S.O.S.: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 32: Liña 32:
</poem></div>
</poem></div>


[[Category:GL-S]]
[[Categoría:De catro a catro]]
[[Categoría:De catro a catro]]

Revisión actual feita o 21 de xuño de 2012 ás 19:25


S.O.S. (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  Todos presentíamos que a noite
preparaba algún sofisma
  E o faro estraviado
daba o S-O-S
n-o morse
          - clave Orión -
                        d'as estrelas
  
  Eses brazos abertos d'a vela
son os mesmos d'o vento
que se despreguizou
  N-a man d'o Mar esquencidizo
os loceiros peteiran a bicada
  A estrela d'os cabarets
  c'un cigarro n-os beizos
  pide lume aos catro puntos cardinaes
  Pol-a Galaxia chea de seixos
un astro vello vai c'o seu farol

  Que dan os almanaques
pra esta meia-noite?
  Pero aínda non sabemos
de que banda vai chegar a meia-noite
  E o faro estraviado
vai esgotar o seu stock de S-O-S.