Calendario: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Calendario (Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> No ar amorriñado quer aboiar unha zul inco..."
 
Sen resumo de edición
Liña 36: Liña 36:
Deica que volvan as brétemas.
Deica que volvan as brétemas.


{{Paxinación|Con anacos do meu interior|Espreguizo da noite}}
{{Paxinación|Con anacos do meu interior|O espreguizo da noite}}
</poem></div>
</poem></div>



Revisión como estaba o 7 de decembro de 2017 ás 23:26


Calendario (Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    No ar amorriñado
quer aboiar unha zul incondensión
    Lentitudes de fume
baixo unha cárrega de ingravidade
    Voces de longos ecos
                     desenterran
a non sospeita do lonxe calmo
    Alá os pinos
    vólvense opacidade
    Hase de ver o ennoitecer
                            xurdir da Terra.

    Hoxe está de festa o home raro dono
do calendario dos días pensativos
    que vive aqueles días
cada Inverno e cada Outono
    e non viven máis.

    
    E cando volve o sol dos días
    finda a desta somesa
    adormentadora e dorosa quizáis
    do home raro que si abanca chora.
    Despídese de min
no camiño antre pinos
que se perde na noite
    Pídolle as súas horas
    calendario sin sinos
                        e prométemas
    Dispóis xa non se sabe...
    Deica que volvan as brétemas.


<<<< >>>>