A leiteira

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


A leiteira       Francisco Añón Paz       publicada o 30 de xuño de 1886
 


  Érgome a'o abrir d'o dia
inda alumea o luceiro,
e'en chegando a algun regueiro
bautizo con auga fria
o leite d'o meu pucheiro,
porque mellor aproveite,
¿Quén merca o leite?

  Madrugueiros estudantes
hacho ô pasar pol-a veiga
e deteñenm'os tunantes
pedindo nata, manteiga,
e que sei eu.... Banadantes!
mal fogo de Diol-os-deite,
¿Quén merca o leite?

  Cando eu entro pol-a Vila
todos inda están n'a cama
in doce calma tranquila,
¿quén de sono os espavila?
eu que vou chama que chama
hastra qu'algun s'endireite,
¿Quén merca o leite?

  E desperta algun señor
abrazando â compañeira
entre suspiros d'amor,
pero gracias â Leiteira
qu'entre seus brazos a estreite,
¿Quén merca o leite?

  Corro a Vila sin parar
n'a cabeza pósta a cesta
que relouco por comprar
un adrezo para a festa,
figa, rosario e pieite,
¿Quén merca ó leite?

  Tamen hey comprar xabon
e unha cartilla de aceite,
mas ¡ay! dou un tropezon,
adios figa, adios pieite;
¡Dios mio! ¡qué compasion!
adios adrezo, adios Ieite!!!


A gaita gallega, Ano II, Tocata 12ª (A Habana), p. 8.