Axuda:Preferencias: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot : Substitución automatizada de texto (-discusión +conversa)
m Category->Categoría
Liña 257: Liña 257:
A aparencia visual de MediaWiki baséase no uso de [[Folla de estilo|Follas de estilo]]. Podes indicar as túas definicións CSS propias e pasar así por riba da configuración predeterminada. Consulta [[Axuda:Estilo de usuario]]
A aparencia visual de MediaWiki baséase no uso de [[Folla de estilo|Follas de estilo]]. Podes indicar as túas definicións CSS propias e pasar así por riba da configuración predeterminada. Consulta [[Axuda:Estilo de usuario]]


[[Category:Axuda|Preferencias de usuario, Wikipedia:]]
[[Categoría:Axuda|Preferencias de usuario, Wikipedia:]]
[[Category:COMOs]]
[[Categoría:COMOs]]


[[bg:Уикипедия:Настройки]]
[[bg:Уикипедия:Настройки]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 22:28

A configuración das preferencias permite personalizar determinados aspectos dun wiki, polo que só ten sentido para usuarios rexistrados. O rexistro e a configuración de preferencias son independentes en cada wiki. Hai quen prefire ter dous rexistros (por exemplo, un para actividades mecánicas ou repetitivas e outro para actividades máis creativas) e é posíbel configurar os dous de maneira específica.

Non é preciso rexistrarse,mais non obstante existen vantaxes para ti e para a comunidade se te rexistras:

  1. O teu nome constará na lista de wikipedistas, así como na túa páxina de usuario.
  2. A comunidade poderá saber quen es, facilitando tamén a tarefa dos administradores que verifican constantemente se están a acontecer actos de vandalismo.
  3. Se estás rexistrado podes modificar as túas preferencias de usuario.
  4. Poderás participar en votacións e todo tipo de decisións que se tomen no wiki e a túa opinión contará en todos eses casos.
  5. As túas contribucións poderánse ver nas páxinas de estatísticas.

Datos do usuario

Datos do usuario
Correo electrónico (*)
**Desactivar a recepción de correo electrónico
O alcume (para asinar)
Mudar o contrasinal
Contrasinal vello
Contrasinal novo
Reintroducir o contrasinal novo
**Lembrar o contrasinal entre sesións
*Nome real (opcional): receberás recoñecemento polo teu traballo
*Correo-e (opcional): permite o contacto mediante correo electrónico sen teres que revelar o enderezo; 
serve ademais para que o sistema envíe o contrasinal se o esqueciches.
  • O correo electrónico: Podes decidir rexistrar o teu enderezo de correo, o cal nunca se mostrará publicamente no sitio. Isto permitirache mudar o contrasinal con só pedirlle ao sistema que che envíe un contrasinal novo se esqueciches o seu. Para iso, na pantalla de rexistro hai que calcar no botón que pon "Envíame un contrasinal novo". Outra función que ten é permitir que outros usuarios rexistrados che envíen un correo con só premer no vínculo que pon "Enviar un correo-e a este usuario"
  • Desactivar o correo electrónico para outros usuarios: Se seleccionas isto, os demais utilizadores do sistema non che poderán enviar correo electrónico mediante a funcionalidade "Enviar un correo-e a este usuario".

O teu alcume

Ainda que o teu nome de usuario non sexa necesariamente o teu nome real e poda polo tanto considerarse un alcume, o termo "alcume" usámolo aquí para un nome que podes indicar opcionalmente, diferente do teu nome de usuario, para cando asines con ~~~ ou ~~~~. E ainda ten máis versatilidade. O software introduce [[Usuario:Nome| diante e ]] por detrás da túa asinatura. Desta maneira, se introduces ]] | [[Usuario talk:Nome|Falar como asinatura, incluirá tamén un vínculo para a túa páxina de conversa.

Podes engadir tamén un separador de maneira que a asinatura se pareza ao seguinte: — Nome | Falar. Para facer isto:

  1. Vai ás túas preferencias (as miñas preferencias na parte superior de calquer páxina)
  2. Introduce [[User:ALCUME|ALCUME]]<sup>[[User talk:ALCUME| (FÁLAME) ]]</sup> na caixa "O seu alcume (para sinaturas)"
  3. Clica en "Sinatura tal e como está".

O código [[Usuario:Nome| diante do que poña diante neste recadro pódese cancelar de vez pondo <nowiki></nowiki>]] diante do teu alcume. Deste xeito, podes pór, por exemplo, <nowiki></nowiki>]] &mdash; [[Usuario:Nome|Nome]] | [[Usuario talk:Nome|Falar. Ao seleccionar a opción "Raw signatures" ("Asinaturas simples") non se creará un vínculo automático. Resulta útil se se usa unha asinatura avanzada, como a presentada no parágrafo anterior, ou un modelo.

Tamén podes incluir etiquetas de fontes, imaxes e modelos, ainda que até a versión 1.4 non se pode usar unha asinatura cun modelo máis de cinco veces nunha páxina. Observa que as mudanzas nas imaxes e modelos son retroactivas, o que, por unha banda, pode resultar confuso pero pola outra pode axudar a rectificar asinaturas molestas. Para evitar a retroactividade, usa un nome novo para a imaxe ou o modelo. Non crees un modelo de asinatura no namespace do artigo ou do modelo: usa unha sub-páxina ou a túa propia páxina de usuario, tal e como asino e vincúlaa con {{User:Nome/asino}}.

Consulta as normas da Galipedia sobre a participación e o rexistro e observa que:

  • o uso dun alcume distinto do nome de usuario pode confundir (a páxina de historia mostra o teu nome de usuario, non o teu alcume)
  • se mostras o nome de usuario cunha imaxe ou con letras substituídas por caracteres espaciais, mesmo se o nome é lexíbel, será imposíbel procurar unha páxina de conversa co teu nome de usuario.
  • chamar demasiada atención sobre ti pode dar a impresión de que te consideras máis importante que o resto da xente

Se usas a barra de ferramentas de edición para asinar, lembra que esta introduce dous guións antes dos catro tiles.

Contrasinal

Para mudares o contrasinal, introduce o contrasinal antigo, o novo contrasinal e o novo contrasinal unha segunda vez. (Se o único que queres é modificar as demais preferencias, non precisas introducir o contrasinal).

  • Lembrar o contrasinal entre sesións. Se activas esta opción, enviaráselle unha cookie ao teu navegador que permitirá que MediaWiki te recoñeza cada vez que visites a páxina. Non terás necesidade de rexistrarte cada vez que nos visites.

Se queres usar Lembrar a miña clave terás que mudar o teu contrasinal se este foi xerado por MediaWiki para enviarcho. Esta é unha medida de seguranza que ás veces ocasiona confusión entre os novos usuarios.

Lingua da interface

Pódese escoller unha lingua para a interface. Mostra as mensaxes por omisión, non as do espazo de nomes de MediaWiki. Observa que algunhas conteñen vínculos internos, co nome dunha páxina na lingua da interface do proxecto pero sen o prefixo correspondente, polo que estas ligazóns non funcionan en xeral, a non ser que se creen redireccionamentos.

Fíxate que se se usa o inglés como lingua da interface en proxectos RTL, móstrase "This is a minor edit" e "Watch this page" na páxina de edición coas caixas de verificación invertidas: as caixas de verificación non pertencen ao texto máis próximo, senón ao outro.

Opcións da barra rápida

Ficheiro:Prefs help - en:quickbar.png

Esta opción só funciona nas apariencias "Standard" e "CologneBlue" (ver máis abaixo). En "Monobook" xa hai un painel á esquerda; en "Nostalgia" non hai nengún.

Esta é a lista das ligazóns ás distintas páxinas especiais. Podes escoller que aparezan á direita ou á esquerda de cada páxina. Ainda non existe a opción de que aparezan na parte superior ou na inferior da páxina.

A barra rápida "fixa" aparecerá no recanto superior da páxina, mentres que a barra rápida "flotante" aparecerá no recanto superior da xanela do navegador en vez de desprazarse conxuntamente co texto do artigo. Pode ser que as barras rápidas flotantes non floten correctamente en navegadores antigos.

A barra rápida debe estar activada para permitir o acceso a algunhas das funcionalidades, tales como mover (mudarlle o nome) a unha páxina e, no caso de "Classic", tamén para acceder ás Páxinas Especiais, a non ser que escreba o URL completo na barra de enderezos do navegador.

Aparencia

Aparencia
O Classic
O Nostalgia
O Cologne Blue
O MonoBook
O MySkin


Aquí ofrécense distintas posibilidades de disposición das páxinas de MediaWiki. Hai diferenzas entre o código HTML que produce o sistema (mais non, seguro, no corpo da páxina) e tamén se usan distintas follas de estilo.

Por omisión, a aparencia é o novo "Monobook": a que se chamaba Standard aparece agora denominada "Classic" (que non hai que confundir con "Nostalgia", ainda máis antiga), pero o sistema usa "wikistandard" nos nomes dos ficheiros das follas de estilo.

As ligazóns nos bordos das páxinas están en posicións diferentes. Algúns vínculos non se mostran en todas as aparencias. En "Nostalgia" os vínculos ofértanse nun menú despregábel en vez de estar visíbeis permanentemente.

"Cologne Blue" ten un tamaño de fonte fixo, a non ser que se lle indique ao navegador web que "ignore os tamaños das fontes indicados na páxina web"; mesmo o tamaño de liña é fixo; polo tanto, esta aparencia non parece moi apropiada para fontes grandes.

En "Monobook" o ancho do painel da esquerda depende do tamaño da fonte. Polo tanto, cunha fonte grande, o tamaño da parte principal da páxina é menor que coas outras aparencias.

Con "Classic" e unha barra rápida e un tamaño de fonte grande pódese facer precisa unha configuración da folla de estilo que reduza o tamaño o texto da barra rápida. Isto depende do proxecto, en concreto na lonxitude da palabra máis longa da barra rápida. Se non cabe no ancho asignado pode haber complicacións, dependendo do navegador. No Internet Explorer a barra rápida sobreponse sobre o texto principal e unha liña vertical que debe separar os dous cruza o texto principal. Noutros navegadores o problema non se dá se a barra rápida está á direita.

Dado que as liñas se quebran pero non no medio das palabras, o criterio é a palabra máis longa e non a etiqueta completa máis longa:

  • "contributions" - Wikipedias inglesa e francesa e Meta - son posíbeis fontes pequenas e grandes
  • "Beobachtungsliste" - Wikipedia alemá - as fontes grandes son difíceis de usar
  • "Foutenrapportage" - Wikipedia holandesa - o mesmo
  • "Gebruikersbydraes" - Afrikaans - o mesmo

Para usar o ancho total da pantalla para o texto principal, usa "Classic" sen a barra rápida ou "Nostalgia". A contrapartida é que non se mostrar as ligazóns para as páxinas especiais e para a túa páxina de usuario, respectivamente.

Pantallas:

Ver tamén Help:Estilo do usuario, e para desenvolvemento e conversas, Skins.

Mostrar matemáticas

Mostrar matemáticas
o Mostrar sempre [[PNG]]
o [[HTML]] de ser moi simple ou, se non, PNG
o HTML de ser posíbel ou, se non, PNG
o Deixalo como TeX (para navegadores de texto)
o Recomendado para navegadores modernos
o MathML de ser posíbel (experimental)

MediaWiki permite introducir ecuacións matemáticas como código TeX. Estas opcións permitenche controlar como se ha de mostrar o código en imaxes PNG.

  • Mostrar sempre PNG: Crear sempre unha imaxe PNG a partir do código TeX.
  • HTML de ser moi simple ou, se non, PNG: Se o código TeX é moi simple, como "x = 3", mostralo como HTML. Se o código é máis complexo, mostralo como PNG.
  • HTML de ser posíbel ou, se non, PNG: Con esta opción téntase usar HTML, mais se é demasiado complicado móstrase como PNG. Esta opción non mostra a^{b^c} correctamente! Mostra o c na liña base, que non é exactamente que sexa feo de ver, senón que ocasiona fórmulas erróneas. Unha posíbel solución consiste en engadir "\,\!": a^{b^{\,\!2+2}}. Coa configuración actual móstrase e
  • Deixalo como TeX: Non converter o código TeX, mostralo como tal. Isto faise sobre todo para os navegadores baseados en texto, como Lynx.
  • Recomendado para navegadores modernos. Se usas un navegador web cunha versión recente (un ano cando menos), usa esta opción.
  • MathML de ser posíbel (experimental)

Edición

Edición
Filas:           Columnas:  
o A caixa de edición ten largo total
o Amosar caixa de ferramentas de edición
o Amosar a vista previa na primeira edición
o Amosar botón de vista previa antes da caixa de edición e non despois dela
o Engadir as páxinas que edite á súa lista de vixilancia
o Marcar por omisión todas as edicións como pequenas
  • Filas, Columnas. Aquí podes indicar as dimensións que prefiras para a caixa de edición que se usa para editar o texto dunha páxina.
  • A caixa de edición ten largo total. Se se selecciona esta opción, a caixa de edición (cando se preme en "Editar esta páxina") terá a anchura da xanela do navegador menos a da barra rápida.
  • Amosar a caixa de ferramentas de edición. Nos navegadores compatíbeis pódese mostrar unha barra de ferramentas con botóns de edición.
  • Amosar a vista previa na primeira edición - ao premer no botón de edición ou tamén ao seguir un vínculo para unha páxina de edición, mostrar non só a caixa de edición mais tamén a páxina que se modifica, tal e como resultaría con "Amosar a vista previa".
  • Amosar botón de vista previa antes da caixa de edición e non despois dela. Se seleccionas esta opción, mostrarase a antevisión da páxina por cima da caixa de edición ao calcar sobre o botón "Mostrar a vista previa" cando estexas a modificar unha páxina.
  • Engadir as páxinas que edite á súa lista de vixilancia. De seleccionar esta opción, calquer páxina que crees ou modifiques adicionarase automaticamente á túa lista de vixilancia.
  • Marcar por omisión todas as edicións como pequenas. Esta opción selecciona automaticamente a opción "Esta é unha edición pequena" cando modifiques páxinas.

Zona horaria

Zona horaria
A hora do servidor agora é: 06:34
Visualización da hora local: 08:34
Desprazamento*: 
* Insira o número de horas de diferenza entre a súa hora local  e a do servidor (UTC).
  • Desprazamento. É o número de horas que haberá que adicionar ou subtraer do UTC para atopar o teu fuso horario. Este fuso horario úsase para calcular a hora das actualizacións das páxinas e pode ser incorrecto temporalmente de cando en vez se se aplica o "horario de verán" -- non esquezas actualizalo para que coincida co teu horario local, xa que Wiki non sabe onde estás ou cando se cambia do "horario de inverno". Por outra banda, o reloxio do servidor pode non ser exacto.

A hora móstrase en horario local, de acordo coa configuración escollida, en:

A hora UTC aplícase:

  • Ao asinar nas páxinas de conversa
  • No Rexistro de cargas
  • Nas referencias a acontecimentos non localizados, incluído o que acontece na wiki.

Ten todo isto en conta ao copiar unha selección desde Cambios recentes, unha listaxe do historial de edicións, etc., para unha páxina de conversa. Convirte manualmente a UTC ou configura as opcións temporalmente para un desprazamento 0 antes de crear un historial de revisións, etc. para copiar.

Cambios recentes e visualización de stubs

Número de títulos en cambios recentes:
o Agochar as edicións pequenas na páxina de cambios recentes
o Cambios recentes avanzados (non funciona en todos os navegadores)
Límite para amosar mensaxe stub:
  • Número de títulos en cambios recentes: Podes seleccionar o número de modificacións que se mostrarán por omisión na páxina de Cambios recentes e na lista de vixilancia. Unha vez nesas páxinas verás vínculos para outras opcións.
  • Agochar as edicións pequenas na páxina de cambios recentes. Os usuarios rexistrados poden escoller que as súas modificacións se mostren como "menores" (o que significa que as mudanzas son demasiado banais como para que os demais usuarios se molesten en comprobalas). Isto aplícase ás páxinas de Cambios recentes e de cambios recentes avanzados, pero non á Lista de vixilancia. Tamén afecta aos Cambios relacionados, pero actualmente dunha maneira peculiar: se a modificación máis recente que liga coa páxina actual era menor, entón nen se mostran ese nen a modificación grande máis recente.
  • Cambios recentes avanzados (non funciona en todos os navegadores): Agrupa as mudanzas recentes por día por artigo, mostra os títulos dos artigos modificados en orde do cambio recente máis novo ao máis antigo ou, no caso de agochar as mudanzas menores, o cambio maior máis recente.
  • Límite para amosar mensaxe stub:: ver Axuda:Stubs.

Cantidade de imaxes nas páxinas de descrición de imaxes

Limitar a cantidade de imaxes nas páxinas de descrición de imaxes a: 320x240
                                             640x480
                                             800x600
                                            1024x768
                                           1280x1024
                                         10000x10000

(Curiosamente, esta opción está na categoría "Cambios recentes e visualización de stubs".)

Pódese indicar un límite para o tamaño das imaxes nas páxinas de descrición das imaxes.

O límite maior 10000x10000 significa que se ve a imaxe en tamaño completo.

Con conexións lentas non resulta práctico ter que carregar unha imaxe grande só para ler a información da imaxe, de maneira que se pode indicar un tamaño máximo. Se a imaxe se reduciu haberá unha ligazón para a imaxe completa.

Opcións dos resultados da procura

Cantidade de resultados a amosar por páxina: 
Cantidade de liñas a amosar por resultado: 
Caracteres de contexto por liña: 
Procurar por omisión nestes espazos de nomes:(Principal) Talk User User talk Meta
Meta talk Image Image talk MediaWiki MediaWiki talk Template Template
talk Help Help talk Category Category talk
  • Cantidade de resultados a amosar por páxina: Podes escoller o número de resultados que se devolven en cada páxina de resultados da procura.
  • Cantidade de liñas a amosar por resultado resulta inintelixíbel, tal vez: "non mostrar nengún contexto se o termo da procura aparece alén da liña n na páxina": aquí contan como "liñas" un parágrafo e a liña en branco entre dous parágrafos; as quebras de liña na fonte, mesmo se non afectan a disposición da páxina (e mesmo se non son directamente visíbeis na caixa de edición do artigo) afectan ao contar as liñas. Se se fixa o parámetro en 5.000 ou máis devólvese o contexto de cada aparición.
  • Caracteres de contexto por liña: o número de caracteres de contexto por cada aparición; porén, o contexto resulta restrinxido á "liña" (ver arriba) na que aparece. Para ver a liña completa, selecciona un número grande, como 5.000.
  • Procurar por omisión nestes espazos de nomes: mostra unha lista de todos os nomes de espazo ("palabras reservadas", que non son as mesmas en todos os proxectos: para as versións máis antigas de MediaWiki, que non contan con Special:Versión, isto resulta un indicador útil de que versión se está a usar; para versións ainda máis antigas que non teñan esta opción nas preferencias, mira na lista unha vez realizada a procura), que permite seleccionar en cales se procura por omisión; ver tamén Help:Nomes de espazo. searched]].

Preferencias varias

Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki
Subliñar ligazóns
Formatar as ligazóns crebadas deste xeito (alternativa: así?).
Xustificar parágrafos
Numerar automaticamente as cabeceiras
Editar as páxinas logo de clic dobre (JavaScript)
Permitir a edición de seccións via as ligazóns [editar]
Permitir a edición de seccións premendo co botón dereito nos títulos das seccións (JavaScript)
Amosar a táboa de contidos (para páxinas con máis de tres cabeceiras)
Deshabilitar memoria caché de páxinas
  • Amosar a caixa de axuda por cima das ligazóns do wiki. Esta opción determina se se coloca un título da ligazón no código HTML. O resultado depende do navegador: se se coloca o punteiro do rato sobre un [[Axuda:ligazón|vínculo], normalmente o título aparece nun rótulo flotante. Porén, algúns navegadores mostran tamén o URL, de maneira que o título do vínculo pode resultar superfluo. Se se activa, o título do vínculo é o nome da páxina no caso dun vínculo interno, o nome da páxina con prefixo no caso dun vínculo interwiki e o URL no caso dun vínculo externo.
  • Subliñar ligazóns. Normalmente, o texto dos vínculos está subliñado. Como opción, podes pedir que non se subliñan -ainda que o teu navegador pode non respectar esta configuración. Normalmente, os vínculos que non se subliñan pódense identificar pola cor. Porén, cabe a posibilidade de non poder distinguir se dúas palabras consecutivas son un vínculo ou dous sen apuntar para elas co cursor.
  • Formatar as ligazóns deste xeito. Unha ligazón interna a páxinas que non existen convértese automaticamente nun enlace para a páxina de edición. Por omisión, a etiqueta do vínculo de [[b]] e [[a|b]] é "b", igual que para os vínculos a páxinas existentes. Como alternativa, a etiqueta da ligazón é un signo de interrogación inserida a continuación de "b". Así: O tempo en Galiza?. A aparición do vínculo determínase ademais polo estilo indicado polos selectores das follas de estilo "a.new" e "a.new:hover" (o exemplo da páxina de preferencias usa equivocadamente class="internal" para o signo de interrogación). Os vínculos internos a páxinas que non existen ainda aparece actualmente no teu navegador como o tempo en Galiza. Normalmente estará subliñado e en vermello. Co signo de interrogación a continuación pode ser que non se saiba distinguir entre unha única palabra ou unha frase de máis de unha palabra sen apuntar para o interrogante co cursor. Lembra tamén que o signo de interrogación non indica que a información sexa dubidosa.
  • Xustificar parágrafos. De seleccionar isto, os parágrafos dos artigos formataranse para evitar os finais de liña escalonados. De non seleccionarse, os parágrafos formataranse tal e como están.
  • Numerar automaticamente as cabeceiras. Isto engade unha numeración hierárquica estilo esquema aos cabezallos dos artigos.
  • Editar as páxinas cun dobre clic. Se se selecciona esta opción pódese facer dobre clic para modificar unha páxina. Esta opción require que o navegador teña activado o Javascript.
  • Permitir a edición de seccións via as ligazóns. Agocha ou amosa os vínculos [Editar] nos títulos das seccións.
  • Permitir a edición de seccións premendo co botón dereito nos títulos das seccións (JavaScript). Fíxate que no caso dun cabezallo cun vínculo (o que pode darse, ainda que non se recomenda nalgúns proxectos), isto desactiva que se poida abrir o vínculo nunha xanela nova utilizando o botón direito (ainda que se poida tentar coa alternativa maiúscula-clic). Tamén se desactiva o acceso a outras funcións mediante o botón direito, como as "Propiedades".
  • Amosar a táboa de contidos (para páxinas con máis de tres cabeceiras)
  • Deshabilitar memoria caché de páxinas. Isto desactiva o gardado de páxinas. Resulta útil se tes o problema de ver versións anticuadas das páxinas, ainda que repercute en tempos de carga máis longos.

Notas

Mudar o nome de usuario

Para mudares o teu nome de usuario recoméndase que o fagas retroactivamente para que as contribucións anteriores se garden co teu nome novo. Nen os usuarios nen os administradores o poden facer. Haillo que pedir a un programador. Non se cambian as asinaturas, así que xa non coincidirán cos historiais das páxinas das páxinas de conversa relacionadas. Porén, pódense modificar as asinaturas manualmente. Tampouco se modifican as veces que apareza o teu nome nas páxinas de conversa. Non se alteran o rexistro de eliminación nen o rexistro de carga.

Non é posíbel eliminar unha conta.

Non podes indicar aquí a túa información persoal, tal e como o teu nome real, pero si nunha páxina co teu nome de usuario no espazo de nomes Usuario: (disponíbel como vínculo na liña que di "Vostede está dentro do sistema como "NomeDeUsuario" na parte superior do painel de preferencias. En canto poidas crea esa páxina persoal con calquer información sobre ti que queiras.

Preferencias do navegador

Os navegadores normalmente permiten que se lle indiquen certas preferencias, como o tamaño e tipo da fonte. A aparencia por omisión é compatíbel coas preferencias de tamaño e tipo de fonte do teu navegador. A aparencia "Cologne Blue" mostra a maior parte do texto nun tamaño de fotne fixo, ignorando as especificacións do navegador. Algúns navegadores permítenche especificar que desexas ignorar o tamaño da fonte indicado na páxina web. Neste caso, o tamaño da fonte en "Cologne Blue" é o que especifique o navegador, pero sen axustar o tamaño da liña, co que as fontes demasiado grandes producen un resultado incómodo.

Utilizar a túa folla de estilo propia

A aparencia visual de MediaWiki baséase no uso de Follas de estilo. Podes indicar as túas definicións CSS propias e pasar así por riba da configuración predeterminada. Consulta Axuda:Estilo de usuario