Cantares gallegos/Prólogo: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
|dataano=1863
|dataano=1863
}}
}}
<pages index="Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf" from=9 to=12/>
<pages index="Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf" from=9 to=16/>


{{Paxinación|Cantares gallegos/A Fernan Caballero|Cantares gallegos, 1-10}}
{{Paxinación|Cantares gallegos/A Fernan Caballero|Cantares gallegos, 1-10}}

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2013 ás 22:08


Cantares gallegos       Rosalía de Castro       1863
 






  Grande atrevemento é sin duda par' un probe inxenio com' ó que me cadrou en sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d'armonia, e d' aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d' os nosos cantos populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c'os ventos misteriosos d'os bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d' as auguas d'un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d'os salgueiros en frol, compríalle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir, un-ha inspiracion fecunda, com' á vexeta, cion que hermosea esta nosa privilexiada terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia. Mais naide ten menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d'un mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonia. Por esto, inda achándome débil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu' á d' os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd' á cuna, e que foran recollidos po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer como algun-has d' as nosas poeticas costumes, inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com'o ó noso dialecto doce e sonoro, é tan aproposito com'ó o pirmeiro, para toda clase de versificación.
   As miñas forzas é certo quedaron moito mais

abaixo d' ó que alcançaran os meus deseyos, e

por eso comprendendo canto poidera facer nesto

un gran poeta, dóyome inda mais da miña insu-

ficença. Ó libro d' os Cantares de D. Antonio

Trueba, que m' inspirara e der' alento prá levar

á cabo este traballo, pasa pó-Io meu pensamento

com' un-hun remorso, e casi asoman as vagoas

ôs meus ollos ô pensar como Galicia se levanta-

ria hastr'ó lugar que lle corresponde, si un poeta

como Anton ó d' os Cantares, fose o destinado

prá dar á conocer as suas bellezas e ás suas cos-

tumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventu-

rada nesto como en todo ó mais, tense que con-

tentar c' un-has páxinas frias e insulsas, qu' á

penas serian dinas d' achegarse de lonxe âs por-

tas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sen-

timento c' as creou. Qu' esto mesmo me sirva

de disculpa, prá os que xustamente quirtiquen

as miñas faltas, pois penso que ó que s' esforça

por desvanecer os errores que manchan e ofen-

den inxustamente á sua patria, é acreedore á al-

gun-ha indulxencia.

   Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans,

romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades,


ribeiras, costumes, tod' aquelo en fin que pó-la

sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo

ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por

leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod'

esto m' atrevin á cantar neste homilde libro

prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpe-

mente, ôs que sin razon nin conocement' algun

nos despreçan, qu' a nosa terra é dina d' alaban-

zas, e qu' a nosa lingua non é aquela que bas-

tardean e champurran torpemente nás mais ilus-

tradisimas províncias, c' un-ha risa de mofa,

qu' á desir verdade (por mais qu' esta sea dura),

demostra á iñorancia mais crasa y á mais imper-

doable inxusticia, que pode facer un-ha pro-

vincia á outra provincia hirman por probe qu'

esta sea. Mais he aqui qu' ó mais triste nesta

cuestion, é á falsedade con que fora d' aqui pintan

así ôs fillos de Galicia com' á Galicia mesma, á

quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable

e feyo d' España, cando acaso sea ó mais her-

moso e dino d' alabanza.

   Non quero ferír con esto á susceptibilidade de

naide, anque á decir verdade, ben poidera perdo-

narsell' este pequeno desafogo á quen tan ferida

foy de todos. Mais eu qu' atravesei repetidas ve-


ces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d' ó deserto; eu que recorrin á feraz Estrema- dura yá estensa Mancha, dond' ó sol cai á plomo alomeando monotonos campos, dond' ó cor d' á palla seca prest' un tono cansado ó paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin un-ha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com' á ter- ra que crobe; eu que visitei os celebrados arre- dores d' Alicante dond' os olivos, có seu verd' es- curo, sembrados en fila e de raro en raro pare- cen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monotona com' ó resto d' aquel paise, amostra á sua vexetacion tal como paisaxes pintados nún carton con árbores postos simetricamente y en carreiriños para di- vertision d' os nenos, eu non podo menos d' in- dignarme cand' os fillos d' esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d' os campos, bulranse d' esta Galicia competido- ra en clima e galanura c'os paises mais encanta- dores da terra, esta Galicia donde todo é espon- taneo na natureza y en donde á man do home, cede o seu posto á man de Dios. Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com' os d' Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre hermosos com' os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu' aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera.... mares imensos...... que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas..... Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia...... E á pesar d' esto chega á tanto á fatuidade d' os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu' inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d' os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d' as delicias qu' ofrece, atreveronse á decir que Galicia era..... un cortello inmundo!!... Y estos eran quisais fillos... de aquelas terras abrasadas d' onde hastra os paxariños foxen!... que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c' as d' os franceses ô falar d' as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó mais triste d' esto é que vale antr' eles tan infame mentira, así como vale prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d' España, —ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven asi á sofrir España d' un-ha nacion veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu' ela, inda mais culpabre, comete c' un-ha provincia homillada de quen nunca s' acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais palpabre á España á inxusticia qu' ela á sua vez conosco comete. Foy este ó movil principal que m' impeleu á pubricar este libro, que mais que nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d' ortografia, xiros que disoarán ôs oidos d' un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d' ó noso pobo, e penso qu' ó conseguin en algo.... si ben de un-ha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu' outro mais afertunado qu' eu, poida describir c' ó seus cores verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s' atopan, inda no rincon mais escondído e olvidado! prá qu' asi ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c' o respeto e adimiracion merecidas esta infortunada Galicia.



<<<< >>>>