Saltar ao contido

Ensaios e poesías/Autonomía

En Galifontes, o Wikisource en galego.



A U T O N O M Í A


I

    CANDO se prantea no noso país o problema da autonomía, as voces dos representantes da vella e decadente Hespaña, da Hespaña de Felipe II, que non sabe ollar por riba das fronteiras, din: as pretensións autonómicas son inauditas, nunca se virón. Mentres, florecen os Estados Unidos de Norte América, Inglaterra, e Suiza no meio de Europa incólume e misturada, illa de paz. E Inglaterra, os Estados Unidos, Suiza, deben seu poder e florecimiento, a sua grandeza, a sua importanza, aos principios autonomistas.

I I

    Estes representantes dos ruinosos tempos que non voltaran, tamén din que o noso movimento e antihespañolista. Eu pregunto: ¿Que mais an-tihespañol i extranjeiro que o centralismo realizado pol-as dinastías francesas e alemáns dos Austrias e Borbóns, que destrui a esencia d' Hespaña, que é ser unha admirable confederazón de naciós? Hespañol son eu; mais d'unha España grande, futura, aínda por facer, onde a suprema lei seja a libertade; onde sejan libres as naciós que a forman, libres os municipios ou concellos, eminentemente libres os cidadaos, e que se amplíe d'unha Iberia que con novos feitos asombre o mundo.

I I I

    Mais agora que o problema é rude e aspro ja, as veces, non se fala contra a autonomía. O que se quere é non combatila, senon facer d'ela, fonte de libertade que é, arma d'asoballarnos novamente. Estamos fartos de escravitude. Galicia do fondo do seu ser exige a autonomía integral, condición para ela ser grande; mais unha autonomía radicalmente democrática. ¡Treme a nosa raza como un gigante durmiñento e ameaza c'un medoñento despertar!

IV

    Galegos, sede dinos de vosos abós os irmandiños que há cinco séculos erguéronse en Galicia, arelando rexerse por sí mesmos e non teren donos. Galegos, sede dinos de vivir antre as novas democracias do mundo. Arda nos vosos peitos lume santo d'amor d'as cousas nobres e saia só dos vosos beizos o berro dos pobos grandes: ¡Libertade ou morte!