Meus cabalos: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:1930; engado a Categoría:1929 mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
|datadía =
|datadía =
|datames =
|datames =
|dataano = 1930
|dataano = 1929
|autor = [[Roberto Blanco Torres]]
|autor = [[Roberto Blanco Torres]]
}}
}}
Liña 39: Liña 39:




:::Publicouse en: ''[[:w:Nós (revista)|Nós]]'' n.º 79, en 1930.
:::Publicouse en: ''[[:w:Nós (revista)|Nós]]'' n.º 79, en 1929, p. 137.





Revisión como estaba o 29 de abril de 2018 ás 21:43


Meus cabalos       Roberto Blanco Torres       1929
 




Ô trote, ô trote, cabalos,
meus cabalos ardesíos;
ô trote pol-a encañada,
pol-os curutos altivos,
pol-as taciturnas gándaras.
Ô trote, ô trote, que zoa
por cómaros e valgadas,
no vento que leva fogo
fundindo o eco nas almas,
o clarín dos adalides
convocando pra batalla.

Ô trote, ô trote, voade,
meus cabalos ardesíos,
ideas transfiguradas
en aéreos hipogrifos.

A galope, meus cabalos,
os de com'o vento brío.
A galope, que ja ondean
alá nos cumes esquivos
os críns alados de lume
dos meus cabalos invictos.



Publicouse en: Nós n.º 79, en 1929, p. 137.


Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.