Xa nin rencor nin desprezo

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


I. Vaguedás (Follas novas)       Rosalía de Castro      
 


Follas novas 1880 Rosalía Castro de Murguía.pdf



XIII



   Xa nin rencor nin desprezo
Ẍa nin temor nin mudanzas,
Tan só un-ha sede..., un-ha sede,
D'un non sei qué, que me mata.
Rios d'a vida ¿onde estades?
¡Aire! qu'ó aire me falta.

   —¿Qué ves n'ese fondo escuro?
¿Qué ves que tembras e calas?
¡Non veẍo! Miro, cal mira,
Un cego á luz d'o sol crara.
E vou caer alí en donde
Nunca ó que cai se levanta.



<<<< >>>>