Intencións (De catro a catro): Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 41: Liña 41:
</poem></div>
</poem></div>


[[Category:GL-I]]

[[Categoría:De catro a catro]]
[[Categoría:De catro a catro]]

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2012 ás 19:11


Intencións (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


Encheremol-as velas
c'a luz náufraga d'a madrugada
Pendurando en dous puntos cardinaes
a randeeira esguía
d'o pailebote branco
c'as suas mans loiras
acenan mil adeuses as estrelas

Inventaremos frustradas descobertas
a barlovento d'os horizontes
pra acelerar os abolidos corazóns
d'os nosos veleiros defraudados

Halaremos pol-o chicote
d'un meridián innumerado
N-a illa anónima
de cada singladura
esculcaremos o remorso d'a cidade

Ela noitámbula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d'os Ventos d'o noso corazón

Encadearemos adeuses d'escuma
pra todal-as prayas perdidas
Xuntaremos cuadernos en branco
d'a novela errante d'o vento
Pescaremos n-a rede d'os atlas
ronseles de Simbad

E cazaremol-a vela
sobre o torso rebelde d'as tormentas
pra trincar a escota d'unha ilusión.


<<<< >>>>