Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/229

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
—189—

Meu amo folgado de tanta largueza,
Que n' era costume na dona tal ver,
Tamen ¡miña xoya! saltando da burra
¡Pin! ¡pan! rio arriba botouse á correr.

——

Y á dona sorria con ollo entraberto
Comendo castañas e viño con mel.....
¡Que festa, Marica!..... todiños peneques....
Y á nosa Señora detrás d' o tonel.