Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/14

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Esta páxina foi corrixida
XII

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com' os d' Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre hermosos com' os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu' aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera.... mares imensos...... que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas..... Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia...... E á pesar d' esto chega á tanto á fatuidade d' os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu' inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d' os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d' as delicias qu' ofrece, atreveronse á decir que Galicia