Saltar ao contido

Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/77

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
—59—

Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

     Adios tamén, queridiña....
Adios por sempre quizais!...
Dîgoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás....
Tantas legoas mar adentro....
¡Miña casiña! meu lar!