Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/26

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina non foi corrixida
—8—

 Buscaim' antr' os robres,
 Buscaim' antr' os millos.

      Nas portas dos ricos,
 Nas portas dos probes,
 Qu' aquestes cantares
 A todos responden.

      A todos, qu' á Virxen
 Axuda pedin,
 Por que vos console
 No voso sufrir.

      Nos vosos tormentos,
 Nos vosos pesares.

     Coidá que comenso...
 ¡Meniñas, Dios diante!