Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/15

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
XIII

era..... un cortello inmundo!!... Y estos eran quisais fillos... de aquelas terras abrasadas d' onde hastra os paxariños foxen!... que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c' as d' os franceses ô falar d' as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó mais triste d' esto é que vale antr' eles tan infame mentira, así como vale prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d' España, —ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven asi á sofrir España d' un-ha nacion veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu' ela, inda mais culpabre, comete c' un-ha provincia homillada de quen nunca s' acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais palpabre á España á inxusticia qu' ela á sua vez conosco comete.