Saltar ao contido

Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/22

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
—4—

 Bailaban os mozos
 Cás mozas modestas.

      Que cofias tan brancas!
 Que panos con freco!...
 Que dengues de grana!
 Que sintas! que adresos!

      Que ricos mandiles,
 Que verdes refaixos...
 Que feitos xustillos
 De cór colorado!

     Tan vivos colores
 A vista trubaban,
 De velos tan vareos
 O sol se folgaba.

      De velos bulindo
 Por montes e veigas,
 Coidou qu' eran rosas
 Garridas e frescas.

 
               III.

      Lugar mais hermoso
 Non houbo na terra
 Qu' aquel qu' eu miraba,
 Qu' aquel que me dera.