¿Que lle digo?: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "-Eu volvo para a terra; á túa muller Antona, ¿qué lle digo? -Pois pra non meter guerra, porque non veña a petar conmigo, olvidarás que foches meu testigo. O demáis...;..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{encabezar
|nome=[[V. As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos]] ([[Follas novas]])
|autor=[[Rosalía de Castro]]
|data=
}}

-Eu volvo para a terra;
-Eu volvo para a terra;



Revisión como estaba o 23 de xuño de 2021 ás 21:35


-Eu volvo para a terra;

á túa muller Antona, ¿qué lle digo?

-Pois pra non meter guerra,

porque non veña a petar conmigo,

olvidarás que foches meu testigo.

O demáis...; boi á liberdade adoito...

Xa sabe o refrán, meu compañeiro:

a libertá primeiro,

e mellor que alá broa é aquí bizcoito.

-Máis val aquí, coma quen di, solteiro,

que casado e con fillos

andar alá sudando aqueles millos...

¡Entendo, compañeiro!

-Que como poida se goberne Antona,

i anque dela me doio,

como de lonxe nada sei nin oio...

Quen non sabe nin ve... sempre perdona.

Cando xa vello sea,

tornaréi cos meus osos para a aldea,

que algo lle hei de levar á terra nosa;

mais mentras mozo son, non pode sere,

porque si é por mullere,

si é que Antona está alá, teño aquí a Rosa.

-Ésa che é a nai do año,

bon Antón do Riaño,

pero en verdad che digo

que as mulleres son todas o enemigo,

e xa que esto así o sea,

antre a nosa i a allea

máis ou menos graciosa,

pois..., muller por muller, val máis a nosa.

-A nosa é a que nos quer e nós queremos,

que si falta o cariño,

coidando que unha pomba tes no niño,

unha cóbrega tes, filla dos demos.

-Á cóbrega a cabeza se lle esmaga,

e coa súa vida paga.

Mais de Antona a paciencia

¿con qué lle paga, dime, a túa concencia?

¿Qué cura do seu dor a fonda llaga?

-Déixate de concencias e delores,

que non teñen lugare

tratando de mulleres e de amores.

Que ela vexa, se quer, de se curare;

e cóntalle que cando eu o tivere,

xa lle daréi con qué se precurare.

I agora, ¡adiós, hastra que Dios quixere!