Diferenzas entre revisións de «Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
==TÍTULO VI: Axencia de Protección de Datos==
 
:Artigo 35 ''Natureza e réxime xurídico''
 
1. A Axencia de Protección de Datos é un ente de dereito público, con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada, que actúa con plena independencia das administracións públicas no exercicio das súas funcións. Rexerase polo disposto nesta lei e nun estatuto propio, que será aprobado polo goberno.
 
2. No exercicio das súas funcións públicas, e en defecto do que dispoña esta lei e as súas disposicións de desenvolvemento, a Axencia de Protección de Datos actuará de conformidade ca [[Lei 30/1992, do 26 de novembro]], de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nas súas adquisicións patrimoniais e contratación estará suxeita ó dereito privado.
 
3. Os postos de traballo dos órganos e servicios que integren a Axencia de Protección de Datos serán desempeñados por funcionarios das administracións públicas e por persoal contratado para o efecto, segundo a natureza das funcións asignadas a cada posto de traballo. Este persoal está obrigado a gardar segredo dos datos de carácter persoal que coñeza por mor do desenvolvemento da súa función.
 
4. A Axencia de Protección de Datos contará, para o cumprimento dos seus fins, cos seguintes bens e medios económicos:
 
a) As asignacións que se establezan anualmente con cargo ós orzamentos xerais do Estado.
 
b) Os bens e valores que constitúan o seu patrimonio, así como os seus protuctos e rendas.
 
c) Calquera outro que legalmente poida serlle atribuido.
 
5. A Axencia de Protección de Datos elaborará e aprobará con carácter anual o correspondente anteproxecto de orzamento e remitirallo ó Goberno para que sexa integrado, coa debida independencia, nos orzamentos xerais do Estado.
 
[[Category:documentos legais]]

Menú de navegación