Ti onte mañan eu
Aparencia
Caín tan baixo, tan baixo,
Que a luz onda min non vai;
Perdín de vista as estrelas
E vivo na escuridá.
Mais, agarda...!O que te riches
Insensibre ó meu afán!
Inda estou vivo..., inda podo
Subir para me vingar.
Tirá pedras o caído,
Tiraille anque sea un cento;
Tirá... que cando caiades,
Hanvos de face-lo mesmo.
Deixa que nes copa en donde bebes
As dozuras da vida
Unha gota de fel, unha tan soio,
O meu dorido corazón esprima.
Como abranda a delor as pedras frías,
Anque abrandarr non poida
Almas de ferro e peitos homicidas.