Esta páxina está semiprotexida

Wikisource:Texto destacado

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirixido desde "WS:TD")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Atallo:
WS:TD

O texto destacado é unha sección da Portada.

Actualmente o texto destacado é:

Texto destacado

A lama dos preitos. — Luís Otero Pimentel. 1907.


   “O laverco da Toxeira, fillo do pai de Xuana” –polo seu nome Enrique– facía na escola as pranas máis somellantes ás mostras de Iturzaeta; e pró demais tamén era moi espelido.

   O mestre chamábase D. Silvestre Caugalleira, de mote “Escuadrón”, porque había sido sarxento de caballería, e sempre estaba falando do seu escuadrón. Non sabía moito de letras, pero tiña a gramáteca do mundo que correra, e as leuciós que recolleu ós vellos.

   Cando veu que Enrique sabía tanto como el, –de letras se entende– chamouno ó pé da súa cadeira, e díxolle en gallego: –unhas veces falaba en gallego, e outras no linguaxe de Castela.

   —“Dille a teus pais que ti xa estás perdendo o tempo na escola, –bastante perdiamos todos– pois eu non che podo enseñar máis do que sabes”.

   Este feito do mestre, fala máis que moitos libros, pois ben se vía nel a sinxela palabra dos homes que din o que sinten.

   “O laverco” quedou espantado, saleu dando brincos como un tolo, e os demais quedamos mortos de envidia.

   Desde aquel día a nai de Enrique, chea de orgullo, decía que o seu fillo xa podía ser mestre; e fixo de modo que entrase na curia “do pai da Pombiña”.

   Presentareilles a estes novos perxonaxes, pra que vostedes sepan con quen van prá feira.

   Pero antes teño que compretar o retrato do mestre.

   Como xa lles dixen, era un home de moito mundo, xa velliño; que tiña máis de guerreiro que de mestre.

   Cando estaba de xéneo, pasaba o tempo contándonos as súas batallas, e non lle quedaba vagar pra tomar as leuciós. Pero cando falaba das guerras, falaba en castellano, e, pouco máis ou menos, decía así:

Outros textos destacados na Portada

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os textos destacados:

<center>'''''[[TÍTULO]]''. — [[Autor:NOME_DO_AUTOR|]]'''. [[ANO]].</center>
{{Prose}}
TEXTO
<div style="text-align:right;">'''[[TÍTULO|continuar lendo...]]'''</div>
</div>
<noinclude>[[Categoría:Textos destacados]]</noinclude>