O espreguizo da noite: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{encabezar |nome=O espreguizo da noite (Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> O espreguizo da noite empape..." |
Sen resumo de edición |
||
Liña 46: | Liña 46: | ||
Ponse quedo. |
Ponse quedo. |
||
{{Paxinación| |
{{Paxinación|Calendario|A alma nena}} |
||
</poem></div> |
</poem></div> |
||
Revisión actual feita o 7 de decembro de 2017 ás 23:27
O espreguizo da noite (Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
O espreguizo da noite
empapelárono os milleiros
que o vento abala.
A Lúa de hipnotismo
cala
Dispóis
abaten preguiceiros
e novamentes soñan
empapelados
os milleiros.
O espreguizo da noite
agoirárono os piñeiros
que o vento abala
A Lúa de hipnotismo
cala
Dispóis
abaten rezareiros
e novamentes dormen
agoirantes
os piñeiros
O espreguizo da noite
é quen prega unha esmola
aborrecido
case cadavrento
A noite é quen dorme
por fora das casas
polos agros incertos
polos montes abertos
onde
chea-las pedras de caloñas
como sombras
a meiga do luar
fai carantoñas.
O espreguizo da noite
por acochá-lo medo...
Calade!
Deixalo!
Ponse quedo.
<<<< | >>>> |