Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/10

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi validada
VIII

orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia. Mais naide ten menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d'un mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonia. Por esto, inda achándome débil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu' á d' os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd' á cuna, e que foran recollidos po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer como algun-has d' as nosas poeticas costumes, inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com'o ó noso dialecto doce e sonoro, é tan aproposito com'ó o pirmeiro, para toda clase de versificación.