Real Decreto 195/2000, do 11 de febreiro

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Real Decreto 195/2000, do 11 de febreiro, polo que se establece o prazo para implanta-las medidas de seguridade dos ficheiros automatizados previstas polo Regulamento aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño. [1]

O Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, estableceu na súa disposición transitoria única os prazos de implantación das medidas de seguridade para os sistemas de información que se atoparan en funcionamento no momento da entrada en vigor de dito Regulamento.

O "Efeto 2000" obrigou ós responsables dos sistemas informáticos a realizar un considerable esforzo de adaptación de ditos sistemas, o que supuxo unha dificultade obxetiva para poder imprantar no prazo previsto as medidas de seguridade de nivel básico esixidas polo Regulamento. Resulta necesario por todo iso establecer un novo prazo para a implantación destas medidas.

Na súa virtude, a proposta da Ministra de Xustiza, previo informe da Axencia de Protección de Datos, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 11 de febreiro de 2000,

D I S P O Ñ O :

Artigo único.

Os sistemas de información que se atoparan en funcionamiento á entrada en vigor do Regulamento, aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, deberán impranta-las medidas de seguridade de nivel básico previstas por dito Regulamento nun prazo que rematará o día 26 de marzo de 2000.

Disposición adicional única.

Con efeto retroactivo, considerarase rehabilitado como prazo para a imprantación das medidas de seguridade de nivel básico, coa conseguinte exención de responsabilidade, o comprendido entre o momento de entrada en vigor do presente Real Decreto e o de conclusión do prazo fixado polo Regulamento aprobado polo Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño.

Disposición final única.

O presente Real Decreto entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

Dado en Madrid a 11 de febreiro de 2000.

JUAN CARLOS R.

A Ministra de Xustiza,

MARGARITA MARISCAL DE GANTE Y MIRÓN

Nota[editar]

  1. ^  Modificado, en canto que as referencias á Axencia de Protección de Datos deberanse entender realizadas á Axencia Española de Protección de Datos, polo Artigo 79 da Lei 62/2003, do 30 de decembro.