Lixo

En Galilibros, o Wikibooks en galego.

Neste manual explicarase o procedemento a seguir para desfacerse dos materiais que xa non se van utilizar ─polo motivo que sexa─.

Colector verde[editar]

É o colector xeral do lixo.

Material que vai ao colector verde: bolígrafos[1], bombillas normais (non de baixo consumo), CD e DVD[2], papel de aluminio (se ten restos de alimentos), roupa que non se poda volver utilizar ─cueiros, roupa inservible, etc.─, etc.

Colector azul[editar]

É o colector de papel e cartón.

Material que vai ao colector amarelo: cartón, papel, etc.

Os sobres poden levar un símbolo de reciclaxe que diga “Ecological Paper”, que significa que ─a pesar do plástico─ podes reciclarse coma papel, e por tanto deben tirarse no colector azul.

Colector amarelo[editar]

É o colector de envases e plástico.

Material que vai ao colector amarelo: papel de aluminio (se está limpo), tapas de bolígrafos, tarxetas plásticas (de crédito ou similar)[3], xoguetes de plástico ─só cando non leven compoñentes electrónicos e non sexan moi complexos (plásticos distintos)─[4], etc.

Lixo electrónico[editar]

O material electrónico (non eléctrico) inservible debe levarse aos chamados “puntos verdes”, onde se encargarán da súa recollida. Non quedan dentro desta categoría os electrodomésticos e aparellos eléctricos.

Material electrónico: calculadoras, cámaras dixitais (de fotografía ou vídeo), computadores ─incluídos compoñentes e periféricos: escáneres, impresoras, pantallas, ratos, teclados, etc.─, reprodutores de música, teléfonos móbiles ─incluídos cargadores─, televisores ─incluídos mandos─, etc.

Véxase a lista de puntos verdes.

Pilas[editar]

As pilas esgotadas deposítanse nos colectores amarelos de forma de paleira que son expresamente para este tipo de material[5].

Notas[editar]

  1. Lixo doméstico ─ Concello de Vigo.
  2. En Galicia non existe a día de hoxe forma de reciclalos.
  3. “Reciclaje del plástico”, YoLimpio.com (en castelán).
  4. Reciclaje: dónde tirar cada residuo ─ Portal del Consumidor de la Comunidad de Madrid (en castelán).
  5. Limpeza: Pilas usadas ─ Concello de Vigo.