O cartafol d'o vento: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=O cartafol d'o vento (De catro a catro) |autor=Manuel Antonio |dataano=1928 }} <div class=prose><poem> O vento perdeu as follas d'o seu cartafol - E..."
 
Elvire (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 26: Liña 26:
</poem></div>
</poem></div>


[[Category:GL-O]]
[[Categoría:De catro a catro]]
[[Categoría:De catro a catro]]

Revisión actual feita o 21 de xuño de 2012 ás 19:20


O cartafol d'o vento (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  O vento perdeu as follas
d'o seu cartafol
  - Esas que os chubascos
mecanógrafos
  tecolean n-o manual d'os mastros?

  As gavotas non teñen quitasol
  pero fan raudos equilibrios
pol-o aramio transparente
de todal-as ortodrómicas d'o ceo

  O pailebote sin velas
  - serán esas que o vento
levou n-o seu cartafol?
  tamén fai equilibrios n-o ronsel

  C'a boca aberta
  - cai-lle a baba -
  está mirando-nos o babión d'o Sol.