Perfume exótico: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m ligazon interna + categoria mais precisa
Liña 1: Liña 1:
{{encabezar
{{encabezar
|nome=Perfume exótico ([[As flores do mal]])
|nome=Perfume exótico ([[As flores do mal]])
|autor=Charles Baudelaire
|autor=[[Charles Baudelaire]]
|dataano=[[1857]]
|dataano=[[1857]]
}}
}}
Liña 31: Liña 31:
|}
|}
[[Categoría:GL-P]]
[[Categoría:GL-P]]
[[Categoría:Obras]]
[[Categoría:Poesía]]


[[cs:Výbor z Květů zla II./Cizokrajná vůně]]
[[cs:Výbor z Květů zla II./Cizokrajná vůně]]

Revisión como estaba o 31 de maio de 2011 ás 21:52


Perfume exótico (As flores do mal)       Charles Baudelaire       1857
 


Cando, os dous ollos pechados, nunha quente tarde outonal,
eu aspiro o recendo do teu seo ardente,
vexo deslizarse ribeiras ditosas
que deslumbran os raios dun sol monótono;

Unha illa preguiceira na que a natureza dá
árbores singulares e froitos saborosos;
homes cuxo corpo é delgado e vigoroso
e mulleres cuxa ollada pola súa sinceridade sorprende.

Guiado polo teu perfume cara a pracenteiros climas,
eu diviso un porto cheo de velas e mastros
aínda fatigados pola onda mariña,

Mentres o perfume dos verdes tamarindos,
que circula no aire e satura o meu olfacto,
mestúrase na miña alma co canto dos mariñeiros.


Anterior:
Himno á beleza
As flores do mal Seguinte:
A cabeleira