Descoberta: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Descoberta (De catro a catro) |autor=Manuel Antonio |dataano=1928 }} <div class=prose><poem> Quen fechou esta noite a fenestra azul d'o Mar? Este Ma..."
 
Elvire (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 27: Liña 27:
</poem></div>
</poem></div>


[[Category:GL-D]]
[[Categoría:De catro a catro]]
[[Categoría:De catro a catro]]

Revisión actual feita o 21 de xuño de 2012 ás 19:23


Descoberta (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  Quen fechou esta noite
a fenestra azul d'o Mar?
  Este Mar fuxitivo
de todal-as riveiras
  Náufrago d'o neboeiro
que desviou o rumbo
d'os puntos cardinaes

  Ficaron as gavotas
tres singladuras a sotavento
  Desourentaron-se os arroaces
  intrusos e impunes

  Hoxe ninguén dá c'a relinga
pra aferrar os panos d'o horizonte
  E este serán tampouco
engayolaremol-o Sol

  O Sol era un paxaro triste
que se pousaba n-o penol.