Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{encabezar |nome=I. Vaguedás (Follas novas) |autor=Rosalía de Castro |data= }} <div align=center> '''Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?''' <poem> Oxe ou mañ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2012 ás 11:07


Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?


Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando?
Pero quisais moy logo,
Viranme á despertar, y en vez d' un vivo,
Atoparán un morto.
            —
O rededor de min, levantaranse
Xemidos dolorosos,
Ayes d'angustia, choros d'os meus fillos,
D'os meus filliños orfos.
            —
Y eu sin calor, sin movemento, fria,
Muda, insensibre á todo,
Así estarei cal me deixare á morte
O helarme c'o seu sopro.
            —
E para sempre ¡Adios, cant'eu queria!
¡Que terrible abandono!
Antre cantos sarcasmos,
Hay, ha d'haber, e houvo,
Non vin ningun qu'abata mais os vivos,
Qu'ó d'a humilde quietú d'un corpo morto.

Anterior:
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,
Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando? Seguinte:
Xa nin rencor nin desprezo

Fonte : Vaguedás. páxina 12