Wikisource:Bots/Peticións de aprobación
Se vostede quere utilizar un bot no Galifontes, primeiro debe aprobarse. Para facelo, engada a súa petición a continuación.
Política actual sobre o funcionamento de bots
[editar]Antes de poñer a funcionar o bot debe pedir a aprobación nesta páxina. Indique claramente que vai facer o bot. Faga un seguemento da discusión e espere pola autorización. Despois de aprobarse o bot, pode facelo funcionar durante un curto período de tempo para que sexa monitorizado. Despois da proba unha persoa do grupo de Burócratas asignáralle a marca de bot.
Por favor NON comece a utilizar o bot se non segue as instrucións que aparecen a continuación.
I | Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función.
por favor faga o seguinte:
|
---|---|
II | Pór o seu bot na listaxe desta páxina.
por favor faga o seguinte:
|
III | Esperar pola aprobación.
Debe esperar pola aprobación e polo marcado como bot. |
- Cando elixa o nome de usuario do bot, por favor asegúrese de que non se confunde con un nome de usuario. Para que se saiba inmediatamente que se trata dun bot, un procedemento usual é chamalo co seu nome de usuario + "bot".
- Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
- O operador do bot debe estar rexistrado no sistema no que estea operando para interromper o funcionamento se se producen erros; se non, o bot será bloqueado sen previo aviso.
- Se ten pensado usar un programa tipo "spider", wget recursivo, ou semellante para conseguir unha copia local da Wikipedia, por favor descárguea do arquivo da base de datos.
- Cargar dinamicamente as páxinas da Wikipedia tamén resulta inaceptable.
- Os operadores deben diferenciar as súas edicións das do bot. Iso significa que non debe estar rexistrado como bot para contestar a outros colaboradores. As cuestións referidas ao bot deben estar na páxina de discusión do bot ou na páxina de discusión do operador, pero o único que debe responde-las é o operador non o bot.
É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:
- O bot é inócuo
- O bot é útil
- O bot non é unha carga para os nosos recursos
- O bot foi aprobado
Para comprobar que o bot é inócuo e útil, pode requerirse un período de proba. As queixas referidas ao funcionamento durante o período de probas do bot implican que este deixe de funcionar inmediatamente. Se o bot pasa o período de probas sen problemas, entón a marca de bot será asignada por un burócrata.
Nas votacións pode usar os modelos: {{Concordo}} -> Concordo, {{Discordo}} -> Discordo, {{Neutro}} -> Neutro, {{Comentario}} -> Comentario para editar os seus argumentos e participar no debate.
Solicitudes de aprobación de bots
[editar]Retirar a bandeira de bot a AvocatoBot
[editar]Só 4 contribucións no 2012, para engadir interwikis, que xa non se usan ao pasarse a wikidata. Semella inactivo dende aquela, non ten moito sentido que todavía teña a bandeira de bot.
- A favor
- Concordo ☣Banjo tell me 15 de febreiro de 2016 ás 11:54 (UTC)
- Concordo --Agremon (conversa) 12 de maio de 2016 ás 10:16 (UTC) Un pouco de retraso...
- Concordo --HombreDHojalata (conversa) 12 de maio de 2016 ás 12:16 (UTC)
- En contra
- Comentarios