Saltar ao contido

Soneto (a Filida)

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Viches, Filida amada, o paxariño, que arando deses ares nas campiñas, descoidado se achanta polas liñas que cauto cazador pon no camiño?

Viches que forza fai para soltarse e levar a bicada aos seus paxaros (parte do corazón e fillos caros) que deixara no niño ao remontarse?

Pois viches quen te adora pola vida, que chantado no ichó dun imposíbel, cata aquí, cata alí se acha saída

para fuxir, podendo verse libre e acurruxarse firme no teu seo, en que chorase atento ao teu *deseo.