Modelo:Día das Letras Galegas: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m retiro texto copiado de http://www.correlingua.org que non ten que ver con este artigo
Liña 6: Liña 6:


Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda [[Galicia]].
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda [[Galicia]].
Este dia celebráse o correlinguas,que é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras deportivas en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do idioma, única forma de garantir o seu futuro.


==Autores homenaxeados==
==Autores homenaxeados==

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2009 ás 09:44

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.

Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento do autor homenaxeado.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

Autores homenaxeados

Notas

Ligazóns externas