Axuda:Preferencias: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Páxina de preferencias: reestruturo máis seccións con axuda de en.wp
m →‎Páxina de preferencias: reestruturo máis seccións con axuda de en.wp
Liña 77: Liña 77:
===Procura===
===Procura===
:<span class="example" style="font-family: Georgia, serif;">[[Especial:Preferencias|Preferencias]]&nbsp;→ [[Especial:Preferencias#mw-prefsection-searchoptions|Procura]] ([[meta:Help:Preferences#Search options]])</span>
:<span class="example" style="font-family: Georgia, serif;">[[Especial:Preferencias|Preferencias]]&nbsp;→ [[Especial:Preferencias#mw-prefsection-searchoptions|Procura]] ([[meta:Help:Preferences#Search options]])</span>
Esta lapela serve para escoller as opcións por defecto ao [[Axuda:Procurar|realizar procuras]].
{{En uso}}
* Elixir o número de resultados por páxina.
<pre>
* Elixir os [[Wikipedia:Espazo de nomes|espazos de nomes]].
Cantidade de resultados a amosar por páxina:
* Decidir se aceptar ou non suxestións ao introducir os termos de procura.
Cantidade de liñas a amosar por resultado:
Caracteres de contexto por liña:
Procurar por omisión nestes espazos de nomes:(Principal) Talk User User talk Meta
Meta talk Image Image talk MediaWiki MediaWiki talk Template Template
talk Help Help talk Category Category talk
</pre>
* '''Cantidade de resultados a amosar por páxina''': Podes escoller o número de resultados que se devolven en cada páxina de resultados da procura.
* '''Cantidade de liñas a amosar por resultado''' resulta inintelixíbel, tal vez: "non mostrar ningún contexto se o termo da procura aparece alén da liña ''n'' na páxina": aquí contan como "liñas" un parágrafo e a liña en branco entre dous parágrafos; as quebras de liña na fonte, mesmo se non afectan a disposición da páxina (e mesmo se non son directamente visíbeis na caixa de edición do artigo) afectan ao contar as liñas. Se se fixa o parámetro en 5.000 ou máis devólvese o contexto de cada aparición.
* '''Caracteres de contexto por liña''': o número de caracteres de contexto por cada aparición; porén, o contexto resulta restrinxido á "liña" (ver arriba) na que aparece. Para ver a liña completa, selecciona un número grande, como 5.000.
*'''Procurar por omisión nestes espazos de nomes''': mostra unha lista de todos os nomes de espazo ("palabras reservadas", que non son as mesmas en todos os proxectos: para as versións máis antigas de MediaWiki, que non contan con [[Special:Versión]], isto resulta un indicador útil de que versión se está a usar; para versións ainda máis antigas que non teñan esta opción nas preferencias, mira na lista unha vez realizada a procura), que permite seleccionar en cales se procura por omisión; ver tamén [[Help:Nomes de espazo]]. searched]].


===Preferencias varias===
===Preferencias varias===
:<span class="example" style="font-family: Georgia, serif;">[[Especial:Preferencias|Preferencias]]&nbsp;→ [[Especial:Preferencias#mw-prefsection-misc|Preferencias varias]] ([[meta:Help:Preferences#Misc]])</span>
{{En uso}}
<pre>
<pre>
Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki
Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki
Liña 116: Liña 109:


===Trebellos===
===Trebellos===
:<span class="example" style="font-family: Georgia, serif;">[[Especial:Preferencias|Preferencias]]&nbsp;→ [[Especial:Preferencias#mw-prefsection-gadgets|Trebellos]] ([[Wikipedia:Trebellos]])</span>


==Outras ferramentas==
==Outras ferramentas==

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2013 ás 14:59

Esta páxina ofrece unha viste xeral das preferencias de usuario; para ler unha documentación máis detallada, véxase meta:Help:Preferences.

As preferencias son as opcións de cada usuario sobre a navegación, a edición, as procuras, as notificacións e outras cousas no wiki. Xunto ás preferencias, hai outros servizos como a lista das contribucións realizadas na parte superior de cada páxina daquelas persoas que teñan unha conta. As preferencias ofrecen un gran número de características personalizables.

A páxina especial Especial:Preferencias ofrece aparencias, complementos, formatos de data, unha sinatura e outras cousas; tamén proporciona un acceso fácil para instalar outros complementos nos teus perfís de JavaScript e CSS personalizados. (Véxase a sección "Aparencia" embaixo.) O efecto global destas características é un control practicamente completo da interface da Wikipedia. Para acceder á páxina de preferencias, preme na ligazón "Preferencias" que hai na parte superior de cada páxina; tamén o podes facer desde a caixa de procuras, inserindo Especial:Preferencias.

Esta páxina explica os aspectos máis importantes da páxina Especial:Preferencias. A devandita páxina é unha interface en JavaScript que serve para simplificar a alteración das opcións predeterminadas. Estas características e a páxina de preferencias que as establece están achegadas por MediaWiki, o software da Wikipedia. Mentres que hai algunhas preferencias automáticas, existen outras ferramentas, denominados trebellos, que non están proporcionadas por MediaWiki, senón que foron realizadas por usuarios e poden necesitar instalación no teu ficheiro de JavaScript personalizado.

Páxina de preferencias

Á páxina de preferencias poden acceder os usuarios rexistrados. Ten varias lapelas na parte superior (cómpre JavaScript). O botón Modelo:Botón serve para todas as lapelas, non para cada unha individualmente.[1] É dicir, o botón serve para gardar as modificacións feitas en todas as lapelas das preferencias. A ligazón "Restaurar todas as preferencias por defecto" leva ata un formulario de confirmación para restaurar todas as preferencias de cada lapela aos valores por defecto.

As características predeterminadas están pensadas para os lectores e editores principiantes. Os editores máis experimentados tenden a modificar as preferencias para utilizar os trebellos especiais que axudan a realizar algunhas tarefas.

Se contas cunha conta global en todos os wikis da Wikimedia, entón as preferencias das contas en cada sitio son independentes. Isto débese a que cada wiki ten o seu propio software. Algunhas opcións mesmo poden variar nalgúns wikis.

A continuación detállanse as opcións dispoñibles na Galipedia.

Información de usuario

Preferencias → Información de usuario (meta:Help:Preferences#User profile)
  • Modificar o seu contrasinal.
Esta opción leva a un formulario que permite cambiar o contrasinal actual por un novo.
  • Permanecer coa conexión durante 30 días.
Ao lembrar o contrasinal envíase unha cookie ao navegador que permite que MediaWiki te recoñeza cada vez que visites o sitio. Deste xeito, non é necesario acceder ao sistema en cada visita.
  • Cambiar a súa sinatura.
Muda o formato estándar para a sinatura: Exemplo (conversa). Máis información: Wikipedia:Como mellora-la miña sinatura.
  • Elixir a lingua da interface.
Pódese escoller a lingua usada nas mensaxes da interface; a lingua na que estea escrito o texto das páxinas non cambia.

Aparencia

Preferencias → Aparencia (meta:Help:Preferences#Appearance)

Esta lapela permite modificar a experiencia co navegador web. Atópanse, entre outras, as seguintes opcións:

  • Modificar a aparencia.
As aparencias dispoñibles son: Azul colonial, Moderna, MonoBook e Vector (predeterminada). Noutrora, houbo outras aparencias:[2] Parrulo, Estándar, A miña aparencia, Morriña e Sinxela.
  • Acceder ao teu CSS personalizado ou JS personalizado.
Para cada aparencia pódense crear individualmente; tamén se poden escribir estilos que afecten a todas as aparencias. Se as palabres están en cor vermella, quere dicir que as follas de estilo aínda non están creadas.
  • Cambiar o tamaño por defecto para as miniaturas dos ficheiros.
  • Excluírse das novas características experimentais.
  • Decidir algúns comportamentos das páxinas: xustificación dos parágrafos, numeración das cabeceira, entre outras cousas.
  • Elixir PNG, TeX ou MathJax para mostrar as fórmulas matemáticas.
Orixinar sempre unha imaxe PNG crea sempre unha imaxe PNG a partir do código TeX; Deixalo como TeX non converte o código TeX, senón que o mostra como é (isto faise, sobre todo, nos navegadores de texto, como Lynx); MathJax (experimental), adoita ser a mellor opción para a maioría dos navegadores modernos.

Data e hora

Preferencias → Data e hora (meta:Help:Preferences#Date and time)
  • Formato da data
Permite elixir a forma en que se mostrará a data ao asinar as mensaxes nas páxinas de conversa.
  • Desprazamento horario
Dá a posibilidade de indicarlle ao sistema o desprazamento horario, é dicir, o número de horas de diferenza do teu fuso horario con respecto ao do servidor (que é o UTC). Isto non se actualiza automaticamente ao cambiar do horario de verán ao de inverno, e viceversa.
Notas

O horario local móstranse, entre outros, nos seguintes casos:

Pola súa banda, a hora UTC móstrase ao asinar nas páxinas de conversa.

Edición

Preferencias → Edición (meta:Help:Preferences#Editing)

A Wikipedia achega aos editores varias opcións para personalizar o xeito de editar as páxinas. Entre elas:

  • O número de filas e columnas de caracteres para a caixa de edición.
  • A posibilidade de pedir ao software que avise ao deixar o campo do resumo de edición baleiro.
  • Activar o editor visual, un editor WYSIWYG para o que non é necesario saber formato wiki.
  • A opción de ollar vista previa en tempo real ao premer nos botóns Modelo:Botón ou Modelo:Botón permite enviar unicamente os contidos da caixa de edición ao servidor, facendo que o JavaScript refreque a área que hai debaixo da caixa de edición coa vista previa da páxina. Como beneficios, úsase menos largo de banda e non xera un novo enderezo URL no historial do navegador.

Ademais, ofrécense dúas barras de ferramentas para a parte superior da caixa de edición. Por defecto, móstrase a barra de ferramentas de edición mellorada, mais é posible desactivala para volver á versión vella.

Cambios recentes

Preferencias → Cambios recentes (meta:Help:Preferences#Recent changes)

Cada vez que alguén realiza unha edición nunha páxina, gárdase un rexistro coas diferenzas; os historiais das páxinas almacenan todas as revisións de cadansúa páxina. A páxina de cambios recentes mostra as últimas modificacións feitas nas páxinas da base de datos. Estas opcións serven para mostrar a información que aparece en Especial:Cambios recentes dun ou doutro xeito:

  • Lonxitude da lista.
  • Métodos de agrupamento da lista.

Lista de vixilancia

Preferencias → Lista de vixilancia (meta:Help:Preferences#Watchlist)

As preferencias sobre a lista de vixilancia facilitan o control dos tipos de edicións, usuarios e páxinas que se mostran na páxina Especial:Lista de vixilancia.

Procura

Preferencias → Procura (meta:Help:Preferences#Search options)

Esta lapela serve para escoller as opcións por defecto ao realizar procuras.

  • Elixir o número de resultados por páxina.
  • Elixir os espazos de nomes.
  • Decidir se aceptar ou non suxestións ao introducir os termos de procura.

Preferencias varias

Preferencias → Preferencias varias (meta:Help:Preferences#Misc)
Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki
Subliñar ligazóns
Formatar as ligazóns crebadas deste xeito (alternativa: así?).
Xustificar parágrafos
Numerar automaticamente as cabeceiras
Editar as páxinas logo de clic dobre (JavaScript)
Permitir a edición de seccións via as ligazóns [editar]
Permitir a edición de seccións premendo co botón dereito nos títulos das seccións (JavaScript)
Amosar a táboa de contidos (para páxinas con máis de tres cabeceiras)
Deshabilitar memoria caché de páxinas
  • Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki. Esta opción determina se se coloca un título da ligazón no código HTML. O resultado depende do navegador: se se coloca o punteiro do rato sobre un [[Axuda:ligazón|vínculo], normalmente o título aparece nun rótulo flotante. Porén, algúns navegadores mostran tamén o URL, de maneira que o título do vínculo pode resultar superfluo. Se se activa, o título do vínculo é o nome da páxina no caso dun vínculo interno, o nome da páxina con prefixo no caso dun vínculo interwiki e o URL no caso dun vínculo externo.
  • Subliñar ligazóns. Normalmente, o texto dos vínculos está subliñado. Como opción, podes pedir que non se subliñan -ainda que o teu navegador pode non respectar esta configuración. Normalmente, os vínculos que non se subliñan pódense identificar pola cor. Porén, cabe a posibilidade de non poder distinguir se dúas palabras consecutivas son un vínculo ou dous sen apuntar para elas co cursor.
  • Formatar as ligazóns deste xeito. Unha ligazón interna a páxinas que non existen convértese automaticamente nun enlace para a páxina de edición. Por omisión, a etiqueta do vínculo de [[b]] e [[a|b]] é "b", igual que para os vínculos a páxinas existentes. Como alternativa, a etiqueta da ligazón é un signo de interrogación inserida a continuación de "b". Así: O tempo en Galiza?. A aparición do vínculo determínase ademais polo estilo indicado polos selectores das follas de estilo "a.new" e "a.new:hover" (o exemplo da páxina de preferencias usa equivocadamente class="internal" para o signo de interrogación). Os vínculos internos a páxinas que non existen ainda aparece actualmente no teu navegador como o tempo en Galiza. Normalmente estará subliñado e en vermello. Co signo de interrogación a continuación pode ser que non se saiba distinguir entre unha única palabra ou unha frase de máis de unha palabra sen apuntar para o interrogante co cursor. Lembra tamén que o signo de interrogación non indica que a información sexa dubidosa.
  • Xustificar parágrafos. De seleccionar isto, os parágrafos dos artigos formataranse para evitar os finais de liña escalonados. De non seleccionarse, os parágrafos formataranse tal e como están.
  • Numerar automaticamente as cabeceiras. Isto engade unha numeración hierárquica estilo esquema aos cabezallos dos artigos.
  • Editar as páxinas cun dobre clic. Se se selecciona esta opción pódese facer dobre clic para modificar unha páxina. Esta opción require que o navegador teña activado o Javascript.
  • Permitir a edición de seccións via as ligazóns. Agocha ou amosa os vínculos [Editar] nos títulos das seccións.
  • Permitir a edición de seccións premendo co botón dereito nos títulos das seccións (JavaScript). Fíxate que no caso dun cabezallo cun vínculo (o que pode darse, ainda que non se recomenda nalgúns proxectos), isto desactiva que se poida abrir o vínculo nunha xanela nova utilizando o botón direito (ainda que se poida tentar coa alternativa maiúscula-clic). Tamén se desactiva o acceso a outras funcións mediante o botón direito, como as "Propiedades".
  • Amosar a táboa de contidos (para páxinas con máis de tres cabeceiras)
  • Deshabilitar memoria caché de páxinas. Isto desactiva o gardado de páxinas. Resulta útil se tes o problema de ver versións anticuadas das páxinas, ainda que repercute en tempos de carga máis longos.

Trebellos

Preferencias → Trebellos (Wikipedia:Trebellos)

Outras ferramentas

Mudar o nome de usuario

Para mudares o teu nome de usuario tes que facer unha solicitude en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios. Estes proceso deberá ser levado a cabo por un burócrata e deste xeito poderás conservar o teu historial de contribucións.

Cómpre ter en conta que as sinaturas nas páxinas de conversa non mudarán co cambio de nome de usuario, polo que o antigo nome quedará como unha redirección cara ao novo.

Preferencias do navegador

Os navegadores normalmente permiten que se lle indiquen certas preferencias, como o tamaño e tipo da fonte. A aparencia por omisión é compatíbel coas preferencias de tamaño e tipo de fonte do teu navegador. A aparencia "Cologne Blue" mostra a maior parte do texto nun tamaño de fotne fixo, ignorando as especificacións do navegador. Algúns navegadores permítenche especificar que desexas ignorar o tamaño da fonte indicado na páxina web. Neste caso, o tamaño da fonte en "Cologne Blue" é o que especifique o navegador, pero sen axustar o tamaño da liña, co que as fontes demasiado grandes producen un resultado incómodo.

Utilizar a túa folla de estilo propia

A aparencia visual de MediaWiki baséase no uso de Follas de estilo. Podes indicar as túas definicións CSS propias e pasar así por riba da configuración predeterminada. Consulta Axuda:Estilo de usuario.

Notas

  1. É certo que cada lapela ha crear un enderezo URL no historial do navegador, pero non representan diferenzas históricas na instancia de JavaScript que se carga coa páxina. Unicamente serven para a navegación coas frechas "atrás" e "adiante" do navegador.
  2. Desactivación das aparencias obsoletas.

Modelo:Volver á axuda