Saltar ao contido

Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/9

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi validada





  Grande atrevemento é sin duda par' un probe inxenio com' ó que me cadrou en sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d'armonia, e d' aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d' os nosos cantos populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c'os ventos misteriosos d'os bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d' as auguas d'un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d'os salgueiros en frol, compríalle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir, un-ha inspiracion fecunda, com' á vexeta, cion que hermosea esta nosa privilexiada terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro