo a niveis de razoamento cada vez máis complexos.

A educación primaria sitúase de cheo no estadio das operacións concretas. O proceso de socialización é gradual e, ao longo del, o alumnado adquire valores, normas e condutas que son precisas para comportarse en sociedade, fórmanse os vínculos afectivos e constrúense os conceptos de persoa, grupo e relacións sociais.

Ao longo da etapa o alumnado evoluciona desde posicións de dependencia a posicións de maior autonomía moral e de acordo social. É a etapa propicia para poñer as bases das actitudes e dos comportamentos de participación, democráticos, de respecto e de tolerancia cara ao resto das persoas; é dicir, para a asunción de valores. Ao alumnado desta etapa deberá procurárselle un desenvolvemento o máis autónomo e equilibrado posible, procurando sempre que, nos seus diferentes e novos niveis de integración social, poida acadar a autoestima, a seguridade e a atención necesarias que lle permitan coñecerse de maneira máis profunda.

A escola debe favorecer en todas as nenas e en todos os nenos un desenvolvemento equilibrado, tanto afectivo como social e cognitivo, que os leven a ir acadando as competencias necesarias que lles permitan ter unha vida con calidade na sociedade actual.

Metodoloxía xeral
A incorporación das competencias básicas no currículo da educación primaria require reconsiderar a práctica educativa para permitirlle ao alumnado integrar as súas aprendizaxes relacionándoas con diferentes tipos de contidos (conceptos, destrezas e actitudes), usar eses contidos con efectividade cando cumpra e aplicalos a situacións e contextos variados. Consecuentemente, a práctica educativa debe:

  • Salientar aquelas aprendizaxes básicas e imprescindibles e seleccionar aqueles contidos que sexan máis relevantes para acadar competencias; os contidos esenciais deberán ser considerados e analizados desde a óptica da utilidade para formar cidadás e cidadáns cos perfís necesarios para moverse con adecuación, responsabilidade e liberdade no mundo actual.
  • Dotar os contidos dun enfoque integrador promovendo a globalización.
  • Centrarse na funcionalidade, orientando as aprendizaxes cara á súa aplicación en contextos diferentes e diversificados e conseguindo que as nenas e os nenos desenvolvan diversos xeitos de actuación e adquiran a capacidade de enfrontarse a situacións novas.
  • Procurar que o alumnado aprenda a aprender (participe na planificación e na toma de decisións sobre o traballo, controlando os procesos, usando conscientemente estratexias de aprendizaxe e sendo progresivamente máis autónomo).
  • Favorecer o traballo cooperativo e a práctica vivenciada da participación, compromiso democrático e resolución pacífica de conflitos.
  • Permitirlle ao alumnado moverse con seguridade entre a superabundancia e rápida renovación da información, fomentando habilidades para a busca, selección, procesamento, tratamento e comunicación dela.

Todo isto permite inferir certos principios, estratexias metodolóxicas, fórmulas organizativas:

  • Na educación primaria deberán utilizarse dúas estratexias metodolóxicas básicas: o desenvolvemento en espiral e a globalización.
  • A metodoloxía proposta, que será global, será activa, entendendo por tal tanto a actividade mental coma física que potencie a construción de aprendizaxes significativas.
  • A autorregulación das aprendizaxes por parte do alumnado forma parte fundamental das prácticas educativas actuais.
  • Os modelos de ensino-aprendizaxe deben atender á diversidade do alumnado, tanto na práctica docente coma na selección de contidos.
  • A aprendizaxe é un proceso interactivo no cal cómpre a participación activa e dinámica das nenas e dos nenos, que achegarán as súas habilidades, destrezas, actitudes, conceptos, intereses, xunto ás do resto de compañeiras e compañeiros, nun ambiente de cooperación.
  • Por conseguinte, o alumnado reorganizará os seus coñecementos, coa axuda do grupo, á luz da nova información.

Cómpre utilizar, pois, na escola, métodos que lles permitan aos rapaces e ás rapazas identificar a necesidade de información, localizala, seleccionala e recoñecer as fontes e os recursos máis apropiados, así como responsabilizarse do seu uso ético e adecuado.

Son precisos enfoques didácticos que lle permitan ao alumnado utilizar cada vez máis autonomamente as bibliotecas e as TIC como recursos de aprendizaxe.

No desenvolvemento da autonomía na aprendizaxe inflúen aspectos como que o alumnado encontre sentido ao traballo que debe realizar, o coñecemento dos obxectivos e finalidades que se pretenden acadar, a consciencia dos propios erros e a busca de recursos necesarios para superalos.

Neste proceso o rol do profesorado é moi importante: actúa como guía e mediador para facilitar a construción de aprendizaxes; utiliza contextos cotiáns, familiares e habituais para que o alumnado aprenda comprobando o interese e a utilidade do que aprende, de maneira que poidan transcender do contexto en que se produciron e ser aplicadas a contextos múltiples; crea un contorno seguro e un ambiente motivador.

A avaliación concíbese como reguladora da aprendizaxe e será formativa. A información que xere a avaliación debe orientar o proceso educativo e indicarlles a profesorado e alumnado onde están respecto ás competencias e aos obxectivos establecidos e facilitar a intervención na mellora deste proceso. A avaliación non se debe reducir a comprobar os resultados da aprendizaxe; trátase dunha avaliación continua que precisa estar presente en todos os aspectos e momentos do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste contexto, as alumnas e os alumnos deberán poder achegar as súas propias valoracións a través da autoavaliación e da coavaliación.

En síntese, para a educación primaria precísanse métodos que permitan aprender desde a realidade e desde as concepcións previas, desde unha ollada ao contorno con curiosidade e interese, desde a diversidade, desde un plan común, compartido e conxunto; cómpren métodos que favorezan que as nenas e os nenos traballen man con man e mente con mente, fagan conxuntamente, cooperen, progresen ao seu propio ritmo, aprendan a aprender... acadando cada vez maior autonomía, posibilitando unha auténtica comunicación na aula e sendo protagonistas da súa propia aprendizaxe.

Áreas[editar]

Área de coñecemento do medio natural, social e cultural[editar]

Introdución

Características da área[editar]

A área de coñecemento do medio natural, social e cultural ten como finalidade iniciar a preparación de futuras cidadás e futuros cidadáns para participar na sociedade e interactuar co contorno comprendendo a realidade en que vive (social, física...), sendo quen de contribuír á súa mellora e conservación e de exercer a cidadanía democrática. É dicir, a área tenta proporcionar recursos para coñecer o contorno cotián, para aprender a vivilo, respectándoo, conservándoo e transformándoo para melloralo. Todos os aspectos da área son concibidos como ámbitos de aprendizaxe desde os cales facer fincapé na comprensión da realidade, no desenvolvemento de actitudes críticas e na aceptación das diferenzas, usando como recurso o coñecemento do contorno propio e o achegamento progresivo a realidades diferentes no tempo e no espazo.

Esta área contribúe moi especialmente ao proceso de socialización de nenas e de nenos, proceso ao cal deben contribuír todas as áreas, pero máis especialmente unhas ca outras. Contribúe, pois, ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, para a súa integración nun sistema de valores e nun corpo de saberes organizado, que é o que constitúe en sentido amplo unha cultura.

Os contidos agrúpanse en bloques que non son unidades independentes, nin se deben entender como unha proposta de organización didáctica. Pola contra, o profesorado deberá atopar fórmulas de tratamento integrador e globalizado que lle permitan ao alumnado adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Eses bloques son os seguintes:

O bloque 1. Os seres humanos e a saúde, integra coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes encamiñados ao coñecemento do propio corpo e das interaccións deste cos demais seres humanos e co medio, á prevención das condutas de risco e á toma de iniciativas para desenvolver e fortalecer comportamentos responsables e estilos de vida con calidade e saudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmo para valorarse como ser diferente así como para respectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emocional.

O bloque 2. As plantas e os animais, oriéntase basicamente ao coñecemento, respecto e aprecio polos seres vivos, xunto a aspectos relativos aos beneficios e coidados que precisan e ao interese por conservar a biodiversidade da Terra.

O bloque 3. A vida en sociedade, inclúe contidos orientados á comprensión do funcionamento da sociedade a partir da análise de organizacións próximas e dunha aproximación ao coñecemento das institucións galegas, españolas e europeas.

O bloque 4. O medio físico: espazo e materiais, inclúe contidos que van desde a percepción e a representación espacial ata o universo, pasando polo clima e a súa influencia, a auga e o seu aproveitamento, os fenómenos físicos, as substancias e os cambios químicos, así como a capacidade das persoas para actuar sobre eles.

O bloque 5. O paso do tempo, inicia o alumnado a apreciar os cambios e o paso do tempo, inclúe contidos relativos á súa medida e o achegamento á súa conceptualización a partir da historia persoal, do tempo familiar e local, axudando a sentar as bases para un pensamento cronolóxico. Pode tamén abordar a vida noutros tempos (alimentación, as achegas de mulleres e homes relevantes da historia de Galicia, de España e de Europa, o vestiario, as festas, os xogos infantís, algúns aspectos do patrimonio artístico galego...) a partir da caracterización dalgunhas sociedades de épocas históricas.

O bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías, inclúe os contidos que se refiren á alfabetización nas tecnoloxías a través do traballo con máquinas e aparellos relacionados coa vida doméstica e cotiá, así como coas TIC (tecnoloxías da información e da comunicación). Este bloque desenvolverá a participación igualitaria de nenas e nenos na utilización de aparellos, máquinas e tecnoloxías coa finalidade última de formar unha cidadanía activa e unhas persoas participativas, críticas, responsables e intelixentes no seu uso.

Obxectivos[editar]
  • Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal que derivan do coñecemento do corpo humano, amosando unha actitude de aceptación e de respecto polas diferenzas individuais (idade, sexo, etnia, características físicas, personalidade).
  • Identificar e analizar as características, organización e interaccións de aspectos relevantes do contorno natural, social e cultural, progresando no dominio de ámbitos espaciais cada vez máis complexos.
  • Promover un sentimento positivo de pertenza aos grupos sociais de referencia: a unha familia, a unha escola... a unha comunidade nacional (Galicia), a un Estado (España), a unha cultura europea e a unha universal, desde posicións solidarias e respectuosas con outras culturas a partir da propia identidade.
  • Identificar o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego diferenciándoo do doutras comunidades, identidades e Estados e participando na súa defensa e conservación.
  • Recoñecer, valorar e apreciar a existencia de identidades sociais e culturais diversas con características propias e singulares (costumes, lingua, intereses, celebracións...), tomando conciencia da súa pertenza a unha delas e respectando as outras no marco dos dereitos recoñecidos ás persoas nas declaracións universais e nos documentos lexislativos.
  • Identificar, suscitar e resolver interrogantes e problemas relacionados co contorno usando estratexias de busca, selección e tratamento da información, formulación de hipóteses, comprobación delas, exploración de solucións alternativas e reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe, e tamén mantendo unha actitude crítica ante as fontes de información.
  • Expresar e comunicar os contidos da área de xeito persoal e creativo, seleccionando e interpretando datos, procesos, feitos, etc. e integrando códigos diversos (numéricos, gráficos, cartográficos, artísticos, lingüísticos) procedentes das diferentes linguaxes.
  • Participar activamente no traballo de grupo planificando e realizando tarefas conxuntas, dialogando e argumentando as propias opinións e contrastándoas coas das outras persoas e adoptando un comportamento responsable, construtivo, comprometido e solidario, respectando as regras de organización pactadas e os principios básicos do funcionamento democrático.
  • Identificar, analizar e valorar criticamente a intervención humana no medio e o seu impacto a curto e a longo prazo, adoptando o compromiso individual e colectivo de actuar na defensa, conservación e recuperación do medio natural e do patrimonio cultural.
  • Recoñecer no medio natural, social e cultural, cambios e transformacións relacionados co paso do tempo e indagar algunhas relacións de simultaneidade e sucesión para aplicar estes coñecementos á comprensión doutros momentos históricos.
  • Planificar e realizar proxectos e aparellos sinxelos relacionados coa vida cotiá e familiar cunha finalidade previamente establecida, utilizando os coñecementos das propiedades elementais dalgúns materiais, substancias e obxectos.
  • Analizar máquinas e aparellos diversos do contorno (de uso doméstico, laboral...) identificando algúns elementos constitutivos e formas de enerxía necesarias, valorando a contribución da ciencia e da técnica na mellora das condicións de vida familiares e sociais.
  • Utilizar de xeito responsable e creativo as TIC e o material relacionado coa experimentación e co traballo de campo para aprender a aprender, para obter información e para compartir coñecementos.
Contidos[editar]

Primeiro ciclo
Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.

  • Identificación do home e da muller como seres vivos. Comparación cos outros seres vivos.
  • Identificación das partes do corpo humano. Observación das partes do corpo que permiten a relación co medio.
  • Observación de igualdades e diferenzas entre as persoas. Aceptación do propio corpo e do das demais persoas coas súas limitacións e posibilidades.
  • Recoñecemento da respiración e da nutrición como funcións vitais.
  • Identificación e descrición de alimentos diarios necesarios. Análise de usos e costumes na alimentación diaria.
  • Valoración de aspectos que inflúen nunha vida saudable: a correcta respiración, alimentación variada e equilibrada, a hixiene persoal, o exercicio, o descanso e a adecuada utilización do tempo de lecer.
  • Identificación e verbalización de emocións (medo, tristeza, enfado, ledicia) e sentimentos propios e alleos.
  • Fomento de hábitos de prevención de enfermidades e de accidentes domésticos e identificación de comportamentos apropiados de actuación cando se producen.

Bloque 2. As plantas e os animais

  • Identificación das características dos seres vivos e das súas funcións vitais. Diferenzas entre seres vivos e obxectos inertes.
  • Observación dun ser vivo no seu medio natural ou reproducindo o medio na aula (acuario, plantación), rexistro elemental da observación e contraste dos datos entre compañeiras e compañeiros.
  • Observación directa de animais e de plantas con instrumentos apropiados e con medios audiovisuais e tecnolóxicos.
  • Identificación de animais e de plantas do contorno. Clasificación dos seres vivos do contorno segundo criterios observables e variados.
  • Identificación das características e comportamentos de animais e de plantas para adaptarse ao seu medio.
  • Valoración da responsabilidade no coidado de plantas e de animais domésticos. Respecto polos seres vivos do contorno.
  • Comunicación das experiencias realizadas utilizando diferentes linguaxes (oral, escrita, gráfica non convencional, iconográfica, fotográfica).

Bloque 3. A vida en sociedade

  • Identificación dos diferentes ámbitos aos cales se pertence: familia, escola, aldea/vila/barrio e cidade, Galicia.
  • Recoñecemento da diversidade de familias. Valoración da importancia da participación e da corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
  • Identificación das persoas que compoñen a comunidade educativa: recoñecemento das súas tarefas e responsabilidades. Valoración da importancia da participación activa na aula e no centro.
  • Valoración da importancia do intercambio comunicativo no grupo, do diálogo como recurso para a xestión dos conflitos e do respecto aos acordos adoptados. Recoñecemento dos dereitos e deberes das persoas.
  • Descubrimento e observación das manifestacións e do patrimonio cultural galego como mostra de diversidade e riqueza.
  • Participación en festas, xogos e costumes populares propios da localidade, da bisbarra e de Galicia.
  • Recoñecemento de diferentes profesións evitando estereotipos sexistas.
  • Identificación de elementos da organización e de funcionamento da escola e valoración da importancia da participación na aula e no centro.
  • Descubrimento de formas de organización no contorno próximo.
  • Identificación dos medios de transporte. Responsabilidade no cumprimento das normas básicas de seguridade viaria.
  • Iniciación á recolla de datos e de información e análise de imaxes relacionadas co contorno social próximo para ampliar o coñecemento sobre o medio; realizar un cartafol, un mural, unha exposición de centro, unha maqueta...

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais

  • Utilización de técnicas sinxelas para orientarse mediante a observación do medio físico e humano.
  • Observación, descrición e representación sinxela do espazo habitual. Introdución ao uso de planos da escola, da casa ou da localidade. Deseño de planos non convencionais. Elaboración de maquetas simples con identificación de espazos e funcións.
  • Observación da paisaxe próxima e identificación dalgunhas formas de relevo. Representación do observado mediante debuxos e maquetas sinxelas. Identificación dalgúns exemplos familiares da acción

humana no contorno (presas, devasas, canteiras, estradas, pontes).

  • Observación e exploración dalgún aspecto do contorno próximo a partir dun tema de interese consensuado polo alumnado coa finalidade de realizar un dossier, un texto expositivo curto, un folleto, un mapa mental.
  • Observación directa dalgúns fenómenos atmosféricos e busca das primeiras formas de representación.
  • Elaboración de gráficos non estandarizados de temperaturas e de datos climáticos.
  • Observación e descrición da lúa, das estrelas e do sol.
  • Percepción do paso do tempo: o día e a noite, as estacións do ano.
  • Exploración de materiais e obxectos do contorno para descubrir a súa orixe, a súa utilidade, as súas propiedades (cor, dureza, fraxilidade, flexibilidade, flotación), clasificalos, analizalos, etc.
  • Realización de experiencias con algunhas propiedades da auga e comunicación dos resultados utilizando diferentes linguaxes.
  • Recoñecemento da presenza da auga e do aire no medio físico. Uso responsable da auga na vida cotiá e valoración da importancia dun aire limpo para a vida.
  • Participación en tarefas de redución, reutilización e reciclaxe de residuos da escola para contribuír á conservación e mellora do medio natural.
  • Observación e exploración para obter información e realizar traballos sinxelos sobre algún ecosistema acuático ou terrestre do contorno próximo.
  • Observación dos efectos da aplicación dunha forza. Realización de experiencias sinxelas para analizar efectos das forzas sobre obxectos e movementos cotiáns.
  • Identificación de fontes sonoras no contorno próximo. Valoración da importancia do silencio. Identificación do ruído como unha forma de contaminación (acústica).

Bloque 5. O paso do tempo

  • Utilización das nocións básicas de tempo (antesdespois, pasado-presente-futuro, duración) e das unidades de medida (día, semana, mes, ano) en feitos cotiáns e propios.
  • Observación dos cambios nas persoas ao longo do tempo. Recoñecemento das diversas etapas da vida.
  • Realización de traballos sobre a historia persoal e familiar previa, investigación na propia familia utilizando fontes orais e iconográficas e/ou fotográficas.
    Elaboración de árbores xenealóxicas.
  • Utilización de fotos ou outras imaxes, para investigación sobre outros tempos. Ordenación delas seguindo criterio temporal e elaboración de álbums.
  • Observación dos cambios sociais, ciclos agrícolas, hábitos e costumes ao longo do ano.

Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías

  • Observación e clasificación (con criterios variados e consensuados) de aparellos e máquinas sinxelas do contorno identificando a súa utilidade.
  • Observación do funcionamento de aparellos domésticos e da escola, das partes que os compoñen e da enerxía que necesitan para funcionar. Identificación de elementos que poidan xerar risco e adopción de comportamentos que contribúan á seguridade persoal e das demais persoas.
  • Hábito de consulta de fontes de información variadas (dicionarios, enciclopedias, revistas, monografías) para resolver situacións problemáticas da vida cotiá (guía telefónica, teléfonos habituais de emerxencia, planos da poboación, rede de autobuses, etc.).
  • Manexo de aparellos sinxelos (teléfono, espremedor, crebanoces, etc.). Valoración das habilidades manuais implicadas no manexo de ferramentas e aparellos domésticos superando os estereotipos sexistas.
  • Identificación de materiais de obxectos e aparellos de uso cotián (lapis, xoguete, tesoiras, afialapis).
  • Recoñecemento de aspectos tecnolóxicos no ambiente doméstico, na escola e no contorno.
  • Identificación dos compoñentes básicos dun ordenador. Iniciación no seu uso. Coidado dos recursos informáticos.
  • Montaxe e desmontaxe de xogos e obxectos sinxelos relacionados coa vida cotiá. Construción de estruturas simples a partir de pezas modulares (pontes, escaleiras, obxectos de decoración, caixas, etc.).

Criterios de avaliación
Primeiro ciclo

  • Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando a diversidade. Avaliarase a capacidade para recoñecer partes do propio corpo, aceptándoo e respectando as diferenzas.
  • Identificar e describir algúns recursos fundamentais para os seres vivos (auga, aire), e a súa relación coa vida das persoas, tomando conciencia da necesidade do seu uso responsable.

Este criterio de avaliación pretende coñecer a capacidade para observar, describir e explicar algúns compoñentes do medio (aire, auga...) recoñecendo a súa importancia para a vida das persoas. Apreciarase tamén a capacidade do alumnado para valorar a necesidade da adopción de medidas de protección do medio por parte de todas as persoas.

  • Recoñecer e clasificar con criterios elementais os seres vivos máis relevantes do contorno do alumnado, utilizando instrumentos e procedementos adecuados.

Este criterio trata de avaliar a capacidade para establecer criterios elementais de clasificación (tamaño, cor, forma de desprazarse, alimentación) e identificar animais e plantas pola súa pertenza a algunha das categorías establecidas, utilizando instrumentos adecuados e amosando respecto pola natureza e polo material.

Valorarase tamén a utilización guiada de diversas fontes de información e a capacidade de usala para realizar esas clasificacións, transferindo os datos a outros seres vivos.

  • Valorar positivamente a práctica de determinados hábitos asociados á hixiene, á alimentación equilibrada, ao exercicio físico e ao descanso.

Con este criterio trátase de comprobar que as alumnas e os alumnos identifican e valoran a relación entre o benestar e a práctica de determinados hábitos: alimentación variada, hixiene persoal e exercicio físico.

  • Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelos sobre as principais profesións e responsabilidades que desempeñan as persoas do contorno.

A través deste criterio trátase de avaliar o grao de coñecemento sobre os traballos das persoas do contorno, a importancia das diferentes profesións, a súa contribución social e a responsabilidade que todas elas requiren, superando os estereotipos sexistas.

  • Recoñecer algunhas manifestacións culturais presentes no ámbito escolar, local e galego, valorando a súa diversidade e riqueza.

Este criterio trata de avaliar o coñecemento das principais manifestacións culturais (festas, xogos, folclore, costumes) da propia localidade e de Galicia, así como a percepción do valor cultural da diversidade.

Valorarase, así mesmo, o interese e o respecto ante a presenza doutras linguas e outras realidades culturais no medio escolar.

  • Identificar algúns dos medios de transporte máis comúns do contorno e valorar o seu uso, respectando as normas básicas de seguridade viaria.

Este criterio permitirá avaliar o grao de coñecemento sobre medios de transporte que se utilizan no contorno próximo, así como o coñecemento e respecto das normas básicas de seguridade viaria.

  • Ordenar temporalmente algúns feitos relevantes da vida persoal, familiar ou do contorno próximo.

Por medio deste criterio preténdese medir a capacidade para describir aspectos característicos da vida persoal e familiar con criterios temporais.

  • Identificar e observar diferenzas na composición dos materiais, experimentando e usando instrumentos sinxelos.

Este criterio avalía se as alumnas e os alumnos son quen de identificar propiedades físicas observables como cheiro, sabor, textura, peso/masa, cor, dureza, estado ou capacidade de disolución na auga, así como de explicar con exemplos concretos e familiares a relación entre as características dalgúns materiais e os usos a que se destinan, partindo dun proceso que implique planificación, experimentación, formulación de hipóteses e obtención de conclusións relevantes.

  • Montar e desmontar obxectos e aparellos simples domésticos e escolares, describindo o seu funcionamento e o xeito de utilizalos con seguridade.

Téntase avaliar o grao de desenvolvemento de habilidades manuais para montar e desmontar obxectos simples de uso cotián nos ámbitos doméstico e escolar.

Tamén se terá en conta a capacidade para explicar o seu funcionamento, a súa utilidade e os riscos que se deben evitar na súa manipulación.

  • Realizar de maneira guiada experimentos sinxelos relacionados co medio familiar e próximo.

Este criterio trata de avaliar a competencia para enfrontarse a unha experimentación sinxela, logo de planificación, observación, formulación de interrogantes que permitan obter información relevante utilizando, se cómpre, instrumentos sinxelos tanto para realizar a observación como para a recolla da información.

Valorarase tamén a elaboración guiada de textos escritos básicos, murais, paneis, esquemas ou presentacións para recoller as conclusións.

Contidos
Segundo ciclo Bloque 1. Os seres humanos e a saúde

  • Recoñecemento dos cambios físicos e persoais nas diferentes etapas da vida das persoas.
  • Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
  • Valoración da importancia dos sentidos na relación co medio e co resto dos seres humanos. Descrición do seu papel e formas para o seu coidado habitual.
  • Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de alimentación equilibrada e de exercicio físico adecuado para unha vida saudable. Actitude crítica ante prácticas e mensaxes que non favorecen o correcto desenvolvemento persoal e da saúde.
  • Recoñecemento dalgúns factores que producen as enfermidades máis habituais (caries, catarros, gripe) para favorecer a súa prevención.
  • Análise de dietas equilibradas. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais e identificación de sistemas de conservación alimentaria.
  • Recoñecemento e valoración das habilidades persoais. Identificación e descrición de emocións e sentimentos propios e alleos.
  • Planificación de forma autónoma e creativa de actividades de lecer, individuais ou colectivas.

Bloque 2. As plantas e os animais

  • Identificación de animais e de plantas como seres vivos. Observación e comparación das diversas maneiras en que os seres vivos realizan as funcións vitais utilizando instrumentos apropiados e medios audiovisuais e tecnolóxicos da maneira máis precisa e rigorosa posible.
  • Identificación de cambios observables que se producen nos seres vivos e na natureza ao longo do ano. Observación e rexistro sistemático do crecemento de plantas e animais do contorno próximo. Elaboración de esquemas que permitan resumir as informacións observadas.
  • Recoñecemento das principais características dos animais vertebrados e dalgúns invertebrados. Clasificación de animais a partir de características observables.
  • Recoñecemento das características das plantas. Clasificación das plantas (herbas, arbustos e árbores) a partir de características observables.
  • Valoración da importancia da existencia de animais e plantas para as persoas: a agricultura e a gandaría. Estudo dalgúns animais e cultivos típicos de Galicia.
  • Interese pola observación e o estudo dos seres vivos, planificando a observación ou preparando visitas-saídas, empregando os instrumentos e materiais necesarios (lupa, termómetro, diario de campo, etc.) e rexistrando o observado, contrastando os rexistros propios cos doutras persoas, comparando as observación con informacións doutras fontes, elaborando unha documentación final que recolla todo o proceso (informe, cartafol, presentación, gráficas...).
  • Interese e compromiso pola conservación e coidado de plantas e animais do contorno.

Bloque 3. A vida en sociedade

  • Identificación e representación gráfica da organización da comunidade educativa. Recoñecemento e

uso das canles de participación democrática activa na vida e nas actividades do centro.

  • Identificación das relacións interpersoais presentes nun grupo ou nunha comunidade (veciñanza, compañeirismo), e valoración da cooperación e do diálogo como forma de construír plans comúns e de evitar e resolver conflitos. Recoñecemento dos dereitos e deberes das persoas. Responsabilidade ante a elaboración e o cumprimento das normas de convivencia.
  • Identificación das manifestacións culturais do contorno, recoñecendo a súa evolución no tempo e valorándoas como elementos de cohesión social. Recoñecemento de costumes, de tradicións e de trazos diferenciais do patrimonio galego.
  • Participación activa en festas, xogos e costumes populares propios da bisbarra e de Galicia.
  • Planificación de xeito autónomo e creativo de actividades de lecer individuais e colectivas.
  • Observación, identificación e descrición dalgunhas características demográficas e económicas do contorno propio. Uso de datos e de representacións gráficas para a súa análise e comparación sobre contornos rurais e urbanos.
  • Identificación das formas da actividade económica do contorno próximo (traballo, profesións, produción): observación e análise de produtos de consumo habitual no contorno e dos lugares da súa comercialización (mercados, lonxas, feiras, supermercados, tendas), seguimento do proceso de elaboración dun produto e das profesións relacionadas. Realización conxunta de murais, cartafoles, etc. coa información obtida, planificando previamente, contrastando a información, usando diferentes linguaxes e valorando a correcta presentación final do traballo.
  • Desenvolvemento de actitudes de consumo responsable e comercio xusto. Análise crítica dalgunhas

mensaxes publicitarias, relacionando a súa incidencia na toma de decisións.

  • Identificación e representación gráfica da estrutura básica de organización do concello propio. Valoración da participación cidadá e da contribución ao funcionamento das institucións.
  • Recoñecemento dos referentes colectivos que manteñen a identidade da propia aldea, parroquia, vila, barrio, cidade, área metropolitana (símbolos, lugares de interese, monumentos emblemáticos, personaxes, institucións, tradicións, nomes das rúas e prazas...).
  • Localización da propia aldea, concello, cidade e doutras agrupacións de poboación nun mapa da provincia, de Galicia, de España, etc., ou noutros medios (SIGPAC, Google Earth...).
  • Identificación dos servizos públicos do concello, vila, localidade... para satisfacer as necesidades humanas. Descrición da súa orixe e transformación. Responsabilidade individual e social na conservación e uso adecuado destes servizos. Recoñecemento e prevención de situacións que poden comportar risco, especialmente as relativas á mobilidade viaria.
  • Utilización de diversas fontes de información (libros, documentos, información oral, medios de comunicación, TIC) para a obtención, selección e contraste de información sobre aspectos da realidade local, municipal e galega e comunicación dela a través de diferentes soportes (visuais, auditivos, dixitais, escritos...) elaborados individual ou colectivamente, valorando o seu contido e a súa presentación.
  • Identificación da organización territorial de Galicia e do Estado español e localización das diferentes comunidades autónomas de España. Aproximación ao coñecemento dalgunhas institucións de goberno galegas.

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais

  • Utilización de técnicas de orientación no espazo relacionadas cos puntos cardinais.
  • Recoñecemento e uso de aspectos básicos (cromatografía, signos convencionais, lendas) que lle permitan ao alumnado, de xeito elemental, situarse no lugar onde vive a través da lectura de mapas e planos.
  • Iniciación ao uso de planos e mapas da aldea, vila, localidade, cidade.
  • Identificación dalgúns elementos xeográficos e do relevo do contorno (montañas, ríos, rías, lagoas). Confección de maquetas despois da observación directa da paisaxe.
  • Observación e descrición de diferentes tipos de paisaxe. Análise dos cambios que a influencia humana provoca na paisaxe a curto e a longo prazo.
  • Valoración da necesidade da conservación do patrimonio (paisaxe, bosques, montañas, praias, monumentos) e das actuacións responsables de defensa e respecto cara ao contorno.
  • Elaboración de cartafol ou carpetas en ordenador sobre lugares, paisaxes, o relevo galego, vilas, Galicia ou lugares do mundo, usando fotos, recortes de xornal, deseños, esquemas, artigos e textos expositivos.
  • Observación dalgunhas variables meteorolóxicas: temperatura, vento, precipitacións. Uso de aparellos meteorolóxicos (termómetro, catavento...) e iniciación ao rexistro e representación gráfica de temperatura e datos climáticos elementais. Comparación cos datos meteorolóxicos achegados polos medios de comunicación.
  • Realización guiada de experiencias sinxelas para estudar as propiedades dalgúns aspectos do medio físico próximo, partindo dunha pregunta ou problema de interese para o alumnado (formulando respostas intuitivas ou hipóteses, confrontándoas co resto da clase, planificando conxuntamente o proceso de comprobación, prevendo os medios e os instrumentos necesarios, seleccionando os datos útiles, explorando solucións alternativas, tirando conclusións, comunicando os resultados e reflexionando sobre o proceso desenvolvido).
  • Recoñecemento dos movementos da Terra e da Lúa e as súas consecuencias (as estacións). Manexo de programas de simulación no ordenador que modelicen o sistema Sol-Terra-Lúa.
  • Comparación, clasificación e ordenación de diferentes obxectos e materiais a partir de propiedades físicas observables (estado, volume, cor, textura, olor, atracción magnética), orixe deses obxectos e posibilidades de uso.
  • Experimentación cos cambios de estado da auga. Recoñecemento e representación gráfica do ciclo da auga na terra. Valoración dos usos sociais da auga (vivenda, regadío, industria...) e da importancia da súa utilización responsable.
  • Identificación das características e propiedades do aire e das actuacións necesarias para evitar a súa contaminación.
  • Valoración da importancia da boa calidade da auga e do aire para a nosa saúde e o mantemento da vida.
  • Comprobación experimental para a análise e identificación de forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou se deformen.
  • Observación da intervención da enerxía nos cambios da vida cotiá. Identificación do sol e da auga como fontes de enerxía. Valoración do uso responsable da enerxía no noso planeta. Recoñecemento da responsabilidade individual e colectiva no aforro enerxético.
  • Busca de información en fontes variadas sobre algúns problemas urbanísticos e ambientais máis comúns en Galicia e elaboración de murais coa información recollida, logo de análise, contraste e valoración dela.
  • Reflexión sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos e a contaminación.
  • Identificación e preparación de mesturas de diferentes substancias relacionadas coa vida doméstica e do contorno (con zume, leite...).
  • Realización de experiencias sinxelas sobre o comportamento dos corpos (lupas, espellos, auga, prismas) ante a luz.
  • Planificación e realización de experiencias sinxelas para estudar as propiedades de materiais de uso común e o seu comportamento ante a calor facendo predicións explicativas sobre resultados. Utilización de técnicas elementais de busca e rexistro sistemático de datos utilizando diversas estratexias de comunicación das conclusións.

Bloque 5. O paso do tempo

  • Utilización de unidades de medida temporal (década, século) e aplicación das nocións de sucesión, ordenación e simultaneidade na análise da evolución dalgún aspecto da vida cotiá ao longo do tempo (vivenda, transporte, vestiario, alimentación, xogos infantís, festas), diferenciando o tempo biolóxico do tempo histórico.
  • Utilización de documentos escritos, dixitais e audiovisuais para obter información histórica, coa posterior selección e contraste da información, uso de técnicas de rexistro e representación e elaboración de distintos traballos sobre o pasado familiar e próximo, comunicando a información con diversas estratexias.
  • Recoñecemento e valoración do significado dalgunhas pegadas antigas no contorno (tradicións, edificios, obxectos, manifestacións artísticas). Identificación dalgunhas evidencias do pasado no contorno propio (na aldea, na localidade, na vila, na cidade...): os vestixios e os museos.
  • Aproximación a sociedades dalgunhas épocas históricas a partir do coñecemento de aspectos da vida cotiá.
  • Identificación do papel de homes e mulleres na historia. Realización de traballos sobre a historia de mulleres e homes (personaxes significativos da localidade, de Galicia...) empregando fontes variadas, confrontando datos e elaborando un esquema, un texto expositivo... coa información atopada e seleccionada.
  • Realización de cronogramas para a clasificación de imaxes referentes a feitos relevantes da historia da localidade e de Galicia en diferentes épocas históricas. Elaboración de álbums ou preparación conxunta de exposicións.
  • Utilización da información oral, da prensa e da internet para investigar feitos importantes ocorridos no contorno próximo nas últimas décadas ou no último século, uso de eixes cronolóxicos para representalos e elaboración de cartafoles, carpetas dixitais... Valoración do intercambio interxeracional de experiencias.
  • Sensibilidade cara á conservación dos restos artístico-culturais presentes no propio contorno.

Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías

  • Realización de gráficos que relacionen oficios e profesións (modista-modisto, cociñeira-cociñeiro, albanel, etc.) cos materiais, ferramentas e máquinas (máquina de coser, tesoiras, forno, paleta...) que utilizan.
  • Identificación da enerxía que fai funcionar as máquinas de uso cotián e doméstico e algúns operadores mecánicos (eixe, roda, polea, plano inclinado, engrenaxe, freo, panca, manivela, etc.).
  • Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparellos e máquinas sinxelas (bicicleta, xoguetes móbiles, tesoiras, rodas, manivelas, espremedor, batedor, reloxo, pinzas, culleres de xeado, inxeccións, triturador, alicate).
  • Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela incluíndo operadores mecánicos.
  • Valoración da influencia da tecnoloxía nas condicións de vida e no traballo.
  • Relevancia dos inventos de mulleres e homes e valoración da súa contribución á mellora das condicións de vida. Realización de traballos sobre inventoras e inventores utilizando fontes variadas de información.
  • Apreciación da importancia das habilidades manuais implicadas no manexo de ferramentas, aparellos e máquinas de uso doméstico e non doméstico, superando estereotipos sexistas.
  • Recoñecemento dos riscos que poden xerar diferentes aparellos e ferramentas cotiás en función das súas características. Reflexión sobre a prevención de riscos e elaboración conxunta de folletos sobre as normas necesarias para previlos.
  • Interese por coidar a presentación dos traballos en papel ou en soporte dixital.
  • Uso das TIC de xeito cada vez máis autónomo para buscar información e para a súa comunicación, usando a nivel básico o tratamento de textos (titulación, formato, arquivo e recuperación dun texto, cambios, substitucións e impresión) e o seguimento dunha secuencia dada para atopar unha información na internet.

Criterios de avaliación
Segundo ciclo

  • Coñecer as partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o seu funcionamento.

Avaliarase se o alumnado recoñece o funcionamento do corpo humano nun sentido global, identificando as partes que permiten o movemento e a relación co medio.

  • Identificar, valorar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico, descanso...

Preténdese avaliar a capacidade para discernir entre as actividades que prexudican e as que favorecen a saúde e o desenvolvemento equilibrado da personalidade.

Así mesmo, valorarase se van definindo un estilo de vida propio adecuado á súa idade e constitución, no cal tamén se prevexa a súa capacidade para resolver conflitos, a súa autonomía, o coñecemento de si mesma e de si mesmo, ou a súa capacidade de decisión na adopción de condutas saudables no tempo de lecer.

  • Recoñecer e explicar, recollendo datos e utilizando aparellos de medida, as relacións entre algúns factores do medio físico (relevo, solo, clima, vexetación...) e as formas de vida e actuacións das persoas, amosando unha actitude respectuosa cara á conservación do medio e cara ao mantemento do equilibrio ecolóxico.

Con este criterio trátase de coñecer se as nenas e os nenos son quen de apreciar relacións entre tipo de vivenda, cultivos, paisaxe, vestiario, alimentación... co clima, o relevo, a presenza de determinadas especies animais e vexetais... como aproximación ao concepto de hábitat, observando e recollendo datos no contorno próximo. Así mesmo, avaliarase se valoran a importancia da conservación do medio e o mantemento do equilibrio ecolóxico.

  • Identificar e clasificar animais, plantas e rochas, recoñecendo as características básicas de determinadas especies de acordo con criterios científicos.

Trátase de saber se coñecen algúns criterios científicos para clasificar seres vivos ou inertes. Valorarase que poidan activar os coñecementos que os sustentan.

  • Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, algúns dos principais usos que as persoas fan dos recursos naturais e algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados. Analizar o proceso seguido desde a súa orixe ata o seu consumo.

Preténdese avaliar o coñecemento dos recursos fundamentais do medio físico, a súa relación coa vida das persoas, así como o equilibrio existente entre os diferentes elementos do medio físico e as consecuencias derivadas do uso inadecuado do medio e dos recursos.

Avaliarase se valora os usos sociais da auga e se se decata da importancia do seu uso responsable. Da mesma maneira, avaliarase o grao de coñecemento dalgúns procesos de produción de alimentos, das técnicas e procedementos de conservación deles e da súa comercialización, a partir da confección de esquemas nos cales se analice o proceso seguido. Así mesmo, valorarase se sabe poñer exemplos da relevancia que ten para a economía mundial a introdución das tecnoloxías para o desenvolvemento da sociedade do benestar.

  • Sinalar algunhas funcións das organizacións e institucións municipais e do contorno próximo e a súa contribución ao funcionamento da sociedade, valorando a importancia da participación activa nelas a través de mecanismos democráticos.

Avaliarase o grao de coñecemento dalgunha organización próxima e se se identifican os servizos públicos que garanten a mellora das condicións de vida cidadá, valorando a importancia da responsabilidade social e individual no seu mantemento.

  • Valorar os costumes, tradicións e trazos de identidade do patrimonio galego. Participar activamente en festas, xogos e costumes populares propios da bisbarra e de Galicia.

Avaliarase a participación activa en festas, xogos infantís e costumes populares propios da bisbarra e de Galicia. Observarase se recoñece os costumes, tradicións e trazos diferenciais do patrimonio galego, valorándoos como sinais de identidade.

  • Usar as nocións espaciais e a referencia aos puntos cardinais para situarse no contorno, para localizar e describir a situación dos obxectos en espazos concretos e para utilizar planos e mapas para desprazarse e localizar determinados aspectos xeográficos, patrimoniais...

Con este criterio de avaliación trátase de comprobar se interiorizaron as nocións espaciais e se son quen de utilizar planos e mapas, así como algúns mecanismos de orientación espacial para situarse no contorno, localizar determinados aspectos del (ríos, montañas, monumentos, poboacións...) e desprazarse con seguridade e autonomía.

  • Utilizar as nocións de duración, sucesión e simultaneidade para situar feitos históricos relevantes relacionados con algún aspecto da vida cotiá.

Trátase de comprobar o grao de adquisición das nocións básicas de tempo histórico: presente-pasado-futuro, anterior-posterior, duración e simultaneidade.

  • Manipular e identificar algunhas máquinas e aparellos sinxelos, analizando o seu funcionamento,

fixándose especialmente na enerxía que utilizan e valorando a importancia de facer un uso responsable da enerxía do planeta.

Preténdese avaliar se as nenas e os nenos identifican máquinas e aparellos habituais na vida cotiá, recoñecendo a enerxía que utilizan (sol, electricidade, combustible, vento...). Así mesmo, valorarase que sexan quen de poñer exemplos de comportamentos individuais e colectivos que utilicen de forma responsable a enerxía.

  • Montar, desmontar ou planificar e realizar un proceso sinxelo de construción dalgún obxecto ou aparello simple, amosando actitudes de cooperación no traballo en equipo e de coidado pola seguridade.

Avalíase o coñecemento sobre as partes dun aparello, obxecto ou máquina sinxela e a aplicación deses coñecementos á construción dalgún obxecto ou aparello, planificando previamente a elaboración. Valorarase o traballo cooperativo e a desenvoltura manual, apreciando o coidado pola seguridade persoal e o coidado das ferramentas.

  • Responder preguntas e resolver problemas do contorno relacionados con feitos e fenómenos naturais e sociais, facendo predicións ou establecendo conxecturas, obtendo información relevante por medio da observación e/ou do manexo de fontes diversas e comunicando os resultados.

Este criterio trata de avaliar a capacidade para formular e responder preguntas ou para resolver problemas respecto de sucesos que ocorren dunha forma natural, así como a capacidade de cooperar coas compañeiras e compañeiros valorando as súas achegas. Comprobarase a capacidade de establecer conxecturas, facer predicións, obter información por medio da observación ou noutras fontes, seleccionando a información relevante, contrastando datos, comunicando os resultados de forma correcta, variada e coherente.

Contidos
Terceiro ciclo

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde

  • Identificación dos diferentes aparellos e sistemas do corpo humano recoñecendo as súas funcións principais.
  • Recoñecemento da nutrición como unha función vital para os seres humanos. Identificación dos aparellos relacionados con ela (aparellos respiratorio, dixestivo, circulatorio e excretor).
  • Recoñecemento das características básicas do sistema reprodutor humano e das diferenzas entre sexos, identificando, a grandes trazos, en que consiste a fecundación e os procesos que se dan durante o embarazo, parto e nacemento dun ser humano, e apreciando na sexualidade humana a función afectiva e reprodutora.
  • Descrición dos sentidos e do sistema nervioso e valoración da súa importancia na relación co medio e co resto dos seres humanos.
  • Valoración positiva dos hábitos de hixiene e dos estilos de vida saudable.
  • Actitude crítica ante os factores e prácticas sociais que favorecen ou dificultan un desenvolvemento saudable e un comportamento responsable. Valoración do impacto que producen sobre a saúde as accións dos seres humanos no medio (son e contaminación acústica, contaminación do aire...).
  • Identificación dos riscos do consumo de alcohol, tabaco, drogas... Busca de información, expresión razoada da propia opinión contrastándoa coas opinións das compañeiras e dos compañeiros, recollida da información e conclusións en folletos, murais, carteis, páxina web...
  • Aceptación e práctica das normas sociais referidas á saúde, hixiene, alimentación, protección e seguridade persoal. Coñecemento de actuacións relacionadas cos primeiros auxilios para saber axudarse e axudar as demais persoas.
  • Recoñecemento e análise da relación existente entre os cambios que comporta o crecemento e as relacións coas outras persoas: amizades, familia...
  • Identificación das características persoais e dos trazos de identidade propios. Coñecemento de si mesma e de si mesmo para facilitar o equilibrio emocional valorándose como diferente e respectando a diversidade. Desenvolvemento da autoestima, da autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e da iniciativa na toma de decisións.

Bloque 2. As plantas e os animais

  • Elaboración cooperativa de traballos sobre os

seres vivos do contorno próximo e sobre as súas condicións de vida, indicando as concepcións previas e formulando hipóteses, buscando información en fontes variadas -persoas expertas, a internet, enciclopedias, observación directa, monografías...-, seleccionando, tratando e esquematizando esa información, reflexionando sobre o proceso, confrontando coas compañeiras e compañeiros a información e mantendo unha actitude crítica ante as fontes.

  • Observación do desenvolvemento das principais

funcións vitais de plantas e animais do medio próximo. Identificación da estrutura e dos órganos grazas aos cales poden realizar esas funcións.

  • Utilización guiada de claves e de guías de animais

e de plantas para a clasificación e identificación dalgunhas especies existentes en Galicia.

  • Observación e rexistro dalgún proceso asociado á

vida dos seres vivos, logo de planificación do proceso, elección de instrumentos adecuados, tratamento dos datos obtidos e contraste de observacións. Comunicación oral e escrita de resultados empregando soportes textuais variados.

  • Sensibilidade pola precisión e o rigor na observación

de animais e de plantas.

  • Identificación da célula como unidade fundamental

dos seres vivos. Uso guiado de medios tecnolóxicos e do microscopio para a observación dalgunha delas.

  • Utilización de lupas binoculares e doutros aparellos

de laboratorio para observar animais e plantas ou algunha das súas partes, respectando as normas de uso e de seguridade dos instrumentos e dos materiais de traballo.

  • Preparación conxunta de itinerarios e saídas para

a observación de seres vivos do contorno, utilización básica de diarios de campo, elaboración guiada de documentos que recollan o observado empregando linguaxes variadas (despois de poñer en común as observacións realizadas). Valoración da orde e da estética na presentación de documentos e traballos.

  • Diferenciación entre as plantas e animais e outras

formas de vida presentes no contorno (bacterias, virus, algas e fungos).

  • Valoración da biodiversidade, interese pola súa

conservación. Bloque 3. A vida en sociedade.

  • Participación activa na escola como unha aprendizaxe

para a vida en democracia. Recoñecemento da diversidade de opinións e da necesidade do seu intercambio e da difusión de informacións por variadas canles.

  • Análise do funcionamento de organizacións próximas.

Comparación coa organización de Galicia e do Estado español. Valoración da participación cidadá nos ámbitos local, autonómico e estatal.

  • Elaboración dun organigrama simple onde se

reflicta o funcionamento dunha das entidades públicas estudadas.

  • Aproximación ao coñecemento das institucións

españolas e europeas a partir da análise das institucións máis próximas. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.691

  • Observación, identificación e descrición dalgunhas

características culturais, demográficas e económicas da sociedade galega e da española. Recoñecemento e valoración da diversidade cultural e lingüística de España.

  • Identificación das raíces propias e dos trazos da

cultura (lingua, institucións, festas, xogos, tradicións). Participación en festas, xogos e costumes populares propios de Galicia e interese pola súa conservación como sinais de identidade social.

  • Uso de diferentes fontes de información para

coñecer algunhas características elementais dos países europeos e para aproximarse ao coñecemento da Unión Europea, intercambiando información coas compañeiras e cos compañeiros para elaborar esquemas (mapas mentais, mapas conceptuais...).

  • Recoñecemento da importancia da emigración no

mundo actual.

  • Respecto polas diferenzas e rexeitamento dos

estereotipos, dos prexuízos e de calquera tipo de discriminación (por razón de sexo, etnia, cultura, crenza, orixe...), desenvolvendo sentimentos de empatía e respecto cara ás outras persoas.

  • Reflexión sobre as desigualdades no acceso aos

bens de consumo no contorno próximo e no mundo.

  • Resolución de problemas relacionados co contorno,

usando estratexias de formulación de hipóteses, comprobación destasmediante a busca, a selección e o tratamento da información, exposición de conclusións provisionais, exploración de solucións alternativas e reflexión sobre o proceso seguido, mantendo unha actitude crítica ante as fontes de información.

  • Identificación das responsabilidades das distintas

institucións de goberno na resolución de problemas sociais, ambientais, económicos, etc.

  • Identificación e utilización de fontes orais, dixitais,

audiovisuais e escritas de xeito progresivamente máis autónomo para informarse sobre aspectos problemáticos do contorno próximo e do mundo (desigualdade de acceso aos bens de consumo, pobreza, traballo infantil...), analizando criticamente as informacións, reflexionando e debatendo sobre as desigualdades e sobre a necesidade do compromiso social e o papel dos dereitos e deberes da cidadanía na construción dun mundo máis xusto.

  • Actitude crítica ante a influencia da publicidade

sobre o consumo.

  • Recoñecemento do papel das comunicacións, do

transporte e doutros servizos nas actividades persoais, económicas e sociais.

  • Uso das formas de comportamento adecuado (respecto,

interese, lectura de avisos, contribución á limpeza...) segundo os espazos (rúa, lugares de lecer, museos, parques...). Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.

  • Identificación e diferenciación de diferentes

representacións (planos, fotografías aéreas, maquetas, mapas, globo...) sobre un espazo.

  • Utilización guiada de planos e de mapas para

orientarse e desprazarse, para localizar lugares e itinerarios, aspectos do mundo físico e político, interpretando o cromatismo, as lendas e os signos convencionais máis habituais.

  • Preparación conxunta de visitas e realización de

itinerarios para recoñecer elementos da paisaxe e do relevo.

  • Identificación, localización en diferentes representacións

cartográficas e descrición dos principais e máis relevantes elementos xeográficos do contorno, de Galicia, de España e do mundo.

  • Recoñecemento da influencia de factores como a

actividade humana, os fenómenos meteorolóxicos, a erosión, terremotos e erupcións volcánicas sobre a paisaxe.

  • Valoración da diversidade e riqueza das paisaxes

do territorio galego e español e interese por coñecer paisaxes doutros lugares.

  • Utilización das TIC e doutras fontes para recoller

información sobre outros lugares, comunicar con outras comunidades ou poboacións da mesma comunidade, para comparar diferentes ambientes, paisaxes, modos de vida, costumes... e esquematizar a información con diversas estratexias.

  • Lectura e interpretación do tempo atmosférico en

distintas representacións. Diferenciación entre tempo meteorolóxico e clima. Influencia do clima na paisaxe e na actividade humana. Recoñecemento das principais características do clima galego.

  • Valoración de actuacións que contribúen á conservación

do medio e á sustentabilidade.

  • Exploración do territorio na busca de actuacións

humanas axeitadas ou rexeitables.

  • Identificación da Terra como un planeta do sistema

solar. Manexo de programas de simulación no ordenador que o mostren.

  • Realización de experiencias sinxelas para estudar

as propiedades dalgúns aspectos do medio físico, partindo dunha pregunta ou problema de interese para o alumnado (formulando hipóteses, confrontándoas co resto da clase, planificando cooperativamente o proceso de comprobación, prevendo os medios e os instrumentos necesarios, seleccionando os datos útiles, explorando solucións alternativas, predicindo resultados, tirando conclusións, comunicando os resultados e reflexionando sobre o proceso desenvolvido e a aprendizaxe realizada).

  • Respecto polas normas de uso, de seguridade e de

conservación dos instrumentos e dos materiais de traballo. 11.692 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Comparación e clasificación dalgúns materiais

polas súas propiedades (dureza, solubilidade, estado de agregación, condutividade térmica...).

  • Busca de información sobre rochas e minerais

presentes en Galicia. Identificación e clasificación de rochas e minerais polas características observables.

  • Uso de técnicas sinxelas para a separación de

compoñentes en mesturas: filtración, destilación, disolución e evaporación.

  • Reflexión sobre as actuacións necesarias para o

aproveitamento da auga e o seu uso responsable.Análise dos procesos de depuración e potabilización da auga para o seu uso.

  • Experimentación da flotabilidade dos materiais e

obxectos nos líquidos. Utilización de diferentes procedementos experimentais para a medida e comparación de masas e volumes de materiais diversos.

  • Planificación conxunta e realización de experiencias

sinxelas e variadas para estudar propiedades dos materiais habituais no contorno e de uso común e o seu comportamento ante a luz, o son, a calor, a humidade, a electricidade, o magnetismo, comunicando o proceso levado a cabo e as conclusións por linguaxes e medios diversos.

  • Observación directa e experimentación dalgúns

efectos e cambios que provoca a calor nos materiais: cambios de estado, dilatación e cambio de temperatura.

  • Experimentación coa transmisión do son nos diferentes

medios. Sensibilidade ante a contaminación acústica.

  • Predición de cambios no movemento, na forma ou

no estado dos corpos por efecto das forzas ou das achegas de enerxía.

  • Recoñecemento das formas de enerxía máis usadas

na sociedade actual e a súa clasificación en enerxías renovables e non renovables. Identificación e experimentación de transformacións simples de enerxía.

  • Valoración da importancia de conservar os recursos

enerxéticos e non malgastalos. Identificación dalgunhas estratexias de aforro enerxético no contorno propio. O desenvolvemento enerxético sustentable e equitativo.

  • Observación e experimentación de reaccións químicas

da vida cotiá e doméstica (combustión, oxidación e fermentación).

  • Identificación de produtos químicos habituais no

fogar e os posibles riscos para o organismo (queimaduras, intoxicacións...). Identificación na etiquetaxe dos símbolos de perigo máis comúns.

  • Identificación dos diferentes tipos de residuos que

producimos na sociedade actual. Recoñecemento dos sistemas de redución, reutilización e reciclaxe. Bloque 5. O paso do tempo.

  • Uso da periodización convencional (idades) e das

convencións de datación (antes da nosa era, despois da nosa era).

  • Uso representacións para situar diversos momentos

evolutivos e históricos, e para percibir a duración, a simultaneidade e a relación entre acontecementos.

  • Elaboración de ficheiro de vocabulario colectivo

específico relacionado cos cambios ao longo do tempo.

  • Identificación e análise dalgúns acontecementos e

de mulleres e homes relevantes da historia de Galicia.

  • Caracterización dalgunhas sociedades de épocas

históricas: prehistórica, clásica, medieval, dos descubrimentos, do desenvolvemento industrial e do mundo no século XX, a partir da análise dos diferentes modos de vida.

  • Identificación dalgúns acontecementos e personaxes

(mulleres e homes) relevantes da historia de España.

  • Valoración e respecto polo patrimonio histórico e

cultural como fonte de información do pasado e como signo de identidade.

  • Recoñecemento das contribucións da muller ao

longo da historia. Identificación do papel dos homes e das mulleres como suxeitos da historia.

  • Utilización de distintas fontes históricas (orais,

documentais, patrimoniais), xeográficas, artísticas e outras fontes (prensa, a internet, enciclopedias, biografías, atlas...) para a busca de información de contido histórico, uso de estratexias para a súa organización sistemática e para a súa representación (cronogramas, liña do tempo...), contraste da información coas compañeiras e cos compañeiros, elaboración de informes orais, dixitais ou escritos, bandas de deseño e outros traballos para a comunicación do investigado.

  • Planificación conxunta de visitas a museos ou

lugares con vestixios do pasado (castros, mámoas, petróglifos....) como parte do proceso de utilización de fontes históricas para a elaboración de traballos sobre algún aspecto histórico.

  • Realización de arquivos con fotografías, fichas,

documentos, imaxes, música, notas de prensa... sobre temas de actualidade. Análise dunha mesma información en diferentes medios. Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías.

  • Distinción de modos de produción artesanal e

industrial e observación das ferramentas, aparellos, útiles e máquinas implicadas.

  • Investigación sobre a evolución dun obxecto, aparello

(teléfono, radio, televisión, ordenador, neveira...) ao longo da historia.

  • Recoñecemento das aplicacións dos obxectos e

das máquinas, e da súa utilidade para facilitar a realización de determinadas actividades humanas. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.693

  • Planificación e construción cooperativa de estruturas

sinxelas a partir de pezas moduladas que cumpran unha función ou condición para resolver un problema.

  • Elaboración de textos instrutivos e explicativos

sobre o manexo seguro dalgún aparello ou obxecto de uso cotián.

  • Interpretación de gráficos e instrucións para a

montaxe de obxectos ou aparellos sinxelos.

  • Construción de circuítos eléctricos simples. Identificación

dos seus compoñentes e funcións.

  • Comparación de formas de vida e de traballo de

diferentes épocas históricas ou sociedades.

  • Valoración da influencia do desenvolvemento tecnolóxico

nas condicións de vida e do traballo.

  • Valoración das habilidades manuais implicadas

no manexo de ferramentas e aparellos domésticos e non-domésticos superando os estereotipos sexistas.

  • Detección de avarías habituais no funcionamento

de aparellos cotiáns e domésticos. Identificación dos comportamentos máis adecuados para evitar accidentes (escapes de gas, incendios, inundacións...).

  • Control de riscos no manexo de aparellos e de

máquinas. Elaboración de protocolos de uso.

  • Utilización de recursos sinxelos proporcionados

polas tecnoloxías da información para comunicar conclusións sobre os traballos realizados, para elaborar informes, para buscar información e para colaborar. Uso progresivamente autónomo de tratamento de textos (axuste de páxina, inserción de ilustracións ou notas, etc.). Busca guiada de información na rede e xestión de ficheiros.

  • Uso responsable das TIC. Valoración da necesidade

de controlar o tempo destinado ás tecnoloxías da información e da comunicación e o seu poder de adicción. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Identificar algúns dos usos que as persoas fan dos

recursos naturais e da enerxía, así como algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados, valorando o seu impacto a curto e longo prazo. Propor exemplos dos efectos da contaminación sobre as persoas, as plantas, os animais e os seus contornos, así como diferentes formas de previr ou reducir a contaminación do aire, da auga e da terra. Este criterio pretende avaliar o grao de coñecemento da utilización humana dos recursos naturais e da enerxía, os cambios ocasionados no medio natural, os efectos dalgúns tipos comúns de contaminación e a capacidade de prevención con condutas responsables.

  • Recoñecer a diversidade de paisaxes de Galicia e

de España e a necesidade de preservar a riqueza paisaxística e patrimonial. Analizar algúns axentes físicos e humanos que conforman as paisaxes, e poñer exemplos do impacto das actividades humanas no territorio ao longo do tempo. Preténdese medir o coñecemento sobre as características das paisaxes (relevo, clima, vexetación...) de Galicia e de España e a capacidade para establecer comparacións (semellanzas e diferenzas) entre paisaxes, distinguir os elementos fundamentais, coñecer os principais tipos de asentamento humano e comprender a importancia da intervención humana na modificación ou na conservación das paisaxes naturais.

  • Identificar e localizar os principais órganos implicados

na realización das funcións vitais do corpo humano, establecendo algunhas relacións fundamentais entre eles e determinados hábitos de saúde. Trátase de valorar se as nenas e os nenos posúen unha visión xeral do funcionamento do corpo humano, indicando os órganos, aparellos e sistemas (a súa localización, forma, estrutura, funcións principais, coidados, etc.). Do mesmo xeito, valorarase se relacionan determinadas prácticas e hábitos co adecuado funcionamento do corpo. Avaliarase se recoñecen as repercusións dos hábitos incorrectos sobre a saúde.

  • Identificar, describir e analizar procesos de cambio

e transformacións (sociais, culturais, económicas e tecnolóxicas) no contorno, provocadas polo incremento das comunicacións e dos bens e servizos, reflexionando sobre as causas da desigualdade no acceso a eles. O criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado para analizar os cambios de todo tipo que as comunicacións e os transportes teñen provocado nas actividades persoais, económicas e sociais do contorno e os cambios que sobre a vida das persoas introduciron as novas actividades económicas. Tamén a capacidade de recoñecer as diferenzas que aínda persisten nas formas de vida entre un medio rural e un medio urbano, entre comunidades e entre uns países e outros, e a necesidade de superar as desigualdades que o acceso a bens e servizos provocan. Valorarase a capacidade de reflexionar sobre as múltiples relacións que permiten as TIC.

  • Recoñecer e valorar a diversidade cultural e lingüística

de Galicia e de España. Quérese avaliar a capacidade de recoñecer as manifestacións de identidade propia e de valorar a diversidade cultural, identificando e respectando as manifestacións culturais do contorno como formas de cohesión social e de pertenza a grupos concretos.

  • Describir os mecanismos de funcionamento e de

participación propios das sociedades democráticas aplicados aos principais órganos de goberno de diferentes institucións (escolares, municipais, autonómicas, estatais e comunitarias), valorando o interese da xestión dos servizos públicos para a cidadanía. 11.694 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 Este criterio pretende avaliar se as alumnas e os alumnos valoran a importancia da participación democrática, e se recoñecen os órganos de goberno dalgunhas instancias administrativas públicas, a súa organización básica e as funcións que cumpren na vida da cidadanía. Así mesmo, valoraranse os comportamentos de participación e asunción de responsabilidades para favorecer a convivencia na aula e a participación nos órganos de goberno do centro.

  • Utilizar e interpretar planos e mapas para orientarse,

situar aspectos do contorno e desprazarse adecuadamente. Elaborar planos, maquetas e esquemas sinxelos como un medio de análise do territorio próximo. Avalíase a competencia para interpretar representacións gráficas do espazo e a aplicación que o alumnado fai dos seus coñecementos. Terase en conta a capacidade para elaborar planos, maquetas e esquemas como un medio para analizar elementos do territorio e comunicar os resultados desas observacións e interpretacións.

  • Obter información para identificar características

significativas da sociedade nalgunhas épocas pasadas e situar os feitos relevantes utilizando liñas do tempo, cronogramas, utilizando diferentes tipos de fontes (orais, escritas, dixitais, patrimoniais...) Téntase comprobar se o alumnado é quen de buscar información para identificar algúns restos, usos, costumes, actividades, ferramentas... como indicadores de formas de vida características de determinadas épocas históricas concretas.

  • Planificar e realizar sinxelas investigacións para

estudar o comportamento dos corpos ante a luz, a electricidade, o magnetismo, a calor ou o son e saber comunicar os resultados. Este criterio trata de avaliar a aptitude para realizar de forma guiada experiencias sinxelas e pequenas investigacións sobre diferentes fenómenos físicos e químicos controlando, planificando e compartindo o proceso coas compañeiras e cos compañeiros e reflexionando sobre o proceso desenvolvido.

  • Planificar a construción de obxectos e aparellos

cunha finalidade previa, utilizando fontes enerxéticas, operadores e materiais apropiados, e realizala coa habilidade manual necesaria, combinando o traballo individual e en equipo, velando pola propia seguridade e a das demais persoas. Avaliarase a capacidade para planificar e realizar proxectos de construción dalgún obxecto ou aparello, seleccionando, se cómpre, as fontes enerxéticas máis idóneas para o seu funcionamento e os materiais pertinentes, amosando coñecemento dalgúns operadores (roda, freo, interruptor, engrenaxe, resorte, polea, manivela, panca, etc.) e a habilidade manual necesaria. Así mesmo, valorarase se o alumnado amosa una actitude cooperativa, non-discriminatoria e igualitaria no traballo en equipo, apreciando o coidado pola seguridade propia e a das demais persoas.

  • Resolver problemas e responder preguntas sobre

aspectos do medio galego usando diferentes fontes, elaborando a información, tirando conclusións e comunicando as posibles solucións e respostas. Trátase de comprobar se as nenas e os nenos son quen de identificar e formular preguntas e problemas no medio próximo; se adiantan hipóteses; se as comproban usando fontes diversas (enquisas, observacións, imaxes, documentos...); se seleccionan, tratan, contrastan a información e a recollen (en gráficos, táboas, textos escritos, imaxes, esquemas...); se tiran conclusións e comunican as solucións e respostas usando diversas linguaxes.

  • Elaborar un traballo, utilizando soporte papel e

dixital, sobre aspectos ou situacións sinxelas, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, a internet), establecendo un plan de traballo e comunicando a información e as conclusións finais. Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para, partindo das súas concepcións previas sobre temas ou aspectos do contorno, buscar, seleccionar, analizar, contrastar, tratar, esquematizar e organizar información concreta e relevante, comparar o que se atopou coas compañeiras e cos compañeiros, comunicar a información utilizando diversas linguaxes e reflexionar sobre o proceso. Atenderase especialmente á presentación ordenada, clara e limpa do traballo, ao uso de linguaxes variadas, así como á capacidade para colaborar durante as diferentes fases do seu proceso de elaboración.

Área de educación artística[editar]

Introdución. Características da área. A expresión artística é connatural ás persoas desde a orixe dos tempos, xa fose considerada medio de comunicación, vía para descargar enerxías, actividade pracenteira, evasión ou instrumento para acadar o equilibrio interior, posibilidade de lograr unha aprendizaxe emocional ou forma de cuestionar o establecido. As diferentes manifestacións artísticas teñen unha presenza constante no contorno e na vida privada e pública das persoas. As artes son imprescindibles no desenvolvemento expresivo individual e social e son parte esencial do patrimonio cultural. Con elas somos quen de darlle forma á nosa imaxinación, empregando o razoamento e a emoción; con elas participamos en proxectos individuais e colectivos que contribúen á construción da identidade persoal e social, con elas conformamos a identidade nacional, e con elas mantemos un diálogo aberto e constante coas outras culturas, proporcionando espazos de relación nos cales flúen experiencias, significados, emocións, sentimentos, ideas e pensamentos. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.695 Na educación primaria, a área desenvolverá as capacidades básicas relacionadas coa percepción e interpretación das representacións musicais e plásticas e coa expresión de pensamentos, sentimentos e emocións; é dicir, desenvolverá a dimensión comunicativa dos procesos artísticos. Tanto a linguaxe plástica como a musical constitúen ámbitos artísticos específicos con características propias, pero con aspectos comúns e con estreitas conexións entre os distintos xeitos de expresión e representación. A partir dos dous grandes ámbitos (música e plástica) e dos eixes en que se articula a área (percepción e expresión) distribúense os contidos en catro bloques. Esta maneira de estruturar o conxunto de contidos da área non indica en absoluto que se deban desenvolver independentemente uns doutros, o que queda de manifesto ao comprobar a interrelación que existe entre eles. O bloque 1 Escoita, recolle os contidos relacionados co desenvolvemento de capacidades de discriminación auditiva e de audición comprensiva. O bloque 2 Interpretación e creación musical, aborda o desenvolvemento de habilidades técnicas e de capacidades vinculadas coa interpretación e coa improvisación e a creación de distintas producións musicais resultantes da exploración, da selección e da combinación de movementos e de sons. Os elementos da música e os seus referentes culturais non se disocian dela; por isto, tanto os contidos da linguaxe musical coma os referidos á música como expresión cultural están explícitos ou implícitos nos dous bloques. O bloque 3 Observación plástica, céntrase na interpretación, indagación e análise do contorno natural e da actividade e creación humanas. Abórdanse nel aspectos espaciais e os relativos á interpretación do significado das imaxes e á análise das mensaxes icónicas. O bloque 4 Expresión e creación plástica, comprende contidos relativos á exploración dos elementos propios da linguaxe plástica e visual, así como ao tratamento dos materiais; recolle, tamén, variadas posibilidades de expresar o percibido e sentido logo de planificación. A escola asegurará a construción de aprendizaxes significativas que partan deses esquemas previos de coñecemento para modificalos, completalos ou reconstruílos. A aprendizaxe sobre as linguaxes artísticas é un proceso inacabado que se segue completando ao longo da vida, tentando sempre atopar solucións para chegar a resultados que supoñan un alto grao de elaboración persoal e a interpretacións e percepcións cada vez máis completas e ricas. A actividade do alumnado é moi importante para que esa aprendizaxe se produza. Non se trata só dunha actividade externa, senón, e fundamentalmente, dunha actividade mental que lle permita formular interrogantes e buscar estratexias para resolvelos, relacionar o que sabe co novo que se lle presenta e abordar novas propostas en que a percepción, expresión, reflexión e intercambio de ideas formarán parte esencial do proceso de aprendizaxe. O traballo artístico deberá partir da experiencia persoal, dos saberes que o alumnado posúe social e colectivamente e da investigación e recoñecemento das propias características e posibilidades. A progresión de cada nena e de cada neno require de estratexias personalizadas que lle permitan avanzar e afianzar destrezas, coñecementos e actitudes no ámbito artístico. Neste contexto debe estar presente a loita contra os estereotipos e os roles preestablecidos, polo que se deben proporcionar oportunidades, alternativas e recursos múltiples que faciliten a reflexión e o desenvolvemento do xuízo crítico. Obxectivos.

  • Desenvolver mecanismos de sensibilidade estética

e a creación artísticas para promover a percepción e a expresión de ideas, emocións, sentimentos e vivencias.

  • Formar progresivamente o sentido estético persoal

como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.

  • Indagar nas posibilidades do son, da imaxe e do

movemento como elementos de representación e de comunicación e utilizalas para expresar ideas e sentimentos, contribuíndo con iso ao equilibrio afectivo e á relación coas demais persoas.

  • Explorar e coñecer materiais e instrumentos

diversos e adquirir códigos e técnicas específicas das diferentes linguaxes artísticas para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.

  • Aplicar os coñecementos artísticos na observación

e na análise de situacións e de obxectos da realidade cotiá e de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.

  • Manter unha actitude de busca persoal e colectiva,

articulando a percepción, a imaxinación, a indagación e a sensibilidade e reflexionando á hora de realizar e desfrutar de diferentes producións artísticas.

  • Recoñecer que as diversas manifestacións da arte

e da cultura son fonte de coñecemento, foron realizadas por homes e por mulleres e reflicten a súa experiencia e percepción da vida.

  • Coñecer algunhas das posibilidades dos medios

audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación en que interveñen a imaxe e o son, e empregalas como recursos para a observación, para a busca de información e para a elaboración de produ11.696 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 cións propias, xa sexa de forma autónoma ou en combinación con outros medios e materiais.

  • Valorar e compartir manifestacións artísticas do

patrimonio cultural galego apreciando a súa riqueza e diversidade e comprometéndose na súa defensa, conservación e difusión.

  • Coñecer e valorar diferentes manifestacións artísticas

do patrimonio cultural doutros pobos, colaborando na conservación e renovación das formas de expresión locais e nacionais e estimando o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de diferentes culturas que comparten un mesmo contorno.

  • Desenvolver unha relación de autoconfianza coa

produción artística persoal, respectando as creacións propias e as das outras persoas, cunha actitude de interese e de admiración polo distinto e/ou novo, sabendo recibir e expresar críticas e opinións, e utilizándoas como recurso para a mellora.

  • Participar activamente en producións artísticas de

forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir un produto final o máis satisfactorio posible.

  • Coñecer algunhas das profesións dos ámbitos

artísticos, interesándose polas características do traballo das artistas e dos artistas e desfrutando como público na observación e recreación das súas propias producións.

  • Valorar no contorno próximo as intervencións

artísticas das que cumpriría dispor co fin de crear espazos esteticamente agradables que contribúan a mellorar a calidade de vida.

  • Contidos.

Primeiro ciclo. Música. Bloque 1. Escoita.

  • Percepción da diferenza entre son, silencio e ruído

e das distintas calidades do son.

  • Escoita, exploración e discriminación dos sons

presentes no contorno natural, cultural e artístico: elementos do contorno que producen son; sons que se poden producir co propio corpo.

  • Reacción espontánea ou dirixida a estímulos

sonoros.

  • Interese e curiosidade pola escoita activa dunha

selección de pezas instrumentais e vocais breves coñecidas polo alumnado e interpretadas de diversos xeitos.

  • Uso de diferentes recursos para o seguimento

dunha obra musical: corporais, plásticos, musicogramas...

  • Iniciación ao recoñecemento visual e auditivo dalgúns

instrumentos musicais, así como de voces masculinas, femininas e infantís, en audicións musicais.

  • Identificación de esquemas rítmicos sinxelos e

interese e esforzo na súa repetición utilizando diferentes medios (percusión corporal, voz, instrumentos de percusión...).

  • Asociación intuitiva dos sons a unha representación

gráfica mediante símbolos non convencionais.

  • Interese por coñecer e interpretar pequenas pezas

de música e de danza do patrimonio galego, así como por ensinárllelas a outras persoas e por aprender as que outras persoas coñecen.

  • Expresión oral de emocións e de sentimentos que

esperta unha audición.

  • Recoñecemento e observancia das normas de

comportamento en audicións e noutras actividades musicais. Bloque 2. Interpretación e creación musical.

  • Exploración das posibilidades sonoras e expresivas

da voz, do corpo e dos obxectos do contorno.

  • Interpretación e memorización de cancións, de

lerias, de refráns, de adiviñas... da propia cultura ou doutras ao unísono, con e sen acompañamento rítmico.

  • Utilización progresiva da voz, da percusión corporal

e dos instrumentos de pequena percusión como recursos para o acompañamento de textos recitados, de cancións e de danzas sinxelas.

  • Realización de movementos, de xogos motores e

de danzas sinxelas, acompañados de secuencias sonoras, de cancións e de obras musicais, tentando desenvolver a coordinación tanto individual como colectiva.

  • Incorporación e utilización progresiva de grafías

non convencionais (puntos, liñas, debuxos, símbolos...) na lectura e na interpretación de partituras sinxelas.

  • Utilización de obxectos de uso cotián, como instrumentos,

e desfrute co seu uso nas diferentes producións.

  • Improvisación de esquemas rítmicos e melódicos

sinxelos (pregunta/resposta, formas dadas...).

  • Improvisación de movementos como resposta a

diferentes estímulos sonoros e busca de sons que acompañen movementos predeterminados, atendendo á velocidade.

  • Sonorización de situacións, relatos breves...

empregando sons vocais, obxectos e instrumentos.

  • Confianza e seguridade progresivas nas propias

posibilidades de produción musical.

  • Valoración da atención, da escoita e do respecto

nas interpretacións propias e alleas.

  • Interese e respecto polas obras musicais e polas

persoas que as compoñen. Plástica. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.697 Bloque 3. Observación plástica.

  • Observación e exploración sensorial dos elementos

presentes no contorno integrando actividades de tocar, ulir, oír e ver.

  • Diálogo ante unha obra de arte expresando verbalmente

sensacións, emocións e ideas que suxire, así como indicando o que gusta e non gusta.

  • Comentario de obras plásticas e visuais presentes

no contorno e en exposicións, museos ou saídas.

  • Curiosidade por descubrir as posibilidades artísticas

que ofrece o contorno: festas, esculturas, pintura, decoración...

  • Recoñecemento de elementos artísticos ou de certos

aspectos das obras de arte (previamente traballadas na clase) na vida cotiá.

  • Coñecemento e observancia das normas de comportamento

nos lugares dedicados a manifestacións artísticas.

  • Iniciación ao coñecemento de identificadores

artísticos da cultura galega e doutras culturas e valoración deles.

  • Observación e identificación de imaxes presentes

en contextos próximos: historietas, bandas de deseño, ilustracións, fotografías, etiquetas, cromos, carteis, adhesivos, debuxos animados, marcas, propaganda, cine, encaixes, bordados, cerámica...

  • Vivenciación do espazo e achegamento á súa

representación de maneira intuitiva.

  • Observación e comparación de diferentes representacións

artísticas (pintura, escultura...) dun mesmo motivo.

  • Establecemento de relacións entre unha manifestación

plástica e un conto, unha lenda, unha canción...

  • Comparación de mostras de diversos materiais e

observación destes transformados en producións artísticas. Fomento da fantasía a través da visualización do que podería ser un determinado material (un anaco de madeira, de metal, de cristal...).

  • Discriminación de materiais, cores, formas, volumes

ou liñas, nas imaxes, nos obxectos e nas obras artísticas. Bloque 4. Expresión e creación plástica.

  • Experimentación con mesturas e con manchas de

cor utilizando diferentes tipos de pintura e útiles sobre soportes diversos.

  • Experimentación das posibilidades expresivas do

trazo espontáneo e con intencionalidade, das liñas que delimitan contornos e do espazo que define a forma.

  • Interese pola manipulación e pola exploración de

materiais e de técnicas diversas.

  • Busca sensorial de texturas naturais e artificiais e

das calidades e posibilidades de diversos materiais (follas, pedras, area, sal, plastilina, madeira, arxila...) e transformación deles para a elaboración de producións plásticas.

  • Composición individual e en grupo de debuxos,

pinturas, colaxes, estampados, cosido, ilustracións, volumes, modelaxe e pregamento de formas utilizando materiais de refugallo e materiais e elementos plásticos. Reflexión sobre os resultados para mellorar as producións.

  • Manipulación e transformación de obxectos para o

seu uso en representacións teatrais e noutras manifestacións artísticas.

  • Construción e uso de máscaras e de monicreques

sinxelos para dramatizacións significativas.

  • Composicións plásticas empregando diferentes

materiais e técnicas partindo dunha planificación previa guiada, elaboracións seguindo o plan e valoración dos resultados.

  • Uso progresivo de imaxes de diferentes fontes

(fotografías, revistas, prensa, cromos, historietas, adhesivos...) nas producións propias.

  • Aproximación á exploración de recursos dixitais

para a creación de obras artísticas.

  • Organización progresiva do proceso de elaboración

concretando o tema xurdido desde a percepción sensorial, a imaxinación, a fantasía ou a realidade, prevendo os recursos necesarios para a realización, explorando as posibilidades de materiais e de instrumentos e mostrando confianza nas posibilidades de creación.

  • Recreación de obras de arte significativas para as

nenas e os nenos.

  • Investigación e experimentación de diferentes

modos de representar a figura humana. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Percibir algunhas calidades e características de

materiais, obxectos e instrumentos presentes no contorno natural e artificial como resultado dunha exploración lúdica e sensorial, e recoñecer neles algunhas posibilidades de transformación artística. Trátase de comprobar se, despois de realizar unha manipulación lúdica e unha exploración sensorial de materiais, de obxectos e de instrumentos do contorno, as nenas e os nenos son capaces de nomear algunhas das súas principais características (forma, cor, peso, textura...) e calidades sonoras (intensidade, duración...), verbalizar as súas impresións e describir sinxelamente o descuberto. Téntase tamén avaliar a capacidade de alumnas e alumnos para imaxinar posibilidades de transformación deses materiais e de usalos de forma creativa. 11.698 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Usar termos sinxelos para comentar as obras plásticas

e musicais observadas e escoitadas. Preténdese valorar a capacidade para identificar e describir algunhas das características máis evidentes en distintas obras plásticas e musicais e para expresar as ideas e os sentimentos que estas suscitan. Así mesmo, valorarase a actitude positiva e de respecto cara ás opinións das outras persoas.

  • Identificar e expresar, a través de diferentes linguaxes,

algúns dos elementos (velocidade, voces, instrumentos) dunha obra musical. Con este criterio trátase de comprobar se as nenas e os nenos son quen de recoñecer os compoñentes nunha obra musical e de representalos a través do movemento, da elaboración de debuxos ou da linguaxe verbal.

  • Reproducir patróns de movemento, esquemas rítmicos

e melódicos coa voz, co corpo, cos obxectos sonoros e cos instrumentos. Valorarase a capacidade de atención e de retención a curto prazo de mensaxes sonoras e corporais e o emprego das técnicas necesarias para a súa interpretación. Así mesmo, comprobarase a capacidade de resposta a estímulos sensoriais e a naturalidade espontánea e mais a expresividade na reprodución.

  • Seleccionar e combinar sons producidos pola voz,

polo corpo, polos obxectos e polos instrumentos para sonorizar relatos ou imaxes entre varios dados. Trátase de comprobar se son capaces de usar os datos obtidos na exploración sonora para sonorizar unha imaxe, conto ou situación, seleccionando os sons máis axeitados e combinándoos de forma apropiada para lograr o efecto desexado, utilizando a imaxinación e propondo solucións orixinais.

  • Identificar diferentes formas de representar o

espazo e a figura humana. Comprobarase se o alumnado ten interiorizadas as diversas posibilidades de representación do espazo e da figura humana, así como a utilización axeitada desa variedade nas súas producións.

  • Probar en producións propias as posibilidades

que adoptan as formas, texturas e cores. Trátase de comprobar, no contexto dunha expresión espontánea, o interese e a curiosidade que o alumnado manifesta por incorporar ás súas producións o percibido na exploración sensorial de materiais, de obxectos e de instrumentos e na observación efectuada de imaxes do seu contorno próximo.

  • Realizar composicións plásticas que representen

o mundo imaxinario, afectivo e social. Con este criterio comprobarase se o alumnado se serve da representación plástica para plasmar as súas vivencias, as situacións da vida cotiá, as súas ideas imaxinarias... empregando diversos materiais. Así mesmo, valorarase se as nenas e os nenos comezan a percibir que a elaboración plástica lles é útil tanto para expresarse como para comunicarse coas demais persoas. Contidos. Segundo ciclo. Música. Bloque 1. Escoita.

  • Identificación e comentario da variedade de sons,

de músicas, de movementos do corpo e de tecnoloxías que se poden utilizar cando se fai expresión musical, partindo da observación no contorno e incorporando unha terminoloxía cada vez máis adecuada.

  • Audición activa dunha selección de pezas instrumentais

e vocais de distintos estilos e culturas adaptadas á idade do alumnado e recoñecemento dalgúns trazos característicos, utilizando diferentes recursos para o seu seguimento: corporais, plásticos, instrumentais, musicogramas...

  • Utilización de obxectos e de instrumentos para

percibir, diferenciar, explorar e identificar os parámetros do son (intensidade, duración, altura e timbre).

  • Recoñecemento de calidades dos sons e dos instrumentos

en pezas musicais.

  • Identificación visual e auditiva dalgúns instrumentos:

da orquestra, da música popular galega e dos utilizados por outras culturas, tentando aproximarse a unha clasificación por familias.

  • Interese polas cancións e polos bailes tradicionais

de Galicia e das zonas de procedencia de compañeiras e de compañeiros.

  • Interese por coñecer o traballo de artistas e de

persoas que traballan na composición e na interpretación de música e de danza tradicional galega.

  • Interese por obter información sobre compositoras

e compositores, intérpretes, festivais de música e representacións musicais e de danza, empregando diferentes fontes (biblioteca, a internet...).

  • Interese pola escoita de obras musicais de distintas

características e procedencias.

  • Valoración positiva da diversidade de opinións, de

xuízos, de gustos e de argumentos relacionados coa música.

  • Actitude atenta e silenciosa, respecto ás normas

de comportamento durante a audición de música e/ou na asistencia a diferentes representacións. Bloque 2. Interpretación e creación musical.

  • Exploración das posibilidades sonoras e expresivas

da voz, do corpo, dos obxectos e dos instrumentos.

  • Interpretación, memorización e improvisación

guiada de cancións a unha ou varias voces. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.699

  • Memorización e interpretación de xogos motrices,

de secuencias de movementos fixados ou inventados e de danzas, procurando unha progresiva coordinación tanto individual como colectiva.

  • Iniciación á interpretación de danzas e de cancións

tradicionais galegas e das zonas de orixe de compañeiras e compañeiros.

  • Identificación dalgunhas cantigas galegas que

acompañaban os momentos de traballo e celebracións (cantigas de arada, de seitura, de esfolla, cantos de reis...) e relación destas coa finalidade para a cal foron concibidas.

  • Inicio ao uso das grafías convencionais na lectura

e na interpretación de cancións e de pezas instrumentais sinxelas.

  • Interese e responsabilidade nas actividades de

interpretación e de creación.

  • Improvisación de esquemas rítmicos e melódicos

sobre bases musicais dadas mediante instrumentos de percusión e percusión corporal.

  • Estratexia de repetición e imitación como recursos

da improvisación.

  • Creación de acompañamentos sinxelos para cancións

e pezas instrumentais.

  • Recreación musical e sonorización dun texto oral

ou escrito.

  • Creación de pezas musicais sinxelas a partir de

elementos dados.

  • Iniciación á creación de coreografías sinxelas

para cancións e pezas musicais breves a partir da combinación de elementos dados e que teñan relación con ideas, emocións e experiencias propias ou alleas.

  • Adquisición progresiva de responsabilidade para

favorecer a dinámica de traballo cooperativo na aula.

  • Desenvolvemento progresivo de hábitos de coidado

da voz, do corpo, dos instrumentos e dos materiais de traballo. Plástica. Bloque 3. Observación plástica.

  • Clasificación de texturas e de tonalidades e apreciación

de formas naturais e artificiais exploradas sensorialmente e desde diferentes ángulos e posicións.

  • Elaboración conxunta de protocolos e de pautas

para seguir o procedemento de observación e a súa comunicación oral ou escrita, incorporando unha terminoloxía cada vez máis adecuada.

  • Identificación de elementos artísticos, de obras de

arte ou de certos aspectos relativos a algunhas delas previamente traballadas na clase na vida cotiá.

  • Identificación da variedade de materiais, de técnicas

e de tecnoloxías sinxelas que se utilizan na creación de obxectos e de imaxes mediante a observación de producións do contorno artístico e cultural e dos medios de comunicación.

  • Valoración e identificación dalgunhas producións

artísticas que forman parte do patrimonio cultural galego (xoguetes, disfraces, olaría, cestaría, encaixes, bordados, petróglifos, xoiaría, alfombras florais, maios, máscaras de Entroido, edificacións...).

  • Respecto e coidado do contorno, das obras que

constitúen o patrimonio cultural, das producións propias e das das demais persoas.

  • Interese por buscar información sobre producións

artísticas, autoras e autores para a elaboración de traballos diversos (exposicións, cartafoles individuais ou da clase, colaboración en eventos culturais...).

  • Interese por dialogar ante unha obra de arte,

expresando o que gusta e o que non gusta, así como as emocións que a obra esperta en cadaquén, intentando asociar aspectos da obra coas sensacións producidas (significado das cores, das liñas, das formas, da representación do espazo...).

  • Apreciación dos diferentes significados que pode

ter unha obra de arte para cada persoa.

  • Análise de imaxes en diferentes formatos identificando

elementos variados (enfoque, simetría, repetición, distribución espacial, plano, xestos...).

  • Apreciación da incidencia da cultura visual do

contorno nas reaccións, nas preferencias e na forma de pensar.

  • Comparación de mostras de diversos materiais e

observación destes transformados en producións artísticas, reflexionando sobre o proceso de transformación.

  • Fomento da fantasía a través da visualización do

que podería ser unha representación imprecisa (unha mancha, unha engurra, unha luz, un xogo de liñas...).

  • Indagación sobre diferentes maneiras de representar

o espazo e aproximación á idea de proporción.

  • Exploración de diferentes formas, texturas e

obxectos utilizando o tacto, o gusto, o oído e o olfacto, e representación plástica das sensacións que producen.

  • Valoración do traballo desenvolvido por mulleres

e por homes na produción artística e artesanal.

  • Recoñecemento de identificadores artísticos de

diferentes culturas e valoración deles (máscaras africanas, sombras chinesas...). Bloque 4. Expresión e creación plástica.

  • Busca das posibilidades da cor (tonalidades,

gamas...) en contrastes, variacións e combinacións, mesturando diversas clases de pintura, utilizando variados instrumentos e apreciando os resultados sobre diferentes soportes.

  • Experimentación das posibilidades de transformación

dos materiais plásticos no referente á ductili11.700 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 dade, á transparencia, á consistencia, á solubilidade... Comportamento dalgúns materiais en contacto con outros. Aproveitamento destas experiencias nas producións plásticas.

  • Experimentación con liñas diversas e formas en

diferentes posicións iniciándose no emprego de instrumentos convencionais e non convencionais para deseñalas.

  • Elaboración individual e colectiva de imaxes en

bandas de deseño, historietas, carteis, murais, mosaicos, tapices e impresións, cunha planificación previa e unha revisión posterior.

  • Construción de móbiles, de estruturas, de maquetas

e de xoguetes populares galegos.

  • Construción de decorados, de máscaras, de vestiario

e de personaxes (monicreques, sombras...) e elaboración de maquillaxes para dramatizacións.

  • Utilización de fotografías (enfoque e planos) para

enriquecer un texto expositivo, para a realización dun álbum ou dunha fotonovela.

  • Utilización de diferentes recursos (dos medios de

comunicación, informáticos, libros, láminas, teas, materiais de refugallo e naturais...) á súa disposición para a elaboración individual e colectiva de producións artísticas.

  • Aplicación, en producións propias, de aspectos

observados en obras artísticas galegas e de artistas de renome.

  • Interese por axustar o proceso de creación, individual

ou en grupo, ás intencións previstas, planificando, seleccionando apropiadamente os materias e instrumentos segundo as súas posibilidades plásticas, decidindo a técnica máis adecuada, usando responsablemente instrumentos, materiais e espazos, asumindo as tarefas, respectando as normas que o grupo estableza e valorando o resultado final.

  • Valoración do coñecemento de diferentes códigos

artísticos como medios de expresión de sentimentos e de ideas.

  • Recreación de obras de arte significativas da cultura

galega e doutras culturas, reflexionando sobre o proceso seguido pola persoa que o realizou.

  • Seguridade no uso progresivo de materiais e de

obxectos do contorno para expresar e comunicar aspectos do propio mundo: da vida cotiá, da historia da poboación ou do barrio, da historia persoal e familiar. Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Identificar e describir as características de elementos

presentes no contorno e as sensacións que as obras artísticas provocan, sinalando algunhas das estratexias plásticas e musicais que usaron as creadoras e os creadores das obras. Quérese comprobar con este criterio se as nenas e os nenos son capaces de amosar os coñecementos adquiridos na observación por medio de descricións e de informacións relevantes sobre elementos da linguaxe visual e musical presentes nas manifestacións artísticas e no contorno. Observarase se saben expresar oralmente as súas apreciacións persoais sobre o feito artístico e se son quen de descubrir semellanzas e diferenzas entre esas manifestacións artísticas e as sensacións, impresións, sentimentos... que lles provocan.

  • Usar axeitadamente algúns dos termos propios da

linguaxe plástica e musical en contextos precisos, intercambios comunicativos, descrición de procesos e argumentacións. Trátase de comprobar se o alumnado incorporou algúns dos termos técnicos propios das linguaxes artísticas nas súas explicacións e descricións, se os emprega nas situacións apropiadas e se traslada eses coñecementos a outros contextos nos cales lle poden ser útiles. Comprobarase, pois, se identifica e verbaliza, cunha terminoloxía o máis adecuada posible, as posibilidades plásticas, sonoras e corporais que usan as artistas e os artistas e os medios de comunicación.

  • Utilizar distintos recursos gráficos durante a audición

dunha peza musical. Este criterio permite avaliar se as rapazas e os rapaces son capaces de establecer unha relación entre o que oen e o representado en musicogramas ou partituras sinxelas con distintos tipos de grafías, así como se son quen de representar graficamente (mediante debuxos ou empregando signos gráficos que coñecen ou inventan) os trazos característicos da música escoitada.

  • Memorizar e interpretar un repertorio básico de

cancións, de pezas instrumentais e de danzas relacionadas cos seus intereses individuais e colectivos. A través deste criterio preténdese valorar en que medida o alumnado ten memorizada e é capaz de recordar algunha das cancións, pezas instrumentais e danzas aprendidas por imitación no contexto da aula, interpretándoas con desinhibición e amosando progresiva responsabilidade para favorecer a dinámica de traballo cooperativo na aula.

  • Explorar estruturas musicais e seleccionar e combinar

ideas musicais dentro de estruturas sinxelas entre varias dadas. Con este criterio téntase valorar se son capaces de seguir un proceso (planificar, producir, revisar) o máis ordenado posible e se son quen de utilizar criterios axeitados para crear unha peza musical sinxela a partir da selección, combinación e organización dunha serie de elementos dados previamente, coñecidos e/ou manexados. Valorarase tamén a capacidade creativa do alumnado para dar solucións orixinais que se afasten o máis posible de estereotipos. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.701

  • Interpretar e compartir con compañeiras e compañeiros

o contido de imaxes presentes no contorno. Comprobarase se o alumnado pode explicar a información que conteñen os sinais, os signos, os símbolos e as imaxes máis habituais no seu medio, e se é quen de usar esas interpretacións na produción de mensaxes propias que transmitan unha información básica do contorno, compartindo coas compañeiras e cos compañeiros os significados.

  • Clasificar texturas, formas, calidades e cores atendendo

a criterios de similitude ou diferenza. Trátase de comprobar se na observación e manipulación de materiais, de obxectos, de instrumentos... obtiveron datos abondos para establecer algunha pauta sobre as súas características; se poden especificalas, comentalas e organizar clasificacións elementais, ben sexa por semellanza, ben por oposición ou diferenza.

  • Empregar instrumentos, técnicas e materias axeitados

ao produto artístico que se pretende. Con este criterio quérese verificar se as alumnas e os alumnos son capaces de servirse dos datos obtidos na exploración de instrumentos, de técnicas e de materiais para realizar en nunha obra persoal, non estereotipada. Valorarase a diversidade de solucións dadas en diferentes contextos, a variedade de soportes empregados e a orixinalidade no uso dos materiais, así como a intencionalidade en función da persoa destinataria.

  • Amosar respecto e responsabilidade no traballo

individual e colectivo con actividades plásticas e musicais. Avaliarase a capacidade do alumnado para participar en diferentes tipos de traballo de aula e de centro relacionados coa educación artística. Interesa coñecer, tamén, o seu grao de compromiso nas actividades colectivas e de respecto ante as contribucións das demais persoas.

  • Identificar manifestacións artísticas propias de

Galicia. Avaliarase se o alumnado é quen de recoñecer algunhas manifestacións típicas do patrimonio cultural e artístico galego. Contidos. Terceiro ciclo. Música. Bloque 1. Escoita.

  • Indagación sobre as posibilidades comunicativas

das TIC, da interacción de diferentes medios e linguaxes artísticas, das familias e das agrupacións instrumentais e vocais.

  • Identificación e apreciación de formas musicais

sinxelas, das calidades dos sons, de agrupacións instrumentais e vocais en pezas musicais.

  • Análise dos parámetros do son: altura, intensidade,

duración e timbre.

  • Gravación, escoita e comentario da música interpretada

na aula e suxestión de posibilidades de mellora persoal e colectiva.

  • Utilización dos medios de comunicación e da

internet para a busca de información, en soporte papel e dixital, sobre instrumentos, compositoras e compositores, intérpretes e eventos musicais de interese.

  • Investigación sobre as relacións entre as producións

musicais e coreográficas e as realidades persoais e sociais onde naceron.

  • Valoración dos instrumentos populares galegos

como integrantes do noso patrimonio cultural.

  • Valoración e interese pola música de diferentes

épocas e culturas.

  • Identificación de agresións acústicas e da súa

influencia na calidade de vida das persoas, e contribución activa á súa diminución e ao benestar persoal e colectivo.

  • Actitude atenta, silenciosa e respectuosa durante

a audición de música e/ou na asistencia a diferentes representacións musicais. Bloque 2. Interpretación e creación musical.

  • Exploración das posibilidades sonoras e expresivas

da voz, do corpo, dos obxectos, dos instrumentos, dos medios audiovisuais e tecnolóxicos para comunicar de forma sonora e corporal pensamentos, sensacións, emocións e experiencias.

  • Interpretación, memorización e improvisación

guiada de cancións (da cultura galega e doutras) a unha ou varias voces desenvolvendo progresivamente a dicción, a afinación e a técnica vocal.

  • Improvisación, individual e/ou colectiva, de motivos,

frases e pequenas formas, rítmicas e melódicas, como forma de acompañamento.

  • Interpretación de danzas coidando a coordinación

tanto individual coma colectiva.

  • Incorporación e utilización progresiva dalgunha

terminoloxía propia da linguaxe musical, adecuándoa á actividade.

  • Creación de mensaxes combinando elementos

sonoros e corporais diversos para comunicar emocións, sensacións, experiencias e sentimentos.

  • Interese pola participación en eventos e celebracións

de contido musical, formulando opinións sobre eles.

  • Incorporación e utilización progresiva das grafías

convencionais na lectura, na escritura e na interpretación de cancións e de pezas instrumentais sinxelas. 11.702 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Asunción de responsabilidades na interpretación

en grupo, e respecto ás achegas das demais persoas e á persoa que asuma a dirección.

  • Interese pola mellora do proceso de interpretación

e do resultado final, cun nivel progresivo de confianza e de seguridade.

  • Utilización guiada dos medios audiovisuais e dos

recursos informáticos para a sonorización de imaxes, de contos, de poesías, de refráns e de ditos, de pezas dramáticas... e para a creación de producións propias.

  • Invención de coreografías sinxelas para cancións

e de pezas musicais de diferentes estilos.

  • Traballo cooperativo, asumindo as responsabilidades

que lle correspondan e respectando as achegas das demais persoas do grupo.

  • Actitude de constancia e de progresiva exixencia

na interpretación musical. Plástica. Bloque 3. Observación plástica.

  • Observación e discriminación de materiais, de

cores, de formas, de volumes, de texturas, de contornos, de perspectiva, da bidimensionalidade e da tridimensionalidade, de luz, e de movemento nos obxectos, nas imaxes e nas obras artísticas.

  • Elaboración conxunta de protocolos, de forma oral

e escrita, para a observación de aspectos, de calidades e de características notorias e sutís de elementos naturais e artificiais.

  • Indagación sobre as posibilidades plásticas e

expresivas de elementos naturais.

  • Descubrimento e identificación de elementos

artísticos, obras de arte ou certos aspectos relativos a elas (previamente traballadas na clase) na vida cotiá e nos medios de comunicación, reflexionando sobre o seu uso.

  • Exploración das características, elementos, técnicas

e materiais que as obras artísticas ofrecen e suxiren para a súa recreación e creación de obras novas.

  • Documentación, rexistro e valoración de formas

artísticas e artesanais representativas da expresión cultural de Galicia e doutras colectividades.

  • Busca de información sobre producións artísticas,

autoras e autores para a elaboración e recreación de traballos diversos (exposicións, cartafoles individuais ou da clase, colaboración en eventos culturais...).

  • Diálogo ante unha obra de arte expresando o que

gusta e non gusta, como se sente cadaquén, o que pensan ou o que lles recorda, identificando o significado que poidan ter certos elementos da obra (a cor, a liña, a técnica empregada, os materiais, a luz, a perspectiva...) coas sensacións producidas.

  • Apreciación dos diferentes significados que pode

ter unha obra de arte para cada persoa, para cada cultura e para cada época.

  • Valoración positiva da diversidade de opinións, de

xuízos, de gustos e de argumentos relacionados coa expresión plástica.

  • Iniciación á análise das formas de representación

de volumes no plano segundo o punto de vista ou a situación no espazo.

  • Análise e valoración da intención comunicativa

das imaxes nos medios e tecnoloxías da información e da comunicación e xuízo crítico das imaxes que do home e da muller se ofrecen neles.

  • Comparación de mostras de diversos materiais e

observación destes transformados en producións artísticas, reflexionando sobre o proceso de transformación e posibles resultados alternativos.

  • Coñecemento de identificadores artísticos de diferentes

culturas e valoración destes como enriquecedores da nosa.

  • Valoración e apreciación da obra artística como

instrumento de comunicación persoal e de transmisión de valores culturais.

  • Interese por coñecer producións artísticas do

patrimonio cultural galego e por obter información sobre as persoas que as produciron. Bloque 4. Expresión e creación plástica.

  • Aplicación de cores complementarias e/ou opostas

e mais de tonalidades de forma intencionada, como medio de expresión e de representación.

  • Experimentación de formas abertas e pechadas e

de liñas segundo a súa forma, dirección e situación espacial, e aplicación dos resultados á propia produción artística.

  • Exploración dos cambios que experimentan os

volumes, as persoas e os espazos pola incidencia da luz (sombras chinesas, teatro negro...).

  • Exploración de materiais diversos coa finalidade

de atopar o máis adecuado para unha produción artística cunha finalidade determinada (expresión de ideas, de accións, de situacións).

  • Elaboración de producións plásticas empregando

técnicas mixtas, texturas diferentes, materiais variados, instrumentos diversos e en soportes diversificados.

  • Construción e caracterización de personaxes,

recreación de espazos imaxinados, creación de estruturas, de maquetas, de decorados e de exposicións relacionados coa propia experiencia e no desenvolvemento de actividades do centro. Uso durante o proceso, entre outras, de nocións métricas e de perspectiva.

  • Realización de fotografías (enfoque e planos) para

enriquecer un informe, para recoller unha saída de campo, para a realización dunha fotonovela, para ilustrar unha noticia ocorrida no centro. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.703

  • Emprego de tecnoloxías da información e da

comunicación para o tratamento de imaxes, deseño e animación, e para a difusión dos traballos elaborados.

  • Composición de pezas recreando as obras artísticas

analizadas (ou aspectos delas), logo de busca de información sobre a obra, a época de elaboración, a autora ou o autor.

  • Preparación de documentos propios da comunicación

artística como carteis, guías ou programas de man para difundir e informar sobre unha exposición, unha representación, un festival.

  • Constancia e exixencia progresiva no proceso de

realización aplicando estratexias creativas na composición, asumindo responsabilidades no traballo cooperativo, establecendo momentos de revisión, respectando as achegas das outras persoas e resolvendo as discrepancias con argumentos.

  • Incorporación progresiva e utilización durante o

proceso de produción dalgunha terminoloxía propia da linguaxe plástica.

  • Seguimento cada vez máis autónomo dun proceso

para chegar á materialización plástica dunha idea.

  • Organización progresiva do proceso de elaboración

concretando o tema xurdido desde a percepción sensorial, a imaxinación, a fantasía ou a realidade, prevendo os recursos necesarios para a realización, explorando as posibilidades de materiais e de instrumentos e mostrando confianza nas posibilidades de creación.

  • Apreciación da orixinalidade como fundamento

da conduta creativa e respecto ás obras doutras persoas. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Buscar, seleccionar e organizar informacións

sobre manifestacións artísticas do patrimonio cultural propio e doutras culturas, de acontecementos, creadoras e creadores e outras persoas relacionadas coas artes plásticas e a música. Trátase de valorar a capacidade de busca e de uso de información en formatos variados. Valorarase especialmente a axeitada selección da información.

  • Formular opinións acerca das manifestacións

artísticas ás cales se accede, amosando o coñecemento que se ten delas e a inclinación persoal para gozar e encher o tempo de lecer. Con este criterio quérese comprobar o coñecemento que os nenos e as nenas teñen das manifestacións e dos feitos artísticos tanto do contorno máis próximo coma doutros pobos, a súa implicación sensible na observación da realidade e a súa capacidade para formar criterios e opinións propias, así como o interese por compartilos coas compañeiras e cos compañeiros, empregando unha terminoloxía o máis apropiada posible.

  • Recoñecer músicas do medio social e cultural

propio e doutras épocas e culturas. Con este criterio preténdese avaliar se o alumnado coñece e é capaz de nomear e identificar algúns dos trazos característicos e salientables de exemplos de obras musicais de diferentes épocas e culturas.

  • Axustar a propia acción á das outras persoas do

grupo na interpretación de pezas musicais e de danzas. Este criterio pretende avaliar a capacidade do alumnado para atender e concertar a súa propia acción coas outras partes do conxunto. Non se trata de valorar o nivel técnico acadado, senón a actitude con que as nenas e os nenos participan nas actividades de interpretación, observando a súa vontade de adaptarse ao resto do grupo e de responsabilizarse no traballo cooperativo e coordinado.

  • Rexistrar a música e os ritmos creados empregando

distintos tipos de grafías. Comprobarase a capacidade de relacionar son e grafía. Avaliarase a súa capacidade para representar graficamente os sons dunha obra musical inventada no contexto da aula, individual ou colectivamente.

  • Producir obras plásticas de forma cooperativa que

impliquen organización espacial, uso de materiais diversos e aplicación de diferentes técnicas e instrumentos. Avaliarase a flexibilidade nos argumentos e a disposición a asumir outras opinións na realización dunha obra plástica en grupo a través da calse comprobará se as alumnas e os alumnos aplican os coñecementos adquiridos sobre as técnicas, os materiais, os instrumentos, a distribución dos elementos plásticos na composición, planificando conxuntamente, elaborando e reelaborando e revisando o produto final. Valoraranse especialmente as actitudes de constancia e de exixencia progresiva na elaboración e na asunción de responsabilidades no traballo cooperativo.

  • Comprobar as posibilidades de aplicación de

materiais, de texturas, de formas e de cores sobre diferentes soportes. Con este criterio avaliarase a disposición a experimentar e indagar sobre os elementos da linguaxe plástica, sobre as transformacións que estes experimentan segundo a manipulación que se faga deles e sobre os resultados que se obteñen cando son tratados nun soporte ou noutro. Servirá tamén para comprobar se se teñen interiorizadas aprendizaxes sobre o tratamento dos materiais e sobre o uso que se lles pode dar á forma, á cor e á textura.

  • Representar de forma persoal ideas, accións e

situacións valéndose dos recursos que a linguaxe plástica e visual proporciona. Avaliarase a capacidade de autonomía e de expresión con que as rapazas e os rapaces afrontan a realización plástica, o grao de desenvolvemento da capa11.704 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 cidade creadora e imaxinativa ao combinar, suprimir ou transformar os elementos artísticos dunha produción e a súa capacidade de representar situacións vinculadas á experiencia persoal.

  • Usar adecuadamente as tecnoloxías da información

e da comunicación para a creación de producións plásticas e musicais sinxelas. Avaliarase o uso que o alumnado fai das TIC á hora de empregar algunhas aplicacións básicas para o tratamento da imaxe e do son e para a creación de producións propias.

  • Identificar manifestacións musicais e plásticas

propias de Galicia. Avaliarase se o alumnado é quen de recoñecer algunhas manifestacións musicais e plásticas propias do patrimonio cultural e artístico galego, valorándoas e apreciándoas como fórmulas de transmisión de valores culturais.

Área de lingua galega e literatura[editar]

Introdución. Características da área. Os seres humanos comunícanse entre si a través de sistemas diferentes, pero a linguaxe verbal é un dos sistemas máis universais de comunicación. A comunicación é unha das funcións esenciais da linguaxe, pero non a única. Tamén ten outras como a de representación do mundo físico e social que comparte coas imaxes, coa motricidade. A linguaxe vincúlase directamente ao pensamento e, en particular, ao coñecemento. Grazas á linguaxe analizamos os problemas, organizamos información, elaboramos plans, valoramos, verbalizamos procesos. A linguaxe cumpre, pois, unha función de representación e autorregulación do pensamento e da acción. Aprender lingua non é só apropiarse dun sistema de signos e das regras que rexen a súa combinación, é tamén apropiarse dos significados culturais que estes transmiten, e xunto con eles, dos modos en que as persoas do contorno entenden e interpretan a realidade. Aprender lingua significa acadar a competencia necesaria para desenvolverse con facilidade e éxito nas diferentes situacións da vida. É na etapa de educación primaria cando, ademais da progresiva consolidación e perfeccionamento da lingua oral, se produce unha aprendizaxe máis sistemática da lingua escrita. Considérase que a educación lingüística nesta etapa se debe facer con base nun uso prioritario dos procedementos. O control da linguaxe dota de forma progresiva da capacidade de emitir mensaxes cargadas de valoracións e de matices, con posibilidade de repercusión e influencia a través do que se di e se escribe, mellorando o sentimento de seguridade e de progreso. O currículo artéllase ao redor dun eixe que é o uso social da lingua nos diferentes contextos: privados e públicos, familiares e escolares. Os contidos aparecen repartidos en bloques, o que non presupón que a actividade docente se deba corresponder a esta ordenación; ao contrario, débense producir múltiples conexións entre todos eles. O bloque 1 Escoitar e falar, recolle diversos aspectos da lingua oral. O uso oral é obxecto de observación e de análise para recoñecer as normas que rexen o intercambio comunicativo, para observar as estratexias que usan as e os falantes para comunicar satisfactoriamente e para identificar e criticar estereotipos e prexuízos de diferentes tipos. O bloque 2 Ler e escribir, recolle diversos aspectos da lingua escrita. O uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde o punto de vista do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso, da dimensión estética. A lectura implicará unha progresiva regulación de estratexias que permitan operar co significado do texto, establecendo relacións entre coñecementos previos e información nova. A produción escrita significará buscar para cada situación o tipo de texto, adecuando, planificando e redactando, atendendo a aspectos diversos e revisando a escrita final. Nesta etapa consolidaranse o dominio de técnicas gráficas, a relación son-grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto. O bloque 3 Reflexionar sobre a lingua, integra contidos relacionados co coñecemento da lingua. Implica o desenvolvemento de procesos metacognitivos e permite unha reflexión sistemática sobre os factores do contexto aos cales se debe adecuar o discurso, sobre os esquemas textuais convencionais que serven de modelo tanto para a produción como para a comprensión, sobre o funcionamento de certas unidades lingüísticas como elementos de cohesión do texto e sobre as regularidades léxico-sintácticas dos textos usados durante a etapa. O obxectivo desta área non é outro que o de contribuír a que o alumnado poida chegar a ser competente lingüisticamente, que sexa quen de comunicarse mellor, entendida esa comunicación no máis amplo sentido posible. O obxecto de aprendizaxe é a lingua, unha lingua real e contextualizada, unha lingua que é un instrumento multifuncional e que é útil para solicitar algo, para agradecer, para queixarse, para saudar, para dar información, para protestar, para convencer, para acadar un acordo, para crear, para falar das emocións, para debater, para planificar... Aprender lingua é aprender a usala con propiedade, é desenvolver as denominadas catro grandes destrezas lingüísticas: falar, escoitar, ler e escribir (é dicir, habilidades orais e habilidades escritas). Un factor fundamental que se debe ter presente é que na nosa comunidade coexisten dúas linguas en Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.705 contacto estreito e cotián, estando a galega minorizada. Cómpre, pois, atopar fórmulas apropiadas para reflexionar sobre as estruturas comúns das dúas linguas (galega e castelá) e recoller o tratamento das interferencias idiomáticas, valéndose sobre todo da análise de textos orais e escritos de diversa procedencia, soporte e tipoloxía, coa finalidade de mellorar a expresión en cada unha das linguas partindo sempre da predominante no contorno inmediato. Respecto da lingua oral cómpre ter presente que o alumnado inicia o período obrigatorio cunha determinada competencia lingüística oral que se manifesta no léxico, na estrutura dos enunciados, na construción do texto oral. Ampliar estas destrezas, coñecementos e habilidades é un labor escolar de grande importancia. A lingua oral e a escrita desenvolveranse a través dun traballo sistemático que utilice unha ampla gama de situacións comunicativas, cotiás e funcionais. Na vida diaria da escola prodúcense moitas situacións de comunicación oral que se potenciarán e aproveitarán para acadar obxectivos de área; entre estas situacións están: as comunicacións para planificar; chegar a consenso; poñer en común; debater; tomar decisións sobre procesos que se van seguir; establecer responsabilidades; comunicar resultados; comparar; contrastar respostas, opinións e significados; xustificar e verbalizar estratexias; valorar tarefas; transmitir emocións e informacións; estruturar coñecemento; defender argumentos e puntos de vista; preguntar... e ser vehículo e instrumento para a aprendizaxe das distintas áreas do currículo. Obxectivos.

  • Comprender e expresarse oralmente e por escrito

de xeito adecuado nos diferentes contextos da actividade social e cultural cotiá.

  • Utilizar a lingua oral de xeito adecuado na actividade

social e cultural adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

  • Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar

tanto para buscar, recoller, seleccionar, contrastar, transformar e procesar información, como para escribir textos propios do ámbito académico.

  • Usar, en situacións relacionadas coa escola e coa

súa actividade, as diversas clases de escritos coa axuda dos cales se produce a comunicación, tanto entre as persoas como destas coas institucións públicas ou privadas.

  • Utilizar os medios de comunicación social e as

tecnoloxías da información e da comunicación para obter, interpretar e valorar informacións e opinións diferentes.

  • Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus

diferentes departamentos como fonte de recursos variados para o desfrute e o pracer de ler, así como para a obtención de informacións variadas.

  • Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento

persoal, e aproximarse a obras relevantes da tradición literaria galega para desenvolver hábitos lectores.

  • Comprender textos literarios de xéneros diversos

procedentes da literatura infantil e xuvenil galega adecuados en canto á temática e complexidade e iniciarse no coñecemento das convencións específicas da linguaxe literaria.

  • Valorar e estimar a lingua galega como lingua propia

como mostra de identidade de Galicia e recoñecer a existencia da diversidade lingüística como feito cultural enriquecedor.

  • Facer uso dos coñecementos sobre a lingua e

sobre as normas de uso lingüístico para escribir e falar de maneira adecuada, coherente e correcta e para comprender textos orais e escritos.

  • Reflexionar sobre os diferentes usos sociais das

linguas para evitar estereotipos lingüísticos que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas. Contidos. Primeiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación en situacións comunicativas

da aula (peticións, anuncios, ordes, explicacións sinxelas, avisos, instrucións, conversas ou narracións de feitos vitais, emocións e sentimentos), con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (quendas de palabra, ton adecuado, mantemento do tema, mostra de interese, mirar a quen fala, actitude receptiva de escoita e respecto ás opinións das demais persoas).

  • Uso de fórmulas e de tratamento adecuado para

saudar, despedirse, presentarse, felicitar, agradecer, escusarse e solicitar axuda.

  • Comprensión e valoración de textos orais procedentes

da radio e da televisión para obter información xeral e relevante sobre feitos e acontecementos próximos á experiencia infantil.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender, tanto os producidos con finalidade didáctica coma os cotiáns (breves exposicións ante a clase, conversas sobre contidos de aprendizaxe e explicacións sobre a organización do traballo).

  • Comprensión de informacións audiovisuais procedentes

de diferentes soportes establecendo relacións de identificación, de clasificación e de comparación entre elas.

  • Escoita de textos procedentes da literatura oral

galega.

  • Comprensión, memorización e recitado de poemas

co ritmo, pronuncia e entoación adecuados. 11.706 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Dramatización de situacións presentadas en textos

literarios.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente con pronuncia

e entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas, en especial as referentes ao xénero, ás razas ou ás etnias. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión de informacións concretas en textos

de uso cotián como invitacións, felicitacións, notas e avisos ou SMS.

  • Comprensión de información xeral sobre feitos e

acontecementos próximos á experiencia do alumnado en textos procedentes dos medios de comunicación social, especialmente noticias.

  • Localización de informacións en textos para

aprender, vinculados á experiencia, tanto en textos producidos con finalidade didáctica como nos de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

  • Utilización e valoración de aspectos iconográficos

e tipográficos como axuda á localización e comprensión de información textual.

  • Integración de coñecementos e informacións procedentes

de diferentes soportes textuais para aprender, identificando, clasificando e comparando.

  • Produción e reescritura de textos relativos a situacións

cotiás infantís como invitacións, felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características usuais deses xéneros.

  • Composición de textos propios dos medios de

comunicación social e /ou dos seus elementos (novas, titulares, pés de foto...) sobre acontecementos próximos á experiencia do alumnado en soportes habituais no ámbito escolar.

  • Composición de textos relacionados coa escola

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, listaxes, descricións, explicacións elementais).

  • Lectura guiada de textos adecuados aos intereses

infantís para chegar progresivamente á expresividade e autonomía lectoras.

  • Valoración da autonomía lectora, interese pola

elección de temas e de textos, pola comunicación das preferencias persoais, e pola apreciación do texto literario como recurso de desfrute persoal.

  • Recreación e reescritura de textos narrativos (contos)

e de carácter poético (adiviñas, refráns, trabalinguas, cantigas, xogos de sortes...) usando modelos.

  • Adquisición progresiva das convencións do código

escrito.

  • Iniciación á utilización de programas informáticos

de procesamento de textos.

  • Interese pola escritura como instrumento de relación

e de aprendizaxe.

  • Interese pola presentación coidada e polo uso de

normas ortográficas en textos escritos.

  • Iniciación ao uso dirixido das tecnoloxías da

información e da comunicación como instrumento cotián de busca de información e fonte de recursos textuais diversos.

  • Introdución ao uso das bibliotecas do centro e da

aula, como un medio máis de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a diversión e para o coñecemento.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Recoñecemento do papel das situacións sociais

como factor condicionante dos intercambios comunicativos.

  • Identificación dos contextos nos cales a comunicación

se produce mediante textos escritos e valoración da escritura en determinados ámbitos.

  • Identificación de textos de uso cotián na aula a

partir de elementos paratextuais e textuais.

  • Observación das diferenzas entre a lingua oral e a

escrita.

  • Recoñecemento da relación entre son e grafía no

sistema lingüístico galego.

  • Identificación da palabra como instrumento básico

para a segmentación da escritura.

  • Coñecemento das normas ortográficas máis sinxelas.
  • Substitución, inserción, supresión, cambio de

orde e segmentación de elementos lingüísticos no funcionamento dos enunciados e textos para adquirir novos recursos.

  • Inicio á reflexión sobre as estratexias de planificación,

textualización e revisión como partes do proceso escritor.

  • Inicio na identificación implícita e uso dos termos

seguintes en actividades de produción e de interpretación: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, nome común e nome propio.

  • Observación das variacións morfolóxicas (de singular

e plural, feminino e masculino) en textos. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Participar en situacións comunicativas da aula

tomando en consideración os hábitos e as regras que rexen estas situacións. Usar fórmulas e tratamento Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.707 adecuados para saudar, despedirse, presentarse, escusarse e solicitar axuda. Quérese avaliar a capacidade do alumnado de participar en diferentes situacións de comunicación da vida escolar e a progresiva interiorización daquelas normas e hábitos básicos que facilitan a comunicación e a relación social.

  • Comprender textos orais de uso habitual procedentes

de diferentes soportes, identificando a información máis relevante. Usar estratexias elementais para comprender as mensaxes que se escoitan, atendendo a sinais relevantes como o ton de voz ou os xestos e formulando preguntas sobre o que non se comprende ben. Preténdese avaliar a capacidade do alumnado para captar a información e as mensaxes de textos orais de uso cotián e dalgúns procedentes da radio, da televisión e de webs infantís, así como o uso de estratexias para mellorar a comprensión.

  • Expresar oralmente vivencias, feitos, sentimentos

ou emocións, e comunicar mensaxes de xeito organizado. Avalíase a capacidade para expresarse progresivamente con maior claridade e adecuación á situación e á intención de comunicación, usando a entoación, a pronuncia e o léxico máis adecuados para cada contexto, é dicir, avalíase a capacidade para achegar información comprensible.

  • Coñecer e reproducir textos de literatura oral,

especialmente a popular. Trátase de avaliar a capacidade de identificar, recoñecer, reproducir e valorar textos do patrimonio cultural galego relacionados co contorno do alumnado e de dramatizar aspectos concretos destes.

  • Localizar información concreta e realizar inferencias

directas na lectura de textos. Este criterio pretende avaliar a capacidade para identificar e extraer ideas puntuais e datos concretos indicados nos textos de maneira explícita, relacionándoos coas propias vivencias do alumnado e cos seus coñecementos previos.

  • Producir e reescribir textos diferentes e diversos

con variados obxectivos comunicativos, seguindo modelos e observando estratexias de planificación, textualización (coidando as normas ortográficas elementais e os aspectos básicos da organización textual) e revisión de escritos. Iniciar o uso do procesador de texto para composicións sinxelas. Téntase avaliar o nivel de adquisición do código escrito. Observarase se a composición de textos propios, relacionados con aspectos da aula ou sociais ou literarios (poemas e contos), garda coherencia coas regras do sistema da lingua. Así mesmo, avaliarase o proceso de produción e utilización guiada das fases de planificación e de revisión.

  • Ler textos diversos dos traballados e creados na

aula, con descodificación e entoación axeitada, coa finalidade de desfrutar e/ou aprender coa escoita lectora. Preténdese avaliar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos coñecidos, facendo fincapé fundamentalmente na entoación e na expresividade.

  • Amosar iniciativa e interese pola lectura.

Avaliarase o interese amosado pola lectura. Comprobarase a iniciativa e a progresiva autonomía para ler e usar as fontes que proporciona a biblioteca da escola e a internet.

  • Identificar mudanzas que se producen nas palabras,

enunciados e textos facendo substitucións, supresións, cambios de orde e observar as modificacións que se poden dar na compresión e na expresión escrita. Trátase de avaliar a habilidade para observar e recoñecer, de forma guiada, os efectos que se producen cando nun texto, enunciado ou palabra se fan cambios de orde, substitucións, supresións e insercións coa finalidade de reflexionar sobre a linguaxe.

  • Identificar intuitivamente texto, enunciado, palabra,

nome común, nome propio, masculino e feminino, singular e plural en actividades relacionadas coa produción e comprensión de textos. Téntase que, en actividades de produción e de comprensión de textos, o alumnado identifique algunha terminoloxía elemental que o poida axudar a facer melloras na linguaxe escrita. Contidos. Segundo ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación nas situacións comunicativas

habituais (expresión espontánea, asemblea, informacións, conversas reguladoras da convivencia, debates, discusións ou instrucións) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento de tema, respecto ás opinións das demais persoas, papeis diversos no intercambio comunicativo, ton de voz, posturas e xestos adecuados).

  • Comprensión e valoración de textos orais procedentes

da radio, da televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións na clase). 11.708 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Produción de textos orais para expresar ideas,

sentimentos, emocións, desexos, opinións e vivencias, e para elaborar plans.

  • Uso de estratexias elementais para comprender as

mensaxes orais: ton de voz, entoación, xestualidade e formulación de preguntas coherentes.

  • Utilización de estratexias para potenciar a expresividade

das mensaxes orais.

  • Actitude de escoita adecuada ante situacións

comunicativas (respecto das opcións de quen fala, non interrupcións inadecuadas, contacto visual).

  • Escoita, memorización e reprodución de textos

procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos).

  • Valoración e aprecio do texto literario oral galego

como fonte de coñecemento da propia cultura e como recurso de desfrute persoal.

  • Sensibilidade estética ante elementos imaxinativos,

emotivos e creativos da literatura oral galega.

  • Dramatización de situacións e de textos literarios

diversos.

  • Utilización de documentos audiovisuais para

obter, seleccionar e relacionar informacións relevantes identificando, clasificando e comparando.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente con claridade,

exposición ordenada, pronuncia e entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión de información relevante en textos

de situacións cotiás de relación social, como correspondencia escolar, normas da clase, normas do comedor, normas do transporte, normas de uso da biblioteca ou regras de xogos.

  • Comprensión de información xeral en textos procedentes

de medios de comunicación social (incluídas webs infantís) con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, localizando informacións destacadas en portadas, titulares, subtítulos, entradas.

  • Comprensión de información relevante en textos

para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica coma os de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

  • Integración de coñecementos e de informacións

procedentes de diferentes soportes para aprender e contrastar información identificando, clasificando, comparando e interpretando.

  • Composición de textos propios de situacións

cotiás de relación social (correspondencia escolar, normas de convivencia, avisos, solicitudes, instrucións...) de acordo coas características propias destes xéneros.

  • Composición de textos de información e de opinión

característicos dos medios de comunicación social sobre acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en situacións reais ou simuladas, así como nos SMS.

  • Produción de textos relacionados co ámbito académico

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos, descricións, explicacións...)

  • Uso das estratexias de planificación, de textualización

e de revisión como partes do proceso escritor.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

  • Utilización de elementos gráficos e paratextuais,

con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía).

  • Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de obras

en galego adecuadas á idade e aos intereses das alumnas e dos alumnos.

  • Introdución ás estratexias de control do proceso

lector (anticipación, hipotetización, relectura...)

  • Lectura guiada e expresiva de textos narrativos de

literatura infantil galega, adaptacións de obras literarias clásicas e de literatura actual en diversos soportes.

  • Comprensión, memorización e recitado de poemas,

co ritmo, pronuncia e a entoación adecuados.

  • Recreación e composición de poemas e de relatos

para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

  • Valoración da escritura como instrumento de relación

social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

  • Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade

de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

  • Valoración e aprecio do texto literario como vehículo

de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de desfrute persoal.

  • Elaboración e reescritura de textos literarios (contos,

cómics, poesías) e non literarios.

  • Interese polo coidado e pola presentación dos textos

escritos, así como atención ás normas ortográficas.

  • Utilización de estratexias de resolución de dificultades

léxicas e/ou ortográficas (uso de dicionarios variados en diversos soportes). Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.709

  • Dramatización e lectura dramatizada de situacións

e de textos diversos.

  • Coñecemento do funcionamento da biblioteca do

centro e participación en actividades literarias.

  • Iniciación á creación dunha biblioteca persoal.
  • Uso guiado de programas informáticos de procesamento

de textos.

  • Uso dirixido das tecnoloxías da información e da

comunicación e das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Recoñecemento dos elementos do contexto comunicativo

como factores que inciden na selección das formas orais ou escritas de intercambio comunicativo.

  • Identificación de estruturas narrativas, descritivas,

instrutivas e explicativas sinxelas para a comprensión e composición de textos.

  • Recoñecemento das diferenzas máis relevantes

entre lingua oral e escrita.

  • Coñecemento das regras ortográficas, apreciando

o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

  • Conciencia positiva da variedade lingüística existente

no contexto escolar e social.

  • Coñecemento da diversidade lingüística e valoración

positiva desta riqueza.

  • Comparación de textos orais e escritos producidos

en diferentes variedades da lingua galega.

  • Comparación e transformación de enunciados,

mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición, para xulgar a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos e da metalinguaxe.

  • Uso e definición intuitiva nas actividades de produción

e de interpretación da terminoloxía seguinte: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, xénero e número, determinantes, cuantificadores, tempos verbais (pasado, presente, futuro).

  • Identificación de palabras compostas e derivadas,

de sinónimos e de antónimos en relación coa comprensión e coa produción de textos.

  • Comparación de estruturas sintácticas elementais

para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.

  • Inserción e coordinación de oracións como instrumento

na mellora da composición escrita.

  • Exploración das posibilidades do uso de diversos

enlaces entre oracións (adición, causa, oposición, contradición...) en relación coa composición de textos.

  • Identificación funcional das modalidades oracionais

declarativa, interrogativa e exhortativa.

  • Identificación intuitiva de suxeito e de predicado

e dalgúns papeis semánticos do suxeito (axente, paciente). Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Participar en situacións comunicativas que se dan

na aula (reais ou simuladas) e que correspondan a diversa tipoloxía (conversa, expresión espontánea, asemblea, debate) e a diversos obxectivos comunicativos, respectando as normas que rexen estas situacións. Avaliarase a capacidade e a actitude de intervención en situacións variadas da aula en que se produce comunicación oral, así como a adaptación á diversa tipoloxía e a diversos obxectivos comunicativos. Observarase especialmente o respecto das normas existentes.

  • Comprender textos orais de uso cotián, extraendo

o senso global das mensaxes orais. Usar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan as nenas e os nenos atendendo a sinais relevantes como o ton de voz, a entoación, os xestos, e formulando preguntas coherentes que axuden á comprensión. Preténdese avaliar o desenvolvemento da capacidade de comprensión de producións orais cotiás. Avalíase especialmente o recoñecemento de ideas principais, a habilidade de seleccionar a información necesaria segundo o obxectivo e a capacidade para facer algunhas deducións a partir do escoitado.

  • Producir textos orais (explicacións sinxelas, exposicións,

narracións...) presentando coherentemente ideas, estados de ánimo, sentimentos, emocións, feitos, vivencias e opinións. Téntase constatar a capacidade para expresarse en diferentes contextos comunicativos usando o léxico, as formas lingüísticas, o ton, a entoación e a pronuncia axeitados, e a de iniciar e soster unha interacción comunicativa. Atenderase á coherencia e á potenciación da mensaxe con aspectos non verbais como xestos, posturas ou movementos. Observarase a habilidade para narrar situacións reais ou imaxinadas con certa desinhibición.

  • Memorizar e reproducir textos orais propios da

literatura popular galega empregando a pronuncia e entoación adecuadas. Quérese observar o coñecemento dalgúns textos da literatura oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos...) adecuados ao seu interese, nivel e contorno. 11.710 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Detectar e comprender a información explícita en

textos escritos (en soporte papel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido. Este criterio pretende avaliar a capacidade de localizar e extraer a información relevante de textos escritos variados, así como de elaborar inferencias directas a partir de datos presentes neles.

  • Interpretar as ideas contidas nos textos escritos

habituais (expositivos, informativos, instrutivos e literarios), tanto en formato impreso como multimedia, integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento. Comprobarase se o alumnado establece relacións entre os seus coñecementos previos e as súas experiencias e a información contida no texto. Verificarase o uso de estratexias de comprensión baseadas na anticipación de hipóteses, na explicitación dos obxectivos ou propósitos lectores, na interpretación de indicadores textuais, paratextuais e contextuais e de estratexias de resolución de dificultades léxicas (uso de dicionarios, dedución polo contexto) e de integración (reler, retroceder). Así mesmo, observarase se a nena ou o neno é quen de formular xuízos persoais sobre os textos lidos, de contrastar a información procedente de textos de contido similar e de esquematizar, con axuda de modelos, a información.

  • Elaborar e reescribir textos escritos de diferente

tipoloxía e formato (impreso e/ou multimedia) acordes a diversas situacións funcionais cotiás (cartas, avisos, solicitudes, instrucións, normas, anuncios, noticias) e literarias (contos, poesías, cómics) empregando estratexias de planificación, de textualización e de revisión de escritos. Trátase de avaliar a capacidade de producir textos escritos instrutivos, expositivos, informativos ou literarios, relativos a situacións cotiás, escolares e sociais, en que se valorará o plan establecido, a textualización que recolla a corrección ortográfica e a revisión do escrito. Tamén se valorará o uso dos medios informáticos para a presentación.

  • Ler expresivamente textos de tipoloxía variada

(entre os traballados e/ou elaborados na aula) con fluidez e entoación adecuadas vinculadas á puntuación e á intencionalidade e coa velocidade apropiada segundo o tipo de texto e o obxectivo lector (ler para deleitar outras persoas, ler para dar a coñecer un texto propio, ler para compartir información dun texto único na aula). Preténdese constatar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos variados, facendo fincapé fundamentalmente na entoación, na fluidez e na expresividade que poida axudar á interpretación do texto.

  • Coñecer textos de literatura infantil galega (poesía,

cómics, contos...) adecuados ao ciclo, coa finalidade de desfrutar coa lectura e de uso como modelo para as propias reescrituras, reelaboracións e producións escritas. Trátase de avaliar o uso da literatura infantil adecuada como fonte de pracer e como fonte de modelos pertinentes para a expresión escrita literaria. Comprobarase a presenza dunha actitude positiva cara á lectura e dunha progresiva autonomía lectora.

  • Empregar as bibliotecas de aula e de centro con

certa autonomía, como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa lectura por pracer. Trátase de avaliar a participación do alumnado en actividades de biblioteca e o uso desta. Valorarase que sexa quen de localizar aquilo que precisa de acordo con necesidades concretas, así como o respecto polas normas de uso e a colaboración no bo funcionamento dese espazo.

  • Identificar en textos orais e escritos de uso cotián

termos e usos que poidan supoñer discriminación. Préstase atención á capacidade de detectar algunhas manifestacións discriminatorias (sexuais, étnicas, sociais...) na linguaxe e a busca de alternativas para corrixilas.

  • Comparar textos orais e escritos producidos en

diferentes variedades da lingua galega. Avalíase a capacidade do alumnado de identificar e de respectar variedades da lingua galega partindo da súa realidade máis inmediata e recoñecendo a diversidade lingüística como riqueza cultural.

  • Reflexionar sobre como algúns cambios nas palabras,

enunciados e textos producen modificacións comprensivas e expresivas. Procúrase avaliar a capacidade do alumnado para xogar coa linguaxe observando os cambios semánticos e expresivos que se producen en textos, enunciados e palabras cando se practican omisións, insercións, cambios de orde, segmentacións. Avalíase, así mesmo, a habilidade para usar estes recursos nas propias producións escritas e orais.

  • Utilizar, de xeito intuitivo, terminoloxía relacionada

coa tipoloxía textual, os tempos verbais (presente, futuro e pasado), os adxectivos cualificativos, os determinantes e algúns aspectos relativos á semántica, como antónimos e sinónimos, cando se realicen actividades de comprensión e de expresión orais e escritas. Téntase avaliar se, en actividades de produción e de comprensión de textos, o alumnado identifica algún elemento lingüístico e gramatical que o poida axudar a facer melloras na comprensión e na expresión escrita. Non se trata de avaliar illadamente o coñecemenN º 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.711 to dos conceptos gramaticais, senón a súa funcionalidade, para mellorar o uso da linguaxe.

  • Usar as experiencias coas diversas linguas que o

alumnado coñece ou está a aprender para realizar análises e comparacións que lle permitan establecer melloras na súa expresión e comprensión en lingua galega. Preténdese avaliar a capacidade de identificar similitudes e diferenzas entre as linguas da comunidade como fórmula de análise, de reforzo de aspectos de lingua (gráficos, sintácticos, léxicos e semánticos) e, polo tanto, de mellora na súa expresión e comprensión. Contidos. Terceiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación nas situacións comunicativas

de relación social especialmente as destinadas a favorecer a convivencia (debates, exposicións curtas, conversas, expresións espontáneas, discusións, asembleas, narracións orais, entrevistas) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (quendas de palabra, roles diversos no intercambio, respecto ás opinións e opcións lingüísticas das demais persoas, ton de voz, posturas e xestos adecuados).

  • Comprensión de textos orais procedentes da radio,

da televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, na entrevista, na reportaxe infantil e nos debates e comentarios de actualidade, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos e distinguindo información de opinión.

  • Interpretación elemental en textos orais da retranca,

da ironía e de dobres sentidos.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender e para informarse, tanto os creados con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións da clase, entrevistas ou debates).

  • Produción de textos orais propios dos medios de

comunicación social mediante simulación ou participación para ofrecer e compartir información e opinión.

  • Uso de estratexias elementais para comprender e

facer comprender as mensaxes orais: fluidez, claridade, orde, léxico apropiado, pronuncia correcta, ton de voz, entoación, xestualidade. Incorporación das intervencións das demais persoas, formulación de preguntas coherentes e percepción das reaccións.

  • Utilización de estratexias para potenciar a expresividade

das mensaxes orais (acenos, miradas, posturas corporais).

  • Actitude de escoita adecuada ante situacións

comunicativas (tolerancia ás opinións, escoita atenta, respecto das opcións de quen fala sen interrupcións inadecuadas, contacto visual).

  • Escoita, memorización e produción de textos procedentes

da literatura popular oral galega (refráns, adiviñas, lendas, contos, poemas, conxuros, cancións, ditos, romances, cantigas).

  • Valoración e aprecio do texto literario oral galego

como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de desfrute persoal.

  • Valoración dos medios de comunicación social

como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e a experiencias doutras persoas.

  • Uso de documentos audiovisuais como medio de

obter, identificar, seleccionar, clasificar, comparar e relacionar con progresiva autonomía informacións relevantes para aprender.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente coa pronuncia

e coa entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión da información relevante en textos

das situacións cotiás de relación social: correspondencia, normas, programas de actividades, convocatorias, plans de traballo ou regulamentos.

  • Comprensión de textos procedentes dos medios de

comunicación social (incluídas webs infantís e xuvenís) con especial incidencia na noticia, na entrevista e nas cartas á dirección do xornal, para obter información xeral, localizando informacións destacadas.

  • Comprensión de textos do ámbito escolar en

soporte papel ou dixital para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso social (folletos informativos ou publicitarios, prensa, programas, fragmentos literarios).

  • Utilización de elementos gráficos e paratextuais

para facilitar a comprensión (ilustracións, gráficos, táboas e tipografía).

  • Integración de coñecementos e de informacións

procedentes de diferentes soportes para aprender, comparando, clasificando, identificando e interpretando con especial atención aos datos que se transmiten mediante gráficos, esquemas e ilustracións.

  • Esquematización da información relevante dun

texto.

  • Uso das estratexias de planificación, de textualización

(formato, estrutura, ortografía e normas lingüísticas...) e revisión como partes do proceso escritor.

  • Composición de textos propios de situacións

cotiás de relación social (correspondencia, normas, 11.712 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 programas, convocatorias, plans de traballo, SMS) de acordo coas características propias destes xéneros.

  • Composición de textos de información e de opinión

característicos dos medios de comunicación social sobre feitos e acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia, na entrevista, no comentario breve sobre libros ou música, en situacións reais ou simuladas.

  • Produción de textos relacionados co ámbito académico

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, enquisas, resumos, esquemas, informes, descricións, explicacións).

  • Realización de diferentes tipos de lectura: de

investigación, de aprendizaxe, de desfrute persoal, de resolución de problemas.

  • Lectura:

-Expresiva de textos de diferente tipoloxía textual non literaria. -Persoal, silenciosa e en voz alta de obras en galego adecuadas á idade e aos intereses (conto, cómic, novela). -Guiada de textos narrativos da literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes. -Comentada de poemas, de relatos e de obras teatrais tendo en conta as convencións literarias (xéneros, figuras) e a presenza de certos temas e motivos repetitivos e tópicos.

  • Uso das estratexias de control do proceso lector

(anticipación, formulación de hipóteses, relectura...)

  • Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade

de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

  • Valoración e aprecio do texto literario como vehículo

de comunicación e fonte de aprecio da cultura e como recurso de desfrute persoal.

  • Recreación e composición de poemas e relatos

para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo, lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

  • Interese polo coidado e a presentación dos textos

escritos e respecto pola norma ortográfica.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

  • Valoración da escritura como instrumento de relación

social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

  • Uso dirixido das tecnoloxías da información e da

comunicación para a localización, selección, interpretación e organización da información.

  • Uso progresivamente autónomo de programas

informáticos de procesamento de textos e de corrección ortográfica.

  • Uso da biblioteca do centro, amosando coñecemento

da súa organización (catalogación, funcionamento) e participación en actividades literarias e na elaboración de propostas.

  • Creación da biblioteca persoal.
  • Utilización das bibliotecas, incluíndo as virtuais,

de xeito cada vez máis autónomo, para obter información e modelos para a produción escrita.

  • Dramatización e lectura dramatizada de textos

literarios e non literarios diversos. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Identificación das relacións entre os elementos do

contexto e as formas lingüísticas en que se manifestan os discursos orais e escritos.

  • Identificación en situacións comunicativas de

participantes, lugares, xeitos de proceder, para reflexionar sobre as diferentes variables que inciden na comunicación.

  • Recoñecemento de estruturas narrativas, descritivas,

instrutivas e explicativas para a comprensión e composición.

  • Identificación dos mecanismos que favorecen e

controlan a comprensión lectora.

  • Coñecemento das normas ortográficas, apreciando

o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

  • Uso de procedementos de derivación, de comparación

e de contraste para xulgar sobre a corrección das palabras e xeneralizar as normas ortográficas.

  • Valoración das variedades lingüísticas da lingua

galega.

  • Comparación e transformación de enunciados,

mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición, para xulgar sobre a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos e da metalinguaxe.

  • Comparación de textos orais e escritos producidos

en diferentes variedades da lingua galega.

  • Comparación entre aspectos das linguas que o

alumnado coñece e/ou está a aprender para mellorar os procesos comunicativos en lingua galega e recoñecer as interferencias.

  • Uso e identificación intuitiva da terminoloxía

seguinte nas actividades de produción e interpretación: denominación dos textos traballados; sílaba tónica e átona; enunciados: frase e oración; tipos de enunciado: declarativo, interrogativo, exclamativo, imperativo; enlaces: preposición e conxunción; grupo de palabras: núcleo e complementos; adxectivo; tempo verbal; persoa gramatical; modo imperativo e infiN º 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.713 nitivo; suxeito e predicado; complementos do nome e complementos do verbo.

  • Comparación de estruturas sintácticas diversas

para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.

  • Observación da inserción e coordinación de oracións

como procedementos propios da explicación tanto na escritura como na expresión oral.

  • Exploración das posibilidades do uso de diversos

enlaces entre oracións (causa, consecuencia, finalidade, contradición, condición...) en relación coa composición de textos.

  • Identificación, en oracións, de suxeito e de predicado,

e do papel semántico do suxeito (axente, paciente, causa).

  • Transformación de oracións de activa en pasiva e

viceversa para mellorar a comprensión de determinados textos.

  • Práctica do paso de estilo directo a estilo indirecto

na narración. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Participar nas diversas situacións de intercambio

oral que se producen na aula observando as actitudes adecuadas e autorregulando as estratexias que fan efectiva a comunicación. Amosar interese por expresarse en público coherentemente, sen contradicións, sen repeticións innecesarias e usando nexos adecuados. Trátase de avaliar a capacidade de intervir nas situacións comunicativas da aula respectando os hábitos de correcta participación, desde a fala e a escoita; usando adecuadamente os recursos verbais e non verbais así como as estratexias elementais nun acto de comunicación.

  • Comprender textos orais diversos interpretando as

intencións explícitas así como as intencións, valores e opinións non explícitos. Preténdese avaliar a capacidade de obter e seleccionar informacións e a de establecer relacións entre as informacións orais procedentes da escola e dos medios de comunicación transcendendo da literalidade do texto para facer deducións e inferencias elementais, así como para interpretar aspectos implícitos como a ironía, a retranca ou o dobre sentido e ser quen de entrever mensaxes subliminais. Así mesmo, avalíase a capacidade de distinguir información de opinión e a de reflexionar sobre as técnicas empregadas no proceso de comprensión, de cara a aprender a aprender.

  • Expresarse oralmente con corrección, usando

diferentes textos segundo a situación comunicativa de que se trate e empregando os recursos lingüísticos e non lingüísticos que cumpran. Constatarase a capacidade das nenas e dos nenos para producir textos orais de tipoloxía variada adecuados ás diferentes situacións (formais e informais) e necesidades con progresiva coherencia, corrección léxica, organización e control de dicción, empregando o rexistro lingüístico adecuado e usando os recursos non verbais apropiados como medios de potenciar a expresividade. Valorarase: a capacidade de producir oralmente relatos, noticias, anuncios, exposicións, explicacións sinxelas e reflexións; a capacidade de comunicar do xeito máis claro e correcto posible; a capacidade de recoñecer a utilidade de técnicas non verbais para facerse entender mellor; a habilidade para iniciar, soster e finalizar as conversas entre iguais nas relacións sociais.

  • Producir textos orais a partir de textos preexistentes

da literatura oral popular (refráns, ditos, conxuros, lendas, contos, adiviñas, cantigas, cancións, romances) co ritmo e a entoación adecuados. Preténdese avaliar o uso da lingua oral desfrutando de textos de tradición oral popular, así como a capacidade de usar recursos expresivos e creativos en tarefas de dramatización, de recreación ou de memorización destes textos.

  • Buscar, localizar e seleccionar información explícita

en textos escritos de soportes variados (webs, libros, carteis) e realizar inferencias determinando intencións e dobres sentidos. Téntase avaliar a capacidade do alumnado para localizar e extraer a información en textos escritos de diversa tipoloxía e formato para comprender o sentido do texto ou hipertexto e as relacións esenciais entre os diferentes elementos: discernindo a información principal da secundaria; analizando elementos que inflúen na comprensión (estrutura, vocabulario, contexto, soporte); utilizando estratexias para resolver dúbidas (uso de dicionarios, busca de información complementaria, ampliación de datos, relectura, contraste coas compañeiras e compañeiros); usando diferentes tipos de lectura (rápida, selectiva, integral) e estratexias diferenciadas para determinar o relevante (subliñado, esquematización).

  • Interpretar e integrar as concepcións previas e

ideas propias coas contidas nos textos comparando e contrastando informacións variadas. Comprobarase se o alumnado manexa con autonomía informacións contidas en textos de diferente tipoloxía e en hipertextos: utilizando estratexias para resolver dúbidas; confrontando información procedente deles coa propia; contrastando os datos obtidos; elaborando esquemas simples que recollan a información fundamental; formulando xuízos persoais sobre o lido con argumentos e amosando actitude crítica ante calquera texto que comporte algún tipo de discriminación.

  • Producir textos de diferente tipoloxía que permitan

narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e informacións relacionadas con 11.714 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 situacións cotiás da aula de xeito coherente, usando o máis adecuadamente posible estratexias de planificación, de textualización e de revisión e empregando soportes variados, incluídos os dixitais. Verificarase que as alumnas e os alumnos son capaces de expresarse por escrito con progresiva cohesión e coherencia seguindo os pasos da produción textual (planificación e textualización adecuada). Avaliarase a importancia que o alumnado lle dá á lingua escrita no intercambio social, así como a capacidade de elaborar textos diversos. Farase fincapé na observación dunha presentación definitiva adecuada e correcta en relación coas normas do sistema da lingua.

  • Ler expresivamente textos de diversa tipoloxía

con fluidez e precisión, atendendo á dicción, entoación, intensidade de voz, ritmo e velocidade, adecuados ás diversas situacións funcionais da lectura en voz alta (ler para que alguén desfrute escoitando, ler para dar a coñecer un texto descoñecido, ler para compartir información que se acaba de localizar) facendo participar a audiencia da súa interpretación. Preténdese constatar a capacidade expresiva e comprensiva cando se len textos habituais en voz alta (logo de lectura silenciosa) e a capacidade de realizar lectura dramatizada de textos literarios contando coa improvisación vocal, facendo fincapé fundamentalmente na velocidade, ritmo, intensidade de voz, entoación, pausado e dicción. Buscarase valorar a habilidade para controlar o proceso lector.

  • Coñecer textos de literatura infantil en galego

adecuados ao ciclo coa finalidade de que sirvan de modelos para a escritura creativa e de recursos para a lectura por pracer. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade de gozar autonomamente con diferentes textos literarios escritos, adecuados aos intereses do alumnado e ao ciclo.

  • Usar as bibliotecas da aula e do centro, así como

os seus diferentes departamentos, con autonomía abonda, comprendendo como se organiza e colaborando no seu coidado e mellora. Avalíase a capacidade de usar as diferentes bibliotecas e os espazos específicos destas de xeito autónomo, amosando coñecemento básico de usuaria e usuario e observando as normas. Valorarase a capacidade de colaboración no coidado, dinamización e mantemento da biblioteca e a manifestación de preferencias na selección de lecturas expresando as propias opinións sobre elas.

  • Analizar textos orais e escritos producidos en

diferentes variedades da lingua galega. Avalíase a capacidade do alumnado de analizar de xeito guiado textos en diferentes variedades da lingua galega para reflexionar sobre a expresión e a comprensión, partindo sempre da súa realidade máis inmediata e valorando a diversidade lingüística como riqueza cultural.

  • Analizar criticamente os textos e hipertextos e

reflexionar sobre o seu contido identificando a estrutura, o uso da linguaxe e o punto de vista da autora ou do autor a partir dos cambios que se poden producir nos elementos textuais efectuando modificacións variadas neles. Trátase de observar a capacidade de recoñecer os efectos na comprensión e expresión que se producen en elementos do texto cando, xogando con diferentes aspectos deste, se realizan modificacións como: cambios de orde, insercións, supresións, recomposicións, modificacións léxicas....

  • Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical

básica, implícita e funcionalmente, e como apoio á comprensión e á produción de textos. Preténdese avaliar o coñecemento e uso de terminoloxía específica (nome, verbo, tempo verbal, determinante, adxectivo e nexos) que lle permita ao alumnado debater sobre a súa produción oral e escrita, explicar o que aprende e falar da propia lingua.

  • Establecer relacións entre as diversas linguas que

utiliza ou está a aprender o alumnado para reflexionar sobre como mellorar os seus procesos comunicativos na lingua galega. Quérese avaliar se o alumnado pode atopar relacións e interferencias doutros idiomas na lingua galega e se é quen de observar regularidades sintácticas, ortográficas, morfolóxicas... en diferentes textos e hipertextos procedentes das linguas que se falan en Galicia Área de lingua castelá e literatura. Introdución. Características da área. Os seres humanos comunícanse entre si a través de sistemas diferentes, pero a linguaxe verbal é un dos sistemas máis universais de comunicación. A comunicación é unha das funcións esenciais da linguaxe, mais tamén ten outras funcións como as de representación do mundo físico e social, función esta última que comparte coas imaxes, coa motricidade. A linguaxe vincúlase directamente ao pensamento e, en particular, ao coñecemento. Grazas á linguaxe analizamos os problemas, organizamos información, elaboramos plans, valoramos, verbalizamos procesos. A linguaxe cumpre, pois, unha función de representación e de autorregulación do pensamento e da acción. Aprender lingua non é só apropiarse dun sistema de signos e das regras que rexen a súa combinación, é tamén apropiarse dos significados culturais que estes transmiten, e xunto con eles, dos modos en que as persoas do contorno entenden e interpretan a realidade. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.715 Aprender lingua significa acadar a competencia necesaria para desenvolverse con facilidade e éxito nas diferentes situacións da vida. É na etapa de educación primaria cando, ademais da progresiva consolidación e perfeccionamento da lingua oral, se produce unha aprendizaxe máis sistemática da lingua escrita. O control da linguaxe dota progresivamente da capacidade de emitir mensaxes cargadas de valoracións e de matices, con posibilidade de repercusión e influencia a través do que se di e se escribe, mellorando o sentimento de seguridade e de progreso. O currículo articúlase ao redor dun eixo que é o uso social da lingua nos diferentes contextos: privados e públicos, familiares e escolares. Os contidos aparecen repartidos en bloques, o que non presupón que a actividade docente deba corresponderse con esta ordenación; ao contrario, deben producirse múltiples conexións entre todos eles. O bloque 1 Escoitar e falar, recolle diversos aspectos da lingua oral. O uso oral é obxecto de observación e de análise para recoñecer as normas que rexen o intercambio comunicativo, para observar as estratexias que usan as e os falantes para comunicar satisfactoriamente e para identificar e criticar estereotipos e prexuízos de diferentes tipos. O bloque 2 Ler e escribir, recolle diversos aspectos da lingua escrita. O uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde o punto de vista do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso, da dimensión estética. A lectura implicará unha progresiva regulación de estratexias que permitan operar co significado do texto, establecendo relacións entre coñecementos previos e a información nova. A produción escrita significará buscar para cada situación o tipo de texto, adecuando, planificando e redactando, atendendo a aspectos diversos e revisando a escrita final. Nesta etapa consolidaranse o dominio de técnicas gráficas, a relación son-grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto. O bloque 3 Reflexionar sobre a lingua, integra contidos relacionados co coñecemento da lingua. Implica o desenvolvemento de procesos metacognitivos e permite unha reflexión sistemática sobre os factores do contexto aos que se debe adecuar o discurso, sobre os esquemas textuais convencionais que serven de modelo tanto para a produción como para a comprensión, sobre o funcionamento de certas unidades lingüísticas como elementos de cohesión do texto e sobre as regularidades léxico-sintácticas dos textos usados durante a etapa. O obxectivo desta área non é outro que o de contribuír a que o alumnado poida chegar a ser competente lingüisticamente, que sexa quen de comunicarse mellor, entendida esa comunicación no máis amplo senso posible. O obxecto de aprendizaxe é a lingua, unha lingua real e contextualizada, unha lingua que é un instrumento multifuncional e que é útil para solicitar algo, para agradecer, para queixarse, para saudar, para dar información, para protestar, para convencer, para acadar un acordo, para crear, para falar das emocións, para debater, para planificar... Aprender lingua é aprender a usala con propiedade, é desenvolver as denominadas catro grandes destrezas lingüísticas: falar, escoitar, ler e escribir (é dicir, habilidades orais e habilidades escritas). Un factor fundamental que se debe ter presente é que na nosa comunidade coexisten dúas linguas en contacto estreito e cotián. Cómpre, pois, atopar fórmulas apropiadas para reflexionar sobre as estruturas comúns das dúas linguas (galega e castelá) e recoller o tratamento das interferencias idiomáticas, valéndose sobre todo da análise de textos orais e escritos de diversa procedencia, soporte e tipoloxía, coa finalidade de mellorar a expresión en cada unha das linguas partindo sempre da predominante no contorno inmediato. Respecto da lingua oral cómpre ter presente que o alumnado inicia o período obrigatorio cunha determinada competencia lingüística oral que se manifesta no léxico, na estrutura dos enunciados, na construción do texto oral. Ampliar estas destrezas, coñecementos e habilidades é un labor escolar de grande importancia. A lingua oral e a escrita desenvolveranse a través dun traballo sistemático que utilice unha ampla gama de situacións comunicativas, cotiás e funcionais. Na vida diaria da escola prodúcense moitas situacións de comunicación oral que se potenciarán e aproveitarán para acadar obxectivos da área, entre estas situacións están: as comunicacións para planificar; chegar a consenso; poñer en común; debater; tomar decisións sobre procesos que se van seguir; establecer responsabilidades; comunicar resultados; comparar; contrastar respostas, opinións e significados; xustificar e verbalizar estratexias; valorar tarefas; transmitir emocións e informacións; estruturar coñecemento; defender argumentos e puntos de vista; preguntar... e ser vehículo e instrumento para a aprendizaxe das distintas áreas do currículo. Obxectivos.

  • Comprender e expresarse oralmente e por escrito

de xeito adecuado nos diferentes contextos da actividade social e cultural cotiá.

  • Utilizar a lingua oral de xeito adecuado na actividade

social e cultural adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

  • Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar

tanto para buscar, recoller, seleccionar, contrastar, transformar e procesar información, como para escribir textos propios do ámbito académico. 11.716 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Usar, en situacións relacionadas coa escola e coa

súa actividade, as diversas clases de escritos coa axuda dos que se produce a comunicación, tanto entre as persoas como destas coas institucións públicas ou privadas.

  • Utilizar os medios de comunicación social e as

tecnoloxías da información e da comunicación para obter, interpretar e valorar informacións e opinións diferentes.

  • Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus

diferentes departamentos como fonte de recursos variados para o desfrute e o pracer de ler, así como para a obtención de informacións variadas.

  • Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento

persoal, e aproximarse a obras relevantes da tradición literaria para desenvolver hábitos lectores.

  • Comprender textos literarios de xéneros diversos

procedentes da literatura infantil e xuvenil adecuados en canto á temática e a complexidade e iniciarse no coñecemento das convencións específicas da linguaxe literaria.

  • Facer uso dos coñecementos sobre a lingua e das

normas de uso lingüístico para escribir e falar de maneira adecuada, coherente e correcta e para comprender textos orais e escritos.

  • Reflexionar sobre os diferentes usos sociais das

linguas para evitar estereotipos lingüísticos que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas. Contidos. Primeiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación en situacións comunicativas

da aula (peticións, anuncios, ordes, explicacións sinxelas, avisos, instrucións, conversas ou narracións de feitos vitais, emocións e sentimentos), con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (quendas de palabra, ton adecuado, mantemento do tema, mostra de interese, mirar a quen fala, actitude receptiva de escoita e respecto ás opinións das demais persoas).

  • Uso de fórmulas e de tratamento adecuado para

saudar, despedirse, presentarse, felicitar, agradecer, escusarse e solicitar axuda.

  • Comprensión e valoración de textos orais procedentes

da radio e da televisión para obter información xeral e relevante sobre feitos e acontecementos próximos á experiencia infantil.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender, tanto os producidos con finalidade didáctica como os cotiáns (breves exposicións ante a clase, conversas sobre contidos de aprendizaxe e explicacións sobre a organización do traballo).

  • Comprensión de informacións audiovisuais procedentes

de diferentes soportes establecendo relacións de identificación, de clasificación e de comparación entre elas.

  • Escoita de textos procedentes da literatura oral.
  • Comprensión, memorización e recitado de poemas

co ritmo, pronuncia e entoación adecuados.

  • Dramatización de situacións presentadas en textos

literarios.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente con pronuncia

e entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas, en especial as referencias ao xénero, ás razas ou ás etnias. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión de informacións concretas en textos

de uso cotián como invitacións, felicitacións, notas, avisos e SMS.

  • Comprensión de información xeral sobre feitos e

acontecementos próximos á experiencia do alumnado en textos procedentes dos medios de comunicación social, especialmente noticias.

  • Localización de informacións en textos para

aprender, vinculados á experiencia, tanto en textos producidos con finalidade didáctica como nos de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

  • Utilización e valoración de aspectos iconográficos

e tipográficos como axuda á localización e comprensión de información textual.

  • Integración de coñecementos e de informacións

procedentes de diferentes soportes textuais para aprender, identificando, clasificando e comparando.

  • Produción e reescritura de textos relativos a situacións

cotiás infantís como invitacións, felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características usuais deses xéneros.

  • Composición de textos propios dos medios de

comunicación social e/ou dos seus elementos e aspectos (novas, titulares, pés de foto...) sobre acontecementos próximos á experiencia do alumnado en soportes habituais no ámbito escolar.

  • Composición de textos relacionados coa escola

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, listaxes, descricións, explicacións elementais).

  • Lectura guiada de textos adecuados aos intereses

infantís para chegar progresivamente á expresividade e autonomía lectoras.

  • Valoración da autonomía lectora, interese pola

elección de temas e de textos, pola comunicación das Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.717 preferencias persoais e pola apreciación do texto literario como recurso de desfrute persoal.

  • Recreación e reescritura de textos narrativos (contos)

e de carácter poético (adiviñas, refráns, trabalinguas, cantigas, xogos de sortes...) usando modelos.

  • Adquisición progresiva das convencións do código

escrito.

  • Iniciación á utilización de programas informáticos

de procesamento de textos.

  • Interese pola escritura como instrumento de relación

e de aprendizaxe.

  • Interese pola presentación coidada e polo uso de

normas ortográficas en textos escritos.

  • Iniciación ao uso dirixido das tecnoloxías da

información e da comunicación como instrumento cotián de busca de información e fonte de recursos textuais diversos.

  • Introdución ao uso das bibliotecas do centro e da

aula, como un medio máis de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a diversión e para o coñecemento.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Recoñecemento do papel das situacións sociais

como factor condicionante dos intercambios comunicativos.

  • Identificación dos contextos en que a comunicación

se produce mediante textos escritos e valoración da escritura en determinados ámbitos.

  • Identificación de textos de uso cotián na aula a

partir de elementos paratextuais e textuais.

  • Observación das diferenzas entre lingua oral e

escrita.

  • Recoñecemento da relación entre son e grafía no

sistema lingüístico.

  • Identificación da palabra como instrumento básico

para a segmentación da escritura.

  • Coñecemento das normas ortográficas máis sinxelas.
  • Substitución, inserción, supresión, cambio de

orde e segmentación de elementos lingüísticos no funcionamento dos enunciados e textos para adquirir novos recursos.

  • Inicio á reflexión sobre as estratexias de planificación,

textualización e revisión como partes do proceso escritor.

  • Inicio na identificación implícita e uso dos termos

seguintes en actividades de produción e de interpretación: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, nome común e nome propio.

  • Observación das variacións morfolóxicas (de singular

e plural, feminino e masculino) en textos. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Participar en situacións comunicativas de aula

tomando en consideración os hábitos e as regras que rexen estas situacións. Usar fórmulas e tratamento adecuados para saudar, despedirse, presentarse, escusarse e solicitar axuda. Quérese avaliar a capacidade do alumnado de participar en diferentes situacións de comunicación da vida escolar e a progresiva interiorización daquelas normas e hábitos básicos que facilitan a comunicación e a relación social.

  • Comprender textos orais de uso habitual procedentes

de diferentes soportes, identificando a información máis relevante. Usar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan, atendendo a sinais relevantes como o ton de voz ou os xestos, e formulando preguntas sobre o que non se comprende ben. Preténdese avaliar a capacidade do alumnado para captar a información e as mensaxes de textos orais de uso cotián e dalgúns procedentes da radio, da televisión e de webs infantís, así como o uso de estratexias para mellorar a comprensión.

  • Expresar oralmente vivencias, feitos, sentimentos,

ou emocións, e comunicar mensaxes de xeito organizado. Avalíase a capacidade para expresarse progresivamente con maior claridade e adecuación á situación e á intención de comunicación, usando a entoación, a pronuncia e o léxico máis adecuados para cada contexto; é dicir, avalíase a capacidade para achegar información comprensible.

  • Coñecer e reproducir textos de literatura oral,

especialmente a popular. Trátase de avaliar a capacidade de identificar, recoñecer, reproducir e valorar textos relacionados co contorno e a de dramatizar aspectos concretos dos destes.

  • Localizar información concreta e realizar inferencias

directas na lectura de textos. Este criterio pretende avaliar a capacidade para identificar e extraer ideas puntuais e datos concretos indicados nos textos de maneira explícita, relacionándoos coas propias vivencias do alumnado e cos seus coñecementos previos.

  • Producir e reescribir textos diferentes e diversos

con variados obxectivos comunicativos, seguindo modelos e observando estratexias de planificación, textualización (coidando as normas ortográficas elementais e os aspectos básicos da organización textual) e revisión de escritos. Iniciar o uso do procesador de texto para composicións sinxelas. 11.718 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 Téntase avaliar o nivel de adquisición do código escrito. Observarase se a composición de textos propios relacionados con aspectos de aula ou sociais ou literarios (poemas e contos), garda coherencia coas regras do sistema da lingua. Tamén se avaliará o proceso de produción e utilización guiada das fases de planificación e de revisión.

  • Ler textos diversos dos traballados e creados na

aula, con decodificación e entoación axeitada, coa finalidade de gozar e/ou aprender coa escoita lectora. Preténdese avaliar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos coñecidos, facendo fincapé fundamentalmente na entoación e na expresividade.

  • Amosar iniciativa e interese pola lectura.

Avaliarase o interese amosado pola lectura. Comprobarase a iniciativa e a progresiva autonomía para ler e usar as fontes que proporciona a biblioteca da escola a internet.

  • Identificar mudanzas que se producen nas palabras,

enunciados e textos facendo substitucións, supresións, cambios de orde e observar as modificacións que se poden dar na compresión e na expresión escrita. Trátase de avaliar a habilidade para observar e recoñecer, de forma guiada, os efectos que se producen cando nun texto, enunciado ou palabra se fan cambios de orde, substitucións, supresións e insercións coa finalidade de reflexionar sobre a linguaxe.

  • Identificar intuitivamente texto, enunciado, palabra,

nome común, nome propio, masculino e feminino, singular e plural en actividades relacionadas coa produción e comprensión de textos. Téntase que, en actividades de produción e de comprensión de textos, o alumnado identifique algunha terminoloxía elemental que lle poida axudar a facer melloras na linguaxe escrita. Contidos. Segundo ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación nas situacións comunicativas

habituais (expresión espontánea, asemblea, informacións, conversas reguladoras da convivencia, debates, discusións ou instrucións) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento de tema, respecto ás opinións das demais persoas, papeis diversos no intercambio comunicativo, ton de voz, posturas e xestos adecuados).

  • Comprensión e valoración de textos orais procedentes

da radio, da televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións na clase).

  • Produción de textos orais para expresar ideas,

sentimentos, emocións, desexos, opinións e vivencias, e para elaborar plans.

  • Uso de estratexias elementais para comprender as

mensaxes orais: ton de voz, entoación, xestualidade e formulación de preguntas coherentes.

  • Utilización de estratexias para potenciar a expresividade

das mensaxes orais.

  • Actitude de escoita adecuada ante situacións

comunicativas (respecto das opcións de quen fala, non interrupcións inadecuadas, contacto visual).

  • Escoita, memorización e reprodución de textos

procedentes da literatura popular oral (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos).

  • Valoración e aprecio do texto literario oral como

fonte de coñecemento da cultura e como recurso de gozo persoal.

  • Sensibilidade estética ante elementos imaxinativos,

emotivos e creativos da literatura oral.

  • Dramatización de situacións e de textos literarios

diversos.

  • Utilización de documentos audiovisuais para

obter, seleccionar e relacionar informacións relevantes identificando, clasificando e comparando.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente con claridade,

exposición ordenada, pronuncia e entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión de información relevante en textos

de situacións cotiás de relación social, como correspondencia escolar, normas da clase, normas do comedor, normas do transporte, normas de uso da biblioteca ou regras de xogos.

  • Comprensión de información xeral en textos procedentes

de medios de comunicación social (incluídas webs infantís) con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, localizando informacións destacadas en portadas, titulares, subtítulos, entradas.

  • Comprensión de información relevante en textos

para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións). Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.719

  • Integración de coñecementos e de informacións

procedentes de diferentes soportes para aprender e contrastar información identificando, clasificando, comparando e interpretando.

  • Composición de textos propios de situacións

cotiás de relación social (correspondencia escolar, normas de convivencia, avisos, solicitudes, instrucións...) de acordo coas características propias destes xéneros.

  • Composición de textos de información e de opinión

característicos dos medios de comunicación social sobre acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en situacións reais ou simuladas, así como nos SMS.

  • Produción de textos relacionados co ámbito académico

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos, descricións, explicacións...)

  • Uso das estratexias de planificación, de textualización

e de revisión como partes do proceso escritor.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

  • Utilización de elementos gráficos e paratextuais,

con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía).

  • Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de obras

adecuadas á idade e aos intereses das alumnas e dos alumnos.

  • Introdución ás estratexias de control do proceso

lector (anticipación, hipotetización, relectura...)

  • Lectura guiada e expresiva de textos narrativos de

literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes.

  • Comprensión, memorización e recitado de poemas,

co ritmo, a pronuncia e a entoación adecuados.

  • Recreación e composición de poemas e de relatos

para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

  • Valoración da escritura como instrumento de relación

social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

  • Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade

de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

  • Valoración e aprecio do texto literario como vehículo

de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.

  • Elaboración e reescritura de textos literarios (contos,

cómics, poesías) e non literarios.

  • Interese polo coidado e pola presentación dos textos

escritos, así como atención ás normas ortográficas.

  • Utilización de estratexias de resolución de dificultades

léxicas e/ou ortográficas (uso de dicionarios variados en diversos soportes).

  • Dramatización e lectura dramatizada de situacións

e de textos diversos.

  • Coñecemento do funcionamento da biblioteca do

centro e participación en actividades literarias.

  • Iniciación á creación dunha biblioteca persoal.
  • Uso guiado de programas informáticos de procesamento

de textos.

  • Uso dirixido das tecnoloxías da información e da

comunicación e das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Recoñecemento dos elementos do contexto comunicativo

como factores que inciden na selección das formas orais ou escritas de intercambio comunicativo.

  • Identificación de estruturas narrativas, descritivas,

instrutivas e explicativas sinxelas para a comprensión e composición de textos.

  • Recoñecemento das diferenzas máis relevantes

entre lingua oral e escrita.

  • Coñecemento das regras ortográficas, apreciando

o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

  • Conciencia positiva da variedade lingüística existente

no contexto escolar e social.

  • Coñecemento da diversidade lingüística e valoración

positiva desta riqueza.

  • Comparación de textos orais e escritos producidos

en diferentes variedades de lingua.

  • Comparación e transformación de enunciados,

mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición, para xulgar a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos e da metalinguaxe.

  • Uso e definición intuitiva nas actividades de produción

e interpretación da terminoloxía seguinte: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, xénero e número, determinantes, cuantificadores, tempos verbais (pasado, presente, futuro).

  • Identificación de palabras compostas e derivadas,

de sinónimos e de antónimos en relación coa comprensión e coa produción de textos.

  • Comparación de estruturas sintácticas elementais

para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado. 11.720 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Inserción e coordinación de oracións como instrumento

na mellora da composición escrita.

  • Exploración das posibilidades do uso de diversos

enlaces entre oracións (adición, causa, oposición, contradición...) en relación coa composición de textos.

  • Identificación funcional das modalidades oracionais

declarativa, interrogativa e exhortativa.

  • Identificación intuitiva de suxeito e predicado e

dalgúns papeis semánticos do suxeito (axente, paciente). Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Participar en situacións comunicativas que se dan

na aula (reais ou simuladas) e que correspondan a diversa tipoloxía (conversa, expresión espontánea, asemblea, debate) e a diversos obxectivos comunicativos, respectando as normas que rexen estas situacións. Avaliarase a capacidade e a actitude de intervención en situacións variadas de aula nas cales se produce linguaxe oral, así como a adaptación á diversa tipoloxía e a diversos obxectivos comunicativos. Observarase especialmente o respecto das normas.

  • Comprender textos orais de uso cotián, extraendo

o senso global das mensaxes orais. Usar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan as nenas e os nenos atendendo a sinais relevantes como o ton de voz, a entoación, os xestos e formulando preguntas coherentes que axuden á comprensión. Preténdese avaliar o desenvolvemento da capacidade de comprensión de producións orais cotiás. Avalíase especialmente o recoñecemento de ideas principais, a habilidade de seleccionar a información necesaria segundo o obxectivo e a capacidade para facer algunhas deducións a partir do escoitado.

  • Producir textos orais (explicacións sinxelas, exposicións,

narracións...) presentando coherentemente ideas, estados de ánimo, sentimentos, emocións, feitos, vivencias e opinións. Téntase constatar a capacidade para expresarse en diferentes contextos comunicativos usando o léxico, as formas lingüísticas, o ton, a entoación e a pronuncia axeitados, e a de iniciar e soster unha interacción comunicativa. Atenderase á coherencia e á potenciación da mensaxe con aspectos non verbais como xestos, posturas ou movementos. Observarase a habilidade para narrar situacións reais ou imaxinadas con certa desinhibición.

  • Memorizar e reproducir textos orais propios da

literatura popular empregando a pronuncia e entoación adecuadas. Quérese observar o coñecemento dalgúns textos da literatura oral (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos) adecuados ao seu interese, nivel e contorno.

  • Detectar e comprender a información explícita en

textos escritos (en soporte papel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido. Este criterio pretende avaliar a capacidade de localizar e extraer a información relevante de textos escritos variados, así como de elaborar inferencias directas a partir de datos presente neles.

  • Interpretar as ideas contidas nos textos escritos

habituais (expositivos, informativos, instrutivos e literarios), tanto en formato impreso como multimedia, integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento. Comprobarase se o alumnado establece relacións entre os seus coñecementos previos e as súas experiencias e a información contida no texto. Verificarase o uso de estratexias de comprensión baseadas na anticipación, na formulación de hipóteses, na explicitación dos obxectivos ou propósitos lectores, na interpretación de indicadores textuais, paratextuais e contextuais e de estratexias de resolución de dificultades léxicas (uso de dicionarios, dedución polo contexto...) e de integración (reler, retroceder). Así mesmo, observarase se a nena ou o neno é quen de formular xuízos persoais sobre os textos lidos, contrastar a información procedente de textos de contido similar e esquematizar, con axuda de modelos, a información.

  • Elaborar e reescribir textos escritos de diferente

tipoloxía e formato (impreso e/ou multimedia) acordes a diversas situacións funcionais cotiás (cartas, avisos, solicitudes, instrucións, normas, anuncios, noticias) e literarias (contos, poesías, cómics) empregando estratexias de planificación, de textualización e de revisión de escritos. Trátase de avaliar a capacidade de producir textos escritos instrutivos, expositivos, informativos, literarios... relativos a situacións cotiás, escolares e sociais. Valoraranse: un plan establecido, unha textualización que recolla a corrección ortográfica e unha revisión do escrito. Tamén se valorará o uso dos medios informáticos.

  • Ler expresivamente textos de tipoloxía variada

(entre os traballados e/ou elaborados na aula) con fluidez e entoación adecuadas vinculadas á puntuación e á intencionalidade e coa velocidade apropiada segundo o tipo de texto e o obxectivo lector (ler para deleitar outras persoas, ler para dar a coñecer un texto propio, ler para compartir información dun texto único na aula). Preténdese constatar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos variados, facendo fincapé fundamentalmente na Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.721 entoación, na fluidez e na expresividade que poida axudar á interpretación do texto.

  • Coñecer textos de literatura infantil (poesía,

cómics, contos...) adecuados ao ciclo, coa finalidade de gozo coa lectura e de uso como modelo para as súas reescrituras, reelaboracións e producións escritas. Trátase de valorar o uso da literatura infantil adecuada á idade e aos intereses do alumnado como fonte de pracer e como fonte de modelos pertinentes para a expresión escrita literaria. Avaliarase tamén a capacidade de explorar os recursos de cada texto para servir de modelos en reescrituras, dramatizacións e recreacións. Comprobarase a presenza dunha actitude positiva cara á lectura e o uso cada vez máis autónomo dela.

  • Empregar as bibliotecas de aula e de centro con

certa autonomía como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa lectura por pracer. Trátase de avaliar a participación do alumnado en actividades de biblioteca e o uso desta. Valorarase que sexa quen de localizar aquilo que precisa de acordo con necesidades concretas, así como o respecto polas normas de uso e a colaboración no bo funcionamento dese espazo.

  • Identificar en textos orais e escritos de uso cotián

temas e usos que poidan supoñer discriminación. Préstase atención á capacidade de detectar algunhas manifestacións discriminatorias (sexuais, étnicas, sociais...) na linguaxe e á busca de alternativas para corrixilas.

  • Reflexionar sobre como algúns cambios nas palabras,

enunciados e textos producen modificacións comprensivas e expresivas. Procúrase avaliar a capacidade do alumnado para xogar coa linguaxe observando os cambios semánticos e expresivos que se producen en textos, enunciados e palabras cando se practican omisións, insercións, cambios de orde, segmentacións. Avalíase, así mesmo, a habilidade para usar as súas producións escritas e orais considerando o texto de xeito crítico e creativo, o que lle permitirá analizalo en diferentes aspectos (formato, estrutura, vocabulario, recursos literarios).

  • Utilizar de xeito intuitivo terminoloxía relacionada

coa tipoloxía textual, os tempos verbais (presente, futuro e pasado), os adxectivos cualificativos, os determinantes e algúns aspectos relativos á semántica como antónimos e sinónimos, cando se realicen actividades de comprensión e de expresión orais e escritas. Téntase avaliar se, en actividades de produción e de comprensión de textos, o alumnado identifica algunha terminoloxía lingüística e gramatical que lle poida axudar a facer melloras na comprensión e na expresión escrita. Non se trata de avaliar illadamente os conceptos gramaticais senón a súa funcionalidade para mellorar o uso da linguaxe.

  • Usar as experiencias coas diversas linguas que

coñece ou está a aprender para realizar análises e comparacións que lle permitan establecer melloras na súa expresión e comprensión. Preténdese que poidan identificar similitudes e diferenzas entre as linguas da comunidade como fórmula de análise de aspectos da lingua (gráficos, sintácticos, léxicos, semánticos) que os axuden a mellorar na súa expresión e comprensión correctas. Contidos. Terceiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Participación e cooperación nas situacións comunicativas

de relación social especialmente as destinadas a favorecer a convivencia (debates, exposicións curtas, conversas, expresións espontáneas, discusións, asembleas, narracións orais, entrevistas), con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (quendas de palabra, papeis diversos no intercambio, respecto ás opinións e opcións lingüísticas das demais persoas, ton de voz, posturas e xestos adecuados).

  • Comprensión de textos orais procedentes da radio,

da televisión ou da internet con especial incidencia na noticia, na entrevista, na reportaxe infantil e nos debates e comentarios de actualidade, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos e distinguindo información de opinión.

  • Interpretación elemental en textos orais da retranca,

da ironía e dos dobres sentidos.

  • Comprensión e produción de textos orais para

aprender e para informarse, tanto os creados con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversas entre iguais e no equipo de traballo) e dun maior grao de formalización (exposicións da clase, entrevistas ou debates).

  • Produción de textos orais propios dos medios de

comunicación social mediante simulación ou participación para ofrecer e compartir información e opinión.

  • Uso de estratexias elementais para comprender e

facer comprender as mensaxes orais: fluidez, claridade, orde, léxico apropiado, pronuncia correcta, ton de voz, entoación, xestualidade. Incorporación das intervencións das demais persoas, formulación de preguntas coherentes e percepción das reaccións.

  • Utilización de estratexias para potenciar a expresividade

das mensaxes orais (acenos, miradas, posturas corporais). 11.722 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Actitude de escoita adecuada ante situacións

comunicativas (tolerancia ás opinións, escoita atenta, respecto das opcións de quen fala sen interrupcións inadecuadas, contacto visual).

  • Escoita, memorización e produción de textos procedentes

da literatura popular oral (refráns, adiviñas, lendas, contos, poemas, conxuros, cancións, ditos, romances, cantigas).

  • Valoración e aprecio do texto literario oral como

vehículo de comunicación, fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.

  • Valoración dos medios de comunicación social

como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e a experiencia doutras persoas.

  • Uso de documentos audiovisuais como medio de

obter, identificar, seleccionar, clasificar, comparar e relacionar con progresiva autonomía informacións relevantes para aprender.

  • Actitude de cooperación e de respecto en situacións

de aprendizaxe compartida.

  • Interese por expresarse oralmente coa pronuncia

e coa entoación adecuadas.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa

coas diferenzas. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Comprensión da información relevante en textos

das situacións cotiás de relación social: correspondencia, normas, programas de actividades, convocatorias, plans de traballo ou regulamentos.

  • Comprensión de textos procedentes dos medios de

comunicación social (incluídas webs infantís e xuvenís) con especial incidencia na noticia, na entrevista e nas cartas á dirección do xornal, para obter información xeral, localizando o máis destacado.

  • Comprensión de textos do ámbito escolar en

soporte papel ou dixital para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso social (folletos informativos ou publicitarios, prensa, programas, fragmentos literarios).

  • Utilización de elementos gráficos e paratextuais

para facilitar a comprensión (ilustracións, gráficos, táboas e tipografía).

  • Integración de coñecementos e de informacións

procedentes de diferentes soportes para aprender, comparando, clasificando, identificando e interpretando con especial atención aos datos que se transmiten mediante gráficos, esquemas e ilustracións.

  • Esquematización da información relevante dun

texto.

  • Uso das estratexias de planificación, de textualización

(formato, estrutura, ortografía e normas lingüísticas...) e de revisión como partes do proceso escritor.

  • Composición de textos propios de situacións

cotiás de relación social (correspondencia, normas, programas, convocatorias, plans de traballo, SMS) de acordo coas características propias destes xéneros.

  • Composición de textos de información e de opinión

característicos dos medios de comunicación social sobre feitos e acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia, na entrevista, no comentario breve sobre libros ou música, en situacións reais ou simuladas.

  • Produción de textos relacionados co ámbito académico

para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, enquisas, resumos, esquemas, informes, descricións, explicacións).

  • Realización de diferentes tipos de lectura: de

investigación, de aprendizaxe, de gozo persoal, de resolución de problemas.

  • Lectura:

-Expresiva de textos de diferente tipoloxía textual non literaria. -Persoal, silenciosa e en voz alta de obras adecuadas á idade e aos intereses (conto, cómic, novela). -Guiada de textos narrativos da literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes. -Comentada de poemas, de relatos e de obras teatrais tendo en conta as convencións literarias (xéneros, figuras) e a presenza de certos temas e motivos repetitivos e tópicos.

  • Uso das estratexias de control do proceso lector

(anticipación, formulación de hipóteses, relectura).

  • Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade

de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

  • Valoración e aprecio do texto literario como vehículo

de comunicación e como recurso de gozo persoal.

  • Recreación e composición de poemas e de relatos

para comunicar sentimentos, emocións, estados de ánimo, lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

  • Interese polo coidado e a presentación dos textos

escritos e respecto pola norma ortográfica.

  • Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe

e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

  • Valoración da escritura como instrumento de relación

social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

  • Uso dirixido das tecnoloxías da información e da

comunicación para a localización, selección, interpretación e organización da información. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.723

  • Uso progresivamente autónomo de programas

informáticos de procesamento de textos e de corrección ortográfica.

  • Uso da biblioteca do centro, amosando coñecemento

da súa organización (catalogación, funcionamento) e participación en actividades literarias e na elaboración de propostas.

  • Creación da biblioteca persoal.
  • Utilización das bibliotecas, incluíndo as virtuais,

de xeito cada vez máis autónomo, para obter información e modelos para a produción escrita.

  • Dramatización e lectura dramatizada de textos

literarios e non literarios diversos. Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

  • Identificación das relacións entre os elementos do

contexto e as formas lingüísticas en que se manifestan os discursos orais e escritos.

  • Identificación en situacións comunicativas de

participantes, lugares, xeitos de proceder, para reflexionar sobre as diferentes variables que inciden na comunicación.

  • Recoñecemento de estruturas narrativas, descritivas,

instrutivas e explicativas para a comprensión e composición.

  • Identificación dos mecanismos que favorecen e

controlan a comprensión lectora.

  • Coñecemento das normas ortográficas, apreciando

o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

  • Uso de procedementos de derivación, comparación

e contraste para xulgar sobre a corrección das palabras e xeneralizar as normas ortográficas.

  • Comparación e transformación de enunciados,

mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición, para xulgar sobre a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos e da metalinguaxe.

  • Comparación entre aspectos das linguas que

coñece e/ou está a aprender para mellorar os procesos comunicativos e recoñecer as interferencias das linguas existentes na comunidade autónoma.

  • Uso e identificación intuitiva da terminoloxía

seguinte nas actividades de produción e interpretación: denominación dos textos traballados; sílaba tónica e átona; enunciados: frase e oración; tipos de enunciado: declarativo, interrogativo, exclamativo, imperativo; enlaces: preposición e conxunción; grupo de palabras: núcleo e complementos; adxectivo; tempo verbal; persoa gramatical; modo imperativo e infinitivo; suxeito e predicado; complementos do nome e complementos do verbo.

  • Comparación de estruturas sintácticas diversas

para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.

  • Observación da inserción e coordinación de oracións

como procedementos propios da explicación, tanto na escritura como na expresión oral.

  • Exploración das posibilidades do uso de diversos

enlaces entre oracións (causa, consecuencia, finalidade, contradición, condición...) en relación coa composición de textos.

  • Identificación, en oracións, de suxeito e predicado,

así como do papel semántico do suxeito (axente paciente, causa).

  • Transformación de oracións de activa en pasiva e

viceversa para mellorar a comprensión de determinados textos.

  • Práctica do paso de estilo directo a estilo indirecto

na narración. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Participar nas diversas situacións de intercambio

oral que se producen na aula observando as actitudes adecuadas e autorregulando as estratexias que fan efectiva a comunicación. Amosar interese por expresarse en público coherentemente, sen contradicións, sen repeticións innecesarias e usando nexos adecuados. Trátase de avaliar a capacidade de intervir nas situacións comunicativas da aula respectando os hábitos de correcta participación, empregando as calidades que debe posuír quen fala, recoñecendo as calidades de quen escoita e mais usando adecuadamente os recursos non verbais e as estratexias elementais para percibir reaccións.

  • Comprender textos orais diversos interpretando as

intencións explícitas, así como as intencións, valores e opinións non explícitas. Preténdese avaliar a capacidade de obter e seleccionar informacións e a de establecer relacións entre as informacións orais procedentes da escola e dos medios de comunicación transcendendo da literalidade do texto para facer deducións e inferencias elementais, así como para interpretar aspectos implícitos como a ironía, a retranca ou o dobre sentido, e entrever mensaxes subliminais. Así mesmo, avalíase a capacidade de distinguir información de opinión e a de reflexionar sobre os mecanismos que se relacionan coa comprensión, de cara a aprender a aprender.

  • Expresarse oralmente con corrección, usando

diferentes textos orais segundo a situación comunicativa de que se trate e empregando os recursos lingüísticos e non lingüísticos que sexan precisos. Constatarase a capacidade das nenas e dos nenos para producir textos orais de tipoloxía variada adecuados ás diferentes situacións (formais e informais) e necesidades con progresiva coherencia, corrección léxica, organización e control de dicción, empregando 11.724 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 o rexistro lingüístico adecuado e usando os recursos non verbais apropiados como medios de potenciar a expresividade. Valorarase: a capacidade de producir oralmente relatos, noticias, anuncios, exposicións, explicacións sinxelas e reflexións; a capacidade de comunicar do xeito máis claro e correcto posible; a capacidade de recoñecer a utilidade de técnicas non verbais diversas con vistas a facerse entender mellor; a habilidade para iniciar, soster e finalizar as conversas entre iguais nas relacións sociais.

  • Producir textos orais a partir de textos preexistentes

da literatura oral popular (refráns, ditos, conxuros, lendas, contos, adiviñas, cantigas, cancións, romances) co ritmo e a entoación adecuados. Preténdese avaliar o uso da lingua oral desfrutando de textos de tradición oral popular, así como a capacidade de usar recursos expresivos e creativos en tarefas de dramatización, de recreación ou de memorización destes textos.

  • Buscar, localizar e seleccionar información explícita

en textos escritos de soportes variados (webs, libros, carteis) e realizar inferencias determinando intencións e dobres sentidos. Téntase avaliar a capacidade do alumnado para localizar e extraer a información en textos escritos de diversa tipoloxía e formato para comprender o sentido do texto ou hipertexto e as relacións esenciais entre os diferentes elementos:discernindo a información principal da secundaria; analizando elementos que inflúen na comprensión (estrutura, vocabulario, contexto, soporte); utilizando estratexias para resolver dúbidas (uso de dicionarios, busca de información complementaria, ampliación de datos, relectura, contraste coas compañeiras e compañeiros); usando diferentes tipos de lectura (rápida, selectiva, integral...) e estratexias diferenciadas para determinar o relevante (subliñado, esquematización).

  • Interpretar e integrar as concepcións previas e

ideas propias coas contidas nos textos, comparando e contrastando informacións variadas. Comprobarase se o alumnado manexa con autonomía informacións contidas en textos de diferente tipoloxía e en hipertextos: utilizando estratexias para resolver dúbidas, confrontando información procedente destes coa propia, contrastando os datos obtidos, elaborando esquemas simples que recollan a información fundamental, formulando xuízos persoais sobre o lido con argumentos e amosando actitude crítica ante calquera texto que comporte algún tipo de discriminación.

  • Producir textos de diferente tipoloxía que permitan

narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e informacións relacionadas con situacións cotiás da aula de xeito coherente, usando o máis adecuadamente posible estratexias de planificación, de textualización e de revisión e empregando soportes variados, incluídos os dixitais. Verificarase que as alumnas e os alumnos sexan capaces de expresarse por escrito en progresión de cohesión e de coherencia seguindo os pasos da produción textual (planificación, textualización adecuada). Avaliarase a importancia que o alumnado lle dá á lingua escrita no intercambio social, así como a capacidade de elaborar textos diversos. Farase fincapé na observación dunha presentación definitiva adecuada e correcta en relación coas normas do sistema da lingua.

  • Ler expresivamente textos de diversa tipoloxía

con fluidez e precisión atendendo á dicción, entoación, intensidade de voz, ritmo e velocidade adecuados ás diversas situacións funcionais da lectura en voz alta (ler para que alguén goce escoitando, ler para dar a coñecer un texto descoñecido, ler para compartir información que se acaba de localizar), facendo participar á audiencia da interpretación dela. Preténdese constatar a capacidade expresiva e comprensiva cando se len textos habituais en voz alta (logo de lectura silenciosa) e a capacidade de realizar lectura dramatizada de textos literarios contando coa improvisación vocal, facendo fincapé fundamentalmente na velocidade, ritmo, intensidade de voz, entoación, pausado e dicción. Valorarase a habilidade para controlar o proceso lector.

  • Coñecer textos de literatura infantil adecuados ao

ciclo coa finalidade de que sirvan de modelos para a escritura creativa e de recursos para a lectura por pracer. Este criterio avalía a capacidade de gozar autonomamente con diferentes textos literarios escritos adecuados aos seus intereses e ao ciclo.

  • Usar as bibliotecas da aula e do centro e os seus

diferentes departamentos con autonomía abonda, comprendendo como se organiza, e colaborando no seu coidado e mellora. Avalíase a capacidade de usar as diferentes bibliotecas e os espazos específicos destas de xeito autónomo, amosando coñecemento básico de usuaria e usuario e observando as normas. Valorarase a capacidade de colaboración no coidado, dinamización e mantemento da biblioteca e a manifestación de preferencias na selección de lecturas expresando as propias opinións sobre elas.

  • Analizar criticamente os textos e hipertextos e

reflexionar sobre o seu contido, identificando a estrutura, o uso da linguaxe e o punto de vista da autora ou do autor a partir dos cambios que se poden producir nos elementos textuais efectuando modificacións variadas neles. Trátase de observar a capacidade de recoñecer os efectos na comprensión e expresión que se producen en elementos do texto cando, xogando con diferentes aspectos deste, se realizan modificacións como: camN º 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.725 bios de orde, insercións, supresións, recomposicións, modificacións léxicas...

  • Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical

básica, implícita e funcionalmente, e como apoio á comprensión e á produción de textos. Preténdese avaliar o coñecemento de terminoloxía específica ( nome, verbo, tempo verbal, determinante, adxectivo e nexos) que lle permita ao alumnado debater sobre a súa produción oral e escrita, explicar o que aprende e falar da propia lingua.

  • Establecer relacións entre as diversas linguas que

utiliza ou está a aprender o alumnado para reflexionar sobre como mellorar os seus procesos comunicativos. Quérese avaliar se o alumnado pode atopar relacións e interferencias doutros idiomas e se é quen de observar regularidades sintácticas, ortográficas, morfolóxicas... en diferentes textos e hipertextos procedentes das linguas que se falan en Galicia. Área de lingua estranxeira. Introdución. Características da área. As linguas son instrumentos de comunicación e de coñecemento, vehículo dos sistemas de valores e das expresións culturais e factor determinante da identidade dos pobos e das persoas. Coa lingua somos quen de expresar sentimentos e emocións, interactuamos co medio, creamos culturas e facemos que estas pervivan a través dos tempos. No mundo actual, cada vez máis globalizado, onde están a desaparecer os límites xeográficos da comunicación, a aprendizaxe de linguas estranxeiras constitúe unha necesidade e unha posibilidade ilimitada de achegamento, por unha parte, á información, ao coñecemento e ás tecnoloxías e, pola outra, a distintos formas e estilos de vida e maneiras de pensar de diferentes culturas. Na sociedade europea actual, a competencia multilingüe estase a conformar como un aspecto esencial para a protección e o desenvolvemento da herdanza lingüística como fonte de enriquecemento mutuo. Esta permitiralles aos individuos relacionar de modo significativo as distintas culturas ás que teñen acceso mediante os seus coñecementos lingüísticos e lograr unha mellor compresión delas ata configurar a competencia pluricultural, da cal a competencia plurilingüe é un dos compoñentes. Todo isto ha facilitará a mobilidade plena das persoas e o intercambio democrático de ideas. A realidade galega está conformada por unha comunidade de falantes que coñecen dúas linguas, o galego e o castelán, e que están a aprender, polo menos, unha lingua estranxeira. Isto, máis a integración na nosa sociedade de persoas procedentes doutros países de Europa e do resto do mundo, constitúe unha característica dos contornos de aprendizaxe escolar das linguas, en si mesmos plurilingües e, desde o punto de vista metodolóxico, integradores. Neles débese tirar proveito, non só das destrezas e coñecementos desenvoltos en cada unha das linguas, senón tamén da simple presenza de idiomas descoñecidos, referente real das diferenzas lingüísticas e culturais, incidindo na riqueza que tal feito implica. Seguindo as indicacións do Consello de Europa no Marco Común Europeo de Referencia, a aprendizaxe das linguas estranxeiras e a súa certificación organízanse nunha serie de niveis comúns ordenados en graos de competencia lingüística progresivamente máis amplos e ligados a distintos contextos sociais de uso da competencia comunicativa. Será, pois, a etapa de educación primaria a que inicie esta andaina cara ao dominio pleno da competencia comunicativa nas linguas estranxeiras obxecto de estudo. Igualmente, o Marco Común Europeo de Referencia promove o coñecemento das diversas linguas e culturas, polo que este currículo ten tamén a finalidade de favorecer a comunicación entre iguais, eliminar barreiras, prexuízos e estereotipos e enriquecer persoalmente as nenas o os nenos. Na educación primaria, o estudo da lingua estranxeira terá como meta a paulatina familiarización coa nova lingua e a súa utilización en situacións de comunicación sinxelas e significativas para os nenos e para as nenas desa idade. As linguas apréndense de moitas maneiras, pero o que se ensina e o que aprende o alumnado está condicionado, entre outros factores, polo conxunto de medios e materiais utilizados. Así, as tarefas e os materiais deben ser variados e adaptados ás características do alumnado ao que van dirixidos e ás finalidades da aprendizaxe da lingua estranxeira. Pola súa parte, a utilización das TIC ofrece a posibilidade de respectar o ritmo de aprendizaxe de cada alumno e cada alumna, de acceder a contidos reais e adecuados ao seu nivel e intereses ou de establecer contactos con alumnas e alumnos de todo o mundo falantes desa lingua a través dos recursos informáticos que internet pon á súa disposición (correo electrónico, chats, foros, etc.), así como de iniciarse, no caso da educación primaria, á competencia básica de aprender a aprender utilizando este instrumento. Así, o currículo de lingua estranxeira para a educación primaria promove un ensino integrador das linguas, baséase no desenvolvemento progresivo da competencia comunicativa e da competencia intercultural e impulsa a utilización das diversas linguaxes que posibilitan a comunicación: verbal, non verbal, audiovisual e dixital. O currículo artéllase en tres bloques: O bloque 1 Escoitar e falar, reúne as dúas dimensións básicas sobre as que traballar nesta etapa de educación primaria. Cómpre non esquecer que as destrezas produtivas (escribir e falar) son posteriores ás receptivas. 11.726 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 Valorar a nova lingua de estudo; escoitar variadas e significativas mensaxes cunha actitude positiva; comprender o que falan as demais persoas; captar o sentido global de textos orais emitidos a través de diferentes medios e soportes; fomentar a comprensión crítica e a identificación de estereotipos; participar nas situacións de comunicación a través do movemento, dos xestos, da palabra; aprender as normas dos intercambios orais e escritos, a negociar o consenso e a xogar cos novos sons, ritmos e entoación son aspectos que se recollen neste bloque e que conducen ao coñecemento e á aprendizaxe do idioma. Cómpre lembrar a importancia de proporcionarlle un rico e variado input ao alumnado a partir do cal inicie un coñecemento intuitivo sobre os mecanismos da nova lingua. Canto máis abundante e redundante sexa o input, maior será a diversidade de patróns de comunicación, o que permitirá aumentar a competencia lingüística do alumnado e facilitar a súa participación en situacións de comunicación propostas nas actividades de aprendizaxe na aula. O bloque 2 Ler e escribir, recolle dúas actividades lingüísticas que se inician na etapa da educación primaria como complemento ás dúas anteriores, polo que nos primeiros cursos desta etapa a lingua traballada no código escrito será aprendida na súa forma oral en primeiro lugar. O bloque 3 Reflexión sobre a lingua e consciencia intercultural, integra contidos relacionados co coñecemento do idioma e coa reflexión acerca deste e das regras de funcionamento das linguas. Ademais, fai visibles as estratexias de aprendizaxe: memorización, repetición, relacións cos outros idiomas ou coñecementos... Así, agudízase a atención selectiva ao reflexionar sobre a mesma lingua. Na educación primaria o enfoque comunicativo dirixirá a comunicación oral, obxectivo prioritario nesta etapa, e a motivación sentará as bases para a aprendizaxe, de xeito que a atención sexa máis intensa, a aprendizaxe máis rápida e a actitude tranquila e relaxada ante a lingua estranxeira e a sociedade e cultura que esta implica. Será unha metodoloxía baseada no descubrimento guiado e colectivo e na resolución de problemas, evitando o traballo analítico e favorecendo en todo momento a participación e implicación activa dos nenos e das nenas, coa finalidade de lograr aprendizaxes eficaces desde o punto de vista cognitivo, comunicativo e socio afectivo. Obxectivos.

  • Escoitar e comprender mensaxes en interaccións

verbais variadas, utilizando as informacións transmitidas para a realización de diversas tarefas concretas relacionadas coa experiencia do alumnado.

  • Expresarse e interactuar oralmente en situacións

sinxelas e habituais que teñan un contido e desenvolvemento coñecidos, utilizando procedementos verbais e non verbais e adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.

  • Escribir textos diversos con finalidades variadas

sobre temas previamente tratados na aula e coa axuda de modelos.

  • Ler de xeito comprensivo textos diversos, relacionados

coas experiencias e intereses do alumnado, extraendo información xeral e específica de acordo cunha finalidade previa.

  • Aprender a usar con progresiva autonomía medios

variados, incluídas as TIC, para obter información e para comunicarse en lingua estranxeira.

  • Valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral,

como medio de comunicación e entendemento entre as persoas de procedencias e culturas diversas e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos.

  • Manifestar unha actitude receptiva, interesada e

de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e de uso da lingua estranxeira.

  • Coñecer aspectos doutras culturas que utilizan a

lingua estudada e amosar unha actitude de respecto cara as mesmas.

  • Utilizar os coñecementos e as experiencias previas

coas linguas galega e castelá para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira.

  • Identificar aspectos fonéticos, de ritmo, de acentuación

e de entoación, así como estruturas lingüísticas e aspectos léxicos da lingua estranxeira e usalos como elementos básicos da comunicación. Contidos. Primeiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Comprensión de mensaxes orais sinxelas (instrucións)

para realizar tarefas dentro ou fóra da aula.

  • Comprensión de textos orais sinxelos -contos,

cancións, rimas...- conectados cos intereses das nenas e dos nenos e apoiados con imaxes, sons e xestos.

  • Escoita e comprensión de mensaxes sinxelas significativas

para o alumnado procedentes de diferentes soportes multimedia.

  • Achegamento, a través do xogo e da expresión

corporal e musical, a algúns aspectos fonéticos, do ritmo, da acentuación e da entoación da nova lingua.

  • Participación en situacións de comunicación reais

ou simuladas, empregando respostas verbais ou non verbais (movemento, accións, debuxo, modelado, mímica).

  • Imitación de situacións de comunicación breves e

sinxelas a través de dramatizacións e de xogos de sortes, de rutinas de comezo e fin da clase, de lerias, de retrousos e de contos.

  • Memorización de producións orais breves significativas

e apoiadas con axuda visual, auditiva e xestual (cancións, rutinas para iniciar ou manter o xogo, Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.727 fórmulas orais breves para manter a atención, lerias...).

  • Participación con actitude de colaboración en

xogos e dramatizacións que precisen de breves intervencións orais.

  • Interese por empregar a lingua estranxeira en

situacións variadas de comunicación (saúdo, despedida, presentacións, felicitación ás persoas da aula nos seus aniversarios, estados de ánimo...).

  • Valoración positiva das intervencións orais propias

e alleas.

  • Recoñecemento e aprendizaxe de formas básicas

de relación social en lingua estranxeira.

  • Iniciación ás estratexias básicas que favorecen a

comprensión e a expresión oral: uso do contexto visual e non-verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado á lingua estranxeira.

  • Valoración da lingua estranxeira como instrumento

para comunicarse e para achegarse a nenos e nenas doutras culturas. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Asociación de imaxes con palabras coñecidas e

relacionadas con temas próximos ao alumnado -contos, personaxes de debuxos animados- e identificación delas, empregando diferentes recursos visuais e informáticos.

  • Asociación de grafía, fonema e significado de

palabras en contextos reais ou simulados procedentes de diversas fontes, traballadas previamente a través de diversos medios, e sempre con apoio visual.

  • Lectura de palabras e de enunciados moi sinxelos

en recursos variados (audiovisuais e informáticos, tiras de cómic, karaoke, xogos de ordenador).

  • Escritura de palabras e de enunciados moi sinxelos

e traballados previamente en producións orais utilizando distintos medios (xogos visuais e informáticos en que o alumnado teña que formar palabras e asocialas con imaxes, modelos, textos para completar...) coa intención de compartir información ou cunha intención lúdica e/ou funcional.

  • Iniciación ao uso de programas informáticos educativos

para ler e escribir mensaxes sinxelas.

  • Interese polo coidado na presentación dos textos

escritos.

  • Valoración positiva dos textos escritos propios e os

do resto das persoas da aula, colaborando na súa produción e exposición e integrándoas na rutina diaria (carteis para identificar os recantos, calendario, cartafol colectivo...). Bloque 3. Reflexión sobre a lingua e consciencia intercultural.

  • Iniciación a algunhas diferenzas de sons e de ritmo

respecto da primeira lingua.

  • Iniciación á utilización de estratexias de lectura:

uso do contexto visual e verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado.

  • Familiarización con algunhas estratexias básicas

da produción de textos a partir dun modelo: selección da persoa destinataria, da intención e do contido.

  • Uso de habilidades e de procedementos (repetición,

memorización, asociación de palabras e de expresións con elementos xestuais e visuais e observación de modelos) para a adquisición de léxico e de estruturas elementais da lingua.

  • Iniciación ao uso de dicionarios visuais, contos,

webs infantís e produtos multimedia e achegamento ás posibilidades que achegan na busca de información e de coñecemento.

  • Seguridade na propia capacidade para aprender

unha lingua estranxeira e gusto polo traballo cooperativo.

  • Iniciación ao emprego dun cartafol (rexistro de

aprendizaxe) colectivo da aula, onde se irán acumulando os traballos de cada neno e cada nena previamente acordados no grupo-clase.

  • Achegamento a algúns aspectos culturais semellantes

á nosa realidade a través de producións multimedia e de manifestacións artísticas da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira.

  • Actitude receptiva cara ás persoas que falan outra

lingua e teñen unha cultura ou forma de vida diferentes. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Valorar a lingua estranxeira como instrumento

para comunicarse e para achegarse a nenos e a nenas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos comúns (xogos de sortes, xogos tradicionais e festas...). Con este criterio avaliarase o interese por iniciar relacións con nenos e nenas falantes da lingua estranxeira, a actitude positiva de respecto cara á aprendizaxe dunha nova cultura e de interese por descubrir semellanzas coa propia.

  • Amosar unha actitude positiva cara á aprendizaxe

da nova lingua mostrando interese por imitar, escoitar e reproducir rimas, cancións, xogos, elementos repetitivos dos contos e de cancións. Trátase de comprobar a aceptación da nova lingua como fonte de pracer e de diversión e a valoración desta como vehículo de xogo e de comunicación.

  • Comprender mensaxes verbais, significativas e

contextualizadas coa axuda de elementos lingüísticos e non lingüísticos. 11.728 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 Avalíase a capacidade progresiva de captar ideas e mensaxes en situacións de comunicación oral significativas en que se utilicen linguaxes diversas (xestos, mímica, sons, imaxes e recursos multimedia).

  • Participar comprensivamente, empregando formas

lingüísticas e non lingüísticas, en producións orais moi sinxelas relativas a situacións e a temas de interese para o alumnado: xogos, dramatizacións de contos, instrucións para realizar actividades da aula. Preténdese avaliar a participación oral activa en situacións de dificultade progresiva utilizando fórmulas sinxelas de interacción social e mediante respostas non verbais.

  • Amosar comprensión, mediante respostas verbais

sinxelas e básicas, en situacións de comunicación cotiás (saúdo, despedida, presentación, expresión de estados de ánimo e outros) e iniciarse nas fórmulas orais da expresión cotiá. Téntase comprobar que o alumnado comprende e participa en interaccións orais sociais básicas de saúdo, de despedida, de presentación e de manifestación sinxela de estados de ánimo e que ten capacidade de responder verbalmente nas ditas situacións de comunicación.

  • Imitar sons, repetir producións orais sinxelas e

breves de uso diario na aula e memorizar fórmulas breves e sinxelas de comunicación oral de interese para os nenos e as nenas (xogos de sortes, retrousos de cancións e contos, fórmulas verbais para iniciar unha actividade, lerias, xogos de mans...) Trátase de valorar o grao de aprendizaxe dos aspectos fonéticos máis básicos da nova lingua mediante a observación da capacidade de imitación do alumnado e a repetición de sons, de palabras e de enunciados con pronunciación, ritmo e entoación intelixibles.

  • Identificar e interpretar palabras e enunciados

curtos contextualizados en situacións de comunicación significativas para os nenos e para as nenas, como mensaxes multimedia, contos, tarxetas de felicitación, anuncios e carteis aprendidos con anterioridade na súa forma oral. Trátase de valorar a capacidade do alumnado de relacionar a forma escrita coa forma oral, recorrendo ás diversas linguaxes que acompañarán ás palabras e enunciados (imaxes, xestos, sons). A identificación das mesmas mensaxes noutros contextos será clave para a valoración positiva da aprendizaxe.

  • Producir mensaxes significativas sinxelas de xeito

guiado en papel ou en formato dixital cunha finalidade comunicativa e con axuda de modelos que previamente fosen aprendidos oralmente. Avaliarase a capacidade de escribir palabras e frases sinxelas a partir dun modelo substituíndo unha palabra ou expresión por outra para unha funcionalidade ou tarefa determinada (felicitar, informar, saudar, escribir un cartel...) tanto de forma manuscrita como en formato dixital.

  • Utilizar recursos e estratexias moi sinxelos para

aprender a aprender, identificando as que son máis apropiadas para o alumnado (axudas xestuais, repetición sonora en voz alta ou de movemento, asociación, emprego de dicionarios visuais, utilización da internet...). Preténdese comprobar o grao de consciencia dos logros do alumnado e a capacidade de recoñecer as estratexias de aprendizaxe.

  • Amosar curiosidade e interese por buscar información

a través de diferentes medios sobre a cultura que están a estudar as alumnas e os alumnos (busca de imaxes, xogos, fotografías, personaxes de debuxos animados...) con diversas finalidades (exposición na aula no rexistro de aprendizaxe, clasificación na carpeta de favoritos, utilización como salvapantallas, álbums... ) Téntase valorar con este criterio a curiosidade por coñecer diferentes aspectos da vida e da cultura relacionadas coa lingua estranxeira, así como o interese por aprendelos e compartilos co resto da clase. Contidos. Segundo ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Comprensión de mensaxes orais (instrucións e

peticións) de progresiva complexidade para realizar tarefas dentro ou fóra da aula.

  • Comprensión de textos orais de dificultade crecente

-contos, anuncios, información meteorolóxica, localización dunha persoa, obxecto ou lugar, cancións, rimas...- conectados cos intereses das nenas e dos nenos en soporte audiovisual e multimedia para extraer información global e algunha específica.

  • Participación en situacións reais ou simuladas de

comunicación dando respostas verbais e non verbais que supoñan unha elección entre un repertorio limitado de posibilidades, en contextos progresivamente menos dirixidos.

  • Participación activa en situacións funcionais de

comunicación (conversas telefónicas; peticións; autopresentación e presentación doutras persoas; compravenda; saúdos; identificación e localización de persoas, de obxectos e de lugares...) respectando e empregando as convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa que fala, respectar as quendas de palabra, manter contacto visual, amosar actitude positiva e presentar adecuación da resposta á intervención das outras persoas.

  • Produción de textos orais coñecidos previamente

mediante a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas... ou ben preparados mediante un traballo previo con axudas e modelos, amosando interese por expresarse oralmente en actividades individuais e de grupo. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.729

  • Utilización progresiva de estratexias básicas para

apoiar a comprensión e a expresión oral: uso do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación transferidos desde as linguas que coñece á lingua estranxeira.

  • Valoración positiva das intervencións orais propias

e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

  • Identificación e dominio progresivo de aspectos

fonéticos, do ritmo, da acentuación e da entoación da lingua estranxeira como aspectos fundamentais para a comprensión e produción de breves textos orais a través do xogo e da expresión corporal e musical.

  • Interese por facerse comprender, por entender e

por empregar a lingua estranxeira en situacións variadas de comunicación. Bloque 2. Ler e escribir.

  • Asociación de grafía, pronunciación e significado

a partir de modelos escritos e de expresións orais coñecidas, así como consolidación dalgunhas asociacións grafía-son básicas en situacións contextualizadas ben definidas para as nenas e os nenos.

  • Lectura e comprensión de diferentes mensaxes de

interese para os nenos e as nenas (contos, menús, instrucións dun xogo, mensaxes de correo electrónico, xogos de pistas, anuncios publicitarios...) adaptadas á súa competencia lingüística, en soporte papel e dixital, para utilizar información global e específica no desenvolvemento dunha tarefa ou polo simple pracer da lectura.

  • Uso guiado de estratexias de lectura (utilización

das imaxes, dos títulos e doutras informacións visuais, así como dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado), identificando a información máis importante e deducindo o significado de palabras e de expresións non coñecidas.

  • Lectura expresiva e escritura de textos propios de

situacións cotiás próximas como invitacións, felicitacións, notas, avisos, billetes de transporte, entradas, etiquetas ou xogos.

  • Composición de textos sinxelos a partir de modelos,

empregando expresións e enunciados moi coñecidos oralmente para transmitir información, ou con intencións comunicativas propias da vida diaria.

  • Utilización das tecnoloxías da información e da

comunicación para ler e transmitir información (webs, programas multimedia, correo electrónico)

  • Interese polo coidado e a presentación dos textos

escritos valorando o seu sentido estético.

  • Interese por cooperar na utilización da lingua

estranxeira na súa forma escrita na aula, por expoñela como recordatorio visual e para á aprendizaxe de novas palabras e expresións (carteis para identificar os obxectos e os espazos da aula, calendario, normas de xogos, cartafol colectivo...)

  • Iniciación ao coñecemento e uso das estratexias

básicas para producir textos (elección da persoa destinataria, finalidade, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) a partir de modelos moi estruturados e con axuda.

  • Presenza da lingua estranxeira no contorno próximo.

Bloque 3. Reflexión sobre a lingua e consciencia intercultural.

  • Autonomía no emprego dun cartafol colectivo de

aula e iniciación e interese na utilización dun individual para seleccionar de forma guiada os mellores traballos propios.

  • Uso de estratexias (repetición, imitación, memorización,

asociación de palabras e expresións con xestos, imaxes ou sons, observación de modelos, lectura de textos, utilización de soportes multimedia) para a adquisición de novo léxico, formas e estruturas da lingua.

  • Reflexión sobre a utilización progresiva de diferentes

medios (dicionarios visuais e bilingües, internet, materiais audiovisuais e multimedia...) como instrumentos de axuda para a aprendizaxe.

  • Confianza na propia capacidade para aprender

unha lingua estranxeira, aceptación do erro como parte do proceso e valoración do traballo cooperativo como forma de acadar obxectivos de aprendizaxe.

  • Utilización de recursos de compensación de insuficiencias

no uso da lingua oral: xestos, definicións, debuxos.

  • Identificación de aspectos lingüísticos e culturais

pouco complexos diferentes e semellantes á nosa realidade a través de producións audiovisuais ou multimedia e de manifestacións artísticas (diferentes horarios, festas, hábitos...)

  • Recoñecemento do valor da nova lingua para achegarse

a nenos e nenas doutras culturas que teñen formas de vida e formas de pensar diferentes da propia.

  • Actitude receptiva cara ás persoas que falan outra

lingua e teñen culturas, hábitos, crenzas e formas de vida diferentes.

  • Interese por coñecer información sobre as persoas

e a cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira. Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Valorar a lingua estranxeira como instrumento

para comunicarse, para achegarse a nenos e nenas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos culturais diferentes e semellantes á identidade galega (simboloxía, música, festas e xogos tradicionais). Con este criterio avaliarase a actitude positiva de respecto cara á aprendizaxe dunha nova cultura e o interese e a curiosidade por descubrir semellanzas e diferenzas coa identidade propia. 11.730 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Amosar comprensión mediante respostas non verbais

(xestos, movemento, actividades artísticas) a instrucións básicas dadas en situacións habituais na aula e no centro. Preténdese comprobar o grao de comprensión do alumnado sen que interfira a súa capacidade de expresión oral ou escrita.

  • Captar a información máis relevante e identificar

información global en mensaxes diversas que inclúan textos orais, sobre temas familiares e de interese para os nenos e as nenas. Trátase de avaliar a capacidade de captar o sentido global dunha mensaxe oral con apoio de elementos lingüísticos e non lingüísticos presentes na situación de comunicación, así como a habilidade para recoñecer e extraer palabras e expresións coñecidas dun texto máis extenso, aínda que este non se comprenda na súa totalidade.

  • Participar comprensivamente en situacións de

comunicación (da vida da aula ou simuladas), respectando as normas básicas dos intercambios orais e empregando formas lingüísticas e non lingüísticas. Avalíase a capacidade de interaccionar en situacións comunicativas imprescindibles na vida diaria. Atenderase tamén á actitude con que participa nos intercambios: respectando convencións do proceso comunicativo como escoitar con atención e interese, mirar a quen fala, valorar as intervencións das outras persoas...

  • Memorizar e producir textos orais coñecidos previamente

e de interese para os nenos e as nenas mediante a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións e interaccións dirixidas. Avaliarase a capacidade de producir breves textos orais intelixibles pola súa adecuación fonética e do seu ritmo e entoación, así como a participación activa.

  • Comprender o significado global e algunhas informacións

específicas de textos sinxelos, en soporte papel e dixital, sobre temas diversos, motivadores e adaptados á competencia lingüística de nenos e de nenas. Con este criterio avalíase a capacidade de extraer información global e específica, con axuda de estratexias fundamentais de comprensión escrita, como usar elementos do contexto lingüístico e non lingüístico e transferir coñecementos das linguas que coñece o alumnado, así como a adquisición do léxico previamente traballado.

  • Producir mensaxes escritas significativas en que

aparezan enunciados e textos curtos a partir de modelos, cunha finalidade determinada e cun formato preestablecido, tanto en soporte papel como dixital. Este criterio intenta valorar a capacidade para escribir textos diversos como notas, instrucións ou normas, cartas, carteis, folletos, cómics ou descricións sinxelas con corrección ortográfica. Avaliarase a capacidade de utilizar o modelo ou guía para producir un texto con certo grao de autonomía, atenderase tamén ao interese pola presentación limpa e ordenada do texto.

  • Usar formas e estruturas propias da lingua

estranxeira en diferentes contextos comunicativos e motivadores de forma significativa. Trátase de comprobar que as nenas e os nenos recoñecen e reproducen de xeito comprensible aspectos sonoros, de ritmo, de acentuación e de entoación cando participan activamente escoitando, repetindo e anticipando expresións en actividades previas a dramatizacións, cancións...

  • Coñecer e empregar funcionalmente algunhas

estratexias para aprender a aprender e identificar algunhas características persoais que axudan a aprender mellor. Este criterio pretende avaliar se se identifican e usan estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a utilización de recursos visuais e xestuais, a petición de axuda e aclaracións, o uso cada vez máis autónomo de dicionarios visuais e bilingües e dalgúns medios tecnolóxicos básicos, a busca e recompilación de información sobre temas coñecidos en diferentes soportes... Avaliarase tamén a capacidade de ir valorando os progresos do alumnado e de poñer exemplos sobre estratexias que usa para aprender mellor, así como a adquisición de certa autonomía na utilización espontánea de formas e de estruturas sinxelas e cotiás.

  • Amosar curiosidade e interese por buscar información

a través de diferentes medios sobre a cultura que están a estudar as nenas e os nenos con diversas finalidades: exposición na aula no rexistro de aprendizaxe, inclusión no cartafol propio, achegas a un determinado traballo colectivo en rede, ou outros do seu interese. Valorarase a curiosidade por coñecer diferentes aspectos da vida e da cultura relacionadas coa lingua estranxeira, así como o interese por compartilos co resto da clase.

  • Respectar as diferenzas de todo tipo adoptando

unha actitude positiva ante culturas e opinións alleas. Trátase de comprobar que o alumnado vai coñecendo a realidade plural do mundo onde vive e que amosa unha actitude aberta e positiva cara ás diferenzas físicas, familiares, de horarios, de comidas, de tradicións, de festividades e de formas de relacionarse das persoas.

  • Amosar confianza e interese por transmitir algúns

aspectos da nosa cultura a outros nenos e outras nenas, empregando o idioma estranxeiro a través de formatos e linguaxes diversas e valorando positivamente o que podemos ofrecer. Trátase de comprobar que o alumnado é consciente da importancia da súa propia identidade e amosa conN º 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.731 fianza ao transmitir aspectos significativos desta na lingua estranxeira.

  • Producir mensaxes sinxelas propias a partir dun

contexto concreto utilizando a educación artística, as tecnoloxías da información e da comunicación... Búscase comprobar o grao de autonomía na creación das propias producións. Contidos. Terceiro ciclo. Bloque 1. Escoitar e falar.

  • Comprensión de mensaxes orais (instrucións,

peticións e explicacións) de progresiva complexidade para realizar tarefas dentro ou fóra da aula, emitidas polas persoas presentes ou a través de gravacións nos diferentes soportes.

  • Comprensión de mensaxes orais de progresiva

complexidade relacionadas cos intereses dos rapaces e das rapazas e cos seus sentimentos, desexos e gustos (entrevistas a persoas coñecidas; contos; lendas; sucesos; adiviñas; relato oral do que se está facendo, vendo ou escoitando; relato da vida diaria doutros nenos e doutras nenas da súa idade que viven de xeito diferente...), emitidas en soporte audiovisual e informático, para obter información global e específica.

  • Exploración das posibilidades expresivas de textos

orais a través da imitación, da recitación, da dramatización e da representación.

  • Participación en situacións reais de comunicación

ou simuladas empregando expresións cada vez máis complexas baseadas en modelos e en estruturas lingüísticas coñecidas (para falar da familia e doutras persoas, do tempo atmosférico, da roupa, dos libros, dos xogos, das películas...), con adecuación ao contexto, con progresiva autonomía e con reforzo de linguaxe non verbal.

  • Participación activa en situacións cotiás de comunicación

producidas dentro da aula (decidir sobre un asunto, facer peticións, organizar a actividade, traballar en equipo, pedir aclaracións ou axuda, expoñer un tema...), respectando e empregando as convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa que fala, usar adecuadamente das quendas de palabra, manter o contacto visual, amosar actitude positiva e adecuar a resposta á intervención.

  • Recoñecemento de estruturas para afirmar, negar,

cuantificar...

  • Sensibilidade ante a importancia da comunicación

oral en linguas estranxeiras.

  • Valoración do diálogo entre iguais como medio de

aprendizaxe compartida.

  • Emprego da lingua estranxeira como instrumento

para unha aprendizaxe integrada, coa finalidade de acadar novos coñecementos non puramente lingüísticos (taller de solidariedade, obradoiro de educación viaria, aprendizaxe e práctica dun novo deporte, dunha nova técnica artística...).

  • Afianzamento e confianza nas estratexias básicas

para apoiar a comprensión e a expresión oral: uso do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado á lingua estranxeira, así como solicitude de repeticións e de reformulacións para asegurar a comprensión.

  • Valoración positiva das intervencións orais propias

e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.

  • Interese por empregar a lingua estranxeira e por

aprender o seu uso en novas situacións de comunicación de progresiva complexidade, atendendo á corrección e á adecuación das expresións.

  • Interese pola pronuncia coidada, polo ritmo, pola

entoación e pola acentuación adecuadas, tanto nas participacións orais como nas imitacións, recitacións e dramatizacións.

  • Valoración das actividades realizadas fóra da aula

en que a lingua empregada sexa a lingua estranxeira (asistencia a unha obra de teatro, xantar con persoas doutros países, demostración dalgunha habilidade e explicación...)

  • Valoración das linguas como medio para comunicarse

e relacionarse con compañeiros e compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.

  • Actitude crítica ante as discriminacións amosadas

nas mensaxes procedentes dos diferentes medios de comunicación social, audiovisuais e multimedia.

  • Uso dos coñecementos en lingua estranxeira para

interpretar mensaxes presentes no propio medio. Presenza da lingua estranxeira en Galicia. Bloque 2. ler e escribir.

  • Asociación de grafía, pronunciación e significado

a partir de modelos escritos e de expresións orais coñecidas, así como consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes empregadas en situacións funcionais de comunicación.

  • Lectura e comprensión de diferentes mensaxes

significativas (entrevistas de personaxes de interese, bitácoras, instrucións dun novo xogo, mensaxes de correo, narración dun suceso...) en soporte papel e dixital, adaptadas á competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha tarefa ou proxecto ou para gozar da lectura.

  • Uso progresivamente autónomo de estratexias de

lectura (utilización dos elementos do contexto visual e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis 11.732 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 importante, deducindo o significado de palabras e de expresións non coñecidas e empregando dicionarios ou tradutores dixitais.

  • Exploración das posibilidades expresivas da lectura

de mensaxes en que a expresividade sexa ingrediente fundamental para a comprensión e para o gozo destas (breves obras de teatro, chistes, poemas, cancións, conversas da vida cotiá...)

  • Actitude crítica ante as mensaxes procedentes dos

medios de comunicación social e da internet e identificación de valores e de ideas subliminais que supoñan calquera tipo de discriminación ou manipulación.

  • Autonomía lectora e identificación e selección de

lecturas (contos, folletos, revistas e cómics en lingua estranxeira) na biblioteca da aula e na do centro.

  • Interese pola lectura autónoma de textos en lingua

estranxeira para obter información e para gozar con eles.

  • Lectura e escritura de textos propios de situacións

comunicativas habituais de relación social e dos medios de comunicación, así como de textos para aprender e para informarse.

  • Valoración da lingua estranxeira como instrumento

para comunicarse por escrito con rapaces e rapazas doutros lugares (chat e correo electrónico) e para aprender costumes e aspectos culturais propios dos países onde se fala a lingua estranxeira e doutros onde esta se estuda (manifestacións artísticas e musicais, danzas, festivais, paisaxe, climatoloxía, patrimonio histórico, comidas, deportes, xogos tradicionais e actividades de lecer...).

  • Produción de textos escritos sobre temas de interese

elaborados de forma cooperativa, seguindo as secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización e revisión), utilizando as tecnoloxías da información para a súa produción, e asegurando que o resultado se acade a través da negociación entre o grupo. Interese por compartir os textos producidos (exposición na aula ou no centro).

  • Interese polo coidado e a presentación dos textos

escritos propios e alleos valorando o seu sentido estético.

  • Composición de textos de creación propia asociados

a distintas situacións de comunicación, progresivamente máis extensos e ricos en léxico e en estruturas, seguindo as secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización - organización en parágrafos-, e revisión), con diversas intencións comunicativas (contar experiencias, sentimentos, preferencias, regular normas, informar de acontecementos, invitar a actuar con responsabilidade ecolóxica...).

  • Interese por empregar as TIC para producir textos

e presentacións coa finalidade de transmitirlles a outros rapaces e a outras rapazas aspectos relacionados coa nosa identidade cultural (adaptando ou creando poemas, lendas, cancións e describindo lugares do contorno, personaxes da nosa cultura, xogos e festas populares...). Bloque 3. Reflexión sobre a lingua e consciencia intercultural.

  • Autonomía no emprego dun cartafol propio,

manuscrito ou en soporte dixital, onde estarán incluídos unha selección dos mellores traballos, unha reflexión propia da mellor maneira de aprender, autoavaliacións, observacións, curiosidades, fotos, material real... relacionados coa lingua estranxeira.

  • Uso de estratexias como a repetición; a imitación;

a memorización; a asociación de palabras e de expresións con xestos, imaxes ou sons; a observación de modelos; a lectura de textos; a utilización de soportes multimedia e de dicionarios para a adquisición de novo léxico, formas e estruturas da lingua.

  • Interese por revisar e autocorrixir os textos, comparando

os procedementos lingüísticos máis frecuentes utilizados coa mesma finalidade nas distintas linguas.

  • Confianza na propia capacidade para aprender

unha lingua estranxeira, aceptando o erro como parte do proceso e valorando o traballo cooperativo como forma de acadar obxectivos de aprendizaxe individuais e colectivos.

  • Activación e reflexión dos coñecementos lingüísticos

desenvolvidos nas outras linguas para favorecer a comprensión das mensaxes escritas na lingua estranxeira (relacionar elementos do texto, prescindir de comprender o significado de palabras que non son esenciais, deducir o sentido de palabras e de estruturas).

  • Identificación dos propios problemas de comprensión

e progresiva superación destes a través de toma de notas en producións orais, da atención ao contexto, da repetición, da memorización...

  • Recoñecemento do uso e da funcionalidade dalgunhas

formas e estruturas básicas propias da lingua estranxeira previamente utilizadas.

  • Actitude receptiva cara ás persoas que falan outra

lingua e teñen culturas, hábitos, crenzas, opinións e formas de vida diferentes á propia. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Valorar a lingua estranxeira como instrumento

para comunicarse e para achegarse a rapaces e rapazas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos culturais diferentes e semellantes á identidade galega través de diferentes canles de comunicación. Con este criterio avaliarase a actitude positiva de respecto cara á aprendizaxe dunha nova cultura e o interese por descubrir semellanzas e diferenzas coa identidade propia. Valorarase tamén o esforzo por empregar a lingua estranxeira para establecer relacións persoais a través de correspondencia escolar Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.733 utilizando as novas tecnoloxías, tanto na interacción oral como na elaboración de comunicacións escritas.

  • Empregar a lingua estranxeira como instrumento

para a construción de novas aprendizaxes que non sexan puramente lingüísticas (obradoiro de solidariedade, de educación viaria, aprendizaxe e práctica dun xogo deportivo, dunha técnica artística...). Trátase de valorar a capacidade para empregar e identificar a lingua estranxeira non só como instrumento de comunicación e de convivencia, senón tamén como medio de acceso ao coñecemento.

  • Comprender o sentido global de mensaxes orais

significativas e identificar informacións específicas destas emitidas en diferentes situacións de comunicación, procedentes de distintas fontes e en diversos formatos. Avalíase con este criterio a capacidade de comprender mensaxes, informacións e conversas claras e sinxelas emitidas en diferentes contextos situacionais e mediante diversos formatos e fontes; mensaxes, informacións e conversas en que se utilicen as expresións e o vocabulario máis frecuente sobre o contorno persoal e familiar básico, os xogos, os deportes, os contidos abordados noutras áreas e outros temas actuais do interese do alumnado. Avaliarase tamén a utilización de estratexias para comprender os textos orais, tales como relacionar elementos do texto e do contexto, prescindir de comprender o significado de palabras que non son esenciais e deducir o sentido de vocábulos e de estruturas.

  • Manter conversas cotiás sobre temas de interese

coñecidos e traballados con anterioridade en situacións de comunicación funcionais, respectando as normas básicas dos intercambios, como esperar a quenda, escoitar e mirar a quen fala e interesarse polas intervencións alleas. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado é quen de comunicarse en situacións habituais sobre temas coñecidos e traballados previamente para expresar necesidades inmediatas como facer peticións, organizar a actividade, traballar en equipo, pedir aclaracións ou axuda. Avalíase a capacidade de utilizar expresións e enunciados para falar en termos sinxelos sobre a súa familia e outras persoas, sobre o tempo atmosférico, a roupa, os libros, os xogos e sobre contidos das diferentes áreas. Tamén se valorará a actitude coa que participa nos intercambios e se manifesta interese polas intervencións das demais persoas.

  • Localizar en mensaxes escritas en diversos formatos,

e relacionadas cos intereses dos rapaces e das rapazas, información explícita e realizar inferencias directas baseadas no contexto. Este criterio avalía a capacidade de ler e de identificar e entender información ou ideas relevantes explícitas en textos, máis complexos e extensos ca nos ciclos anteriores, que traten temas do interese do alumnado. Tamén se valora a habilidade para transcender o significado superficial e facer inferencias directas baseadas no texto e no contexto, así como para transferir coñecementos doutras linguas.

  • Compoñer mensaxes escritas significativas atendendo

ás persoas a quen van dirixidas, ao tipo de texto e á finalidade, tanto en soporte papel como dixital, e elaboradas de forma cooperativa. Avaliar a capacidade do alumnado de producir, a partir de modelos, textos curtos e diversos sobre temas relacionados cos seus intereses atendendo aos diferentes elementos da comunicación. Valorarase especialmente a atención prestada ás fases de produción do texto (planificación, xeración de ideas, textualización- organización en parágrafos e revisión) e a negociación no grupo para chegar ao resultado final.

  • Usar formas e estruturas básicas propias da lingua

estranxeira, incluíndo aspectos de ritmo, de acentuación, e de entoación en diferentes contextos comunicativos de forma significativa. Trátase de coñecer a capacidade de producir progresivamente, con maior corrección e intelixibilidade, aspectos fonéticos, de ritmo, de acentuación e de entoación da lingua estranxeira durante a participación activa en actividades diversas a partir de modelos.

  • Empregar algunhas estratexias para aprender a

aprender, como facer preguntas pertinentes para obter información, pedir aclaracións, utilizar dicionarios bilingües e monolingües, acompañar a comunicación con xestos, buscar, recompilar e organizar información en diferentes soportes, utilizar as TIC para contrastar e comprobar información e identificar algúns aspectos que axudan ao alumnado a aprender mellor. Este criterio pretende avaliar a utilización de estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe. Tamén se avaliará a capacidade de ir valorando os propios progresos e de identificar recursos e estratexias que lle axudan ao alumnado a aprender mellor.

  • Amosar comprensión, tolerancia e respecto cara

ás diferenzas de todo tipo, adoptando unha actitude positiva ante culturas e opinións alleas. Trátase de comprobar o coñecemento e a valoración do alumnado sobre a realidade plural do mundo onde vive e a súa actitude aberta e positiva cara ás diferenzas.

  • Aplicar estratexias que favorezan a creatividade

na produción de mensaxes próximas ao alumnado a partir dun contexto concreto e utilizando a educación artística, as tecnoloxías da comunicación e da información... Preténdese avaliar a capacidade dos nenos e das nenas de crear as súas propias mensaxes comunicativas, tomando como exemplo modelos actuais dos diferentes medios e empregando as diversas linguaxes que posibilitan a comunicación: verbal, non verbal, artística, audiovisual e informática. 11.734 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007

  • Recoñecer, identificar e valorar algúns aspectos

socioculturais do país ou países onde se fala a lingua estudada, identificando semellanzas e diferenzas coa nosa realidade. Demostrar curiosidade e interese por buscar información a través de diferentes medios Preténdese comprobar se o alumnado coñece, identifica e localiza algúns aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira e se é quen de establecer comparacións construtivas coa cultura propia, avanzando nunha conciencia intercultural.

  • Amosar confianza e interese por transmitir diferentes

aspectos da propia cultura a outros nenos e nenas empregando o idioma estranxeiro oralmente e por escrito e valorando positivamente o que desde a nosa cultura podemos ofrecer. Trátase de que o alumnado sexa consciente da importancia da súa propia identidade e de que amose confianza ao transmitir aspectos significativos desta.

Área de matemáticas[editar]

Introdución. Características da área. As matemáticas son unha fonte importante do desenvolvemento intelectual. Son un conxunto de ideas e de formas de actuar que inclúe non só usar cantidades e formas xeométricas, senón tamén facerse preguntas, obter modelos e identificar relacións e estruturas, de maneira que, ao analizar os fenómenos e situacións que se presentan na realidade, se poden obter informacións e conclusións que nun comezo non estaban explícitas. Razoar en matemáticas consiste en establecer relacións, combinalas e crear novos conceptos. A comunicación, coa axuda da linguaxe matemática, persegue un dobre obxectivo: a apropiación dunha terminoloxía específica da área e a expresión de información precisa e completa sobre o contorno. As matemáticas permiten estruturar o coñecemento que se ten da realidade, analizala e acadar unha información nova para comprendela mellor, valorala e tomar decisións. Entendidas así, as matemáticas incorporan ás características tradicionais relacionadas coa dedución, coa precisión, co rigor e coa seguridade as de indución, estimación, aproximación e probabilidade, que mellorarán a capacidade de enfrontarse a situacións abertas, sen solución única, e pechadas. O seu coñecemento constitúe tamén un elemento fundamental para a inserción na sociedade. Os seus descubrimentos son numerosos e diversificados e contribuíron ao desenvolvemento arquitectónico, informático e tecnolóxico, por poñer algúns exemplos, ademais de permitir ter maior precisión na medición do tempo, na fabricación de obxectos e na organización do espazo. Na sociedade actual é imprescindible manexar conceptos matemáticos relacionados coa vida cotiá, no ámbito do consumo, da economía privada e en moitas situacións da vida social. Apréndese matemáticas tamén porque son útiles en varios ámbitos: a medida que o alumnado progresa ao longo dos ciclos da escolaridade obrigatoria son necesarias para o coñecemento tanto das ciencias naturais como das sociais. En canto á linguaxe específica con características propias, a súa aprendizaxe mellorará a elaboración e comunicación de diferentes coñecementos. As matemáticas deben desempeñar varios papeis equilibrados ao longo das etapas: un papel formativo básico de capacidades intelectuais, un papel aplicado e funcional en tanto se relacionan coa vida cotiá e un papel instrumental en canto formalizadoras de coñecementos doutras áreas. As matemáticas forman parte do patrimonio cultural dos pobos. A historia ensínanos que as matemáticas constitúen unha área en continua expansión que naceu da necesidade de dar solución a unha serie de problemas prácticos e unha ferramenta para resolver problemas da vida cotiá como o cómputo de pertenzas, o comercio, o calendario, as medicións de terras... Cada pobo, cada cultura, atopou solucións persoais e exclusivas para cada problema e creou sistemas de representación propios. A área de matemáticas estrutúrase ao redor de tres bloques: O bloque 1 Espazos e formas, recolle os aspectos fundamentais da xeometría. Preténdese que o alumnado describa, analice propiedades, clasifique e razoe, e non só que defina. Requírese pensar e facer, construír, debuxar, clasificar con diversos criterios, modelizar, medir, comparar... Todo o ámbito manipulativo ten enorme importancia ao tratar os contidos deste bloque e tamén o uso de programas informáticos que poidan facilitar algúns ou varios destes requirimentos. Espazo e forma fan referencia a relacións espaciais e xeométricas, e require este bloque observar similitudes e diferenzas, analizar os compoñentes das formas e recoñecer formas en diferentes representacións e dimensións, así como entender as propiedades dos obxectos e as súas posicións no espazo. O bloque 2 Cantidades, pretende esencialmente o traballo coas cantidades nas diferentes vertentes en que estas aparecen: o número e o dominio reflexivo das relacións numéricas nos diferentes contextos. O bloque 3 Tratamento da información e azar, fai fincapé na iniciación ao uso crítico da información recibida por diferentes medios e sobre todo na comprensión das informacións dos medios de comunicación. O alumnado, cando se incorpora á educación primaria, chega cunha enorme bagaxe de experiencias matemáticas, xeralmente intuitivas, relacionadas con diversos aspectos da área (por exemplo, coas cantidades: números, medidas de tempo, sistema monetario, accións de engadir e quitar, cos espazos, coas formas, coa importancia que lles atribúen as persoas do contorno próximo...). Esas experiencias foron construídas en interacción co seu contorno e coas persoas próximas que as utilizan decote. Nº 132 � Luns, 9 de xullo de 2007 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 11.735 O achegamento aos contidos matemáticos debe apoiarse en actividades reais e na manipulación de obxectos concretos e familiares para poder ir avanzando progresivamente cara á formalización. O paso desde o intuitivo ata un sistema de destrezas, de actitudes e de coñecementos matemáticos coherente e articulado debe ser progresivo e non finaliza na educación primaria. A escola debe establecer pontes entre os coñecementos extraescolares e os escolares, entre os asistemáticos e os sistemáticos, entre os espontáneos e os intuitivos e os ligados a formas de representación máis simbólica propia das matemáticas. Cómpre, non obstante, abandonar a idea de construción lineal do coñecemento, pois a integración dos novos coñecementos é un proceso moito máis complexo que esas vellas propostas (do simple ao complexo) e, xeralmente, require de múltiples situacións, tempo para resolvelas e reiteradas oportunidades para reflexionar sobre o aprendido e poñelo en xogo. A aprendizaxe significativa das matemáticas debe partir das concepcións previas do alumnado. A modificación deses esquemas previos só será posible despois de pasar por unha situación de conflito cognitivo (en que a contradición e a rotura do equilibrio inicial dos esquemas cognitivos do alumnado vai permitir a busca de coñecementos alternativos). Hai que propor situacións didácticas contextualizadas no próximo e familiar en que se consideren as súas experiencias matemáticas previas como punto de partida para planificar novas aprendizaxes. A integración de novas aprendizaxes require múltiples e variadas situacións, tempo e oportunidades para que as nenas e os nenos poñan en xogo accións como comparar, establecer relacións, transformar, describir, interpretar, analizar, anticipar resultados, ensaiar procesos ou descubrir regras e pautas. Obxectivos.

  • Apreciar o papel das matemáticas na vida cotiá,

gozar co seu uso e recoñecer o valor de actitudes como a exploración de distintas alternativas, a conveniencia da precisión ou a perseveranza na busca de solucións.

  • Recoñecer situacións do medio habitual do alumnado

que requiran, para a súa comprensión ou tratamento, de operacións elementais de cálculo; formulalas mediante formas sinxelas de expresión matemática ou resolvelas empregando os algoritmos correspondentes; valorar o sentido dos resultados, a presentación ordenada e clara e a explicación oral e por escrito dos procesos seguidos.

  • Empregar o coñecemento matemático para comprender,

valorar e producir informacións e mensaxes sobre feitos e situacións da vida cotiá e recoñecer o seu carácter instrumental para outros campos de coñecemento.

  • Coñecer, valorar e adquirir seguridade nas propias

habilidades matemáticas para afrontar situacións diversas que permitan gozar dos aspectos creativos, estéticos ou utilitarios e confiar nas súas posibilidades de uso.

  • Empregar e elaborar instrumentos e estratexias

persoais de cálculo mental e de medida, así como procedementos de orientación espacial, en contextos de resolución de problemas, decidindo, en cada caso, as vantaxes do seu uso e valorando a coherencia dos resultados.

  • Utilizar de forma axeitada as tecnoloxías da información

e da comunicación, a biblioteca e calquera outro recurso pertinente do que se dispoña, tanto no cálculo como na busca, tratamento e representación de informacións diversas.

  • Identificar formas xeométricas do contorno natural

e cultural, empregando o coñecemento dos seus elementos e propiedades para describir a realidade e desenvolver novas posibilidades de acción.

  • Empregar técnicas elementais de recollida de datos

para obter información sobre fenómenos e situacións do contorno do alumnado; representala de xeito gráfico e numérico e formarse un xuízo sobre ela mesma. Contidos. Primeiro ciclo. Bloque 1. Espazos e formas.

  • Interpretación de mensaxes que conteñan informacións

sobre relacións espaciais contrastando significados con compañeiras e compañeiros.

  • Utilización do vocabulario topolóxico elemental

(esquerda-dereita, diante-detrás, arriba-abaixo, preto- lonxe, próximo-afastado...) para describir relacións de situación dos obxectos do espazo próximo.

  • Descrición de posicións e de movementos, en

relación a si mesmo, a si mesma e a outros puntos de referencia.

  • Interpretación e descrición verbal de planos de

itinerarios e elaboración elemental e non convencional destes, unha vez vivenciados.

  • Recoñecemento de aspectos xeométricos básicos

(liñas, puntos, rectángulos, cadrados, triángulos, círculos, esferas e cubos) no contorno inmediato. Interpretación e emisión de informacións sobre espazos e sobre obxectos familiares, usando vocabulario xeométrico sobre estes aspectos.

  • Construción de figuras xeométricas sinxelas, previa

análise e recoñecemento das súas características, recorrendo a materiais manipulables.

  • Experimentación lúdica con formas xeométricas

para buscar elementos de regularidade, identificar, comparar, clasificar e descubrir as súas propiedades.

  • Experimentación a partir de composición e descomposición

de figuras planas e de corpos xeométricos para formar outros.

  • Resolución de problemas xeométricos explicando

oralmente e por escrito o significado dos datos, a situación planificada, o proceso seguido e as solucións obtidas.

  • Curiosidade pola exploración de materiais e de

obxectos diversos coa finalidade de descubrir as formas e os seus elementos.

  • Confianza nas propias posibilidades e valoración

positiva das contribucións alleas.

  • Interese e constancia na busca de solucións a problemas

variados da vida cotiá. Bloque 2. Cantidades.

  • Recoñecemento dos usos dos números para solucionar

problemas en contextos próximos (contar, medir, ordenar, nomear...).

  • Reconto, comparación, ordenación e expresión de

cantidades en situacións da vida cotiá.

  • Representación, lectura, escritura e descomposición

de números amosando coñecemento da grafía, do nome e do valor.

  • Recoñecemento e utilización dos números ordinais

para resolver problemas da vida diaria.

  • Comparación de números en contextos familiares

e expresión de relacións entre eles (maior ca, menor ca, diferente a, igual ca...) usando a simboloxía adecuada. Situación dos números na recta numérica.

  • Manipulación dos números para atopar intuitivamente

as súas propiedades e regularidades. Ensaio de estratexias para contar rapidamente.

  • Disposición para utilizar os números, así como as

súas relacións e operacións, para obter e expresar información, para a interpretación de mensaxes e para resolver problemas en situacións reais.

  • Resolución de problemas da vida cotiá que impliquen

a aplicación de sumas e de restas e a utilización de estratexias procesuais adecuadas (interpretación da situación problemática, confrontación de puntos de vista, determinación de datos útiles, selección da operación axeitada, emprego do algoritmo correspondente, verificación do resultado, expresión ordenada do resultado, explicitación do proceso de resolución).

  • Confianza nas propias posibilidades e curiosidade,

interese e perseveranza na busca de solucións.

  • Uso do erro como mecanismo de mellora.
  • Formulación de problemas variados da vida cotiá.
  • Emprego da suma para xuntar ou engadir e da resta

para separar ou quitar en situacións familiares. Recoñecemento do significado de cada operación.

  • Utilización de procedementos diversos e de estratexias

persoais (de estimación de resultados, de aplicación intuitiva das propiedades das operacións e de cálculo mental) para realizar, en situacións cotiás, sumas e restas. Explicación oral dos razoamentos e das estratexias desenvolvidas.

  • Cálculo de sumas e de restas, escollendo o método

máis adecuado (mentalmente, con algoritmos, coa calculadora, co ordenador...), segundo o caso.

  • Desenvolvemento de estratexias persoais de cálculo

mental para a busca do complemento dun número á decena inmediatamente superior e para resolver problemas de sumas e de restas.

  • Cálculo aproximado. Estimación e redondeo do

resultado dun cálculo ata a decena máis próxima escollendo entre varias solucións e valorando as respostas razoables.

  • Familiarización co uso da calculadora para a xeración

de series, composición e descomposición de números e comprobación dos resultados das operacións de suma e de resta.

  • Aplicación da multiplicación a contextos cotiáns

en que a operación signifique suma de sumandos repetidos.

  • Construción das táboas de multiplicar do 2, do 5

e do 10 apoiándose en número de veces, suma repetida, disposición en cuadrículas...

  • Interese pola presentación ordenada e limpa dos

cálculos e dos seus resultados.

  • Utilización de obxectos e de instrumentos do contexto

cotián do alumnado para medir obxectos, espazos e tempos, e para resolver problemas relacionados con tarefas habituais da aula ou con situacións familiares.

  • Comparación de obxectos segundo lonxitude, peso

ou capacidade, de xeito directo ou indirecto.

  • Medición con instrumentos e estratexias non convencionais

(palmo, pé, brazas, paso, baldosas, culleradas, vasos, cuncas, mancheas, chiscos...).

  • Experimentación con unidades non convencionais

para comparar valores, atopar equivalencias...

  • Utilización de unidades usuais (quilogramo, litro,

metro e centímetro, día, semana, mes) e instrumentos convencionais para medir en situacións cotiás.

  • Introdución á medida do tempo co uso do reloxo

(as horas en punto, as medias).

  • Resolución de problemas de medida con selección

do «instrumento» adecuado, con estimación de resultados de medidas (distancias, tamaños, pesos, capacidades...) en contextos familiares, coa explicación oral do proceso seguido e da estratexia empregada na medición. Expresión do resultado da medida indicando o número e a unidade utilizada.

  • Resolución de problemas sinxelos da vida cotiá do

alumnado en que haxa que manexar prezos de obxectos. Identificación das distintas moedas e billetes que se corresponderían con eses prezos.

  • Curiosidade por coñecer e empregar a medida

dalgúns obxectos e tempos familiares e interese pola interpretación de mensaxes que conteñan informacións sobre medidas.

  • Coidado na realización de medidas.

Bloque 3. Tratamento da información e azar.

  • Lectura e interpretación de información matemática

rexistrada nunha gráfica sinxela (convencional ou non convencional) relativa a fenómenos próximos.

  • Utilización de técnicas elementais para a recollida

e ordenación de datos de contextos familiares e próximos.

  • Representación e organización guiada de datos

relacionados coa vida cotiá mediante gráficos sinxelos (representación non convencional, liñas temporais, pictogramas...).

  • Resolución de problemas do contexto cotián en

que interveñan a lectura de gráficas elementais, as descricións orais, o contraste de opinións, a planificación do proceso de resolución, a comparación de procesos e a resolución e valoración de resultados.

  • Distinción entre seguro, posible e imposible, partindo

da experiencia diaria e incorporando este vocabulario á súa linguaxe habitual.

  • Participación e colaboración activa no traballo en

equipo e na aprendizaxe organizada a partir da investigación sobre situacións reais. Respecto polo traballo e polas estratexias das outras persoas. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Formular problemas sinxelos en que se precise

contar, ler, ordenar e escribir números ata o 999. Interpretar a función que teñen os números cando aparecen nun contexto real e usalos de acordo coas súas características. Preténdese comprobar con este criterio a capacidade de aplicar a situacións variadas os coñecementos adquiridos sobre o uso dos números (expresar cantidades, identificar datas, indicar medidas, sinalar intervalos...). Avaliarase a capacidade de emitir e de interpretar informacións en situacións cotiás empregando os números. Así mesmo, valorarase o dominio do alumnado sobre o valor de posición que teñen os números e a asociación entre escritura cifrada e o seu nome e viceversa. En resumo, trátase de comprobar se as nenas e os nenos manexan os números en situacións da vida cotiá, operan con eles e interpretan o seu valor.

  • Comparar cantidades pequenas (de obxectos, feitos

ou situacións familiares), interpretando e expresando os resultados da comparación e redondeando, se a situación o require, ata a decena máis próxima. Trátase de avaliar a capacidade para comparar, relacionar... cantidades, buscando, segundo a situación, un resultado exacto ou aproximado. Valorarase a habilidade para estimar cantidades pequenas, expresándoas oralmente ou mediante escritura cifrada, como paso previo á acción de contar e á determinación do número exacto. Tamén se valorará a capacidade de contrastar o resultado exacto co valor estimado previamente. Comprobarase, así mesmo, se as nenas e os nenos son quen de efectuar redondeo, no resultado da apreciación, ata a decena máis próxima.

  • Resolver problemas relativos á vida cotiá en que

sexa pertinente aplicar operacións de suma e de resta, empregando os algoritmos básicos correspondentes ou outros procedementos de resolución e explicando oralmente o proceso seguido. Compróbase a capacidade do alumnado de interpretar unha situación problemática, de confrontar puntos de vista, de determinar os datos útiles, de seleccionar a operación axeitada, de aplicala, de elaborar unha solución, de verificar os resultados obtidos, de expresar de forma ordenada e clara os datos (tanto para detectar erros como para explicar o razoamento seguido) e de expresar oralmente o proceso de resolución usando linguaxe matemática elemental propia do ciclo. Tamén se observará a capacidade de empregar máis dun procedemento e a actitude de perseveranza na busca de solucións.

  • Utilizar procedementos diversos e estratexias persoais

para realizar, en situacións cotiás e funcionais, cálculos numéricos básicos coas operacións de suma e de resta. Avaliarase a capacidade para poñer en marcha procesos persoais para resolver en contextos familiares sumas e restas en cálculo mental e escrito: indicando coñecemento do significado básico das operacións, usando estratexias para facer estimacións sobre os resultados, escollendo cal é o método máis conveniente para facer un cálculo concreto (mentalmente, con algoritmos, con calculadora...), desenvolvendo estratexias propias de cálculo mental, usando a calculadora para comprobacións. Valorarase a aplicación intuitiva das propiedades das operacións e a capacidade de explicar oralmente os razoamentos e estratexias desenvolvidos.

  • Aplicar a multiplicación a contextos cotiáns en que

a operación signifique suma de sumandos repetidos. Este criterio trata de avaliar a capacidade para utilizar a nivel introdutorio a multiplicación como operación equivalente á suma de varios sumandos iguais en situacións cotiás e funcionais de resolución.

  • Utilizar obxectos, instrumentos... do contexto

habitual do alumnado para medir obxectos, espazos e tempos coa finalidade de resolver problemas relacionados con tarefas habituais da aula ou con situacións cotiás. Preténdese valorar a habilidade para resolver problemas cotiáns: facer unha receita, construír unha figura, deseñar e construír un circuíto... que precisen da medida de obxectos, de espazos e de tempos empregando unidades de medida non convencionais (palmo, pé, brazas, paso, baldosas, culleradas, vasos, cuncas, manchea, chiscos...) e convencionais (quilogramo, litro, metro e centímetro, día, semana, mes); escollendo os diversos « instrumentos» en función do que cumpra medir e deseñando algún instrumento non convencional de medida se for necesario; estimando o resultado da medida; explicando oralmente o proceso de medición; expresando o resultado da medida mediante indicación do número e da unidade utilizada e observando intuitivamente algunhas equivalencias entre as medidas non convencionais.

  • Describir e representar dun xeito elemental a

situación dun obxecto do espazo próximo, un desprazamento en relación a si mesma ou a si mesmo e a situación do propio alumnado en relación a obxectos e ás demais persoas da clase usando vocabulario topolóxico elemental. Trátase de avaliar se o alumnado ten a capacidade de interpretar e usar conceptos como esquerda-dereita, diante-detrás, arriba-abaixo, preto-lonxe, próximoafastado, dentro-fóra, enriba-debaixo, dirección ou distancia en tarefas de orientación e de representación espacial variadas. Valorarase a habilidade para orientarse no espazo próximo e para describir itinerarios sinxelos con relación a obxectos, ás demais persoas e a si mesmo.

  • Utilizar o coñecemento das formas rectangulares,

triangulares, circulares, cadradas, esféricas e cúbicas para describir e resolver situacións cotiás que as requiran. Este criterio tenta valorar a capacidade de recoñecer no contorno inmediato (construcións, natureza, arte...) as formas xeométricas elementais e a de interpretar e emitir informacións orais ou escritas sobre espazos familiares, obxectos... usando termos xeométricos propios do ciclo. Así mesmo, preténdese constatar a habilidade de construír formas de dúas dimensións para deseñar aspectos da realidade e a de experimentar ludicamente con elas coa finalidade de descubrir intuitivamente propiedades e características delas.

  • Resolver e formular problemas en que interveña a

lectura de gráficas sinxelas de situacións familiares, interpretándoas a nivel básico. Trátase de comprobar que o alumnado é quen de comprender a información matemática rexistrada nunha gráfica (non convencional, pictográfica, liñas temporais ou de barras) e de utilizar esa información na resolución e formulación de problemas relacionados co contexto cotián. Así mesmo, observarase a habilidade guiada de representar datos da vida cotiá mediante gráficos sinxelos.

  • Diferenciar situacións da vida cotiá en función de

que sexan ou non previsibles os resultados. Manexar termos relacionados co azar como seguro, posible e imposible. Avaliarase se o alumnado utiliza os termos seguro, posible e imposible cando analiza acontecementos da vida cotiá. Téntase verificar se o alumnado, partindo da súa experiencia diaria, comeza a decatarse de que hai sucesos imposibles, sucesos que se producen con seguridade e sucesos que poden suceder. Contidos. Segundo ciclo. Bloque 1. Espazos e formas.

  • Interpretación e elaboración de mensaxes que

conteñan informacións sobre relacións espaciais.

  • Descrición de posicións e de movementos en relación

a unha mesma ou a un mesmo e a outros puntos de referencia.

  • Descrición de itinerarios empregando unha linguaxe

matemática o máis correcta posible coa incorporación de conceptos como rectas, curvas, paralelas e intersección de rectas.

  • Recoñecemento de simetrías e de translacións en

manifestacións e expresións artísticas.

  • Interpretación, descrición e elaboración de planos

de itinerarios, en maquetas e en bosquexos de contornos próximos.

  • Identificación de figuras planas e de corpos xeométricos

(cubos, esferas, prismas, pirámides e cilindros) en obxectos e en espazos cotiáns. Descrición da súa forma, utilizando o vocabulario xeométrico básico (lados, arestas, caras, ángulos e vértices, segundo corresponda).

  • Manipulación e experimentación con figuras e con

corpos xeométricos para buscar elementos de regularidade neles, identificar as súas propiedades, comparalas e clasificalas con criterios elementais, formar figuras planas e corpos xeométricos a partir doutras por composición e descomposición.

  • Resolución de problemas xeométricos interpretando

o enunciado, recoñecendo os datos, identificando a información útil, planificando o proceso, poñéndoo en práctica e verbalizando para detectar erros e poder rectificar.

  • Interese pola elaboración e presentación coidadosa

das construcións xeométricas.

  • Confianza nas propias posibilidades; curiosidade,

interese e constancia para empregar as construcións xeométricas, os obxectos e as relacións espaciais.

  • Participación activa e responsable no traballo en

equipo. Gusto por compartir os procesos de resolución e os resultados obtidos.

Bloque 2. Cantidades.

  • Busca e contraste de información relativa a aspectos

matemáticos variados (como o número ou a medida ao longo da historia e en diferentes culturas, os conceptos traballados na aula...), utilizando diversas fontes: libros, a internet, persoas expertas...

  • Identificación do papel das matemáticas na vida

cotiá e da necesidade de usalas en múltiples contextos escolares e familiares.

  • Uso dos números en situacións variadas e familiares

para solucionar problemas relacionados con cantidades recoñecendo o valor de posición das cifras.

  • Lectura, escritura, ordenación, comparación

(usando termos como maior ca, menor ca, diferente de, igual a, aproximadamente igual, maior ca e menor ca...), seriación, descomposición e representación na recta numérica de diversos números.

  • Expresión de particións e de relacións en contextos

familiares coa utilización de números fraccionarios comparándoos mediante a ordenación e a súa representación gráfica.

  • Confianza nas propias posibilidades e perseveranza

para utilizar os números, as súas relacións e as operacións na obtención e expresión de informacións, manifestando iniciativa persoal nos procesos de resolución de problemas da vida cotiá.

  • Resolución de problemas sinxelos da vida cotiá:

interpretando o enunciado, recoñecendo os datos, atopando a información relevante, planificando o proceso, elaborando hipóteses sobre o resultado, empregando estratexias persoais de resolución e as operacións numéricas (suma, resta, multiplicación e división por unha cifra) que cumpran, comprobando as solucións e verbalizando o proceso.

  • Formulación de problemas relacionados coa vida

cotiá que precisen da aplicación de coñecementos numéricos e de operacionais para resolvelos.

  • Valoración do contraste coas compañeiras e compañeiros,

tanto do resultado final como das estratexias e procesos seguidos para chegar a el.

  • Interpretación do erro como incentivo de mellora.
  • Valoración da constancia na realización do traballo

operacional e do feito de non desanimarse ante as dificultades.

  • Utilización en contextos familiares, para resolver

situacións problemáticas, de: a suma como incremento; a resta como diminución, comparación e complemento; a multiplicación como suma abreviada, repetición e operador multiplicativo e a división como repartición e agrupación.

  • Interese para a utilización dos números e do cálculo

numérico na resolución de problemas en situacións reais.

  • Descomposición aditiva e multiplicativa dos

números. Construción (empregando diferentes estratexias) e memorización das táboas de multiplicar.

  • Realización de cálculos con números naturais

indicando o coñecemento do significado das operacións, realizando estimacións sobre os resultados e valorando se a resposta é razoable, seleccionando o método máis conveniente para facer o cálculo (mentalmente, con algoritmos, con calculadora, con ordenador) e explicando as estratexias utilizadas.

  • Interese pola presentación limpa, ordenada e clara

dos cálculos e dos seus resultados.

  • Mellora progresiva da seguridade, autonomía e

iniciativa persoal nas aprendizaxes numéricas e algorítmicas.

  • Realización de medicións para resolver problemas

en contextos reais empregando unidades de medida convencionais (múltiplos e submúltiplos máis usuais), elixindo e usando adecuadamente os instrumentos, seleccionando as unidades axeitadas, usando estratexias persoais para medir e estimar, controlando e verbalizando o proceso de medida, contrastando resultados e expresándoos correctamente manifestando as unidades utilizadas.

  • Comparación, establecemento de equivalencias

funcionais e ordenación de unidades e de cantidades dunha mesma magnitude (tanto de lonxitude, de peso, de capacidade e de tempo como das derivadas do sistema monetario).

  • Confianza nas propias posibilidades e interese por

compartir coas demais persoas os procesos que utilizan a medida para obter e expresar informacións e para resolver problemas en situacións reais.

  • Interese pola presentación limpa e ordenada do

proceso e pola expresión de medidas.

  • Valorar a importancia de dispoñer dun sistema

convencional de medidas. Bloque 3. Tratamento da información e azar.

  • Resolución e formulación de problemas en que se

precise a interpretación de gráficas sinxelas (diagrama de barras e pictogramas) e de táboas de datos.

  • Recollida e rexistro de datos (táboas de dobre

entrada e gráficas) sobre obxectos, fenómenos e situacións familiares utilizando técnicas elementais de enquisas, de observación e de medición.

  • Lectura, descrición e interpretación de táboas de

dobre entrada e de gráficos de uso habitual na vida cotiá con propósitos funcionais.

  • Interese pola elaboración e pola presentación de

gráficos e de táboas de forma ordenada e clara.

  • Confianza nas propias posibilidades, curiosidade,

interese e constancia na interpretación de datos presentados de forma gráfica.

  • Utilización de expresións como posible, imposible,

máis ou menos probable, seguro na valoración de resultados de experiencias lúdicas e cotiás en que intervén o azar.

  • Colaboración activa no traballo de grupo respectando

o traballo, os procesos e as estratexias das outras persoas.

  • Valoración do uso das novas tecnoloxías nos ámbitos

gráficos en que son precisas. Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Aplicar a situacións variadas e familiares os coñecementos

adquiridos sobre o uso dos números de ata seis cifras e resolver problemas sinxelos en que se precise lelos, escribilos, ordenalos, comparalos, representalos, serialos, descompoñelos... interpretando o valor de cada unha das súas cifras. Avaliarase a habilidade de usar os números en contextos cotiáns para resolver problemas interpretando o valor posicional das cifras. Verificarase a capacidade de comparar cantidades: interpretando e expresando os resultados da comparación, exactos ou por tenteo, segundo a situación; amosando coñecemento da simboloxía das relacións numéricas (maior ca, menor ca, diferente de, igual a, aproximadamente igual); situando na recta numérica. Así mesmo, valorarase a predisposición para explorar regularidades nos números.

  • Resolver problemas diversos relacionados co contorno

que exixan certa planificación, control procesual e actitude favorable, aplicando unha ou dúas operacións numéricas, contidos básicos de xeometría ou tratamento da información e usando estratexias persoais de resolución. Téntase avaliar a capacidade de resolver problemas variados: interpretando o enunciado e decatándose de ata onde comprende; recoñecendo os datos, tanto cifrados directamente como os dados en gráficas; diferenciando a información útil da superflua; imaxinando o camiño mental que leve á solución a modo de planificación do que se realizará; elaborando hipóteses sobre o resultado; empregando estratexias persoais de resolución; recoñecendo as funcións das diferentes operacións; realizando as operacións por escrito ou con axuda da calculadora en función dos cálculos que cumpra realizar; comprobando as solucións; verbalizando o proceso seguido e expresando claramente o resultado; rectificando a solución segundo os resultados obtidos e os contrastes realizados co resto do grupo de alumnas e alumnos; aceptando a necesidade de rectificar a partir do erro; amosando actitude de perseveranza na busca de solucións. Tamén se valorará a capacidade de formular problemas relacionados coa vida cotiá a partir de modelos.

  • Realizar cálculos con números naturais, utilizando

o coñecemento do sistema de numeración decimal, o procedemento máis axeitado, os recursos máis convenientes e as propiedades das operacións (suma, resta, multiplicación e división por unha cifra), en situacións cotiás e funcionais de resolución de problemas. Avaliarase a capacidade para poñer en marcha procesos persoais para resolver, en contextos familiares, sumas, restas, multiplicacións e divisións en cálculo mental e escrito: indicando coñecemento do significado básico das operacións; realizando estimacións sobre os resultados e valorando se a resposta é razoable; seleccionando o método máis conveniente para facer un cálculo concreto (mentalmente, mediante algoritmos, con calculadora, con ordenador...) en función da complexidade deste; desenvolvendo e utilizando con axilidade estratexias persoais de cálculo mental; usando a calculadora para comprobacións; considerando o erro como un estímulo para novos cálculos e explicando as estratexias aplicadas. Valorarase a aplicación intuitiva das propiedades das operacións e a capacidade de explicar oralmente os razoamentos desenvolvidos.

  • Realizar medicións e estimacións (para resolver

problemas relacionados cos contextos próximos e reais) escollendo, entre as unidades (lonxitude, capacidade, peso, tempo e as derivadas do sistema monetario) e instrumentos de medida usuais, os que mellor se axusten ao que se vaia medir. Trátase de valorar a capacidade de medir para resolver problemas de contextos próximos (construír figuras planas, calcular itinerarios, confrontar capacidades, calcular intervalos, facer orzamentos, facer horarios...) empregando medidas convencionais (múltiplos e submúltiplos máis usuais); elixindo o instrumento axeitado para efectuar medicións ou construíndo o instrumento sinxelo que se precisa; seleccionando a unidade de medida máis adecuada; elaborando e utilizando estratexias persoais de estimación e facendo estimacións máis ou menos razoables; empregando adecuadamente o instrumento; controlando o proceso de medida; usando, en situacións cotiás, as conversións dunhas noutras; expresando os resultados na unidade adecuada; contrastando resultados da medición; comprendendo funcionalmente que a medida é unha aproximación e que a unidade escollida afecta a precisión; explicando oralmente ou por escrito o proceso e razoamento seguido.

  • Obter información puntual dunha representación

espacial (bosquexo dun itinerario, plano dunha pista, maqueta do patio...), describila e representala sinxelamente tomando como referencia obxectos familiares coa finalidade de resolver problemas elementais do contorno próximo. Utilizar as nocións básicas de movementos xeométricos para describir e comprender situacións da vida cotiá e para valorar expresións artísticas. Este criterio pretende avaliar a capacidade de interpretar e de expresar información concreta contida nun bosquexo, maqueta ou plano e para resolver problemas sinxelos, empregando unha linguaxe matemática o máis correcta posible. Valorarase a habilidade do alumnado para describir unha representación espacial familiar de obxectos e de contextos próximos utilizando o vocabulario e as relacións xeométricas (aliñamento, paralelismo, perpendicularidade). Quérese apreciar, ademais, a habilidade para emitir e recibir informacións sobre obxectos referidas a posicións e movementos no plano, e a de recoñecer e reproducir manifestacións artísticas que inclúan simetrías e translacións.

  • Usar o coñecemento das formas e corpos xeométricos

do espazo (polígonos, círculos, cubos, prismas, cilindros, esferas) para describir e resolver problemas do contexto próximo. Valórase a capacidade de: recoñecer as formas xeométricas; analizar as súas propiedades; comparar e clasificar figuras e corpos atendendo a diversos criterios (formais e persoais), compartíndoos co resto das compañeiras e dos compañeiros; construílas; experimentar para transformalas, coa finalidade última de describir usando vocabulario xeométrico básico; razoar e resolver problemas relacionados co contexto próximo.

  • Resolver e formular problemas en que interveña a

lectura de gráficas e de táboas de datos sobre situacións cotiás. Resolver problemas en que se precise: recoller datos sobre feitos e sobre obxectos da vida cotiá usando técnicas sinxelas de reconto, ordenar estes datos atendendo a un criterio de clasificación e expresar o resultado en forma de táboa ou de gráfica. Trátase de valorar se o alumnado describe e interpreta a información matemática contida en táboas de datos e en gráficas sinxelas (diagrama de barras, pictogramas...) e utiliza esa información na resolución e na formulación de problemas do seu contorno habitual. Así mesmo, é motivo de avaliación a capacidade de resolución de problemas en que cumpra realizar: unha observación de fenómenos da vida cotiá; unha efectiva recollida e reconto de datos; unha análise e ordenación deses datos atendendo a criterios variados; unha representación do resultado utilizando os gráficos estatísticos máis adecuados á situación, acompañándoos da lenda oportuna.

  • Empregar en situacións da vida cotiá e en xogos

expresións típicas para describir incerteza seguro, posible e imposible. Identificar algúns sucesos aleatorios do contorno do alumnado. Avaliarase se o alumnado utiliza, en situacións de xogo ou da vida real, expresións relacionadas con situacións incertas: é posible, é imposible, é seguro. Téntase comprobar se, partindo da experiencia, o alumnado distingue fenómenos aleatorios e fenómenos seguros. Contidos. Terceiro ciclo. Bloque 1. Espazos e formas.

  • Interpretación, análise e representación elemental

(bosquexos, planos e maquetas) do espazo próximo. Introdución ao concepto de escalas.

  • Comprensión e emisión de informacións relativas

ao contorno físico, aos obxectos e á arte utilizando o vocabulario básico relativo a formas, relacións (paralelismo, perpendicularidade, simetría), posicións ou elementos referenciais (coordenadas, puntos, distancias, ángulos e xiros) e outras nocións xeométricas (perímetro e superficie).

  • Experimentación con ampliacións e con reducións

de figuras como introdución á noción de semellanza, así como coa realización de simetrías por dobramento e con espellos.

  • Interese e perseveranza na busca de solucións

ante situacións de incerteza relacionadas coa organización e utilización do espazo.

  • Utilización de instrumentos de debuxo (regra,

escuadro, transportador, compás...) e programas informáticos para a construción e exploración de formas e de elementos xeométricos.

  • Obtención experimental (mediante varios procedementos

como a descomposición ou o debuxo en cuadrícula), para a resolución de problemas en situacións funcionais, de perímetros e áreas de figuras xeométricas. Contraste de estratexias e conclusións.

  • Manipulación de figuras planas (polígonos, circunferencia

e círculo) e de corpos xeométricos (cubo, prisma, pirámide, cono, cilindro e esfera) para formalas a partir doutras por composición e descomposición, atopar relacións entre os seus elementos, establecer pautas para a súa construción e atopar regularidades e simetrías.

  • Comparación, descrición e clasificación de figuras

e de corpos xeométricos atendendo a diferentes criterios e elementos.

  • Sensibilidade para apreciar a xeometría no mundo

real.

  • Interese pola precisión na descrición e na representación

de formas xeométricas e pola presentación clara e ordenada dos traballos xeométricos.

  • Confianza nas propias posibilidades para utilizar

as construcións xeométricas, os obxectos e as relacións espaciais para resolver problemas en situacións reais. Bloque 2. Cantidades.

  • Uso de diferentes fontes e recursos (libros, ordenador,

persoas expertas...) para atopar informacións sobre as relacións entre as necesidades sociais, os descubrimentos matemáticos e as mulleres e os homes que os produciron.

  • Busca e recollida de información sobre os sistemas

de numeración en culturas anteriores e sobre a súa influencia na actualidade.

  • Recoñecemento do papel da matemática na vida

cotiá, tanto en contextos escolares e en diferentes áreas como noutros ámbitos próximos.

  • Identificación de aspectos cuantitativos da vida

cotiá que se poden expresar empregando diferentes tipos e sistemas (romano, arábigo) de números.

  • Resolución de problemas co uso de diferentes

tipos de números, interpretando o seu valor e as súas funcións (contar, medir, ordenar, expresar particións, codificar informacións, distinguir elementos...).

  • Lectura, escritura, seriación, ordenación, descomposición,

comparación (e expresión dos resultados da comparación, exactos ou por tenteo, segundo a situación) e representación na recta numérica de distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccións, decimais ata as centésimas) en contextos reais.

  • Manipulación de números diversos explorando as

regularidades, atopando equivalencias e correspondencias entre eles.

  • Recoñecemento das propiedades dos números:

múltiplos, divisores, números primos e números compostos. Clasificación de números en primos e compostos buscando divisores. Utilización da táboa de multiplicar para identificar múltiplos e divisores.

  • Valoración da utilización dunha linguaxe numérica

e cuantitativa cada vez máis precisa e rigorosa.

  • Resolución de problemas da vida cotiá en que se

observen as fases de decodificación, modelización, verificación e explicitación, que implican: planificación, anticipación, hipotetización e contraste de opinións, verbalización, xuízo crítico, consciencia-control- revisión do proceso, emprego de máis dun procedemento de resolución, presentación de datos con orde e claridade, utilización da calculadora en función da complexidade dos cálculos e formulación de razoamentos que argumenten a validez dunha solución (identificando, se é o caso, os erros).

  • Valoración das achegas estratéxicas das outras

persoas e perseveranza na busca de solucións e de datos precisos.

  • Colaboración activa e responsable no traballo en

equipo, manifestando iniciativa para resolver problemas que implican a aplicación dos contidos estudados.

  • Realización de cálculos numéricos sinxelos

(suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números), en situacións de resolución de problemas, usando diferentes procedementos (algoritmos escritos, cálculo mental, tenteo, estimación, calculadora, ordenador...), segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade, decidindo sobre a razoabilidade dun resultado obtido ou estimado.

  • Cálculo en situacións cotiás e familiares en que se

recollan a xerarquía das operacións e os usos da paréntese, o automatismo dos algoritmos das operacións básicas, as propiedades das operacións, as estratexias persoais, o emprego dos instrumentos de cálculo e mais a presentación dos cálculos e dos resultados de xeito ordenado e claro.

  • Aplicación de porcentaxes en situacións cotiás

(compra, particións, orzamentos...) facendo correspondencias sinxelas entre elas, as fraccións e os decimais.

  • Introdución ao concepto de potencia como produto

de factores iguais. Cadrados e cubos.

  • Selección, en contextos de resolución de problemas

da vida cotiá, dos instrumentos e das unidades de medida usuais máis adecuados, facendo previamente estimacións e expresando con precisión medidas de lonxitude, de superficie, de peso, de capacidade, de amplitude de ángulos e de tempo.

  • Resolución de problemas de medida en que se

recollan os seguintes aspectos: planificación e control de proceso; selección e uso correcto dos instrumentos máis pertinentes en cada caso; uso de estratexias persoais; estimación de magnitudes facendo previsións razoables; conversión, se cómpre, dunhas unidades noutras da mesma magnitude; expresión dos resultados nas unidades adecuadas usando a simboloxía; explicación dos razoamentos e dos procesos levados a cabo.

  • Desenvolvemento de estratexias persoais para

medir perímetros e superficies de figuras e de obxectos de maneira exacta e aproximada. Comparación de superficies de figuras planas por superposición, descomposición e medición.

  • Identificación dalgunhas medidas tradicionais

usadas na bisbarra e de ámbito local.

  • Medición do tempo (analóxica ou dixitalmente),

busca de maior precisión co emprego dos minutos e dos segundos. Cálculo das equivalencias e transformacións entre horas, minutos e segundos, en situacións cotiás.

  • Medición de aberturas e de xiros co uso de ángulos,

así como utilización de instrumentos convencionais para medir graos.

  • Utilización da medición e das medidas para resolver

problemas, comprender e transmitir informacións, validando o resultado de medida en contraste coas propias hipóteses e co obtido por compañeiras e compañeiros.

  • Interese por utilizar con coidado e precisión diferentes

instrumentos de medida e ferramentas tecnolóxicas e mais por empregar unidades adecuadas.

  • Valoración das vantaxes de dispor dun sistema

convencional de medida e comprensión de que a medida é unha aproximación e que a unidade escollida afecta a precisión. Bloque 3. Tratamento da información e azar.

  • Resolución e formulación de problemas en que

interveñan a lectura, a interpretación e a análise crítica de representacións gráficas de datos do contorno.

  • Recollida, selección, análise, organización e

rexistro de datos utilizando técnicas elementais de enquisa, de observación e de medición.

  • Representación gráfica da información mediante

táboas de datos, diagramas de barras, diagramas lineais, diagramas de sectores...

  • Interpretación e extracción da información que

fornecen a media aritmética, a moda e o rango, e aplicación destas a situacións familiares e concretas.

  • Disposición á elaboración e á presentación de gráficos

e de táboas de forma ordenada e clara.

  • Valoración da importancia de analizar criticamente

as informacións que se presentan a través de gráficos estatísticos e da tendencia a explorar todos os elementos das gráficas evitando interpretacións parciais e precipitadas.

  • Obtención e emprego de información para a realización

de gráficos.

  • Valoración do uso das novas tecnoloxías nos ámbitos

gráficos en que son precisas.

  • Recoñecemento da presenza do azar na vida cotiá.

Distinción entre situacións aleatorias e as que non o son.

  • Estimación e predición de resultados posibles en

situacións aleatorias (xogos ou cotiás) e uso de terminoloxía básica para describir situacións e experiencias de azar (posibles, imposibles, probables, seguros...). Comparación de resultados posibles cos obtidos en experiencias aleatorias cotiás.

  • Valoración da necesidade de reflexión, razoamento

e perseveranza para superar as dificultades implícitas na resolución de problemas.

  • Confianza nas propias posibilidades e interese por

empregar as ferramentas tecnolóxicas na comprensión dos contidos funcionais. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Resolver e formular problemas para os que cumpra

recoñecer os aspectos cuantitativos da vida cotiá que se poden expresar empregando números e para os que haxa que ler, escribir, comparar, seriar, descompoñer, representar e ordenar (utilizando razoamentos apropiados) distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccións e decimais ata as centésimas). Con este criterio preténdese comprobar que se manexan, en situacións de resolución de problemas da vida real, diferentes tipos de números, interpretando o seu valor e as súas funcións (contar, medir, ordenar, expresar particións, codificar informacións, distinguir elementos) e sendo quen de intercalar números escritos de diferentes xeitos. Avaliarase a capacidade de recoñecer aspectos cuantitativos da vida cotiá que se poden expresar empregando números e de comparar cantidades lendo con seguridade e soltura os números; interpretando e expresando os resultados da comparación exactos ou por tenteo, segundo a situación; amosando coñecemento da simboloxía das relacións numéricas; representándoos na recta numérica e explorando regularidades nos números.

  • Utilizar os números decimais, os fraccionarios e

as porcentaxes sinxelas para interpretar e intercambiar información en contextos da vida cotiá. Con este criterio preténdese valorar a capacidade de identificar e utilizar diferentes tipos de números como operadores na interpretación e na resolución de problemas. Compróbase a utilización deses números en contextos reais (situacións de compra, gastos, orzamentos...), establecendo equivalencias e correspondencias entre eles.

  • Resolver problemas sinxelos, anticipando unha

solución razoable, buscando o proceso de resolución máis adecuado, amosando actitudes de valoración das diferentes estratexias e perseveranza na busca de datos e de solucións precisas. Expresar de xeito ordenado e claro, oralmente e por escrito, o proceso seguido na resolución de problemas. Este criterio está dirixido a comprobar a capacidade na resolución de problemas, atendendo ao proceso seguido (en que se observan as fases de decodificación, modelización, verificación e explicitación) que implica: planificación; anticipación; hipotetización; relectura; verbalización; xuízo crítico; colaboración activa e responsable no traballo en equipo; valoración das achegas das outras persoas; perseveranza na busca de solucións e dos datos precisos; confianza nas propias capacidades; consciencia, control e revisión do proceso e habilidade para empregar máis dun procedemento de resolución. Trátase de verificar que, ante un problema, as alumnas e os alumnos tentan resolvelo de forma lóxica e reflexiva. Comprobarase que comprenden a importancia que a orde e a claridade teñen na presentación de datos e na busca da solución correcta para detectar os posibles erros, para explicar o razoamento seguido e para argumentar sobre a validez dunha solución.

  • Realizar operacións e cálculos numéricos sinxelos,

en situacións de resolución de problemas, mediante diferentes procedementos (incluído o cálculo mental) que fagan referencia implícita ás propiedades das operacións. Amosar gusto pola presentación ordenada e clara dos cálculos e dos resultados. Trátase de comprobar a capacidade de operar cos números coñecendo a xerarquía das operacións, amo11.744 sando automatismo dos algoritmos das operacións básicas, utilizando as propiedades das operacións (cando facilitan a realización de cálculos) e as estratexias persoais, usando diferentes procedementos (algoritmos escritos, cálculo mental, tenteo, estimación, calculadora, ordenador) segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade, coidando o emprego dos instrumentos de cálculo, decidindo sobre a razoabilidade dun resultado obtido e mais presentando os cálculos e resultados de xeito ordenado e claro.

  • Seleccionar, en contextos de resolución de problemas

familiares, os instrumentos e unidades de medida usuais máis adecuados, facendo previamente estimacións e expresando con precisión medidas de lonxitude, de superficie, de peso, de capacidade, de amplitude de ángulos e de tempo. Con este criterio preténdese detectar a capacidade de solucionar problemas de medida planificando e controlando o proceso; escollendo os instrumentos máis pertinentes en cada caso; usando eses instrumentos de medida adecuadamente; desenvolvendo estratexias persoais para medir: estimando a medida de magnitudes de lonxitude, de capacidade, de peso... e de tempo facendo previsións razoables; utilizando con corrección as unidades de medida máis usuais en función do obxecto de medición e identificando algunhas medidas tradicionais usadas na bisbarra, pero valorando as vantaxes de dispor dun sistema convencional de medida; convertendo, se cumprir, unhas unidades noutras da mesma magnitude; expresando os resultados das medicións que se realicen nas unidades de medida máis adecuadas; comprendendo que a medida é unha aproximación e que a unidade escollida afecta a precisión e mais explicando oralmente e por escrito, con progresiva autonomía, os razoamentos e procesos levados a cabo.

  • Interpretar representacións espaciais (bosquexo

dun itinerario, planos de casas e maquetas) realizadas a partir dun sistema de referencia e de obxectos e situacións familiares coa finalidade de resolver problemas. Este criterio pretende avaliar o desenvolvemento da capacidade de interpretar bosquexos, planos e maquetas sinxelas que representan espazos familiares para resolver problemas. Valórase a situación e a descrición de figuras nunha representación espacial por medio de coordenadas, de puntos de referencia e de distancias. Tamén se comprobará a utilización de sistemas cada vez máis convencionais de representación espacial para obter ou comunicar información relacionada co espazo próximo.

  • Empregar as nocións xeométricas de paralelismo,

perpendicularidade, simetría, perímetro e superficie para describir, comprender e resolver problemas de situacións da vida cotiá. É importante detectar se o alumnado coñece estas nocións e sabe usar os termos correspondentes para comprender e emitir informacións sobre a vida cotiá, a natureza e a arte, e en particular se son utilizadas no razoamento e na resolución de problemas xeométricos do contorno. Valorarase a capacidade de usar medios pertinentes para medir perímetros e áreas de figuras xeométricas e a de calculalos experimentalmente ou mediante a descomposición noutras máis sinxelas realizando, se cómpre, estimacións acordes coa idade do alumnado e amosando razoamento espacial na análise de propiedades das figuras.

  • Resolver e formular problemas en que cumpra

realizar, ler, interpretar e comunicar con representacións gráficas resultados dun conxunto de datos relativos ao contorno inmediato. Trátase de comprobar, en actividades de resolución e de formulación de problemas, a capacidade do alumnado para recoller (a través de enquisas, de observación, de medición) e para rexistrar unha información que se poida cuantificar; de utilizar algúns recursos sinxelos de representación gráfica (como táboas de datos, barras, diagramas lineais) e de comprender, analizar criticamente e comunicar a información así expresada. Valorarase tamén o uso de programas informáticos para deseñar gráficas sinxelas. Así mesmo, observarase se o alumnado valora a expresividade da linguaxe gráfica como forma de representar datos e se se inicia na tendencia a explorar todos os elementos das gráficas evitando interpretacións parciais e precipitadas.

  • Facer estimacións baseadas na experiencia sobre

o resultado (posible, imposible, seguro, igual ou máis ou menos probable) de xogos sinxelos de azar para comprobar o dito resultado. Comprobarase que as nenas e os nenos comezan a facer predicións sinxelas e estimacións en situacións aleatorias; a constatar en situacións cotiás e de xogos de azar que hai sucesos imposibles, sucesos que con case toda seguridade se producen, ou que se repiten, sendo esa repetición máis ou menos probable; a usar terminoloxía de azar acorde coa súa idade. Trátase de verificar, pois, nocións baseadas na súa experiencia.

Área de educación para a cidadanía e os dereitos humanos[editar]

Introdución. Características da área. A inclusión dunha área como educación para a cidadanía e os dereitos humanos no currículo da educación primaria é unha aposta importante da LOE. É unha novidade no noso sistema educativo que constitúe un paso importante cara á converxencia europea en materia educativa. Outros países do noso contorno xa a teñen incluída seguindo as recomendacións da Unión Europea co obxectivo de paliar importantes déficits democráticos nos países asociados. Nesta mesma liña apuntan organismos internacionais como o Consello de Europa ou as Nacións Unidas. A formación da persoa debe ter un carácter integrador que abranga todos os ámbitos: a mente, o corpo, a identidade persoal, o emocional e o social. En toda esta construción, que cada quen vai facendo ao longo da súa vida, os anos de escolarización obrigatoria son cruciais para que as bases deste desenvolvemento persoal se vaian fraguando dun xeito harmónico e equilibrado. Tradicionalmente e no noso contexto era clara a prioridade que nos procesos de educación formal se lle concedía á formación intelectual, nun senso acumulativo de limitados saberes, con habitual esquecemento das outras dimensións da persoa, pero os coñecementos de que dispoñemos na actualidade, procedentes das investigacións levadas a cabo, en particular, no campo das ciencias psico -pedagóxicas, indícannos que debemos recoller as diversas dimensións formativas, que ademais interactúan entre elas. Nesta perspectiva, salienta actualmente a constatación, menos considerada noutrora, de que en calquera das aprendizaxes que realicemos a compoñente emocional ten unha influencia decisiva. É así como hai que contemplar o desenvolvemento corporal, o cognitivo, o moral e o social; e resulta tamén imprescindible o traballo en todo o referente á intelixencia emocional intrapersoal e interpersoal, mediante estratexias e procedementos para que as persoas se coñezan mellor e sexan quen de identificar, recoñecer, controlar e modular madurativamente os impulsos, as emocións e os sentimentos, para deste modo, desenvolver aspectos imprescindibles (empatía, autodominio, capacidade de traballo e colaboración, comprensión) para ser quen de desenvolverse no mundo, con actitudes de autonomía, de respecto e de cooperación solidaria. Os referentes básicos deberán ser a Declaración dos dereitos humanos, o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española, pero non se trata só de que alumnos e alumnas dispoñan de informacións teóricas relevantes sobre os valores que deben presidir a convivencia democrática (tolerancia, respecto, igualdade), os documentos onde se plasman e as institucións que son os seus garantes. O obxectivo é que estes valores sexan integrados por cada persoa e incorporados ao ser individual. Para que isto sexa posible, é imprescindible o compoñente vivencial a través da experiencia máis próxima. Neste sentido, os centros educativos son lugares privilexiados por todas as oportunidades que ofrecen na súa dinámica cotiá, tanto en xeral como en cada unha das súas aulas. É importante que estas aprendizaxes sexan transferidas primeiro á realidade local circundante, como preparación para facer o propio coa realidade máis afastada, a realidade global. A área está dividida en tres bloques, sen que esta división supoña obrigatoriedade de tratamento. O bloque 1 leva por título Identidade persoal e céntrase na súa construción a través do traballo da autonomía, da identidade, do recoñecemento e do manexo das propias emocións e sentimentos. O bloque 2 leva por título Identidade social e está centrado na súa construción no sentido de identificarse cos diferentes grupos en que se desenvolve a actividade cotiá do alumnado. O bloque 3 leva por título Compromiso social e está centrado na construción persoal en vinculación coa realidade social en que se vive. As propostas metodolóxicas serán decisivas á hora de asegurar que o coñecemento de principios e de valores xere a adquisición de hábitos e inflúa nos comportamentos. Necesariamente deberá estar baseada na actividade do alumnado, xa que todo o traballado nesta materia ten un compoñente vivencial. A área non ten sentido se non está presente este aspecto e se é basicamente transmisiva. Cumprirá crear contextos, tanto na área concreta como no resto das áreas e na totalidade da vida do centro, que permitan levar a cabo estas vivencias e que posibiliten que cada rapaz e cada rapaza teña os seus tempos e os seus espazos de protagonismo, de recoñecemento da súa valía persoal e das súas contribucións aos diferentes grupos en que desenvolve a súa actividade. Deberase partir das experiencias, dos problemas e dos intereses do alumnado para que as aprendizaxes se integren na súa vida cotiá, tanto no plano persoal como no social. É imprescindible establecer relacións sociais continuas e diversas, tanto entre iguais como coas persoas adultas coas que o alumnado se relaciona na súa vida cotiá, porque a capacitación social só se consegue tendo a posibilidade de interaccionar, xa que favorece a aparición de opinións diferentes e provoca conflitos sociocognitivos que hai que resolver para reequilibrar de novo e medrar moral e democraticamente. Obxectivos.

  • Identificar e aceptar a propia identidade e desenvolver

a autoestima, a afectividade e a autonomía persoal na vida cotiá, nas relacións de cada alumna ou alumno coas demais persoas e como integrante dos grupos sociais en que participa.

  • Amosar actitudes contrarias á violencia, aos estereotipos

(de xénero, lingüísticos, relixiosos, culturais, físicos...) e aos prexuízos, sendo quen de defender os propios puntos de vista mediante o diálogo e a argumentación.

  • Desenvolver e facer uso de habilidades emocionais,

comunicativas e sociais para actuar con progresiva seguridade e autonomía na vida cotiá e para participar activamente nas relacións de grupo, amosando actitudes compresivas, cooperativas, xenerosas e construtivas e sendo quen de autorregular emocións e condutas.

  • Coñecer e apreciar os valores e normas de convivencia,

obrar de acordo con elas asumíndoas como propias e participar activamente na elaboración das normas do centro educativo (da aula, relativas ao uso de instalacións e materiais, nos regulamentos de actividades, etc.).

  • Utilizar estratexias de resolución pacífica dos

conflitos desde o diálogo e a mediación.

  • Recoñecer e valorar a diversidade (de xénero, física,

cultural, lingüística, étnica, relixiosa, etc.) como feito enriquecedor, valorar a contribución de cada quen ao enriquecemento dun grupo, amosar respecto polos costumes e modos de vida de persoas e de poboacións distintas á propia e esforzarse por contribuír á mellora das relacións, interesándose por compartir espazos, tempos, actividades, materiais, experiencias, etc.

  • Coñecer, asumir e valorar os dereitos e deberes

que como neno ou nena lle corresponden ao alumnado e os que lle corresponderán como persoa adulta, manexar os documentos onde están recollidos e interesarse polas iniciativas que os defenden, participando, se existir a posibilidade, nalgunha delas.

  • Coñecer os mecanismos fundamentais de funcionamento

das sociedades democráticas, fundamentalmente nos ámbitos máis próximos á realidade do alumnado, valorar o papel das administracións na garantía dos servizos públicos e a obriga dos cidadáns e das cidadás de contribuír ao seu mantemento mediante a asunción dos seus deberes e compromisos sociais.

  • Fomentar iniciativas de participación democrática

e responsable no propio centro, asumindo os papeis que correspondan en función da situación e participando, tamén activamente, en actividades fóra do centro.

  • Identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso,

de inxustiza e de discriminación, na vida cotiá do alumnado e noutras realidades e amosar sensibilidade polas necesidades das persoas e dos grupos máis desfavorecidos, desenvolvendo comportamentos solidarios e favorecedores da convivencia e participando, na medida das súas posibilidades, en iniciativas que buscan cambiar estas situacións.

  • Ser capaz de analizar a situación do medio natural

no contorno próximo, tomar conciencia da situación a niveis máis amplos, recoñecer a incidencia das propias accións no seu coidado ou na súa deterioración, desenvolver actitudes comprometidas para a súa conservación e mellora e asumir comportamentos (vida saudable, consumo responsable, seguridade...) que contribúan á sustentabilidade. Contidos. Bloque 1. Identidade persoal.

  • Identificación das características persoais e dos

trazos de identidade (as propias capacidades e necesidades).

  • Desenvolvemento da autonomía persoal e da

autoestima (seguridade en si mesmo e en si mesma, autonomía para a acción, confianza nas propias posibilidades, sentimento de importancia, valoración da historia persoal e das contribucións alleas á súa construción).

  • Análise de situacións na escola e fóra dela que

producen sentimentos positivos ou negativos no alumnado. Causas e consecuencias das accións propias (accións que poden facer sentirse ben ou mal a outras persoas). Responsabilidade polos propios actos. Agradecer, desculparse, presentar unha queixa, aprender a dicir non, aprender a recuperarse e responder ao fracaso. A intelixencia emocional.

  • Identificación, recoñecemento, verbalización,

manexo e control dos sentimentos propios (que me ocorre, por que me ocorre, que podo facer cando me sinto así).

  • Valoración da liberdade e da responsabilidade na

toma de decisións con criterios de eficacia e de xustiza. Responsabilidade na planificación do futuro inmediato.

  • Recoñecemento das diferenzas de sexo como un

elemento enriquecedor. Análise de medidas que contribúen a un equilibrio de xénero e a unha auténtica igualdade de oportunidades. A contribución das mulleres ao longo da historia e á situación actual do mundo. A vida das mulleres galegas no pasado e no presente e as súas achegas á sociedade. Redes de apoio de mulleres. Identificación e rexeitamento de desigualdades entre mulleres e homes no mundo laboral e na vida cotiá. Valoración da igualdade de dereitos de homes e de mulleres na familia e no mundo laboral e social. Características de veciñanza.

  • Aplicación de condutas responsables no uso das

TIC (autonomía, autocontrol, seguridade, sentido ético) e análise da realidade que presentan os medios de comunicación para desenvolver a capacidade de elección crítica e responsable.

  • Sensibilización, visibilización e rexeitamento do

sexismo, do racismo, da homofobia... dentro da perspectiva da defensa dos dereitos humanos e do respecto á identidade persoal. Bloque 2. Identidade social.

  • Identificación coas colectividades en que se

desenvolve a vida do alumnado: escolar, familiar, local, comarcal e autonómica. Recoñecemento das vantaxes que supón pertencer a estes colectivos e das achegas que se poden facer individualmente a cada un deles.

  • Importancia do recoñecemento dos dereitos e

deberes do alumnado no centro escolar.

  • Identificación, recoñecemento e valoración dos

dereitos de todas as nenas e de todos os nenos do mundo, así como os dereitos das persoas recoñecidos nas declaracións universais, no Estatuto de autonomía de Galicia e na Constitución. Coñecemento de organizacións que loitan por que eses dereitos se respecten e do traballo que desenvolven.

  • Valoración da convivencia pacífica en sociedade e

recoñecemento dos valores en que se apoia: respecto, tolerancia, solidariedade, xustiza, compromiso, cooperación e cultura da paz. Identificación, recoñecemento e análise de actuacións que posibilitan e que dificultan a convivencia e o benestar dos grupos socias.

  • Aplicación de habilidades, de estratexias e de

procedementos que contribúen a xerar relacións de entendemento e de convivencia pacífica. Habilidades de comunicación e de relación tanto interpersoais como intrapersoais. Identificación, recoñecemento e análise de hábitos que facilitan e dificultan a relación e a comunicación.

  • Desenvolvemento da vontade, da flexibilidade e

da dispoñibilidade para resolver conflitos. Aplicación do diálogo e da mediación como forma de resolución pacífica dos conflitos.

  • Valoración da colaboración e das diferentes posibilidades

de traballo cooperativo. Identificación do proceso de toma de decisións de grupo. Identificación e uso dos mecanismos de participación no funcionamento da aula e da escola.

  • Aplicación dos valores cívicos e do exercicio dos

dereitos e deberes nas situacións de convivencia no contorno inmediato entre iguais e nas relacións interxeracionais.

  • Valoración da igualdade dentro das diferenzas. A

diversidade física, social, cultural e relixiosa.

  • Recoñecemento, valoración, tolerancia e respecto

polos costumes e modos de vida distintos ao propio.

  • Recoñecemento de costumes, de tradicións e de

estilos de vida propios e os das compañeiras e compañeiros. Valoración das celebracións e manifestacións culturais como signos de identidade e de cohesión social.

  • Identificación das situacións de marxinación, de

discriminación e de inxustiza social.

  • Desenvolvemento de actitudes de comprensión,

de superación de prexuízos e de estereotipos, de cooperación e de solidariedade ante problemas e necesidades doutras persoas. Protección e amparo das persoas máis desfavorecidas. Bloque 3. Compromiso social.

  • Valoración da necesidade de normas compartidas

que regulan a convivencia frutífera no ámbito social. Elaboración de normas de convivencia da aula e do centro positivas, facilitadoras e asumidas polo grupo e pola comunidade.

  • Práctica de normas cívicas, como por exemplo as

de circulación viaria, e asunción de roles por medio do xogo e da simulación.

  • Recoñecemento dos principios de convivencia

que establecen o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española.

  • Reflexión sobre as características que debe posuír

unha sociedade democrática.

  • Análise de mensaxes, de declaracións, de imaxes,

etc. procedentes de medios de comunicación, de páxinas web, de publicidade... diferenciando información veraz e contrastada de simples opinións persoais.

  • Identificación, aprecio, respecto, responsabilidade,

coidado e mellora dos bens comúns e dos servizos públicos. Normas de uso e accións que contribúen ao seu axeitado funcionamento.

  • Valoración dos impostos como un medio para

corresponsabilizarse socialmente.

  • Identificación e rexeitamento das causas que provocan

situacións de marxinación, de discriminación e de inxustiza social.

  • Identificación de servizos e de persoas que interveñen

en casos de situacións de emerxencia (accidentes, lumes, inundacións, terremotos, guerras...) e daquelas persoas e organizacións que contribúen desinteresadamente a mellorar situacións de desvantaxe social, de pobreza, de marxinación, de fame, de explotación da infancia, de enfermidade... Busca de formas de apoio a elas e de contribución ao seu funcionamento.

  • Reflexión sobre a repercusión social, no presente

e no futuro, de accións individuais e colectivas. Identificación de actitudes e de estratexias persoais e colectivas de consumo responsable, de coidado do medio, de prevención de riscos viarios e de promoción de formas de vida saudable. Reflexión sobre as posibilidades de cambio nas rutinas individuais para mellorar a calidade de vida. Criterios de avaliación.

  • Amosar respecto polas diferenzas e características

persoais propias e dos compañeiros e compañeiras. Valorar as consecuencias das propias accións e responsabilizarse delas. A través deste criterio preténdese avaliar a capacidade de cada alumno e de cada alumna de recoñecerse como persoa orixinal e única e mais de valorarse axeitadamente a través do coñecemento dos seus puntos fortes e febles. Así mesmo, tamén se avaliará a capacidade de recoñecer e de valorar as características das persoas con que se relaciona, entendendo as diferenzas como formas distintas de ver o mundo que non teñen por que impedir as relacións entre as persoas. Neste senso, insístese na necesidade de que o alumnado desenvolva o pensamento consecuencial (previr as consecuencias que os seus actos poden causar a todos os niveis e asumilas), complementario do causal e do alternativo que xa debería posuír.

  • Argumentar e defender as propias opinións, escoitar

e valorar criticamente as opinións das demais persoas, amosando unha actitude de respecto e comprendendo que o que se axuíza ou desautoriza son opinións ou actuacións, nunca persoas. Este criterio pretende avaliar ata que punto os alumnos e as alumnas son quen de manexarse na súa vida cotiá, establecendo comunicacións positivas e construtivas en todas as situacións relacionais (actividade académica, xogos, actividades extraescolares, comedor, transporte escolar...) en que habitualmente desenvolven as súas actividades. Ademais, preténdese avaliar o modelo comunicativo que utiliza o alumnado habitualmente (pasivo, agresivo ou asertivo), a súa capacidade de recoñecemento (na propia persoa e noutras) e a súa autorregulación, así como a súa evolución cara a unha comunicación cada vez máis eficiente e eficaz como base de relacións positivas que posibilitarán unha convivencia enriquecedora a nivel individual e de grupo (a comunicación implica relación e a relación é a antítese da violencia). Serán obxecto de avaliación as habilidades sociais tanto intrapersoais (autocontrol, autoestima, superación do malestar, resiliencia...) como interpersoais (escoita activa, mensaxes desde un mesmo e unha mesma, habilidades de comunicación...)

  • Participar colaborativamente na elaboración das

normas, aceptalas, asumilas como propias e incorporalas aos propios patróns de conduta. Reflexionar sobre as normas existentes na comunidade e sobre a súa importancia. Con este criterio avaliaremos o coñecemento que ten o alumnado das normas que regulan a súa convivencia cotiá e a capacidade que amosa de participar creativamente na súa elaboración ou revisión. Preténdese avaliar, así mesmo, o nivel de identificación e de respecto por elas. É moi importante a avaliación do proceso persoal seguido por cada alumno e cada alumna intimamente relacionado co seu nivel de desenvolvemento moral.

  • Familiarizarse con algúns dos dereitos humanos

recollidos na Declaración universal dos dereitos humanos e na Convención sobre os dereitos da infancia e cos principios de convivencia que recollen o Estatuto de autonomía e a Constitución española. Identificar os deberes máis relevantes asociados a eles. Recoñecer situacións en que non son respectados e participar en iniciativas (reais ou simuladas) de mellora delas. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade de recoñecer situacións cotiás ou das que o alumnado pode ter información por diferentes vías (prensa, TV, a internet, ONG...) en que os dereitos da infancia e das persoas non son respectados, desenvolvendo actitudes críticas e solidarias e achegando ideas ou propostas de actuación na medida das posibilidades dos rapaces e rapazas desta idade. Así mesmo, preténdese verificar o establecemento de relacións entre os dereitos individuais propios e alleos, os dereitos colectivos e os deberes con eles relacionados.

  • Recoñecer e rexeitar prexuízos, situacións de discriminación,

de marxinación e de inxustiza e interesarse por identificar os factores sociais, económicos, de orixe, de xénero ou de calquera outro tipo que as provocan, así como por atopar posibles vías de mellora para as persoas que as sofren. Valorar a importancia das accións individuais, pero entendendo que se necesitan accións colectivas. Téntase avaliar a capacidade de recoñecer que hai persoas e grupos que sofren situacións de inxustiza (desprestixio, marxinación, violencia...) e que isto é debido a múltiples causas. Tamén se pretende que o alumnado desenvolva capacidades críticas cara a elas e cara ao pensamento de perspectiva (capacidade de poñerse na situación da persoa e identificación emocional con ela), sendo quen de buscar, analizar e propor iniciativas que contribúan á súa posible mellora ou solución. Neste senso, cómpre avaliar tamén o nivel de identificación individual coa elaboración e co desenvolvemento de iniciativas de grupo para saber se a alumna ou alumno se sente partícipe e corresponsable destas iniciativas.

  • Identificar o funcionamento dos servizos públicos

presentes na vida cotiá do alumnado e a súa relación con diferentes institucións e mais recoñecer a necesidade de que toda a poboación contribúa ao seu correcto funcionamento, mantemento e mellora a través de comportamentos responsables e solidarios (uso deses servizos, pagamento de impostos...). Por extensión, familiarizarse con outros servizos non tan próximos ao alumnado, pero tamén presentes de maneira directa ou indirecta na súa vida. Trátase de avaliar o nivel de identificación do alumnado con aqueles servizos que lle son máis familiares (transporte, recollida de lixo, correos, sanidade, educación...) entendéndoos como propiedade colectiva compartida por toda a poboación. Así mesmo, téntase avaliar o coñecemento sobre como funcionan, sobre as condutas positivas e negativas en relación con eles e sobre o nivel de correlación existente entre o seu correcto funcionamento e o grao de benestar e de calidade de vida que nos proporciona, tanto individual como socialmente. Tamén se avaliará a capacidade de relación destes servizos con que as nenas e os nenos están máis familiarizados con outros que teñen presenza na súa vida aínda que dunha maneira máis difusa.

  • Ser consciente da transcendencia presente e futura

de accións habituais na vida cotiá do alumnado e da necesidade de realizalas seguindo pautas que teñen a súa base na reflexión e na análise individual e colectiva deses comportamentos. Téntase avaliar a capacidade de análise de diferentes accións realizadas na actividade diaria do alumnado (uso da auga, gasto de papel, hábitos de consumo persoal e familiar, produción e tratamento do lixo, riscos viarios, etc.) e a capacidade de relacionar esas accións con situacións prexudiciais para a vida no presente e no futuro. Así mesmo, valorarase a capacidade de ir introducindo melloras nos hábitos de vida propios e o interese por participar na elaboración e na difusión de actuacións preventivas.

  • Concienciarse da influencia que poden exercer os

medios de comunicación, a internet ou a publicidade nas decisións e opinións das persoas. Trátase de avaliar que o alumnado se inicie na comprensión das mensaxes subliminares e da ideoloxía encuberta presentes en textos e imaxes de diferente orixe, sendo quen de decatarse de que non sempre son transparentes e de que poden influír decisivamente nas súas condutas habituais e futuras. Así mesmo, avaliarase tamén a capacidade de alumnos e alumnas de analizar criticamente diferenciando información de opinión.

Área de educación física[editar]

Introdución. Características da área. Esta área na educación primaria debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara ao coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento. Pero a educación física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza o dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento (de si mesmo, de si mesma e do contorno), de organización perceptiva (desenvolvendo a percepción do propio corpo, do espazo e do tempo), anatómico-funcional (incrementando as habilidades e mellorando a condición física), estético/comunicativa (por medio de manifestacións artísticas e de comunicación), de relación social coas demais persoas (interaccionando co resto de participantes), agonística (esforzándose e superando dificultades), hixiénica (mellorando a saúde e previndo enfermidades), hedonista (como fonte de gozo), de compensación (fronte á vida sedentaria) e catártica (para liberar tensións). Especialmente importante é a relación que a educación física ten coa saúde. A actividade física ben practicada mellora o benestar e a calidade de vida. No que atinxe a esta área dentro da educación primaria, dáselle importancia á saúde ao dedicárselle un bloque de contidos. Preténdese que o alumnado adopte medidas de hixiene corporal na actividade física e na vida cotiá, que adquira pautas de alimentación correctas, que rexeite as substancias nocivas, que empregue as posturas corporais precisas nas súas accións, que mellore o coñecemento do seu corpo e do contorno que o rodea e mais que incremente o nivel de condición física e, por conseguinte, a súa saúde. Esta área curricular está especialmente indicada para integrar todo tipo de alumnado e resulta idónea de cara á atención á diversidade. Por medio da educación física desenvólvense interaccións co resto de persoas, o que favorece as relacións construtivas, o respecto, a aceptación, a cooperación, a autonomía, a participación, o sentido crítico e o logro de obxectivos comúns, propiciados polas múltiples e variadas agrupacións que se poden formar. Igualmente, en educación física débese incidir na coeducación e na igualdade de oportunidades entre ambos os sexos. As actividades propostas atenderán do mesmo xeito os nenos e as nenas, integrando todas as persoas participantes indistintamente para poder acadar os obxectivos. O profesorado deberá equilibrar as actividades e materiais de xeito que non predomine ningún estereotipo e seleccionar aqueles que contribúan á participación equilibrada e motivada de nenos e de nenas. Outro aspecto que hai que ter en conta para favorecer a igualdade entre os sexos son as expectativas que o profesorado ten con respecto ás nenas e aos nenos, así como as expresións que se utilicen para favorecer as súas execucións e os resultados. Finalmente, a educación física responde á necesidade e á capacidade de moverse que teñen os nenos e as nenas. Desde esta perspectiva, a área de educación física divídese en cinco bloques de contidos: No primeiro bloque, O corpo: imaxe e percepción, trátanse as capacidades perceptivas. Veñen representadas polo esquema corporal, co coñecemento das partes do corpo e das súas posibilidades de movemento; pola percepción do espazo e pola do tempo. Tamén se inclúen neste bloque o equilibrio, debido á relación que ten coa percepción, o ton muscular (preciso para adoptar posturas cotiás) e a capacidade para relaxarse, así como a respiración. A percepción do contorno comprende a do espazo e a do tempo, aspectos que evolucionan paralelamente ao desenvolvemento madurativo das nenas e dos nenos entre os 6 e os 12 anos (período de operacións concretas), idades de referencia da educación primaria. O equilibrio, pola súa banda, está en estreita relación coa actividade tónica e postural, aspectos presentes no esquema corporal. O segundo bloque, Habilidades motrices, céntrase nos aspectos cuantitativos do movemento, nas habilidades e na coordinación, capacidades que lle permiten ao alumnado moverse con eficacia e con eficiencia, facilitando a adaptación a situacións motrices complexas. A coordinación mellórase con gran cantidade e variedade de movementos, polo que vai estar moi relacionada coa adquisición das habilidades. O terceiro bloque, Actividades físicas artísticoexpresivas, abrangue aspectos relacionados coa expresividade e coa comunicación utilizando o propio corpo a través do movemento. Aquí englóbanse o ritmo, os bailes e danzas, a expresión, a imitación, a representación e a dramatización. O ritmo mellora a percepción temporal, polo que se relaciona co primeiro bloque de contidos. Desenvolverase a través de actividades con música, bailes, danzas ou coreografías, en función da idade do alumnado. Outro dos aspectos específicos da expresión corporal é a dramatización e a comunicación a través do corpo. Esta incentivarase coa utilización de obxectos e coa interacción con outras persoas para representar personaxes, ideas, emocións, sentimentos, situacións... Valorarase especialmente a superación do medo ao ridículo, o respecto polas execucións alleas, a participación e o gozo practicando estas actividades. Favorecerase a creatividade incentivando o alumnado para que se exprese por medio de accións de acordo cuns estímulos dados e para que elabore coreografías en grupo xa nos últimos cursos. O cuarto bloque, Actividade física e saúde, engloba todos aqueles contidos relacionados coa mellora da saúde e da calidade de vida en que a educación física pode influír. Algúns dos aspectos deste bloque son a hixiene (tanto corporal como postural), a alimentación, a condición física enfocada á saúde (que se relaciona co segundo bloque), a adopción de medidas de seguridade e a prevención de accidentes. A hixiene corporal estará presente desde idades temperás. Fomentarase a hixiene do propio corpo, facendo fincapé no aseo e no cambio de roupa despois da sesión de educación física, buscando a perduración deste hábito ao longo da vida. En canto á hixiene postural, traballarase a aprendizaxe de posturas correctas, tanto relacionadas co exercicio físico coma coa vida cotiá. A alimentación ten especial relevancia na actualidade, xa que nos últimos anos se incrementaron os problemas relacionados cos hábitos alimenticios e coa falta de práctica de actividade física (anorexia, obesidade...); por iso ten que levarse a cabo un labor de concienciación en todos os ciclos como base para unha aprendizaxe ao longo da vida. Finalmente, as nenas e os nenos destas idades deben ser responsables con respecto á práctica da educación física e o deporte e coñecer certos parámetros (quecemento, relaxación, dosificación...) que evitarán accidentes e riscos innecesarios. O quinto bloque, Xogos e deportes, presenta contidos relacionados co xogo e coas actividades deportivas, entendidos como manifestacións culturais da motricidade humana. O xogo pode ser un recurso metodolóxico ou un contido con sentido propio, con fin en si mesmo. Neste caso priorízanse aspectos relativos á práctica de xogos e de deportes, á realización de xogos populares e tradicionais galegos e ao respecto polas normas e polas compañeiras e compañeiros. O xogo está presente case desde o nacemento e vai evolucionando coa persoa. Antes, o xogo usábase cando non se estaba a traballar, como distensión, mais as correntes pedagóxicas actuais indican que é unha boa maneira de conseguir os obxectivos previstos (xogo como medio). Utilizaranse estratexias de cooperación, de oposición e de cooperación/oposición, experimentando a tensión intrínseca do xogo, aceptando a vitoria e a derrota, amosando respecto polo resto das persoas que xogan e polas normas e regras. Os xogos populares tradicionais de Galicia estarán presentes en todos os ciclos desta etapa educativa, de maneira que a área contribúa á conservación da cultura galega. Nestes bloques intégranse os conceptos, procedementos e actitudes, aínda que non se diferencian explicitamente. A pesar de que debe haber unha sincronía entre a teoría e a práctica, os procedementos son prioritarios en educación física, xa que o carácter motriz da área implica un nivel determinado de práctica. Estes procedementos propician a adquisición dunha boa competencia no plano motor e conducen, irremediablemente, cara á asimilación de conceptos. As actitudes permiten afrontar con interese e con respecto as situacións que se propoñan, contribuíndo ao desenvolvemento dunha personalidade equilibrada. Para rematar, a actividade física debe ser enfocada de tal xeito que mellore as relacións afectivas e potencie as actitudes e valores dunha sociedade solidaria e respectuosa coas persoas, sen distincións por razón de sexo, de etnia, de relixión, de ideoloxía, de capacidade física ou sensorial... A área de educación física contribúe ao desenvolvemento das competencias básicas: Competencia en comunicación lingüística. A educación física desenvolve esta competencia desde varias perspectivas, pero, en todas elas, grazas á variedade de intercambios comunicativos que permite, á parte do vocabulario específico que achega. Competencia matemática. Certas actividades que se realizan en educación física e contribúen ao desenvolvemento da competencia matemática son:

  • Apreciación de distancias, de traxectorias ou de

velocidades nos lanzamentos, nas recepcións, nos golpeos e en calquera tarefa de manipulación que se faga con móbiles, desenvolvendo tamén a percepción espacial.

  • A ocupación do espazo de acción, a dispersión, o

agrupamento... Estes aspectos inflúen na boa adquisición das habilidades perceptivas e son importantes na maioría das actividades que se fan, especialmente nos deportes.

  • A formación de figuras xeométricas co corpo, tanto

individualmente como en grupo (xogos de roda, distribución en ringleiras...) ou con distintos materiais (cordas, ladrillos de psicomotricidade...)

  • Interpretación de símbolos: por exemplo, ao traballar

a orientación hai que entender a relación entre o que está representado no plano e a realidade, polo que resulta imprescindible interpretar os símbolos máis básicos. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. Algunhas achegas a esta competencia son as seguintes:

  • Aumento da percepción: búscase enriquecer a

percepción e o control do propio corpo (esquema corporal), do espazo e do tempo, mellorando deste xeito o coñecemento do mundo que nos rodea e as relacións coas demais persoas e cos obxectos.

  • Exploración e coñecemento doutros medios (acuático,

natural, neve...): algunhas das actividades da área de educación física realízanse no medio natural ou incluso no medio acuático, o cal axudará o alumnado a coñecer as diferenzas, as súas características, os distintos espazos...

  • Mellora da saúde e da calidade de vida: entendida

como o estado de completo benestar físico, mental e social, e non só como ausencia de enfermidade. A mellora na condición física (especialmente no terceiro ciclo) ten numerosas repercusións na saúde: diminución do peso corporal, aumento das cavidades do corazón, do ton muscular, da autoestima... Tamén contribúen á mellora da saúde e da calidade de vida o traballo da hixiene corporal, a adquisición de hábitos alimenticios axeitados, o rexeitamento da inxestión de substancias prexudiciais, así como a práctica de hixiene postural en accións cotiás e propias da actividade física. Tratamento da información e competencia dixital. A área de educación física contribúe a esta competencia desde os seguintes puntos de vista:

  • Por unha banda, as nenas e os nenos aprenden a

valorar criticamente as mensaxes referidas ao corpo, procedentes dos medios de información e de comunicación, que poden danar a imaxe corporal. Ademais deben saber seleccionar a información importante.

  • Por outra banda, o alumnado ten que ser quen de

achar a información usando as TIC: bases de datos, procesadores de texto, tratamento da imaxe, utilización d a internet como ferramenta de busca... Debe amosar un dominio básico de diferentes linguaxes (icónica, visual, sonora, gráfica...) e un coñecemento dos tipos de información, das súas fontes, das súas posibilidades e da súa localización. Competencia social e cidadá. As características da educación física, especialmente no que se refire á dinámica de relacións, presente nas sesións, fana axeitada para a educación en habilidades sociais:

  • Cun axeitado enfoque metodolóxico e didáctico,

faranse grandes achegas a esta competencia: a busca de obxectivos grupais comúns nun xogo cooperativo, o diálogo e a toma de decisións compartidas, as estratexias de cooperación ou oposición nos deportes, a comunicación... son un medio eficaz para facilitar a relación, a integración, o respecto, a cooperación e a solidariedade.

  • A educación física conciencia e axuda a ter en

conta ás demais persoas nas actividades propostas, a confiar nelas, a participar colectiva e grupalmente, a asumir os diferentes papeis e as regras do xogo, a compartir o éxito e o fracaso do equipo, a discutir e elixir representantes, normas, funcións... aceptando as posibilidades e limitacións propias e alleas, independentemente do sexo, da raza, das crenzas, das características físicas...

  • Atenderase ao xogo limpo, responsabilizándose

cadaquén da integridade do resto de participantes. No caso do xurdimento de conflitos, resolveranse por medio da negociación, baseada no diálogo. Competencia cultural e artística. A educación física achégase a esta competencia:

  • Apreciando a parte artística de certas execucións

motrices. Potenciando o desenvolvemento estético, a creatividade, a imaxinación, a dramatización, a expresión. Deste xeito, as manifestacións artísticas significarán unha fonte de gozo e enriquecemento persoal, valorando criticamente as mensaxes difundidas. Entendendo algunhas manifestacións da motricidade humana como feitos culturais presentes en todas as culturas e civilizacións. Competencia para aprender a aprender. O logro desta competencia ten relación coa metodoloxía e coa maneira de presentar as tarefas na organización do proceso de ensino-aprendizaxe:

  • Aprender a aprender por medio das actividades

cooperativas, en que o grupo-clase ten que buscar a colaboración e as achegas de todas as persoas que o compoñen, favorecendo o diálogo, a busca, o consenso, o razoamento e a comprensión das ideas achegadas polas e polos demais.

  • O axeitado coñecemento de si mesma e de si mesmo,

do propio corpo, das posibilidades de acción, do contorno que nos rodea, das demais compañeiras e compañeiros así como a comprensión dos patróns de movemento realizados para transferir a outras accións que favoreza o coñecemento das propias capacidades e a autoestima.

  • Do mesmo xeito, as estratexias que cada nena e

neno desenvolven con respecto ao autocontrol e ao control da actividade, regulando os seus movementos e accións e respondendo aos obxectivos propostos, favorecerán o feito de aprender a aprender. Autonomía e iniciativa persoal. A educación física aborda a autonomía e a iniciativa persoal do alumnado desde varias perspectivas:

  • Mellorando o coñecemento do seu propio corpo e

do contorno ao estruturar o esquema corporal, así como a percepción do espazo e do tempo, de maneira que se gañe progresivamente autonomía e se fagan os movementos máis ricos e variados.

  • Incrementando o nivel de habilidades e de capacidades

e, en consecuencia, a autonomía e a iniciativa persoal.

  • Utilizando unha metodoloxía que favoreza a

exploración: os estilos de ensino que potencian a busca creando dúbidas nos coñecementos adquiridos ata o momento incrementan a capacidade do alumnado para realizar as accións con progresiva autonomía. A metodoloxía empregada tenderá á adquisición de aprendizaxes significativas, polo que é preciso que os contidos sexan coherentes desde un punto de vista obxectivo co nivel evolutivo e madurativo do alumnado. Desta maneira, conseguirase unha alta motivación, xa que as aprendizaxes terán conexión coas inquedanzas, necesidades e capacidades de cada neno e de cada nena. Na etapa de educación primaria preténdese que todas as áreas curriculares estean relacionadas entre si (interdisciplinariedade). Os contidos impartidos nelas deben ter conexión e o profesorado das diferentes áreas deberá estar coordinado e programar globalmente, o que favorecerá que os nenos e nenas perciban as aprendizaxes transmitidas como parte dun todo, relacionadas, cohesionadas e con coherencia. Estruturar as aprendizaxes segundo a centros de interese pode ser unha boa alternativa para afianzar os coñecementos e garantir a calidade educativa. Partirase de estilos de ensino que favorezan a busca, a indagación e a investigación, implicando aspectos mentais nas execucións motrices. O descubrimento guiado ou a resolución de problemas baseándose en propostas motrices levará as alumnas e os alumnos a investigar, razoar e chegar a unha ou varias posibles solucións. O xogo é un recurso metodolóxico que debe utilizarse para gran parte dos contidos que se traten. Está sobradamente demostrada polas correntes pedagóxicas actuais a idoneidade deste para acadar as aprendizaxes propostas. O xogo ten un carácter natural, está presente nas persoas case desde o nacemento e pode ser multidisciplinar. Cómpre destacar os tradicionais de Galicia, que nun pasado tiveron gran difusión, e que sendo transmitidos de xeración en xeración. O desenvolvemento de xogos ou de actividades cooperativas favorecerá a adquisición de multitude de valores e de competencias básicas. Finalmente, é preciso prestar especial atención á eliminación das diferenzas sexistas, buscando a igualdade de oportunidades para os dous sexos co fin de chegar así a unha verdadeira «coeducación física». Obxectivos.

  • Coñecer, aceptar e valorar o propio corpo e a actividade

física como medio de exploración e de gozo das propias posibilidades motrices, de relación coas demais persoas e como recurso para organizar o tempo de lecer.

  • Utilizar as propias capacidades motrices, habilidades

e destrezas e o coñecemento que o alumnado posúe da estrutura e funcionamento do corpo para adaptar o movemento ás circunstancias e condicións de cada situación.

  • Utilizar os recursos expresivos do corpo e do

movemento de xeito estético e creativo, comunicando sensacións, emocións, ideas e estados de ánimo.

  • Regular e dosificar o esforzo, asumindo un nivel

de auto exixencia acorde coas posibilidades de cadaquén e coa natureza da tarefa que se está a realizar.

  • Apreciar a actividade física para o benestar,

manifestando unha actitude responsable cara a si e cara ao resto das persoas e recoñecendo os efectos da actividade física, da hixiene corporal, da alimentación e dos hábitos posturais sobre a saúde e a calidade de vida.

  • Participar en actividades físico-deportivas compartindo

proxectos, establecendo relacións de cooperación para acadar obxectivos comúns, resolvendo por medio do diálogo os conflitos que poidan xurdir e evitando discriminacións por características persoais, de xénero, sociais e culturais.

  • Coñecer e valorar a diversidade de actividades

físicas, lúdicas e deportivas como elementos culturais, amosando unha actitude crítica, tanto desde a óptica de participante como desde a de público.

  • Adquirir, elixir e aplicar principios e regras para

resolver problemas motores e actuar de xeito eficaz e autónomo na práctica de actividades físicas, deportivas e artístico-expresivas.

  • Coñecer e practicar xogos, deportes e/ou bailes

tradicionais propios da cultura galega, amosando interese pola indagación neste eido e pola súa difusión e valorando as repercusións que teñen na nosa sociedade. Contidos. Primeiro ciclo. Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción.

  • Exploración do corpo, das sensacións e das propias

posibilidades de movemento.

  • Concienciación do propio corpo en relación coa

tensión, coa relaxación e coa respiración.

  • Experimentación de posturas corporais diferentes.
  • Realización de actividades encamiñadas á afirmación

da lateralidade.

  • Experimentación de situacións de equilibrio e de

desequilibrio.

  • Nocións asociadas a relacións espaciais e temporais:

orientación espacial (diante, detrás, lonxe, preto...) e temporal (antes, despois...).

  • Aceptación da propia realidade corporal.
  • Interese por aumentar a autonomía.

Bloque 2. Habilidades motrices.

  • Exploración das habilidades e das propias posibilidades

de movemento.

  • Experimentación de diferentes xeitos de execución

e de control das habilidades motrices básicas.

  • Resolución de problemas motores sinxelos.
  • Realización de coordinacións globais diversas.
  • Interese por coñecer as propias posibilidades de

movemento e de acción.

  • Disposición favorable a participar en actividades

variadas, esforzándose e aceptando a existencia de diferenzas no nivel de habilidade. Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas.

  • Descubrimento e exploración das posibilidades

expresivas do corpo e do movemento.

  • Imitación de personaxes coñecidos e de situacións

cotiás.

  • Exteriorización de emocións e de sentimentos a

través do corpo, do xesto e do movemento.

  • Realización de representacións e de dramatizacións

sinxelas con obxectos e con materiais.

  • Sincronización do movemento con pulsacións e

estruturas rítmicas sinxelas.

  • Vivenciación de tarefas lúdico-motrices con base

musical.

  • Participación desinhibida en situacións que supoñan

comunicación corporal, recoñecendo as diferenzas no xeito de expresarse.

  • Desfrute mediante a expresión a través do propio

corpo. Bloque 4. Actividade física e saúde.

  • Adquisición de hábitos básicos de hixiene corporal

e práctica de tarefas encamiñadas á hixiene postural.

  • Coñecemento de pautas de alimentación básicas

en relación coa actividade física.

  • Comprensión da relación da actividade física co

benestar.

  • Realización de actividades motrices orientadas á

mellora da saúde.

  • Adopción de medidas de seguridade na actividade

física.

  • Respecto das normas de uso de materiais e de

espazos na práctica da actividade física.

  • Actitude favorable cara á actividade física con

relación á saúde. Bloque 5. Xogos e deportes.

  • Consideración do xogo como actividade común a

todas as culturas.

  • Comprensión e cumprimento das regras do xogo.
  • Realización de xogos libres e organizados.
  • Coñecemento e práctica de xogos populares tradicionais

galegos.

  • Descubrimento das estratexias básicas de cooperación

e de oposición en determinados xogos.

  • Respecto ás persoas participantes no xogo, aceptando

os diferentes papeis, valorando o esforzo e confiando nas propias posibilidades.

  • Valoración do xogo como medio de desfrute e de

relación coas demais persoas. Criterios de avaliación. Primeiro ciclo.

  • Reaccionar corporalmente ante estímulos visuais,

auditivos e táctiles, dando respostas motrices axeitadas ás características deses estímulos. Trátase de comprobar se as nenas e os nenos son quen de responder a estímulos dados en tres canles: visual, auditivo e táctil. Verificarase que poidan descubrir a procedencia e características dalgúns sons, discriminar co tacto obxectos ou texturas habituais e seguir visualmente ou interpretar traxectorias de obxectos, de persoas e de móbiles. Teranse en conta a memoria auditiva e visual.

  • Adoptar diferentes posturas corporais, amosando

coñecemento do corpo e mantendo o equilibrio e o control respecto á tensión/relaxación musculares e á respiración. Preténdese avaliar se o alumnado pode manter o equilibrio e o control da respiración ao experimentar posicións corporais variadas. Ademais, comprobarase se coñece as partes máis importantes do seu corpo e os movementos que se poden realizar con elas, se é capaz de contraelas e de relaxalas en función da postura que deba adoptar.

  • Reproducir cos diferentes segmentos corporais ou

con instrumentos unha estrutura rítmica sinxela. Inténtase saber se as nenas e nenos son quen de reproducir unha determinada estrutura rítmica por medio do movemento corporal con tarefas motrices globais (desprazamentos, saltos...) ou finas (palmas, golpes cos pés no chan...); tamén con variedade de instrumentos de percusión ou materiais propios da educación física (pelotas, picas, mazas...).

  • Desprazarse e saltar coordinadamente, variando a

amplitude, a frecuencia, a dirección e o sentido do movemento e mais amosando unha axeitada orientación no espazo. Preténdese comprobar nas alumnas e alumnos a capacidade de executaren dúas habilidades básicas: os desprazamentos e os saltos. Realizaranse en posicións corporais variadas e adaptaranse aos requisitos e condicións de cada xogo ou situación motriz presentada. Avaliarase a ocupación do espazo (dirección e sentido), así como as múltiples posibilidades de execución (amplitude e frecuencia).

  • Realizar lanzamentos, recepcións e outras habilidades

que impliquen o manexo de obxectos, coordinando os segmentos corporais e situando o corpo axeitadamente. Búscase verificar se as nenas e os nenos son capaces de manexar móbiles e diferentes obxectos con certa habilidade, utilizando ambos os lados do corpo e as súas distintas partes (mans, pés, xeonllos...). Débese atender á colocación do corpo de forma coordinada para facilitar o xesto e a adaptación ás situacións lúdicas que se ofrezan.

  • Simbolizar personaxes, obxectos e situacións utilizando

o corpo e materiais variados, amosando desinhibición e mais respectando e valorando as execucións alleas. Preténdese valorar a capacidade do alumnado para referirse a sensacións, personaxes, animais, obxectos... tanto co propio corpo coma con axuda doutros materiais en situacións variadas. Prestarase atención ao esforzo e á espontaneidade, así como ao rexeitamento de estereotipos. Terase en conta o interese polo descubrimento das posibilidades do propio corpo e o grao de respecto ás execucións das outras persoas participantes.

  • Amosar interese pola adquisición de hábitos axeitados

de alimentación, de hixiene corporal, postural e de seguridade na práctica da actividade física. Avalíase a predisposición cara aos hábitos relacionados coa saúde e co benestar. Constatarase se as alumnas e os alumnos son conscientes da necesidade de alimentarse e de hidratarse ben, sobre todo antes da práctica da actividade física; de manter a hixiene do corpo; de usar roupa e calzado axeitados para a práctica física; de adoptar determinadas posturas corporais para evitar problemas; así como de identificar os riscos asociados a algunhas actividades motrices.

  • Participar e gozar dos xogos, axustando a propia

actuación ás características da actividade e experimentando relacións positivas coas outras persoas participantes. Neste caso valóranse especialmente as relacións axeitadas cos compañeiros e coas compañeiras, o respecto polas normas e a aceptación de distintos papeis. Ao atender á participación nos xogos, farase fincapé na posta en acción das habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros e lanzamentos/recepcións) e na percepción do propio corpo, do espazo e do tempo.

  • Coñecer e practicar xogos populares tradicionais

galegos, interesándose pola súa busca e valorando a súa importancia. Quérese comprobar o coñecemento e a práctica por parte do alumnado dalgúns aspectos da tradición galega, tales como os xogos ou incluso os xoguetes e os bailes. Valorarase a busca por medio da linguaxe oral, da biblioteca de centro e da aula ou das tecnoloxías da información e da comunicación. Contidos. Segundo ciclo. Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción.

  • Interiorización do esquema corporal e utilización

dos elementos orgánico-funcionais no movemento.

  • Conciencia e control do corpo en relación coa tensión,

coa relaxación global e segmentaria e coa respiración.

  • Adecuación da postura ás necesidades expresivas

e motrices.

  • Consolidación da lateralidade e da súa proxección

no espazo.

  • Práctica de equilibrio estático, dinámico e con

obxectos en situacións coñecidas.

  • Estruturación espacial e temporal en diversas

situacións.

  • Valoración e aceptación da propia realidade corporal

e da do resto das persoas.

  • Autonomía persoal e confianza nas propias posibilidades.

Bloque 2. Habilidades motrices.

  • Práctica das habilidades motrices básicas: desprazamentos,

saltos, xiros e lanzamentos/recepcións.

  • Uso eficaz das habilidades e das destrezas en situacións

motrices coñecidas e tarefas lúdico-motrices.

  • Control motor e dominio corporal, adaptándose a

medios diversos: natural, acuático...

  • Mellora das capacidades físicas básicas de forma

xenérica e orientada á execución motriz.

  • Execución de movementos coordinados desde un

punto de vista motor.

  • Reflexión sobre a competencia motriz do alumnado

e interese por mellorala.

  • Disposición favorable a participar en actividades

diversas, esforzándose e aceptando as diferenzas individuais en canto á habilidade para executalas. Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas.

  • Utilización do corpo e do movemento como instrumentos

de expresión e de comunicación.

  • Representación de obxectos e de personaxes reais

e ficticios en diferentes situacións.

  • Expresión de ideas, de emocións e de sentimentos

a través do corpo, do xesto e do movemento.

  • Utilización de obxectos e de materiais para a dramatización

e para a comunicación.

  • Adecuación do movemento a ritmos diversos e a

estruturas espazo-temporais.

  • Execución de danzas, de bailes e de coreografías

simples.

  • Participación desinhibida en situacións que supoñan

comunicación corporal, valorando as diferenzas no xeito de expresarse.

  • Gozo mediante a expresión e a comunicación a

través do propio corpo. Bloque 4. Actividade física e saúde.

  • Consolidación dos hábitos de hixiene corporal e

adquisición de hábitos posturais correctos na práctica física.

  • Interiorización de hábitos alimentarios saudables

relacionados coa actividade física.

  • Recoñecemento dos beneficios da actividade física

en relación coa saúde e co benestar.

  • Práctica de actividades que melloren de xeito

xenérico a condición física orientada á saúde.

  • Adquisición de hábitos que proporcionen seguridade

na práctica da actividade física.

  • Uso correcto dos materiais e dos espazos, adoptando

medidas básicas de seguridade e prevención durante a práctica da actividade física.

  • Actitude favorable cara á actividade física con

relación á saúde. Bloque 5. Xogos e deportes.

  • Apreciación do xogo e do deporte como elementos

da realidade social.

  • Comprensión, aceptación e cumprimento das

regras e das normas de xogo e actitude responsable con relación ás estratexias acordadas.

  • Participación e práctica de xogos diversos e de

actividades de iniciación predeportiva.

  • Busca de información sobre xogos populares,

autóctonos e tradicionais de Galicia e práctica destes.

  • Experimentación das estratexias básicas de xogo

relacionadas coa cooperación, coa oposición e coa cooperación/oposición.

  • Respecto cara ás persoas participantes no xogo,

valorando o esforzo e rexeitando os comportamentos antisociais.

  • Valoración do xogo e das actividades deportivas

como medio de gozo, de relación e de emprego do tempo de lecer. Criterios de avaliación. Segundo ciclo.

  • Amosar un axeitado coñecemento do corpo, dos

seus elementos e funcionalidade, controlándoo en situacións variadas en relación coa tensión/relaxación musculares e coa respiración. Valórase se as nenas e os nenos destas idades son capaces de diferenciar e de controlar as partes do seu corpo e as súas posibilidades de movemento en situacións motrices coñecidas e descoñecidas. Para comprobalo, cómpre ofrecer cantidade e variedade de estímulos. Daráselle importancia á economía e á fluidez nos movementos, logradas en parte grazas a un bo control da tensión e da relaxación musculares.

  • Propoñer estruturas rítmicas sinxelas e reproducilas

corporalmente ou con instrumentos. Quérese avaliar se o alumnado é quen de inventar estruturas rítmicas, de acordo cun número de pulsacións ou a unha secuencia, e de reproducilas de diferentes maneiras. Esta reprodución pode ser por medio de tarefas motrices globais (desprazamentos, saltos...) ou finas (palmas, percusións en zonas corporais, golpes co pé no chan...); tamén con instrumentos de percusión ou materiais propios da educación física (pelotas, mazas, picas...).

  • Desprazarse e saltar, combinando as habilidades

de maneira equilibrada e coordinada, axustando os movementos corporais eficazmente aos cambios das condicións da actividade. Preténdese verificar nos alumnos e alumnas a habilidade de saltar e de desprazarse de diferentes maneiras (en cuadrupedia, reptando, gabeando...); con distintas velocidades; con cambios de dirección e de sentido e adaptándose a condicións externas variables (por exemplo, a outras persoas que igualmente se desprazan). Atenderase ao equilibrio e reequilibrio nas combinacións das habilidades, así como a unha correcta coordinación.

  • Xirar sobre os eixos lonxitudinal e transversal,

mantendo o equilibrio nas execucións e achegando respostas motrices acordes coas prácticas solicitadas. Compróbase se as nenas e os nenos realizan xiros sobre o eixo transversal (viravolta adiante ou atrás) e lonxitudinal (rolar, facer un medio xiro no aire). Os xiros poderán estar combinados con desprazamentos e con saltos, dando lugar a cambios de dirección e de sentido. Avaliarase o control correcto do corpo desde un punto de vista postural e o mantemento do equilibrio, evitando riscos innecesarios.

  • Lanzar, pasar e recibir pelotas ou outros móbiles

con certo control e adaptándose ás traxectorias. Valórase a coordinación global e segmentaria no manexo de móbiles, ben sexa ao manipulalos co corpo ou con algún tipo de axuda material (pa, raqueta, stick...), amosando unha axeitada percepción espacio- temporal para adaptar o propio movemento ás súas traxectorias. Este criterio avaliarase por medio de xogos e de tarefas lúdico-motrices e verificarase atendendo aos pases, recepcións, conducións, lanzamentos...

  • Utilizar os recursos expresivos do corpo, os obxectos

e os materiais para a comunicación de ideas, de emocións e de sentimentos e mais para a representación de personaxes e de historias, reais ou imaxinarias, individualmente e en grupo. Compróbase a capacidade do alumno e da alumna para representar e comunicar por medio da linguaxe non verbal determinadas situacións, ideas, emocións, sentimentos, estados de ánimo... individualmente e en grupo. Nas producións grupais terase en conta a predisposición ao diálogo e a responsabilidade na organización e na preparación da proposta. Atenderase especialmente ao respecto polo papel que lle corresponde desempeñar a cadaquén e polas actuacións do resto dos compañeiros e compañeiras.

  • Manter unha predisposición positiva cara á práctica

da actividade física, valorando os seus beneficios para a calidade de vida e amosando interese na hixiene, na alimentación e na adquisición de hábitos saudables. Avalíase se as nenas e os nenos son quen de valorar os beneficios que a actividade física ten sobre o organismo, especialmente no relativo á mellora das habilidades, da percepción e da condición física, así como a necesidade de evitar riscos innecesarios na práctica de xogos e de actividades motrices. As prácticas saudables pasarán por manter unha hixiene axeitada despois das sesións de educación física, adoptar as posturas correctas en cada situación e os hábitos alimenticios que permitan practicar actividade física con certas garantías (inxesta de alimentos, hidratación...).

  • Participar en xogos e en actividades deportivas

con coñecemento das normas, resolvendo os retos cooperativamente e amosando unha actitude de aceptación cara ás demais persoas. Verifícase se o alumnado participa nos xogos e nas actividades aceptando o papel que lle corresponde desempeñar; tendo en conta o resto das persoas; rexeitando os comportamentos antisociais; evitando discriminacións, estereotipos, prexuízos... Valorarase a actitude cooperativa cos membros do mesmo equipo e o respecto cara aos do equipo contrario, así como o esforzo e a implicación na actividade.

  • Buscar información sobre xogos populares tradicionais

galegos en diferentes medios, interesarse polo seu coñecemento e practicalos. Valórase se as alumnas e alumnos buscan información sobre aspectos relacionados coa área de educación física que son propios de Galicia, como os xogos populares tradicionais, os xoguetes e os bailes. Realizaranse buscas en soporte impreso (libros da biblioteca) ou dixital (a internet), favorecendo así o uso das TIC. Prestarase especial atención ao interese que amosan as nenas e os nenos en practicar e difundir estes xogos, xoguetes e danzas. Contidos. Terceiro ciclo. Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción.

  • Interiorización da imaxe e do esquema corporal,

representación e uso dos elementos orgánico-funcionais no movemento.

  • Control corporal en situacións motrices complexas:

utilización da capacidade de tensión e de relaxación.

  • Adquisición dunha axeitada mecánica respiratoria,

valorando a súa importancia.

  • Adaptación da postura ás necesidades expresivas

e motrices de xeito eficiente, fluído e harmónico.

  • Execución de movementos de certa dificultade cos

segmentos corporais dominantes e non dominantes.

  • Realización de equilibrio estático, dinámico e con

obxectos en situacións complexas e descoñecidas.

  • Estruturación e organización espacio-temporal en

accións e en situacións motrices complexas.

  • Valoración e aceptación da propia realidade corporal,

reflexionando criticamente acerca das mensaxes proporcionadas polos medios de comunicación.

  • Seguridade, confianza e autonomía persoal.

Bloque 2. Habilidades motrices.

  • Adaptación das habilidades motrices básicas e

específicas a diferentes situacións.

  • Uso das habilidades motrices básicas aplicadas a

actividades deportivas e rítmicas complexas con eficiencia e creatividade.

  • Aplicación de habilidades específicas en iniciación

deportiva de maneira óptima.

  • Dominio motor e corporal, seguridade e autonomía

en medios diversos: natural, acuático, a neve...

  • Acondicionamento físico xeral orientado á mellora

da execución das habilidades motrices.

  • Práctica de coordinacións globais e específicas en

situacións complexas.

  • Valoración do traballo ben executado desde o

punto de vista motor.

  • Disposición favorable para participar en actividades

físicas diversas, esforzándose e aceptando as diferenzas no nivel de habilidade. Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas.

  • Concienciación e uso axeitado das posibilidades

expresivas e comunicativas da linguaxe corporal.

  • Elaboración de composicións grupais representando

situacións variadas e atendendo a diferentes estímulos.

  • Expresión e comunicación de sentimentos e de

emocións individuais e grupais a través do corpo, do xesto e do movemento.

  • Representacións e improvisacións artísticas por

medio da linguaxe corporal e coa axuda de obxectos e materiais.

  • Composición de movementos variados a partir da

combinación de estímulos rítmicos e musicais.

  • Execución de bailes e de danzas e elaboración de

coreografías.

  • Participación desinhibida en situacións de comunicación

corporal e de respecto ante as execucións alleas.

  • Valoración da expresión e da comunicación corporal

como importantes para a educación integral. Bloque 4. Actividade física e saúde.

  • Autonomía na hixiene corporal e adquisición de

hábitos posturais axeitados na vida cotiá e na actividade física.

  • Busca de información e análise crítica sobre

aspectos alimentarios (proteínas, carbohidratos, lípidos...) para unha vida saudable.

  • Recoñecemento dos efectos beneficiosos da actividade

física na saúde, identificación e rexeitamento das prácticas pouco saudables.

  • Incremento da condición física co obxectivo de

mellorar a saúde.

  • Prevención de lesións na actividade física: quecemento,

dosificación do esforzo, recuperación/relaxación, primeiros auxilios...

  • Utilización correcta e respectuosa do contorno,

adoptando medidas de seguridade e de prevención de accidentes na actividade física.

  • Actitude favorable cara á actividade física con

relación á saúde. Bloque 5. Xogos e deportes.

  • Recoñecemento do xogo e do deporte como fenómenos

sociais e culturais: tipos de xogos e de actividades deportivas.

  • Aceptación e respecto cara ás normas, cara aos

regulamentos, cara ás estratexias e cara ás persoas que participan no xogo, así como cara ao papel que corresponda desempeñar.

  • Realización de xogos e de actividades deportivas

de diversas modalidades e de dificultade crecente.

  • Recompilación de información sobre xogos e

deportes populares, autóctonos e tradicionais de Galicia e práctica destes.

  • Utilización axeitada e valoración das estratexias

básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/ oposición.

  • Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos

diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos.

  • Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute,

de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer. Criterios de avaliación. Terceiro ciclo.

  • Axustar as accións do corpo aos cambios nas condicións

da actividade, de maneira económica e eficaz, incidindo nos mecanismos de percepción, de decisión e de control motor. Trátase de comprobar o axuste do alumnado ás condicións e características específicas de cada situación motriz, dado que é preciso escoller o patrón motor axeitado en cada momento coa maior economía para cumprir o obxectivo proposto (eficiencia), atendendo aos mecanismos da aprendizaxe motora.

  • Adaptar os desprazamentos, saltos e xiros a diferentes

contornos que poidan presentar incerteza, sexan coñecidos ou descoñecidos. Preténdense avaliar as habilidades básicas, buscando adaptalas a condicións de execución cada vez máis complexas, así como a outros medios: medio natural, medio acuático... Valorarase a variedade de desprazamentos (carreira, cuadrupedia, reptación, propulsión...), de saltos (con ou sen carreira previa, cunha perna, coas dúas...) e de xiros (nos eixos lonxitudinal, transversal e antero-posterior).

  • Lanzar, pasar e recibir pelotas ou outros móbiles

de maneira controlada nos xogos ou actividades motrices e deportivas que o requiran, axustándose axeitadamente á situación no terreo de xogo, ás distancias e ás traxectorias. Compróbase o dominio que ten o alumnado das manipulacións e do manexo de obxectos e de móbiles en situacións de xogo e interactuando co resto das persoas participantes, tanto do equipo propio coma do contrario. Avaliarase a coordinación no lanzamento (adiantar a perna contraria ao brazo de lanzar); a adecuación deste ás condicións variables de cada situación motriz; a orientación do corpo en función da traxectoria, da dirección e da velocidade do móbil e a capacidade de anticipación.

  • Incrementar globalmente a condición física, axustando

a súa actuación ao coñecemento das propias posibilidades e limitacións corporais e de movemento. Valórase se o alumnado amosa unha predisposición de cara á mellora das súas capacidades físicas básicas. Farase especial fincapé en comprobar a dosificación do esforzo en función da propia capacidade, adaptando o exercicio ás posibilidades e limitacións.

  • Construír composicións grupais interaccionando

coas demais persoas, utilizando os recursos expresivos do corpo e do movemento, dos materiais e dos obxectos e atendendo a estímulos musicais, plásticos ou verbais. Avalíase se os nenos e as nenas son capaces de expresar individualmente gran variedade de situacións, de ideas, de emocións, de sentimentos, de estados de ánimo, de mensaxes... por medio da linguaxe corporal e apoiándose en varios aspectos e materiais. Con este criterio valórase tamén a capacidade para adecuarse a outras persoas e crear grupalmente un pequeno «espectáculo». Teranse en conta a creatividade, a soltura e a desinhibición.

  • Identificar algunhas das relacións que se establecen

entre a práctica correcta e habitual da actividade física e a mellora da saúde e da calidade de vida e actuar de acordo con elas. Quérese verificar se os alumnos e as alumnas son conscientes da relación que existe entre a actividade física practicada de forma coherente, axeitada e habitual e a mellora da saúde e da calidade de vida. Comprobarase a predisposición cara á realización de exercicio físico, cara á adopción de posturas correctas, cara á adquisición de hábitos de hixiene, cara á alimentación e hidratación axeitadas, cara á adopción de medidas de seguridade, cara ao rexeitamento de prácticas pouco saudables (inxestión de substancias nocivas, actividades físicas perigosas...) e cara á prevención de accidentes ao realizar actividade física. Valorarase o interese por buscar información variada e en distintos medios, así como a capacidade de reflexión crítica sobre as mensaxes que estes medios acheguen.

  • Actuar coordinada e cooperativamente coas persoas

que compoñen o propio equipo para resolver retos ou opoñerse ás do equipo contrario nun xogo ou actividade deportiva colectiva, establecendo relacións construtivas e equilibradas. Preténdense avaliar as relacións e interaccións coas demais persoas participantes nos xogos e deportes realizados. Atenderase ás accións de cooperación e de oposición (comunicación e contracomunicación motriz) e á axeitada ocupación do terreo de xogo. Terase en conta que as relacións entre as persoas participantes dun e doutro equipo sexan respectuosas, equilibradas e non discriminatorias.

  • Identificar como valores fundamentais dos xogos e

das actividades deportivas o esforzo persoal e as relacións co grupo, resolvendo de forma crítica as situacións conflitivas que poidan xurdir. Avalíase se as alumnas e os alumnos valoran o esforzo nos xogos e nos deportes practicados, o xogo limpo, as relacións coas demais persoas e a resolución pacífica dos conflitos e das desavinzas xurdidas. Prestaráselles atención á expresión de opinións, ao diálogo, ao debate e á adopción de criterios propios, así como á comprensión do punto de vista do resto das persoas, máis ca aos resultados da propia actividade (gañar ou perder).

  • Coñecer, practicar e valorar xogos e deportes

populares tradicionais de Galicia, recompilando información sobre eles e interesándose pola súa conservación. Búscase comprobar que o alumnado recompile e achegue información sobre xogos e xoguetes, deportes, danzas ou bailes propios da nosa comunidade autónoma, facendo para iso traballo de campo, utilizando as TIC, a biblioteca da aula, a do centro, a municipal ou calquera outro medio. Avaliarase a práctica das ditas actividades e o interese pola súa transmisión e conservación.

ANEXO III[editar]

Cadro de distribución horaria para a educación primaria 1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso 5º curso 6º curso Lingua castelá e literatura 4 4 4 4 4 3 Lingua galega e literatura 4 4 4 4 4 3 Lingua estranxeira 2 2 3 3 3 3 Educación artística 2 2 2 2 2 2 Educación física 2 2 2 2 2 2 Matemáticas 5 5 4 4 4 4 Coñecemento do medio natural, social e cultural 5 4 5 4 5 4 Relixión 1 2 1 2 1 2 Educación para a cidadanía e os dereitos humanos - - - - - 2 TOTAIS 25 25 25 25 25 25

ANEXO IV[editar]

Proxecto lector de centro Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos que a Lei orgánica de educación e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio, os centros educativos deberán elaborar e incluír nos seus proxectos educativos de centro, proxectos lectores que integren todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas. O proxecto lector de centro será un documento deseñado para desenvolver a medio prazo en que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulen todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e ciclos, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha. O proxecto lector de centro será a referencia para a elaboración de programas ou plans anuais de lectura, que se incluirán na programación xeral anual. O seu deseño e posta en marcha son competencia de todo o equipo docente e estarán coordinados preferentemente pola persoa responsable da biblioteca escolar. Para a consecución dos devanditos obxectivos, os centros educativos deberán tomar decisións consensuadas que permitan:

  • A existencia dunha biblioteca escolar como centro

de recursos da información, da lectura e da aprendizaxe, dinamizadora da actividade educativa e da vida cultural do centro.

  • A integración das fontes informativas, en calquera

soporte (impreso ou electrónico) no tratamento dos contidos curriculares.

  • A formación de lectores e de lectoras competentes

e a creación e consolidación do hábito de lectura.

  • O desenvolvemento de actitudes favorables á lectura

mediante a creación de ambientes lectores, entre outras estratexias.

  • O funcionamento da biblioteca escolar como factor

de compensación social. Fundamentos. O plan anual de lectura e o proxecto lector de centro garantirán a paulatina capacitación do alumnado nas competencias básicas que se pretenden, de cara á súa formación como cidadáns activos e solidarios. Con esta finalidade, empregaranse cun enfoque funcional as distintas tecnoloxías da comunicación e da información ao alcance do alumnado, para incidir en aspectos específicos destes soportes e linguaxes de cara a unha utilización eficaz, comprensiva e ética deles. A formación da lectura comprensiva exixe, pola súa vez, un traballo progresivo e continuado. Traballarase con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico. Incidirase na identificación da finalidade da lectura e na forma de axustar a lectura ao obxectivo en cada ocasión. Ensinaranse estratexias de comprensión lectora. O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirá nas súas programacións as actividades previstas no proxecto segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura. Seguimento e avaliación. Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto e das súas concrecións nos plans anuais de lectura. Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta non só os índices de lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e ser quen de se enfrontar a textos cada vez máis complexos, así como a súa actitude diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.

ANEXO V[editar]

Plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación Enmarcada nas accións que se dispoñen na Lei orgánica de educación, e coa finalidade de que as tecnoloxías da información e a comunicación se incorporen como un recurso máis aos procesos de ensinoaprendizaxe, cada centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto educativo de centro, un plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación que implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan. A aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse. Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de coherencia, resulta necesaria a creación dun plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación no centro e na aula coa participación activa de todo o equipo docente, que unha vez aprobado, se incorporará á programación xeral anual de centro, e a súa avaliación, á súamemoria. Cada proxecto será único atendendo ás características e ás posibilidades que se poden acadar tendo en conta a situación xeográfica, o tipo de alumnado, a formación do profesorado e as infraestruturas dispoñibles. Deseñaranse unhas pautas para realizar un seguimento e avaliación do plan, polo menos trimestral, polas persoas coordinadoras de ciclo e -en caso de existir- pola persoa coordinadora do plan, que determinarán, se é o caso, aspectos de mellora. Como marco para a elaboración deste plan de traballo, xúntanse as características que se deben ter en conta para a súa elaboración:

  • Estudo inicial do centro referido ás características

de toda a súa comunidade educativa. Poden recollerse aquí as iniciativas xa realizadas neste campo e mais as expectativas e os intereses de cara ao futuro.

  • Obxectivos que, a curto e longo prazo, se pretenden

alcanzar, así como a metodoloxía e actividades concretas que se aplicarán para acadalos. Deberán incluírse iniciativas pedagóxicas innovadoras e cambios metodolóxicos que redunden nun mellor aproveitamento das TIC nas aulas.

  • Estratexias de coordinación do profesorado das

distintas áreas e niveis educativos.

  • Utilización e aproveitamento dos recursos existentes

no centro en beneficio do proxecto.

  • Organización dos espazos do centro.
  • Fomento dos valores democráticos, tratamento da

diversidade, atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo e medidas para promover o acceso ás TIC en condicións de igualdade por parte de persoas dos dous sexos e de diferentes condicións sociais.

  • Uso da biblioteca escolar como centro de recursos

multimedia para a obtención de información e para a aprendizaxe.

  • Plan de avaliación anual tendente a detectar os

obxectivos acadados e os incumpridos, así como as estratexias que deberán adoptarse para alcanzar os non conseguidos.

  • Detección de necesidades formativas do profesorado.

Elaboración dun plan de formación interno que permita difundir boas prácticas e aproveitar ideas e coñecementos dos compañeiros e compañeiras docentes.

  • Medidas para difundir o proxecto entre o alumnado,

as familias e a comunidade educativa en xeral, de maneira que se fomente a súa participación nel. Cada plan deberá recoller ademais os seguintes obxectivos xerais:

  • Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.
  • Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo coas TIC.
  • Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
  • Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.
  • Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.
  • Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC.
  • Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.
  • Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.
  • Potenciar a comunicación cos seus iguais.
  • Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.
  • Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...
  • Consultar e obter información a través das TIC, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.
  • Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas...

en diversas redes de colaboración como a internet.

  • Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto con todos os axentes do proceso educativo, facilitando

a conexión entre eles.

  • A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.

Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais.


Esta obra está no dominio público, porque o "Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia" establece: "Artigo 13. Exclusións. Non son obxecto de propiedade intelectual as disposicións legais ou regulamentarias e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos, acordos, deliberacións e ditames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores."