Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 99: Liña 99:
==Notas==
==Notas==


# {{note|1}} A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas nos apartados 1 e 2 entenderase dende o día [[w:8 de novembro|8 de novembro]] de [[w:1990|1990]] segundo apartado 2 da disposición derradeira única do [[Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro]].
# {{note|1}} A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas nos apartados 1 e 2 entenderase efectiva dende o día [[w:1 de xaneiro|1 de xaneiro]] de [[w:1993|1993]] segundo apartado 2 da disposición derradeira única do [[Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro]].
# {{note|2}} O [[Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro]] sustituíno polo anexo 2
# {{note|2}} O [[Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro]] sustituíno polo anexo 2
# {{note|3}} O [[Real Decreto 1166/1995, do 7 de xullo]] sustituíno polo anexo 3
# {{note|3}} O [[Real Decreto 1166/1995, do 7 de xullo]] sustituíno polo anexo 3

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2006 ás 17:46

Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro, polo que se amplía con carácter permanente a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, publicada no «Boletín Oficial del Estado» do 5 de maio seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non perteñezan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día 7 de novembro de 1990.

Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 90/510/CEE, do 9 de outubro de 1990, pola que se amplía a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, con carácter permanente, ós países e territorios que dispoñen dunha lexislación nacional adecuada que estableza tal protección.

Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta a Decisión 90/510/CEE adoptada polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no anexo da presente disposición.

Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria, Comercio e Turismo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 13 de novembro de 1992,

DISPOÑO:

Artigo único Beneficiarios da protección

1. Benefíciaranse da protección prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, as persoas naturais que sexan nacionais dun país ou territorio que figure no anexo desta disposición ou que teñan a súa residencia habitual nun de ditos países ou territorios.

2. Benefíciaranse igualmente da misma protección as persoas xurídicas dun país ou territorio que figuren no citado anexo e que teñan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en dito país ou territorio.

3. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas nos apartados 1 e 2 anteriores entenderase dende o día 8 de novembro de 1990. [1]

Disposición derradeira

Única

O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

Dado en Madrid a 13 de novembro de 1992.

JUAN CARLOS R.

O Ministro de Industria, Comercio e Turismo,

JOSÉ CLAUDIO ARANZADI MARTÍNEZ.

ANEXO

===Anexo 1=== [2]

Países e territorios:

===Anexo 2=== [3]

Países e territorios:

Anexo 3

Notas

  1. ^  A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas nos apartados 1 e 2 entenderase efectiva dende o día 1 de xaneiro de 1993 segundo apartado 2 da disposición derradeira única do Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro.
  2. ^  O Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro sustituíno polo anexo 2
  3. ^  O Real Decreto 1166/1995, do 7 de xullo sustituíno polo anexo 3