Lei reguladora do recurso de casación de Galicia: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Cambiando Category -> Categoría
Liña 43: Liña 43:
Presidente
Presidente


[[Category:documentos legais galegos]]
[[Categoría:documentos legais galegos]]
[[Category:GL-L]]
[[Categoría:GL-L]]

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2007 ás 20:34

Lei 5/2005, do 25 de abril


Exposición de motivos.

A competencia do Parlamento para regular o recurso de casación en materia de dereito civil galego vénlle atribuída nos artigos 22 e 27.5 do Estatuto de autonomía de Galicia, que en concordancia co disposto no artigo 149.1.6.º da Constitución determinan as atribucións da nosa Comunidade Autónoma en materia de normas procesuais que deriven do dereito galego.

O Tribunal Constitucional delimitou na súa sentenza do 25 de marzo de 2004 o ámbito constitucionalmente correcto de actuación do Lexislativo autonómico nesta materia, ao pronunciarse sobre o contido da Lei 11/1993, do 15 de xullo, reguladora do recurso de casación en materia de dereito civil especial. Por todo iso, e para posibilitar a existencia dun recurso de casación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que faga efectivas as previsións do artigo 21 do Estatuto de autonomía para Galicia e a creación dunha doutrina xurisprudencial sobre o dereito civil galego, faise precisa a aprobación desta lei. Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de reguladora do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia.

Artigo 1

O obxecto desta lei é a regulación do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia, de conformidade coa competencia prevista no artigo 27.5 do Estatuto de autonomía para Galicia.


Artigo 2

En desenvolvemento da competencia exclusiva da Comunidade Autónoma para a regulación das normas procesuais derivadas do dereito galego, establécense as seguintes especialidades na regulación do recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia:

1. Considerarase motivo casacional o erro na apreciación da proba que demostre descoñecemento por parte do xulgador de feitos notorios que supoñan infracción do uso ou costume.

2. As sentenzas obxecto de casación non estarán sometidas a ningunha limitación por causa da súa contía litixiosa.

Disposición transitoria

Serán recorribles en casación, conforme o disposto nesta lei, as resolucións xudiciais que, ditadas antes da súa entrada en vigor, se encontren en tempo hábil de seren obxecto de recurso.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Lei 11/1993, do 15 de xullo, sobre o recurso de casación en materia de dereito civil especial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente