¿E vós non vedes a teima?

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «E vos non vedes a teima»)


"¿E vós non vedes a teima?"       Anselmo Feijoo Montenegro       1723
 


¿E vós non vedes a teima?

DE DON ANSELMO FEICO Y
Monte Negro, vezino de la Granja
Del Mato, Reyno de Galicia,
Provincia de Orense.

En Idioma Gallego.

GLOSSA.

E Vos non vedes à teima
En que deu à mia gente,
Que ey de glossar de repente
Sin ter geño nin freima:
Vàn à Madril eu a Reyma,
Estas que en tal viduria
Poden servir de auga fria,
E pra que diga, ò Censor
Non pudo glossar pior
El acaso de este dia.

Eu nacin en tan mal sin,
Que millor do que odigo
Serà, que non teño amigo
Alà, que bolva por min:
Mas eyqui solo, è omeu fin,
Contemprar, ò que se vè
Nos Protectores dà fee,
Que anque nè admirazon
Alabasse à devocion,
Y el ver los Reyes à pie.

Ora pois vou camiñando,
Sabe Deus que levo medr,
E por si acauso me quedo
Non digan como nin cando:
A trompicòs vou andando,
Que meterme na posseia
Foy en min gran loucaria:
Mais no causo que se exprica
Eu peeso que il mesmo indica,
Es sagrada sympatia.

Non sey como sayrey
De esta dezma que me espera,
Porque à min me desaspera
Vèr, que os vocabros que sey
Todos acaban en ey,
Os que Alà acaban en e,
Y anque ay Jesè, e Josuè
Non quisen vsar de historias
Pra pintar no Rey à Groria
Y en España antigua fee.

O Monarchas Espellados,
O meu Rey, è miña Reyna:
Ningun como vos se peina
De vaiso dos Estrellados:
Deus vos puso Coroados
En España, porque via,
Que na terra non avia
Quen pudesse dar terror
A Mouros con mais valor;
y Catholica porfia.

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]

Ligazóns externas[editar]