Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/21

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
—3—

      Có son da gaitiña,
 Có son do tambor,
 Che pido que cantes
 Meniña por Dios."

 
               II.

      Asi mó pediron
 Na veira do mar,
 A ó pé das ondiñas
 Que veñen e van.

      Asi mó pediron
 Na veira do rio
 Que corr' antr' as erbas
 Do campo frorido.

     Cantaban os grilos,
 Os galos cantaban,
 O vento antr' as follas
 Runxindo pasaba.

      Campaban os prados,
 Manaban as fontes,
 Antr' erbas e viñas
 Figueiras e robres.

      Tocaban as gaitas
 O son das pandeiras,