Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/24

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina non foi corrixida
—6—

 Qu' asi mó pediron
 Na veira do mare.

      Cantar t' ei, Galicia,
 Na lengua gallega,
 Consolo dos males,
 Alivio das penas.

      Mimosa, soave,
 Sentida, queixosa,
 Encanta si rie,
 Conmove si chora.

      Cal ela, ningunha
 Tan dulce que cante,
 Soidades amargas,
 Sospiros amantes.

      Misterios da tarde,
 Murmuxos da noite:
 Cantar t' ei, Galicia,
 Na veira das fontes.

      Qu' asi mó pediron,
 Qu' asi mó mandaron,
 Que cant' e que cante
 Na lengua qu' eu falo.

      Qu' asi mó mandaron,
 Qu' asi mó dixeron...
 Xa canto, meniñas,
 Coidá que comenzo.