Senhor do corpo delgado

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Senhor do corpo delgado       Pero da Ponte       século XIII
 


Senhor do corpo delgado,
en forte pont'eu fui nado!
Que nunca perdí coidado
nen afán, des que vos vi.
     En forte pont'eu fui nado,
     senhor, por vós e por mí!

Con est'afán tan longado,
en forte pont'eu fui nado!
Que vos amo sen meu grado
e faç'a vós pesar i.
     En forte pont'eu fui nado,
     senhor, por vós e por mí!

Ai eu, cativ'e coitado,
en forte pont'eu fui nado!
Que serví sempr'endõado
ond'un ben nunca prendí.
     En forte pont'eu fui nado,
     senhor, por vós e por mí!