Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro: Diferenzas entre revisións
Artigo único e Disposición derradeira Única |
→ANEXO: FIN |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
==ANEXO== |
==ANEXO== |
||
Países e territorios: |
|||
*[[w:Australia|Australia]] |
|||
*[[w:Austria - Österreich|Austria]] |
|||
*[[w:Mayotte|Colectividade Territorial de Mayotte]] |
|||
*[[w:San Pedro e Miguelón - Saint Pierre et Miquelon|Colectividade Territorial de Saint-Pierre e Miquelon]] |
|||
*[[w:Xapón - 日本|Xapón]] |
|||
*[[w:Nova Caledonia|Nova Caledonia e dependencias]] |
|||
*[[w:Polinesia Francesa - Polynésie française|Polinesia Francesa]] |
|||
*[[w:Suecia - Sverige|Suecia]] |
|||
*[[w:Territorios Franceses Australes e Antárticos|Territorios Franceses Australes e Antárticos]] |
|||
*[[w:Wallis e Futuna|Wallis e Futuna]] |
|||
[[Category:documentos legais españois]] |
[[Category:documentos legais españois]] |
Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2006 ás 17:02
Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro, polo que se amplía con carácter permanente a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.
A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, publicada no «Boletín Oficial del Estado» do 5 de maio seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non perteñezan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
O Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día 7 de novembro de 1990.
Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 90/510/CEE, do 9 de outubro de 1990, pola que se amplía a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, con carácter permanente, ós países e territorios que dispoñen dunha lexislación nacional adecuada que estableza tal protección.
Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta a Decisión 90/510/CEE adoptada polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no anexo da presente disposición.
Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria, Comercio e Turismo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 13 de novembro de 1992,
DISPOÑO:
- Artigo único Beneficiarios da protección
1. Benefíciaranse da protección prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, as persoas naturais que sexan nacionais dun país ou territorio que figure no anexo desta disposición ou que teñan a súa residencia habitual nun de ditos países ou territorios.
2. Benefíciaranse igualmente da misma protección as persoas xurídicas dun país ou territorio que figuren no citado anexo e que teñan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en dito país ou territorio.
3. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas nos apartados 1 e 2 anteriores entenderase dende o día 8 de novembro de 1990.
Disposición derradeira
- Única
O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».
Dado en Madrid a 13 de novembro de 1992.
O Ministro de Industria, Comercio e Turismo,
JOSÉ CLAUDIO ARANZADI MARTÍNEZ.
ANEXO
Países e territorios: