Ana María: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Lar mediante HotCat
Liña 354: Liña 354:
[[Categoría:1925]]
[[Categoría:1925]]
[[Categoría:Xoán Xesús González]]
[[Categoría:Xoán Xesús González]]
[[Categoría:Lar]]

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2019 ás 20:42

Ana María, 1925, Lar.


Ana María       Xuan Xesús González       1925
 





    A OS NOSOS LETORES

     
         Levamos un ano de vida, Neste tempo pasado pubricamos, como pode ollarse na lista dos números saídos, unha ducia de noveliñas; todas elas inéditas e debidas aos mais prestixiosos escritores da nosa Terra, que nos axudaron cos seus fermosos traballos neste noso intento de afincar definitivamente a novela galega.
         Para todos eles o noso agradecimento, e o noso agradecimento tamén para o púbrico que acolleu agarimosamente a nosa pubricación, así como para a prensa que contribuíu a propagala.
         Mais a nosa labor é árdua, e inda que poñemos nela todo o interés, non sempre podemos acadar o que nos propoñemos porque non todo pende de nós. Unha das dificultades con que tropezamos é a falta de orixinaes. A prosa galega está nos comezos, e os nosos escritores, por outra parte, coidando sen dúvida, que estamos «fartándonos de gañar diñeiro â costa das obras alleas», salvo honrosísimas esceiciós, non se interesan en nos axudar cos seus traballos, o que nos impide cumprir como quixéramos, e obríganos á reducir a un número mensual a pubricación que viñamos facendo quincenalmente.
         Como dixo moi ben un noso amigo ao falar na prensa da pubricación «Lar«, a nosa empresa é de sacrificio, porque sacrificio e grande é o que vimos facendo para lograr que as obras dos nosos escritores enxebres cheguen âs mans dos galegos que aman a sua Terra e a sua Literatura, que pol-o d'agora, forzoso é decilo, son moi contados.
         Non é pois a nosa unha empresa industrial que vai enriquecerse, senon unha obra patriótica, e pol-o tanto á todos rogamos nos axuden nela: uns cos seus traballos, outros coa sua propaganda, todos co seu interés e o seu amor pol-as letras galegas, pol-a cultura da nosa amada Terra, na seguranza de que se hoxe non outemos utilidade imos en troques sementando para o día de mañán.

     




    OFRENDA

     
         A ti fermosiña e ademirada Teresiña Neira, adico esta noveliña que fixen co pensamento posto n-unha muller bondadosa, toda fermosura e, intelixente coma ti.
         Non arelo que ti seas unha Ana María como esta heroína que che presento, porque a dôr que me causaría ollarte pasar o que esta muller pasa, apenaríame moito. Eu quero que seas mais feliz, que o é esta probe muller que debecía por ser venturosa e non o puido ser.
         Sin embargo ti fuches a fonte da auga da inspiración, que me levou á compoñer esta farsa novelesca que cicais non teña pra ti todo o intrés que eu quixera que tivera.
         Coido que é sinxela, doce e agarimosa, como para poñer nas tuas mans de muller; para poñel-a o mesmo que puxera o meu curazón e a miña alma.
         Xa ves. Prefirín facer esta noveliña homilde e cativa, a compoñer uns versos como ti pedías aquela branca mañán de Maio, na xanela claustral d' unha escola compostelán.
         É posibre que nas páxinas que vas á lêr, non topes fermosura, pero hacharás vibración, alma, pasión. A pasión d' un home que non sabe vivir sin un amor.
         Recibe, pois, a devota ofrenda da miña curta inspiración, e garda no teu peito o recordo da hora en que che adico tan cativa como nobre obra literaria.


    XOAN XESÚS

     


    [p. 1]

    ANA MARIA

    I

     
         —...Tiña verdadeiros desexos de coñocelo xa.
         Ouvín falar moito de vostede, en difrentes ocasiós, e intresábame tratalo —iame dicindo con voz doce e morna, Ana María de Castro, aquela mañán fresca e branca, do mes de Maio, nos claustros da Escola Normal de Compostela, denantes d' entrar na crase de Historia Natural.
         —Pois xa me conece. Aquí me ten para servila, para ademirala e para ser un dos seus mais ferventes devotos —houben de contestarlle, sin estar moi seguro de saber o que decía.
         —É vostede moi amabre.
         —Non o crea. Eu coido que soilo son respetuoso como é deber de toda persoa ben criada.
         —¡Raro! Hoxe poucos homes hai que seipan respetar as mulleres. Tan poucos que cicais non haxa un...
         —¿Coida vostede?...
         —¿Compretamente segura?
         —Quizais teña que facer unha escolma para aseguralo d' unha maneira categórica, pero tería que ser despois de ouservalo moito, moito.

    [p. 2]

         —Paréceme que é vostede un pouco dura pensando d' iste xeito.
         —Os homes todo o merecen...
         —Non sei se me permita creer que vostede ten sofrido moitos desenganos amorosos.
         —Non pense...
         —¿Non tivo vostede nunca noivo?
         —Si... Un que morreu pol-a gripe. Era moi bô o probiño...
         —Sentiría destonces moito a sua morte...
         —Un pouco... O día que o enterraban examinábame eu na Normal de Pontevedra..
         —¡Qué triste estaría aquel día vostede! Ter que presentarse diante d' un tribunal no que están de cote as persoas serias e ter o noivo morto. Choraría abondo.
         —Eso de cote o fago. Todas cantas veces me examino, choro como unha desleigada. Comprendo que fago unha verdadeira parvada pero non o podo remediar. Xa teño chegado a pensar si eu serei un caso de anormalidá.
         —É vostede moi impresionabre. A todal-as persoas bondadosas ll' acontece o mesmo. Son moi sensibres.
         —Non sei. Son moi nervosa. Todo me impresiona. Póñome á pensar e choro sin mais nada. Non son capaz de estar soila sen que non me corran as bágoas pol-as meixelas. Estoulle temendo á os exámenes dend' o primeiro día en que dá comezo o curso.
         —O día que se examine virei eu á ollala. Sinto xa degaros por coñocel-as suas bágoas que deben ter acentos de bondade.
         —Eso non. Non quero que veña vostede. Non sería capaz de me presentar.

    [p. 3]

         —D' aquela non virei. Esperareina eiquí nos claustros, para contemprar as suas meixelas encantadoras sangrantes e húmedas ainda de correrlle as bágoas por sobr' elas...
         Pero está vostede sofocada, nervosa ¿Qué lle pasa?...
         —Non sei... Nada, nada...
         —Está vostede contra gusto, moléstanlle as miñas verbas?
         —Non... Non, por Dios. ¡Qué han de molestarme!...
         —Destonces, ¿síntese vostede enferma?...
         —Tampouco... Non sería capaz de espricarlle o que me pasa n-este momento a min. Non sei que ton hai nas suas verbas que parés que me fai estremecer toda a alma.
         —¡Probiña! A todal-as mulleres, como vostede bonitas, coma vostede encantadoras, coma vostede, dinas de ser amadas con toda y-alma, a todas lle pasa o mismo. Todas, póñense como vostede, está neste momento...
         —Perdone que me morda os dedos á sua vista, pro non son capaz de evitalo. Adoito teño que facelo cando, como n-este momento, estou inqueda e nervosa... Si vostede non me falara d' ese xeito, non presenciaría, como presencia esta miña tan fea costume... Perdóeme...
         —Está vostede perdoada, singular Ana María. Perdoada de todo...
         É vostede ademirabre, encantadora cal non o é ninguén...
         —Voulle pedir unha cousa...
         —Será vostede servida.
         —Dixéronme que vostede é un moi bô poeta.
         —Mentíronlle. A xente non sabe o que ha decir d' un e ordena.

    [p. 4]

         —Nada, nada. Non pretenda negalo. Ten vostede que adicarme uns versos.
         —Pero si non sei facer versos, Ana María....
         —Si sabe...
         —Enganárona cando tal cousa lle dixeron.
         —Vóstede é un literato. Ten que facerme uns versos ou un artigo, d' eses que tan ben escribe vostede. O que queira pero algo, algo.
         —Fareino, pero non lle respondo de como salla, porque eu como escritor, son moi malo o mismo que como estudante...
         —Conto con él —N-este momento o timbre da Cátedra de Historia Natural sonou a chamada. Sin despedirnos siquera entramos na crase emocionados. Todol-os alumnos e alumnas nol-o notaron e sorrironse.

     

      




    II

     
         Xa non había estudantes en Compostela.
         O prateado albear dos derradeiros días de San Xoan, puña sobr' os cumios das fidalgas casas de Compostela, unha tonalidá feiticeira.
         A paisaxe louzâ e fastuosa, tiña un surriso garuleiro na expresión.
         Estaba soila a Alameda e as campás da capela do Pilar, tocaban algareiras chamando á misa do abrente.
         Nas veletas das torres das irexas facheaban os primeiros refrexos d' un sol madrugador e unha fragancia de vran, que se prendia nos rizos da bris norteña, deixaba no ambente un sabor doce.
         Ana María camiñaba paseniñamente ao meu rente, tocada por unha negra mantilla que lle cubría toda a sua cara resprandecente e feiticeira.
         Colgando dos dedos levaba un rosario de marfil

    [p. 5]

    e no devocionario unha estampa da Virxe de Lourdes, axexaba cautelosa.
         Como decote, Ana María, estaba encantadora e dina de adorar. Dempois de sair da Basílica e pasar pol-a Rúa do Villar entrabamos na Alameda. Ana María parouse de súpeto e dixo:
         —Non acerto, Ramón Antonio, a espricarme esta decisión miña de vir soila con vostede a esta hora por eiquí. É un atrevimento. Quen sabe o que vostede pensará de min...
         —¿Qué lle parés que vou pensar?
         —Moitas cousas,...¿Por que onte a o decirme que me tiña que contar, obrigoume a darlle esta cita que, sin dúbida ha de infundir sospeitas a cantos nos vexan por estes paraxes?
         —Eu non a obriguei a nada, Ana María. Soilo lle pedín unha hora propicia para conversar con vostede a soilas. O que eu teño que decirlle a vostede, non podía ser dito onte no medio das suas compañeiras. O respeto que lle teño a vostede, non me permitía decirlle no seo d' aquela xuntanza de ledicia e de barullada, o que, por ser demasiado íntimo, teño que contarlle nun momento noso dos dous soilamente.
         Agora, que si vostede renuncia a ouvilo e se arrepinte de ter chegado deica aquí, nada hai perdido. Dend' este mismo sitio, podemos dar volta, e eu afogarei no meu peito unha ilusión c' unha espranza e vostede seguirá sendo a eterna muller, que por dar creto ao mundo, non infundeu sospeita á ninguén...
         —Non. Quero correr toda sorte d' esta aventura que onte acetei, sinalando unha hora para unha cita que, cicais por presentir o que n-ela había de soceder, o meu corazón non soupo esperar á que o meu pensamento funcionase. Non me arrepinto.
         Estou segura do respeto que lle merezo, porque

    [p. 6]

    sei que vostede é un cabaleiro e, por sélo me ten en gran estima. Xa non dudo en nada. Podemos seguir deica onde vostede queira...
         En silenzo, percorremol-o areoso paseo central da Alameda, e entramos baixo a opulencia dos copudos carballos que cubren todo o paseo de Bóveda.
         A mañán era francamente lediciosa.
         Frente â estatua de Rosalía de Castro, detivémonos, para nos sentar nun banco baix' un aristocrático loureiro real.
         Ana María parecía transfigurada. Antollábaseme mais fermosa que nunca, mais encantadora, mais superiora e mais bondadosa que eu a concebira.
         ¡Canta poesía había, aquela mañán, nos seus ollos craros como anacos de ceo! ¡Canta dozura nas suas verbas, canto enfeitizo no seu sorir! Por un momento sentín medo de falarlle, de abrirlle o meu corazón, mais ao fallo decidinme:
         —Ana María. Eu estou namorado de vostede. Perdóeme... Tan namorado que, por mais que o intentei, non fun capaz de afogar no meu peito esta quimeira que me teu abrasada a alma. Un milleiro de veces tencionei someter o meu corazón ao ferro da miña vontade, pero un milleiro de veces francasei... Perdóeme. Perdóeme sí, ao fallo, rendido, vencido pol-a pasión che fago entrega de todo canto son e vallo, de todo canto teñen de bô e malo o meu corazón e a miña alma. En van percurei alonxar de min o pensamento que, non sei que día, puxen en ti. Tiven que me rendir.
         —Pésache?
         —Non. Inda que ti me rechaces, inda que ti te negues, n-este mismo-momento á ser a dona dos meus destinos, non me pesará. Xamais. Amarte, é soilo o meu ouxeto. Non sei si debo aspirar a ti, pero estou convencido de que de ningún modo poderei

    [p. 7]

    renunciar á te amar. Non serei dino de ti, pero, sin amarte, non tería forzas para Ioitar coa vida. O meu corazón ten que amar para poder vivir...
         —¡Sí souperas canta ledicia, canta ventura, canta felicidá traen â miña alma esas tuas verbas! Ao ouvilas, síntome feliz. Presentía xa que hoxe había de ser venturosa e estouna sendo. ¡Mui feliz, mui venturosa! ¡Ai! ¡Canto soñei con este día; con canto degaro esperei este momento, no que, aquel Ramón Antonio. que tamén eu, un día, non sei cal, me fixei n-él,me abrira o seu corazón. ¡Canto arelar!...
         —¡Tí tamén, Ana María, estabas namorada de min?...
         —Sí, Ramón Antonio, sí. Non sei dende que día. Fai xa algún tempo. O meu corazón namorado, decíame, íntimamente, que outro corazón por min sospiraba...
         —Destoncias os dous nos amabamos?...
         —Sí... Os dous —E quedamos ollándonos fito á fito, como si algo nos enmeigara. Era tanto o que eu amaba á Ana María, que non fun capaz de collerlle as suas mans albas para bicarllas n-aquel momento, de intensa emoción. Tanto respeto me inspiraba a sua soila presencia, que apenas fun capaz de achegarme mais á ela do que estaba dend' o momento en que nos sentaramos.
         Seguimos falando do noso amor. De como un día, iñorando pol-os dous, nos conoceramos, nos ollaramos e as nosas almas se entenderan para sempre.
         Cando demos conta de nós, era xa ben entrada a mañán e na Ferradura, paseaban moitas persoas tomando o frescor das sombras acolledoras. Erguémonos e entramos na cibdá e dend' aquel día fomos un para o outro.

     


    [p. 8]

    III

     
         Cursaba eu, por libre, o terceiro ano de dereito na Universidá de Compostela.
         Cumpríanse dous anos que fixera oposicions a escolas y-exercía a profesión d' escolante aló no corazón poético das Mariñas betanceiras. N-unha aldea branca e feiticeira coma unha pomba.
         Ana María, seguía tan namorada de min como o primeiro día e eu non o estaba menos d' ela. Dempois de eu examinarme, por San Xoan, casárnonos unha branca mañán entre frores e ledicia. Era o día vinte e nove de Xunio. O mesmo día en que se cumprían os tres anos da nosa decraración amorosa no paseo da Ferradura ao pé do moimento ao Rosalía.
         Ana María estaba feiticeira. Todol-os seus xestos, todal-as suas verbas, degaxaban unha emoción branda, morna e embruxadora. Cando me collin do seu brazo cariñento e albo, sentín que a vibración ardente da sua carne moza, facía chegar â miña alma unha lavarada de arroutada pasión que me cubría de felicidá. Era divina baixo a brancura monacal do longo traxe de nupcias: Era radiosa e encantadora. Dempois da cerémonia do casamento, saímos en viaxe de noivos e nas áas da fellcidá: Lisboa. Madrí, Sevilla, Valencia, Barcelona. París, San Sebastián. Tres meses de intensa ventura, de amor infindo de pasión sin folgos, para, ao chegar o mes d' outono, fundirnos no meigo paradiso das Mariñas brancas e novelescas.
         Determinamos vivir alí un ano, na miña escola,

    [p. 9]

    entramentes eu daba fin â miña carreira de Abogado, para dempois restituirnos â cibdade, onde fundariamos un novo fogar, e a vivir do que me dera a miña nova carreira.
         Todal-as mañás baixabamos os dous collidos do brazo â escola. Os nenos saudabannos con respeto e non cariño, e pelexaban por bicarlle as mans a Ana María, que Iles ía donando caricias con arroubo de nai.
         Eu cuase nunca facía escola. Encargabase delo Ana María, pechandome a min na alcoba, para que estudara tranquilo.
         Os nenos reloucaban de ledicia con ela.Todol-os días lle traían manoxos de frores e os mais pequechos loitaban por sentarselle no regazo para recibir as suas primeiras caricias. Tiñan envidia e celos uns dos outros. Xa non era D. Ramón Antonio o dono da escola. Era dona Ana María, aquela doña Ana María que todos estimaban, boa, cariñenta e doce como unha Santa. Era o encanto de toda aqueIa sosegada aldea mariñana. Adorábana con loucura, aquelas boas e homildes xentes. Mimábana e tiñan para ela todal-as consideraciós. Si Ana María lle pedira, á aqueles bôs aldeans, que bicaran o chan por onde ela pasara, estou seguro, que o farían con toda a devoción. Tal era o seu poder suxestivo sobr' as vontades d' aquelas, tamén, santas, xentes, aquelas nobres almas de traballadores da terra, que todol-os días deixaban chegar â nosa casa un regalo. Dempois de facer a sesión da tarde, sentabámonos na solaina e Ana María contábame esceas e pasaxes da sua vida tranquila e soedosa e eu relataballe as esceas mais acentuadas das miñas loitas, dos meus esforzos por sair da nada en que había vido a o mundo. E así falando, falando, coas maus enlazadas, coas caras xuntas unhas veces e outras abraza-

    [p. 10]

    como dous nenos botabamos deica as nove da noite hora en que iamos a cear.
         —Cando eu me namorei de ti, confeseille a un meu amigo, e mais teu, que non pasaba minuto sin que eu tivera o pensamento posto n' esta miña feiticeira dona. E aquel noso amigo díxome: Eu coñezo á Ana María d' ende pequecho, Criámonos cuase xuntos. E mui boa, mui boa. Non che pesará ser seu noivo e si chegas a facela tua dona sabrá facerte feliz, Serás venturoso con ela...
         ¡Había tanta dozura proféstica nos verbas d' aquel amigo, que d' ende que o escoitei deime a quererte mais, a arelarte con mais entusiasmo con mais quentura e con mais degaro soñei contigo. E cheguei a ti como xa sabes... Queréndote moito, adorándote...
         —Como eu á ti. Igual que eu adoraba aquel Ramón Antonio austeiro que na crase de Química, cando era axudante na Escola normal, non soupen, un día si él era o profesor ou o axudante quen espricaba todol-os días a lección...
         Igual que eu adoro á aquel escritor apasionado que tanto me entoleceu.
         —¡Qué tempos aqueles, para min de tanta loita, de tanto entusiasmo, de ardor, de febre e d' emoción.
         —¡Parés que os lembras con tristura, Ramón Antonio. Estás triste por perdel-os...
         —Non pombiña, non. Embárgame podo sentir tristeza pol-o meu pasado. Orgulo é o que podo ter ao teu rente. Preto de tí que constituies toda a miña soñada felicidá...
         E deixabámonos adormecer na morna dozura d' estas lembranzas e d' estas verbas. Bicándonos,

    [p. 11]

    como dous noivos que tiveran vergonza das primeiras estrelas que cintilaban no ceo.

     




    IV

     
         Novamente en Compostela. O meu bufete de novo e preferido abogado. Un gran nome conquistado día por día nas crunas dos mais nomeados xornales. Profesor auxiliar da Universidá Compostelán. Querido e respetado por todol-os meus amigos e ademirado así como temido pol-os enemigos que non eran capaces de perdo arme os meus trunfos, as miñas loitas adoito coroadas pol-a victoria.
         Ana María na sua cibdá natal. Dona d' unha casa opulenta, luxosa, onde non había falla de nada. Abundancia benestar, dita, felicidá e ventura no seo longo d' unha vida regalada. A sorte seguía sendo a nosa amorosa compañeira dend' o día en que nos uníramos un ao outro. Ana María a miña mais grande ilusión, a compañeira fiel e cariñosa que debecía por facerme feliz Eu non podía ter para ela mais que cariños infindos, respetos relixosos. Era unha muller á quen había que amar por obriga e por suxestión tamén.
         Todol-os domingos nos erguíamos, ao abrente, para ir á misa de cedo. Ouvíamola de cote na Catedral, no altar da Soledad. Os dous un preto do outro de xionllos.
         Ana María cumpría os seus deberes relixiosos sin esa manifestación noxenta de beatismo morboso, fanático e, pol-o tanto, falso, que prautican moitas mulleres, en maioría fallas de amor á ese Dios de

    [p. 12]

    que se pregoan en todol-os lugares e á todal-as horas adoradoras e que por disgracia se asemellan moie pouco ao pubricano bíbrico. A miña dona, Ana María, muller prudente en todol-os seus actos, tamén a era con respeito â relixión. Xamais se metía n-unha eirexa sin min, sin levarme do seu brazo e rezar ao meu carón. Confesábase duas veces no ano. Nin unha mais. Outras tantas me obrigaba á facelo á min.
         Cando nos casamos eu non tiña o costume de ir ás irexas mais que para ollar obras de arte ou ceremonias de gran espetáculo. Ela fíxome ir á misa de oito en oito días dempois de casados, dixenlle que facía mais de doce ou catorce anos que non ouvía misa nin me confesaba, sin escandalizarse díxome:
         —Xa tiña ouservado que eres un pouco descoidadiño. Non te decatas de algunhas cousas que non se deben esquecer. Un home como ti debe levar conta de todol-os detalles da vida para poder vivir...
         —¡Caramba, caramba! Non sabía eu que a ti te adicaras á bucear tanto nos meus sentimentos. Eu non fun á misa en todo ese tempo nin me confesei, porque non tiña verdadeiros desexos de o facer, parecíame que non tiña fé d' abondo.
         —¿Qué ten que ver eso de que non notaras si tiñas fé? Ti non eres un incrédulo. Eres un desdeixado. E non hai cousa mais fea que, por abandono, levar unha corbata mal posta. A elegancia do esprito é tan necesaria como a do vestir...
         A pesar de non ser eu home de temperamento relixioso, consentín en facer o que Ana María me mandase. Sometinme a os seus consellos por non ser o intransixente que, ao millor, por causa de facer prevalecer unha estupidez, desfai a sua propia felicidá. Ademais eu quixen votar por terra esa tradición,

    [p. 13]

    de que, o criterio e a intransixencia do marido no matrimonio ha ter un releve dictatorial.

     




    V

     
         No balneario da Virxen, en Cuntis, apiñábase aquel día a xente.
         Aquel ano, aceptando unha invitación do propietario dos baños, determináramos pasar o mes de Agosto na meiguiceira vila das burgas.
         Os saraos eran encantadores. Había xente de todol-os currunchos de Galicia e d' outros pobos de España. Outas persoalidás da aristocracia.
         Diputados de gran valía, e ministros renomados, abogados de gran sona, literatos de gran moda, artistas americans de gran fama con liontinas e traxes fantásticos.
         Señoritos e señoras da boa sociedá.
         Eran as festas de Nosa Señora. A vila enteira hachábase saturada d' unha ledicia fachendosa. Foguetes, músicas, gaitas, regocixo, contento por todal-as partes e todol-os días.
         Festexábase o día de San Antonio. O millor día de festa e de mais derroche de bon humor e o de entusiasmos e ilusions Deic' as catro da madrugada durou a festa d' aquel día. Eu e mais Ana María, un collido ao outro, percorremos toda a vila ollando os bailes de muiñeira e as roldas de alalás. Unha hora antes de que a festa tivera fin retirámonos porque Ana María sintiuse un pouco indisposta âs duas e media da madrugada. Deitámonos. N-aquela noite non durmin. Non prendín no sono por mais que o inten-

    [p. 14]

    taba. Ana María durmeu logo pero non descansou, soñaba outo e dicía incoherencias, cousas sin senso. Suaba moito e daba voltas súpetas.
         Ao día siguente ergueuse pálida, coa sua faciana branca e relocente, macerada; os beizos denegridos, o mirar vivo e alceso, apagado. Falaba facendo un gran esforzo e non tiña ganas de andar.
         Inquerina para saber o que lle pasaba e respondeume que se topaba mal de todo o corpo, enferma sin saber de que.
         Ao cabo de tres días, vendo que Ana María non milloraba, pensei en voltar á Compostela. Sometina á unha consulta d' un dos millores doutores da cibdá. Dempois d' unha auscultación, d' un detido esame o doutor Novoa resumeu dicindo, que nin lesión, nin anormalida orgánica. Que a enfermedá de Ana María era de índole puramente espritual. D' unha segunda consulta, en xunta de doutores, non se puido deducir outra consecuencia. Enfermedá francamente psíquica.
         —Nada lle farán, pol-o tanto, as drogas, nin as pócimas, nin as inyecciós tan postas en moda n-estes derradeiros anos —dixo o doutor Novoa que fora o primeiro en consultala e o primeiro en dar diagnóstico que ninguén rebocou.
         Para min aquela estrana enfermedá de Ana María, sinificaba unha enfermedá tamén. Ollala n-aquel estado pasmoso, de abrayamento, sin ánimo, nin afán por nada, sin ganas de andar, nin de comer, nin de falar aquelo era para min unha tristura.
         Ninguén puidera maxinar que a nosa relucente felicidá e a nosa ventura, habían de finar d' aquel xeito, de maneira tan rara coma finaron.
         A única recomendación dos doutores compostelans, e en especial a do doutor Novoa, foi a de que pasara, a enferma, a maior parte do tempo en luga-

    [p. 15]

    res de distraución, de bullicio, de orxía e de diversión. Así o percurrei facer o emprendimos un viaxe por distintos pobos d' España e do estranxeiro. Corremos prayas de moda, cibdades modernas onde a vida, con diñeiro, é un paradiso; pero nada. Nada podía levantar o ánimo caído de Ana María. A sua doenza era mais poderosa que a vontade humán, mais consecuente que a algarabía das sociedás humans.
         En París leveina â consulta de enfermedás psíquicas, pero a sabenza d' aquel famoso doutor non foi mais alá da dos doutores compostelans. Ninguén podía dar coa fórmula que librara á Ana María d' aquel pasmo, d' aquel apocamento, d' aquela indixencia de ánimo, en que se hachaba fundida, xa facía mais dun ano.

     

    VI

     

         Unha primaveira relucente e branca. Compostela somellaba dreioza de novas galas.
         Aquel ano había eleuciós para diputados a cortes. As sociedás obreiras compostelans, unidas âs agrarias de tod' o distrito, determinaron facerme o seu representante nas Cortes españolas. A pesar da enfermedade de Ana María topeime obrigado á ir á todol-os faladoiros, pol-as aldeas e na mesma cibdá. Ao fallo saín trunfante. A miña sona de bô abogado, de defensor da causa agraria e obreira e de propagandista, era mais grande do que eu coi-

    ]p. 16]

    daba e os meus discursos encenderon o entusiasmo das xentes que me acramaron seu ídolo.
         O mesmo día do meu trunfo, que eu arelaba fose de ledicia e contento no meu fogar, foi para min de pena e de congoxa. Cando entrei na casa, dempois de ser acramado pol-os meus votantes saíume ao paso a sirventa para me decir:
         —A señorita está moi doente. Toda a tarde estivo debruzada no leito, chorando. Estremecín todo. Un frío de xiada envolvéu toda à miña alma inda saturada pol-as mornas emocions do trunfo.
         —¿Chamaches ao doutor?
         —Non quixo...
         Arroutadamente entrei na sua alcoba e atopeina no leito, tumbada como s' estivera morta. Cos ollos pechados e as meixelas molladas pol-as bágoas que por elas lle correran. Biqueina nos beizos e ergueu a cabeza, pra decirme:
         —Ao fallo estás aquí xa, Ramón Antonio?
         —Si almiña, si. Xa me tes á tua veira, xa estou preto da miña querida Ana María. Tópaste mais mal, verdá?
         —Como de cote. Nin mais nin menos...
         —Carmen díxome na entrada, que choraras moito e que te doías.
         —Non, non. Tiven medo soila na casa. Temía por ti. Parecíame que che podía pasar algo malo entre tanta xente que te leva e trai.
         —¿Pero ti non ves que me queren moito bobiña?
         —De cote hai enemigos. Os homes de valía como ti teñen moitos
         —Pois xa ves. Nada me pasou e por enriba fixéronme o seu diputado.
         —Eu estaba mui pesarosa...

    [p. 17]

         —¿E non te pon leda o saber que eu son diputado, que vou de trunfo en trunfo?
         —Apename o saber que non poidas disfrutal-o millor, que nestes momentos de ledicia, para ti, teñas ao teu pé unha muller enferma, desfeita xa, que non te deixa tranquilo, que non che deixa ser feliz como o mereces...
         —Non quero que fales así. Xa sanarás. Ademais, eu son feliz igual, prenamente feliz. Amote con toda a miña y-alma, querote, adorote e todo canto non sea o teu ben importame pouco. Loito para ti...
         —Por que tes esprito compasixo, alma xenerosa...
         Porque estou namorado de ti como a primeira hora, como o estarei toda a nosa vida...
         —Pero fai por te dívertir...
         —¿Con quen?¿Onde?
         —Con quen queiras, onde poidas, non fagas caso de min... son moi desgraciada...
         —Cala, non digas parvadas. Ofendesme Ana María...
         —Perdoame...
         Rompeu a chorar como unha nena esconsolada. Eu d' aquela fíxena sentar no leito, aperteina contra o meu peito, biqueina novamente nos labres e obrigueille a que se erguera.
         Saímos da casa. Xa anoitecia e fomos a pasear a Ferradura collidos do brazo, Hachabase todo cheo de xente. Estudiantes barulleiros, parexas de namorados, mulleres conversadoras. Todo era, contento e respirabase ben estar. Unhas cantas amigas, de Ana María chegaronse a saludarnos intresadas pol-a doenza que padecia. Voltamos tardeiro para casa. Ceamos e metemonos no leito. A o día siguente determinamos ir a parar unha tempada na aldea entramententras non se abriran as Cámaras e eu tivera que vivir en Madrid. Fixémol-o.

     


    [p. 18]

    VII

     

         Na meiga e frorida aldea de Golán, Eixidos paradisiacos e veigas cubertas de verdor.
         As xentes tiñan adoito unha sorrisa na faciana dibuxada e no ollar unha bondade infinda. A os poucos días da nosa chegada Ana María animouse un pouco. Puñase na solaina ollando a campía verdecente e os piñeiraes abaneantes e rumorosos. Falaba cos veciños que pasaban das suas labores pol-o quinteiro. Todos sabían o seu estado e percuraban distraela e poñela contenta e leda todo o mais que podían. Unha tarde en que eu tencionei facer un traballo para unha revista, preto da solaina, non me deixou.
         —Eiqui non quero que traballes. Viñemos á descansar, viñeches á descansar ti, e descansarás como Dios manda.
         —Obedecido —díxenlIe guindando os libros e os papês— A folgar e a consagrarme por enteiro a ti.
         Estoume lembrando de cando era pequena. Nunca se me daba por sair á xógar co-as compañeiras. Sentábame decote a carón da miña aboa e estaba calada, calada como si enmudecera. Miña nai que ollaba pouco, coidaba que eu estaba durmindo de cote e berrábame, mandábame sair âs ruas á pasear co' as demais. Pero eu non quería. Gustábame mais poñerme así como estou agora arrimada â solaina e

    [p. 19]

    ollar ao lonxe, contemprar, o ceo limpo e radioso. Outras veces dábaseme por ir ao xardín e sentarme debaixo dos magnolios e pechar os ollos para pensar.
         —Vamos á ver ¿Qué pensabas?...
         —Moitas cousas, As mais das veces pensaba en ser muller, en casarme c' un home moi intelixente, que fora envidiado por toda a xente e que estivera moi namorado de min. Un home como o que teño, un marido coma ti.
         —Eu fun o teu príncipe soñado, pol-o que se deduce..
         —Sí, Cando ti me fixeches o amor fun feliz, moi feliz. Tiña medo a que outra muller te me roubara e non facía mais que quererte, quererte con toda a miña alma.
         ¡Cánto me tes feito sofrir co' aquelas tuas rarezas de non te achegar a min, a pesar de que vías nos meus ollos o grande amor que che tiña! ¡Aqueles teus encabuxamentos arroutados de pasar a carón de min e facer que non me ollabas, sin saudarme, sin ollarme siquera! As veces dabasme medo...
         O serán cinguía o seu mantón poético sobr' as terras de Golán e a nosa conversa tiña un lonxano sabor de remembranza lediciosa.
         Cando nos retiramos a descansar, era xa ben entrada a noite. Deitamonos e conversando un co outro quedamonos dormidos.
         —¡¡Válme, Ramón Antonio, valme!! ¡Qué me mata! —Dixo Ana María, cinguindose a min gritando d' aquel xeito.
         Acordéi de repente, acendín a luz e percurei calmal-a, pero non o conseguín. Ana María, descomposta, aturdida, agarrandose a min como unha tola, seguía berrando:

    [p. 20]

         —¡Válme, válme que me mata! ¡Ves, ves! ¡Acercase, acercáse xa! Perdoame; eu non che quería decir nada, pero sabia que me había de matar! ¡Válme Ramón Antonio. ¡Non te arredes de min! Chamei por Carmen e entr' os dous percuramos calmal-a pero foinos imposibre.
         ¡¡Válme, válme!!
         Era o que sin parar decia Ana María, vencida pol-o que a consumia e pol-o tormento que a ameazada.
         Así botou duas semanas de loita coa morte. Duas semanas de misterio e de traxedia, d' unha traxedia que houbera feito estremecer ao menos supersticioso.
         Non puiden, nin eu nin ninguén, saber o que Ile pasaba a Ana María. Aquelas duas semanas de batallar a brazo partido, abondaron para acabar con ela, para murchar a sua vida loura e puxante e unha mañán de Mayo, cando alboreaba o día, finou, puxo termo ao seu martirio A morte que tanto arelara aquela vida, que me pertenecia a min. A vida de Ana María alcanzou acentos verdadeiramente drámaticos, d' un dramatismo-cruel, que deixou na miña y-alma un ronsel de dôr e de sofrimento que me levará a coba.

     




    VIII

     
         Aquela enfermedá tan misteriosa e aquela morte tan bárbara que se cebaron na probe Ana María e que non me deixaron ser feliz, siguen sendo un misterio para min.

    [p. 21]

         Eu fixen todol-os esforzos por rodear de felicidá aquela muller que tanto amei e que tanto quixen, pero a traxedia que con ela nacera, no puido consentir tanta ventura como soñaramos.
         Na aldea decian que Ana María estaba embruxada, que tiña ferida de ollo, que a ollara unha meiga.
         E sigo non creendo tal fantasía, inda que mismo sea certo.


    Compostela 13 de San Xoan 1925