Ondas do mar de Vigo

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


Ondas do mar de Vigo       Martín Codax      
 


Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1278.


Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus, se verrá cedo!
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus, se verrá cedo!

Véxase tamén[editar]