Wikisource:Normas de conduta: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
corrixir "cree" do verbo crear non crer
Liña 44: Liña 44:
** Citar unha mensaxe é bo, aínda que expoñer como a interpretou vostede é mellor. Antes de afirmar que alguén está equivocado, admita a posibilidade de que falla a comunicación.
** Citar unha mensaxe é bo, aínda que expoñer como a interpretou vostede é mellor. Antes de afirmar que alguén está equivocado, admita a posibilidade de que falla a comunicación.
* Non ''dea nomes'' ou ''ataque persoalmente'' aos escritores ou aos seus artigos.
* Non ''dea nomes'' ou ''ataque persoalmente'' aos escritores ou aos seus artigos.
** Termos como "racista", "machista", ou ata mesmo "mal escrito" colocan a calquera nunha postura defensiva. Dese xeito, é difícil discutir os artigos de maneira productiva.
** Termos como "racista", "machista", ou ata mesmo "mal escrito" colocan a calquera nunha postura defensiva. Dese xeito, é difícil discutir os artigos de maneira produtiva.


===Outros consellos===
===Outros consellos===
Liña 57: Liña 57:
Algunhas liñas xerais para un Wikiconvenio escritas por [http://en.wikipedia.org/wiki/User:Kingturtle Kingturtle]:
Algunhas liñas xerais para un Wikiconvenio escritas por [http://en.wikipedia.org/wiki/User:Kingturtle Kingturtle]:
* Faga que todos se sintan benvidos (ata mesmo os participantes antigos; incluso aqueles aos que vostede non lle agrada).
* Faga que todos se sintan benvidos (ata mesmo os participantes antigos; incluso aqueles aos que vostede non lle agrada).
* Cre e manteña un ambiente amigable.
* Cree e manteña un ambiente amigable.
* Poña a outra meixela (e afástese dunha posible guerra de edición).
* Poña a outra meixela (e afástese dunha posible guerra de edición).
* Eloxie, especialmente a aqueles que non son coñecidos seus (a case todos lles agrada saber que o seu traballo é apreciado e desexado).
* Eloxie, especialmente a aqueles que non son coñecidos seus (a case todos lles agrada saber que o seu traballo é apreciado e desexado).
Liña 66: Liña 66:
* [[Wikipedia:Cousas que non se deben facer]]
* [[Wikipedia:Cousas que non se deben facer]]


[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|Normas de conducta, Wikipedia:]]
[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|Normas de conduta, Wikipedia:]]


[[en:Wikipedia:Wikiquette]]
[[en:Wikipedia:Wikiquette]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2008 ás 19:11

Aqueles que contribúen á Wikipedia proceden de países e culturas diferentes, e difiren moito nos seus puntos de vista. É vital que se trate as outras persoas con respecto para acadar un bo grao de colaboración e poder construír entre todos esta enciclopedia.

Esta páxina ofrece algúns principios de "Wikiquette", ou orientacións sobre como traballar xunta outros usuarios da Wikipedia. Vostede pode ler máis sobre as convencións básicas no artigo Wikipedia:Política e normas. Modelo:Lista políticas

Principios de etiqueta na Wikipedia

  • Asuma unha postura de boa fe: non faga suposicións de ningún tipo sobre outras persoas. Ata o momento, a Wikipedia tivo éxito baseándose nunha política de total liberdade de edición. Todos os que aquí veñen queren colaborar e escribir bos artigos.
  • Evite reverter ou borrar artigos.
  • Sexa educado.
    • Ninguén pode ver ou saber como se sente. A ironía non sempre é evidente, e as súas afirmacións poden adquirir un ton groseiro cando son transmitidas a través dun medio puramente textual.
  • Asine e poña a data de edición nas súas mensaxes.
  • Tente chegar a un acordo.
  • Non ignore as preguntas.
    • Se alguén non está de acordo coa súa edición, explíquelle os motivos da súa modificación.
  • Desista de seguir unha conversa cando non teña máis que dicir; ou recoñeza cando os seus argumentos están baseados na intuición ou preferencias persoais.
    • Non faga que outros discutan sobre unha posición que vostede non ten.
  • Estea sempre disposto a pedir desculpas.
    • Durante conversas animadas, frecuentemente dinse cousas das que logo nos arrepentimos. Non agoche ese sentimento.
  • Estea sempre disposto a aceptar unha petición de desculpa con educación, e non insista en continuar a conversa.
  • Eloxie a quen o merece. A todo o mundo lle gusta sentirse apreciado, especialmente nun ambiente que require compromisos frecuentemente.
  • Remova ou resuma as disputas que vostede iniciou.
  • Axude a mediar nas desavinzas dos outros.
  • Cando unha conversa educada fracase, faga unha pausa na conversa ou recomende unha pausa no caso de estar mediando.
    • Volva ao cabo dunha semana ou dúas. Se non hai ninguén mediando, e vostede cree que un mediador é necesario, procure a alguén que o faga.
    • Afástese durante un tempo ou atenda a outro artigo da Wikipedia para distraerse. Os seus servizos son sempre necesarios noutras tarefas.
  • Lémbrese do que a Wikipedia non é.
  • Evite erros frecuentes.
  • Sexa civilizado.

Como evitar o abuso das Páxinas de conversa

Case todos están orgullosos do seu traballo e punto de vista. É fácil ferir o ego de alguén durante a edición dun artigo, mais as páxinas de conversa non son o lugar axeitado para contra-atacar. Son un bo lugar para calmar os ánimos ou desfacer o dano causado, o seu verdadeiro propósito é forxar acordos que beneficien os artigos aos cales están ligadas.

Algunhas cousas para ter presentes

  • Os artigos da Wikipedia deben representar todos os puntos de vista (máis sobre isto no Punto de vista neutral). As páxinas de conversa non existen para debater qué puntos de vista son certos e cales equivocados. Para iso hai grupos de conversa en Usenet, ou weblogs públicos e outros wikis.
  • Se alguén esta en desacordo co seu artigo, non significa que (1) esa persoa o odie, (2) a persoa pense que vostede sexa estúpido, (3) a persoa sexa estúpida, (4) que sexa mala persoa , etc. Cando alguén publique opinións sen implicacións prácticas para o artigo o mellor é ignoralo.
  • Antes de iniciar unha conversa, pregúntese: paga a pena discutir sobre iso?
  • Leve a conversa ao correo electrónico ou á súa páxina de usuario se fora esencial para o artigo.

Algunhas palabras máis sobre a conversa educada

  • Deixe ben claro cal é o asunto que se está a tratar, especialmente cando estea respondendo a outra mensaxe.
    • Citar unha mensaxe é bo, aínda que expoñer como a interpretou vostede é mellor. Antes de afirmar que alguén está equivocado, admita a posibilidade de que falla a comunicación.
  • Non dea nomes ou ataque persoalmente aos escritores ou aos seus artigos.
    • Termos como "racista", "machista", ou ata mesmo "mal escrito" colocan a calquera nunha postura defensiva. Dese xeito, é difícil discutir os artigos de maneira produtiva.

Outros consellos

Algunhas palabras de despedida de Larry Sanger:

  • Ser aberto e cordial, non insultar.
  • Concentrarse na escrita dunha enciclopedia, non nun debate no estilo Usenet.
  • Recoñecer e eloxiar os mellores traballos, aqueles que sexan detallados, efectivos, ben documentados, e con bos índices de referencias.
  • Esforzarse en entender os requisitos impostos pola neutralidade e porque este concepto é tan importante para este proxecto.
  • Tratar aos seus colegas produtivos e ben intencionados con respecto e boa vontade;
  • Atraer e honrar á boa xente que sabe moito e escribe ben.

Algunhas liñas xerais para un Wikiconvenio escritas por Kingturtle:

  • Faga que todos se sintan benvidos (ata mesmo os participantes antigos; incluso aqueles aos que vostede non lle agrada).
  • Cree e manteña un ambiente amigable.
  • Poña a outra meixela (e afástese dunha posible guerra de edición).
  • Eloxie, especialmente a aqueles que non son coñecidos seus (a case todos lles agrada saber que o seu traballo é apreciado e desexado).
  • Perdoe.

Véxase tamén