Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A tonicidade non posúe rendemento fonolóxico no árabe moderno, senón que presenta unha distribución determinada pola lonxitude vocálica, polo que non entraremos na súa marcaci..."
 
<noinclude> {{Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. Índice}} </noinclude>
 
Liña 11: Liña 11:
En relación aos caracteres árabes xa mencionados, outros máis posúen variantes alográficas, polo que existen varios grafemas que aínda quedarían por transliterar. Non nos estenderemos aquí nas regras que gobernan o uso ou non de '' 'alif'' xunto con ''hamSa'' ou outras (para maior información, cf. Busquets 1970:9-11 por exemplo): mencionaremos simplemente que para as formas '' 'alif maqs.uuraº'', '' 'alif maddaº'' e ''tanwiin'' utilizaremos respectivamente <&nbsp;'&nbsp;>, duplicación de vogal e omisión, tal e como se fai tamén na ISO 233 2 (e outra vez <&nbsp;º&nbsp;> para ''hamSaº ºl-was.l'' se houbese que usalo, pero non traballaremos máis que con palabras independentes).
En relación aos caracteres árabes xa mencionados, outros máis posúen variantes alográficas, polo que existen varios grafemas que aínda quedarían por transliterar. Non nos estenderemos aquí nas regras que gobernan o uso ou non de '' 'alif'' xunto con ''hamSa'' ou outras (para maior información, cf. Busquets 1970:9-11 por exemplo): mencionaremos simplemente que para as formas '' 'alif maqs.uuraº'', '' 'alif maddaº'' e ''tanwiin'' utilizaremos respectivamente <&nbsp;'&nbsp;>, duplicación de vogal e omisión, tal e como se fai tamén na ISO 233 2 (e outra vez <&nbsp;º&nbsp;> para ''hamSaº ºl-was.l'' se houbese que usalo, pero non traballaremos máis que con palabras independentes).


<noinclude>
{{Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. Índice}}
{{Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. Índice}}
</noinclude>

Revisión actual feita o 24 de maio de 2013 ás 12:45

A tonicidade non posúe rendemento fonolóxico no árabe moderno, senón que presenta unha distribución determinada pola lonxitude vocálica, polo que non entraremos na súa marcación ata falar da adaptación á ortografía galega (v. punto 5.3). Cremos que se debe conservar o uso do guión (< - >) para separar as amálgamas ortográficas entre o artigo, a preposición ou a conxunción e o seguinte elemento escrito, cando menos no ámbito científico e baixo criterios exclusivamente morfolóxicos.

Ademais dos caracteres árabes propiamente consonánticos, existen outros diacríticos gráficos para os que tamén imos propoñer unha transliteración propia. O primeiro é unha variante moi frecuente do que xa transcribimos antes como <t>, pero modificado ao aparecer ao final de palabra: transcribirémolo como < º > (por que a súa forma é redondeada e permanece mudo en posición implosiva). O seu nome, que contén o propio carácter, é < taa' marbuut.aº >, que significa "t atado", en contraste co <t> normal que se chama < taa' maftuuhaº >, "t aberto". Grazas a el, poderemos coñecer por fin a forma e o nome transliterado das vogais:

Outro diacrítico en árabe úsase para marcar a ausencia de vogal tras unha consoante é o sukuun ou jaSm (omitiremos xa as parénteses rectas nas transliteracións de palabras e porémolas en cursiva cando aparezan no texto). A súa forma é a dun pequeno circuliño (ou semicirculiño aberto cara a arriba) á altura da posición da fatHaº e non o transcribiremos debido a que é completamente predicible a súa aparición analizando a secuencia de consoantes (a propia ISO 233 2 tamén omite a súa transliteración).

Xa comentamos que os caracteres consonánticos árabes non utilizan maiúsculas nin minúsculas, pero poden ser breves ou longos (xeminados), como as vogais. O diacrítico que aparece nas consoantes xeminadas ten a forma dunha omega, escríbese ao carón da vogal desa sílaba e chámase taxdiid ou xadda ("énfase"). Para transcribir unha consoante dobre abonda igualmente con duplicar o grafema da súa transliteración. No caso de que a breve se translitere mediante un dígrafo, faráse sobre o carácter exclusivo do dígrafo (<K> para a aspirada e o punto no resto; neste caso, en vez de transcribir < .. > pode simplificarse aproveitando o uso de < : >).

En relación aos caracteres árabes xa mencionados, outros máis posúen variantes alográficas, polo que existen varios grafemas que aínda quedarían por transliterar. Non nos estenderemos aquí nas regras que gobernan o uso ou non de 'alif xunto con hamSa ou outras (para maior información, cf. Busquets 1970:9-11 por exemplo): mencionaremos simplemente que para as formas 'alif maqs.uuraº, 'alif maddaº e tanwiin utilizaremos respectivamente < ' >, duplicación de vogal e omisión, tal e como se fai tamén na ISO 233 2 (e outra vez < º > para hamSaº ºl-was.l se houbese que usalo, pero non traballaremos máis que con palabras independentes).



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas