Modelo:Día das Letras Galegas: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m referencia
m referencia global para todos os homenaxeados agás o último dirixida cara á fonte orixinal
Liña 7: Liña 7:
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda [[Galicia]].
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda [[Galicia]].


==Autores homenaxeados <ref>{{Cita Web|url=http://www.realacademiagalega.org/letters/FindAllHonoredFigures.do;jsessionid=682111767F13E1B4DE156DC684B57DF3|título=Listaxe de Figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas|editor=Real Academia Galega|dataacceso=27.06.2009}}</ref>==
==Autores homenaxeados==
[[Ficheiro:Rosalía 9eue.jpg|right]]
[[Ficheiro:Rosalía 9eue.jpg|right]]
*[[1963]] [[Rosalía de Castro]]
*[[1963]] [[Rosalía de Castro]]

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2009 ás 17:46

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.

Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento do autor homenaxeado.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

Autores homenaxeados [1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas