Follas novas/Caba lixeiro, caba

En Galifontes, o Wikisource en galego.
< Follas novas(Redirixido desde "Caba lixeiro, caba")
Saltar ata a navegación Saltar á procura


II. ¡Do íntimo! (Follas novas)       Rosalía de Castro      
 


Cava lixeiro, cava,
xigante pensamento;
cava un fondo burato onde a memoria
do pasado enterremos.
¡Á terra cos defuntos!
¡Cava, cava lixeiro!
E por lousa daraslle o negro olvido
i a nada lle darás por simiterio.