Axuda:Control de autoridades: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O '''control de autoridades''' é unha forma de asociar un identificador único aos artigos na Wikipedia. Isto resulta útil para diferenciar artigos con título iguais ou moi sem..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de novembro de 2015 ás 08:41

O control de autoridades é unha forma de asociar un identificador único aos artigos na Wikipedia. Isto resulta útil para diferenciar artigos con título iguais ou moi semellantes, así como para establecer un título único para un mesmo artigo coñecido por máis dun nome. As ligazóns de datos do control de autoridades poden atoparse ao final dos artigos da Wikipedia, ligando cos rexistros correspondentes de diversos cátalogos mundiais.

O control de autoridades permite aos investigadores facer procuras de forma máis sinxela para un determinado tema ou artigo, sen necesidade de diferenciar temas homónimos de forma manual.

O modelo empregado para incluír o control de autoridades nos artigos é {{Control de autoridades}}. Os valores e códigos para cada identificador que aparecen neste marcador edítanse e/ou engádense na páxina do Wikidata correspondente ao propio artigo.

Modelo:Volver á axuda