Saltar ao contido

Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi/Preámbulo

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Preámbulo

[editar]

O Pobo Vasco ou Euskal Herria é un Pobo con identidade propia no conxunto dos pobos de Europa, depositario dun patrimonio histórico, social e cultural singular, que se asienta xeográficamente en sete Territorios actualmente articulados en tres ámbitos xurídico-políticos diferentes ubicados en dous estados.

O Pobo Vasco ten dereito a decidir o seu propio futuro, tal e como se aprobou por maioría absoluta o 15 de febreiro de 1990 no Parlamento Vasco, e de conformidade co dereito de autodeterminación dos pobos, recoñecido internacionalmente, entre outros, no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais.

O exercicio do dereito do Pobo Vasco a decidir o seu propio futuro se materializa desde o respeto ó dereito que teñen os cidadáns e cidadás dos diferentes ámbitos xurídico-políticos nos que actualmente se articula a ser consultados para decidir o seu propio futuro. Isto é, respectando a decisión dos cidadáns e cidadás da actual Comunidade Autónoma Vasca, a decisión dos ciudadáns e cidadás da Comunidade Foral de Navarra, así como as decisións dos cidadáns e cidadás dos Territorios vascos de Iparralde –Lapurdi, Behe Nafarroa, e Zuberoa-.

De conformidade con estes tres piares e como parte integrante do Pobo Vasco, os cidadáns e cidadás da actual Comunidade Autónoma de Euskadi, integrada polos Territorios de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, no exercicio da nosa vontade democrática e en virtude do respeto e actualización dos nosos dereitos históricos recollidos no Estatuto de Guernica e na Constitución española, manifestamos a nosa vontade de formalizar un novo pacto político para a convivencia.

Este pacto político materialízase nun novo modelo de relación co Estado español, baseado na libre asociación e compatible coas posibilidades de desenvolvemento dun estado composto, plurinacional e asimétrico.

Por canto antecede, os cidadáns e cidadás de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa ratificamos o seguinte.


Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi Seguinte:
Título preliminar