Saltar ao contido

A fonte do xuramento

En Galifontes, o Wikisource en galego.


A fonte do xuramento       Francisco María de la Iglesia       1882
 



Primeiro drama en dialeuto gallego.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

A FONTE DO XURAMENTO

Drama de costumes gallegos en dous autos en verso.

ORIXINAL DE

Francisco María de la Iglesia y González,

      Estrenado con ruidente aprauso n-o Liceu Brigantiño d'a Coruña      
a noite d'o 13 d'agosto de 1882
E con millor trunfo n-o Teatro principal o 22 de Octubro


CRUÑA:
IMPRENTA E ESTEREOTÍPIA DE VICENZO ABADE,
28 - San Nicolás - 28
1882




Acto primeiro



    [p. 3]


    A FONTE DO XURAMENTO



    Drama de costumes gallegos en dous autos en verso

    ORIXINAL DE

    Francisco Mª de la Iglesia y González


    [p. 4]


    
Personas

    
    Mínia (20 anos) Stas. Dª. Noelia Rofast.
     Marciana (18  » )  » Dª. Nicolasa Fernández.
     Tadea (20  » )  » Dª. Carolina Escudero.
     Minga (40  » )  » Dª. Carlota Sánchez
     Páula (20  » ) Personaje mudo.
     Estebo (25  » ) * Sres. D. Eduardo Puig
     Felipe (id.  » ) *  » D. Maximino García
     Alonso (id.  » ) *  » D. Miguel Hermida
     Reinaldo (id.  » ) *  » D. Manuel Sánchez.
     Merexildo (id.  » ) *  » D. Antonio Real.
    
     * Licenciados d'un mesmo reemprazo



    
Mozos é mozas.



    Direutor escénico,1º autor, D. Francisco Lumbreras.
    Apuntador, D. Luis Vicente Santos.
    ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
    A aución pasa n-o ano de 1862, en Mera de Mayanca, pequeno porto d'os
    d'a veiramar, d'as Mariñas d'a Cruña.



         ADEVERTENCIA.— An que son partidario d'a Ortografía etimológica, á falicidade con que se confundían n-os ensayos os encargados de representar este drama, obrigáronm'a empregar a x en geral n-os casos en que debía escribir con g ou j.



    [p. 5]

    Sr. Presidente d'o Liceu Brigantiño:

         A letura d'o scomenzo d'o noso Regramento, que, ó dar razón d'a índole d'a sociedade á quen debe servir de pauta a describe d'esta maneira:
         «Un ente moral con vida própea; verdadeiro centro de recreyo é d'ilustrazón, creando intereses e inspirando afeutos de hirmandade entre viciños; que faga renacere un purísemo amor ás venerandas tradiciôs d'a madre pátria, d'a nosa amada Galicia, rindindo o xusto e debido homenaxe, ou sexa xuramento de fidelidade ás cencias, ás artes, ó comercio é á industria, inxemprando n-os seus afiliados incrinación e gusto hácia o bello, útil e ameno, que nos ofrecen os incesantes adiantamentos e perfeizós d'o noso sigro:»
         O têr eu persentes todas estas consideraciós d'os seus erguidos intentos dinos d'o millor respeto por todos cantos de bôs gallegos se prezan ; déum'alento d'abondo para escribir A Fonte d'o Xuramento, primeiro ensayo dramáteco d'os costumes d'as nosas Mariñas, sin rivás en fermosura; homilde traballo que hoxe teño eu a yalta honore en poder adicar á primeira Sociedade que, adiquirindo inmortal renome n-os fastos d'a gallega literatura, soupo erguer a sua garrida e docísima Musa ó dourado scano d'o palco escénico, onde con tantos adiantos campéa á língua de Castilla.
         Dinádevos pois, Seor Presidente, perdoar o meu estrevimento e insuficenza, fillos d'os meus bos deseyos, posto que, á semellanza vosa, non dormin hastra pousar unha pequena ofrenda d'amor riba d'o altar d'o patriotismo d'a nosa terra bendita; semilleiro de tantos sábios e de tantos heroes, como alumían n-o sagro tempro d'a Historia. Queira Dios que tantos riquísemos poetas como ó presente alauréan á esta terra de bendizón, e á quen lles mando de corazón un cariñosísemo saudo; canten con millor brio e acertamento n-a língua d'o sábio Alfonso X; e que, á persente Fonte d'o Xuramento, veña á ser á máis pequecha folla d'a coróa d'a sua groria inmorrente, á quen intento abrir paso.
         Co-eso solasmentres, quedarán satisfeitos os anhelos d'o voso humilde servidore, e consocio agradescido;

                Farruco d'a Igrexa González.



    [p. 6]

    
Traxes.


         Os d'as mulleres, principás personaxes d'a aución, consistirán en: saya longa de merino de côr, chaqueta de pana, merino ou rusel, de manga estreita con encaixe rizado n-o escote e n-os puños d'a chámbra. Devantal ou sea mantelo de pano negro con anchas bandas de terciopelo, agremáns d'azibache negro, ou gordo calabrote de fio d'ouro. Mantón de Manila de côr branca, vermello, rosa e garabanzo, atado á cintura e por debaixo d'a chaqueta. Duas caídas de cinta de seda, anchas e de vivas côres. Longos pendentes e adrezo de lazo pendente d'un terciopelo estreito ou d'un cordón de seda con dôas douradas, ou semellando pelras. Pano de bobiné, caído sobr'o seo. Peiteado en duas trenzas, cabelos ensortillados n-a raiz d'a testa, siguindo a vella moda gótica ou sueva. Zapato subido de pano, de pelica de cabra, ou de charol; e médias brancas de liño ou de cotón.
         Os dós homes, principás personaxes d'o drama, comporánse de: Pantalón de campana, liso, ou con remonta de côr máis crara q'a d'o pano d'o seu fondo. Chaqueta, chamada marsellés, de pano negro ou d'estracán. Chaleque escuro é aberto. Camisa de fita baixa, ou á mariñeira. Pano de seda de côr moi vivo, xa prendido c'un anelo coma corbata; xa solto e stricado sô as veiras d'o chaleque hastra prender as puntas n-o cinto d'o pantalón. Sombreiro chambergo; e portando pau longo, cardeña, ou bisarma.
         Anque n-a parroquia onde ten lugar esta aución, así como en todál as d'a Veiramar, é moi raro ver hoxe, n'o dia de festa, un solo mozo vistido de calzón e monteira, nin unha rapaza con dengue (o que é ben de lamentar) conviría que n-a concurrencia á parroquia, e á foliada d'o Santo, con que escomenza o auto segundo, aparecesen várias parellas co-el; así coma tamen outras con cirolas, polainas, monteira, faixa morada ou roxa, chaqueta e chaleque de grana, de pano branco ou marelo, riberetados de terciopelo negro; refaixo e dengue vermellos, e hastra a elegantísema cófia.
         Para millor propiedade, non deben faltar d'o grupo representantes d'o señorío, artesáns, mariñeiros e algun que outro soldado d'os diferentes corpos d'o exército.
         Con esto, a idea que se poidese formar d'o noso modo de vistir autual sería compreta.

    ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
    Enténdanse por direita e ezquerda, as dos autores.

     



    [p. 7]

    
AUTO PRIMEIRO.

    
~~~~~~~~~~~~




         Decoración de praya con álbres á direita e izquerda. Pequena baixada penasquenta que s'estenda hastra á carta parte d'a izquerda d'o fondo. Unha albre n-o escomenzo d'a subida. Casa modesta de labrador n-o primeiro termo d'a direita (vivenda de Alonso, ) o seu frente caseta con tabuleiro á direita d'a porta (habitación de Mínia.) Sentadeiro de pedra á direita de cada unha. Pouco antes d' erguers'o teón, síntese o repiniquéo d'as campanas parroquiás, anunciando a festa d'o Patrón, dous ou tres foguetes, e a gaita tocand'a alborada que parará de soar ó dar escomenzo a




    
ESCENA PRIMEIRA.


         Estebo.—Reinaldo.—Estebo armado con longa móca e c'a chaqueta pendente d' o brazo ezquerdo, entra poI-o fondo d' a direita vixiando canto pasa n'o rueiro. Despois de ver ainda cerradas as casas de Mínia e d' Alonso, volves' ó fondo d'a ezquerda por onde entre Reinaldo armado d'igual maneira é tan precabido como Estebo.

    Estebo. Téstos dias, Reinaldo. (Alargándoll'a mau.)
    Reinaldo. Bôs, Estebo, (Estreitádoll' a sua.)
    ¿Seique oíchel os toques d'a dïana?
    Estebo. D'alborada dirás, pois non estamos
    Aínda n'o cuartel, nin aló en Áfreca.
    Reinaldo. Xa sei, xa sei qu'estamo frent'á Cruña,
    N'stes agros de Mera..... Aquí en Mayanca.
    
                             [p. 8]

    Estebo. Ond'o Normán quedóu trocadó en cínzas
    (Moi marcado.)
    Cando os fillos d'aquí tiñan máis alma;
    E ond'o ingrés topóu peitos de ferro,
    E molIóu Almanzor sua égua branca...
    Reinaldo. ¡E colgaron os santos n-os castaños
    (Dándose por enteirado.)
    Os pïós de Norrís (1) fartos de rabia!
    Estebo. Todos eses recordos vallen moito
    Pra quen nunca s'afoga en pouca auga;
    Mais á quen á seus padres non amita
    ¿Qué ben lle traguerán (Como avergonzado.)
                                ¡Soyo humildanza.
    Reinaldo. Os que levan n-as venas á semente
    De tan bravos varôs, si é que cadra;
    Inda poden romper catro cardeñas
    Pra gardar coma éles nosa casa.
    Estebo. Reinaldo, pode ser. Mais pol o visto
    Os de fora se rín ben de Mayanca
    (Con moita intención.)
    Reinaldo. ¡N'ha de durar a misa máis q'o crego!
    ¿Tanto pode tardar nosa ruáda?
    Estebo. Falarémos, Reinaldo.
    Reinaldo. Falarémos,
    Pois Merexildo ahí vén...
    Estebo. ¡Tamén fai falla!




    
ESCENA II.



         Os mesmos.—Merexildo que dá un apretón de maus á Estebo e outro á Reinaldo.

    Merexildo.
    ¡Bôs dias, compañeiros, non coidaba
    Atopar con vosoutros tan axiña!
     ---------------------------------------------
    (1) Referíndos'o cerco dá Cruña en 1589.
    
                             [p. 9]

    Estebo. ¡E perciso estrical o tempo!
    Merexildo. ¡E logo!!
    A festa d'o Patrón n'é cada dia.
    Reinaldo. ¿Por eso ti fuxiches d'antr'as sabas
    (Con segunda intinción.)
     Pra ver su'alborada índa dispida?...
    Estebo. ¡S'índa non se deitóu!,..
    Reinaldo. (Dubidando.) ¿E él é certo?
    Merexildo. ¡Todo poidera ser!...
    Reinaldo. ¡Seique cabilas!...
    Estebo. Cando vos vôs erguês xa Merexildo
    Volve de repartir nosa consiña.
    (Con sorna.)
    Merexildo. ¡Disque can dormidor non pilla moscas!
    E senón, que Felipe vol o diga.
    Estebo. ¡Val máis quén Dios axuda....
    Reinaldo. Xa entendímos;
    Pro fíate e non côrras!
    Estebo. ¡N'hai madía!
    ¡Non é tan grave o mal que tén romedio!
    Merexildo. O conto é atopar c-as meleciñas...
    Estebo. ¡N'a vosa mau está o dar co-elas!..
    Merexildo. Pouco importa ser dôno d'a botícara
    Se médeco non hai para apricálas....
    Reinaldo. ¿Pois á ver com' A!onso hox'as aprica?
    ¿N'é êl o noso xefe? ¿Non se trata?
    De libre lIe deixar á esa Mínia
    Que así se mofa d'él? E anque fose
    Dimpois pra un de nos; ¿non ten obriga
    De guiar nosas loitas cando tenden
    A gardal o interés d'a freguexía?
    Merexildo. ¡Cóido que sí! ¿E stonces porqué foxe?
    ¿Porqué falla d'aquí?¿Porqué non brinca,
    Enríba de Felipe, consintindo
    Que aqui veña casar pra nosa míngua?
    ¿Esconfía de nos?... ¿Véu él con-nosco

                             [p. 10]

    Quén non poida axudálo n'esta lida?
    ¿Pois destóncias?...
    Reinaldo. Decí ¿non vos parece
    Para saír de dudas máis axiña,
    Q', Estebo, mentras nós almorzar vamos,
    S'entenda con Alonso, e aló n'a misa
    Seipamos como pensa, e remexernos
    Dimpois como conveña?...
    Merexildo. ¡Ben atínas!
    ¡Por Dios que tés razón!
    Reinaldo. ¡Pois hála, Estebo,
    A concertar co él; e hastr'a vísta!
    (Reinaldo e Merexildo sállen pol'o fondo d'a
    ezquerda.)


   
ESCENA III.

        
         Estebo que despois de pasear hastr'o fondo pra ver s'está solo, acércas' á porta d' Alonso. Peta n' ela, e non respondéndolle naide escrama:

    Estebo. ¡Prob' Alonso! índa dormes; dúrme, dúrme!
    Que falta fai ó teu mangoado peito:
    Hoxe é dia de proba, e pillar forzas
    Debes pra seportar tamaño peso.
    (Sentándose e mirando pr'a ventana de Mínia)
    Mínia tamen paréz q'inda rebulda
    C-os seus soños d'amor, d'encantos cheyos...
    ¡Mazán d'as nosas lóitas, non sospeita
    Q'o pan d'a vínga é dolce pr'o meu seyo
    Empeñóuse en ferir nosos costumes...,
    ¡A sua gananciña non Il'arrendo!
    Mofáchete de min coma d' Alonso...
    ¡El pode perdonar; pro nunca Estebo! (Pausa.)
    Dimpois que d'esas contas d' o teu cargo
    (Erguendose.)
    As pênas que nos dâs che descontemos,
    ¡Amor! ¡tirán Amor! o que ben conte...

                             [p. 11]

    Verá que teu haber...
    (Sacudindo o sombreiro sin soltalo, e con carraxe desesperante.)
                            Trócas'en cero!... (Pausa.)
    Pro, en canto non espertan un e outro,
    Vámos á esparexel o pensamento
    N'esas augas d'o porto, arremuiñadas
    Com'as írias que agacha o meu sagreto.
    (Salle pol a direita camiño d'o porto.)


    
ESCENA IV.



         Alonso dirixíndose paseniño á porta de Mínia e deténdoso ó véla cerrada.

    Alonso. ¿Que farás, prob' Alonso? ¿Adios diráslle,
    Ou vas afondar mâis tuas feridas?
    ¡Quén ch'o diría á tí que teus amores
    D'o niño de teus páis t'alonxarían!
    Cando envolto n'e sangue d'as batallas
    As tuas bravas forzas cánsas íban,
    Tan só con pernunciar de Mínia o nome
    Xa lanzas nin cañôs che púñan gríma.
    Mais hoxe, unha mirada desdeñosa
    Con q'ela ten amor tan fondo alisca,
    T'asusta, te confonde, t'encadéa...
    T'afoga antre maréas d'agonía.
    ¡Amála inútelmente...; sempre!... ¡sempre!..
    E ver guindar así c-a pasión miña,
    Deixándome sin fé nin esperanzas
    Revolto n-as resacas máis bravías
    Que pod'erguer amor n'un peito mozo...
    Por Dios, q'ó mesmo ceu lle píden vínga!...
    Mais ¿cómo esnaquizar esta serpente
    Q'enrosca o peito meu noites e dias,
    Trabándome... torcéndome... frixíndome...
    Furand'o peito meu?... ¡Ai Mínia, Mínia!

                             [p. 12]

    Pensar q'así t'adoro dende neno;
    Que un berce veu nacer nosas sorisas;
    Q'o leite q'adozou teus frescos labros
    C-a mesma vida enchéu as venas miñas
    Cando sin tua nai orfa quedaches...
    Que hoxe á ser d'outro vas... ¡ai sort'impía!...
    (Derixindo as olladas ó tabuleiro de Mínia.)
    ¿Q'importa q'eu batalle pra esquencerte
    Si s'ergue ós ollos meus tua imáxen viva....
    Si tua voz melosa, á cada istante,
    Esperta en min recôrdos que m'espiñan?
    ¡lmposibre è calmar véndote! A lonxe
    Fuxámos, sí. ¡Fuxámos d'estas lídas!
    (Tendend'as olladas, pol o val.)
    Non volv'eu á lêr máis n'estas pradeiras,
    N'estas fontes en van pra min froridas,
    A hestória d' est' amor desasurado
    Q'á perdizón m'arrastra. ¡Adios. ai Mínia!
    (Salle pol a direita, camiño d'o porto.)


    
ESCENA V.


         Tia Minga —Mínia q'impacente diríxese hacia á direita recitánd'os cinco primeiros versos. Despois de ver que non chega Felipe retorna pouco a pouco ó medio d'a escena hastra dar fin ó seu paroIamento.

    Mínia. ¡Canto sperar, Felipe! ¡á fé q'é moito
    Pra quén tal desazón sente n'a yalma!
    —«Adios»— me dixo ó irse.—«En teus olliños
    «A verme tornarei co-a luz d'a yalba»...
    E son as dez;... e non asoma.
    Minga. Mínia,
    AIgun estorvo nosa dicha entrampa.
    Mínia. ¿Pro como non mandarme catro letras
    Cand'él adóito me regala tantas,
    Pintándom'ese amor vivo é crecente
    
                             [p. 13]

    
    Que mil rayolas d'enfeitizo espalla?
    ¿Escribiréille eu?... Mais ¡que diáño!
    Porq'hei d'esconfiar?
                   (Amostrando moita impacencia.)
    Minga. Teñámos calma
    Un carto d'hora máis. Sí, agardémos,
    (Sentándose)
    Mínia. Máis, cómo pod'eu têla? ¡Esas olIadas
    (Con despeito.)
    Treidoras, carrexentas, vingatibres
    Que os mozos d'a parroquia lIe descargan
    Cand'atopa co-eles...
    Minga Eses côrros
    De tanto cochicheo; din ás craras
    O bén que para nós xuntar desexan.
            (Sin atender ós dítos de sua tia.)
    Mínia Pro non por esas meu sorrir alcanzan...
    Estebo, Góros, Míngos, Merexildo...
    ¡En van urdindo andás n'a lïaraza!
    Retirarvos podês. ¡Eu vôs desprezo,
    Pois Mínia non nacíu pra ser escrava!
                  (Con refreusión)
    Minga. Somente á gratítude atar poidera
    En pró d'Alonso teu sentir...
    Mínia. (Erguéndose) ¡Pantasmas!
    Tragád'escúpes é roéd'o frêo.
    Pois n'este peito só Felipe manda
    (Con impacencia.)
    Está visto, él non vén. Eu me consumo.
    ¡El caería malo? ¡Qué agonía!
    Minga. Virá n'a lancha aquela?¡Dios te traya!
    ¡Pro con que calma vén!
    Mínia. (Cada vez máis impacente) ¡Espérta brisa!
    Minga. Mais dudo que tives'a q'ír á Cruña...
    En fin, él xa dirá...
    Mínia. (Vendo asomar á Reinaldo pol a izquerda
    
    . [p. 14]

    
    en busca d' Estebo, pro que non divisándoo
    por alí, retírase pol o mesmo lado.)
                         ¡Hola!... ¡os espías!...
    Quizais veñan á hurdíla en cas'd' Alonso.
    Minga. ¡Fôran todos como él!
    Mínia. (Con intención) Por máis que diga
    Non ll'ha de resultar d'o seu consello
    Ningun ben pra Felipe, nin pra Mínia.
                            (Entran n-a sua casa)

    
ESCENA VI.



         Estebo de volta d'o porto, entra poI a direita acompañado d'Alonso

    Estebo. N'aprobo teu pensar, Alonso amigo,
    Pois co-él desdixéras d'o teu tempre.
    Ela ó fin é muller. ¡Erguet'e loita,
    Q'as vitorias á mau por si non veñen.
    Hai que ganar o campo palmo á palmo
    E c-un rodêo máis trúnfas, se quéres.
    Alonso. Déixame en paz, Estebo, ó meu viáxe
    Disposto teño xa.
    Estebo. ¡N'eso non penses!
    A derradeira carta índa che queda:
    O carro máís millor pode torcerse...
    Alonso. ¿Tantos anos de proba, non son nada?
    Estebo. Hastr'o d'hoxe quizáis. ¡Mallach'en verde!
    ¿Quitáchel os entúllos d'o regueiro
    Para q'en teu favor fos'a corrente?...
    ¡Agárda un dia máis, é non t'atôtes!
    Verás que polvoriño hox'aquí s'ergue;
    E dimpóis, xa dirás si razón tiven
    En vixiar teus pasos, e detêrte.
    Alonso. Estimo teu alento, pro non podo
    Contigo conformar... (Séntans'entrambos)
    Estebo. ¡Cálma é aténdeme!
    
                             [p. 15]
    
    Finxindo amor crecente por Tadéa.
    Hox'o querer de Mínia trocar debes,
    Non así con descargas de sospiros,
    Non con vágoas que son armas moi debres
    Postas n'a nosa mau, anq'invencibres
    N'os ollos d'a muller que nos acende!
    Hoxe é dia d'a festa. ¡Ha d' haber tróula!
    Felipe é teu estorvo: e... ¡xa m'entendes!
    A parroquia é contigo: e él d' abondo
    N'é home pra poder fincarch'o dente.
    Alonso. (Erguéndose.)
    ¡Tênte, Estebo! Non sígas: que pirmeiro
    N'as augas d' este porto guindaréime
    Antes de ser eu causa de que Mínia
    C-as vágoas d'a orfandá seu rostro queime.
    ¡Perdona! ¡Non porsígas! !Non t'escóito!...
    Calnon d'o teu afan; non me convences.
    ¡Qu'o ceu n'o corazón, si quer, lle toque...
    E sinón que feliz a faga sempre!
    (Distraido entra n'a sua casa, sin invitar á
    Estebo á q'entre á descansar.)

    
SCENA VII.



         Estebo mirando á porta por onde Alonso desapareceu, escrama contrariado e farto de despeito.

    Estebo. (Erguéndose.)
    Pois anq'o mesmo interno se m'apoña
    O lum'afogar vou d'ese rivále!...
    (Volvéndos'á porta de Alonso.)
    ¡Déboch'a vida! Un dia n'a campaña...
    Con farto risgo teu... ti m'a salvaches.
    A non recordar esto... por Dios vívo...
    Que pasáras pra min com'un cobarde!
    (Sombrío e misterioso.)
    
                             [p. 16]
    
    Non sei s'entenderál os meus intentos:
    Mais, sea como fôre; iréi adiante.
                                       (Pausa e transición.)
    Finxindo compasión por tua sorte
    O esprito parroquial vou a sprotare...
    Amostraréi por ti fervente celo;...
    ¡E Mínia será miña, cedo; ou tarde!


    
ESCENA VIII.



         Estebo.—Reinaldo pol a ezquerda.

    Reinaldo. ¿El têmos home, ou nón, amigo Estebo?
    Lograches atraguel'ó campo noso?
    Estebo. (Con desenfado)
    Reinaldo, desengáñate, é bobaxe
    Coidar en avivar ó mórto Alonso.
    Non é dono de sí; nin ve máis sóle
    Que Mínia, que o frixe á lume xordo.
    Reinaldo. Pro ¿renúncia á ser xefe n'a loitanza?
    ¿Porq'así vive sin falar co-nósco?...
    Estebo. (Sin esperanza.)
    N'hay que contar co-el n'esta aventura!
    Reinaldo. (Con ironía.)
    ¿Pro firícheslle bén seu amor própeo?...
    Remexícheslle bén sua mamoria
    C-os desaires que sofre?...
    Estebo. ¡Todo, todo
    Canto ti poidas maxinar ll'espuxen!
    Primeiro á combatir volv'antr'os mouros,
    Q'erguer sua cardeña pra Felipe
    Por non magoar á Mínía... nin c-un sopro.
                                  (Reprimindo seus celos.)
    ¡Mínia! Sómente Mínia é seu feitizo...
    Vêla él sempre leda, é seu consolo...
    Reinaldo. Pro dí ¿q'espera d'éla ese pasmado
    
                             [p. 17]
    
    Cando as léises lle digan que x'é d'outro?
                                              (Con endifrenza.)
    Estebo. En van lle lembral os cen mil desaires
    Con qu'éla paga seu amor heróico;
    En van o risgo aquel, que por salvála
    Corriu baixo d'as ôlas d'este porto
    E por antr'o tragar d'as llamaredas
    Q'a sua casa devorano hai pouco.
    El reprica:
             (Finxindo á voz lamentosa d' Alonso.)
                  —«O q'eu fixen por librála,
    »Por todos o faría en calquer tempo.
    »¿Pidéum'ela á min algo, Estebo amigo?
    »Pois si nada pidéu, non fáles d'eso.
    »Que s'a mil eu prestar'eses favores
    »N'habían de pagar c-o amor q'eu quero.
    »Seu corazón é libre, e obrigálo,
    »Tiranía en min fôra o pertendelo.
    »¿Tén ela a culpa de q'ardendo eu viva
    »N'o lume d'os seus ollos dende neno,
    »Como outros vários d'a parroquia arden
    »Sin topar auga pr'afogal o incendio?
    »S'ela enxamáis nos déu prenda ningunha
    »¿Porq'enredarnos c-os treidores celos
    »Ó ver q'hai outro de millor fertuna
    »Q'as rendas prénde d'o seu albo seyo?...
    »Ela vítema é d'iguales dôres,
    »Ela sofre tamen c-o seu desvelo;
    »Ela por seu imán corr'atraguida;
    »Ela voa, cal eu, tras d'o seu céo.
    »¿Cóm'obrigála, pois, á que me queira
    »Cal úneco siñor d'os seus afeutos?
    »¿Quén tén poder pra tal? ¿Q'adiantar poido
    »Con montoar espiñas n'o seu peito?...
    »¡Ai! déixame vivir d'unha esperanza!
    »Que nunca eu sirva, non, pra seu tormento.
    
                             [p. 18]
    
    »¡Diol a faga felíz; q'en sagreficio
    »Por tal, pagára c-o meu sangu' enteiro.»—
                              (Finxindo conformidade.)
    ¡Esto responde él ós meus chamáres!...
    Reinaldo. (Erguéndose carraxudo.)
    ¡Valente mándria está! ¡Dá noxo velo!
    ¡Váya un mozo de pró q'así se deixa
    Engoumado entumirse coma un neno
    Que ve o cocón diante; ou baixo a vara
    Debre, así xéme coma un cán pequecho!
    ¡Sufrir eu q'un chaval d'outra parroquia
    Me virl'os trúnfos de un amor tan vello,
    E sin repáro, diante min galée...
    O que tal sufra... ¡non é home, Estebo!
    Estebo. (Aparte.) ¡Pillémos este!
    (Finxindo moito celo.) ¡AIto, meu Reinaldo,
    Q'inxusto fôra transixir con eso!
    Por verbo de valor; non hai quen poida
    D'o bravo Alonso sinalar un pero.
    Crúces, o crúces, nas batallas crúas
    Soupo ganar tan ben com'o primeiro
    Para cravar n'os lábros d'os cobardes
    Q'hoxe s'astrevan á luxar seu creto.
    Reinaldo. (Con sorna e carraxe crecente.)
    ¡E ben! porq'alí fôr lión tan bravo
    ¿Aquí debe de ser máino cordeiro,
    E consintir q'un neno ll'as aposte,
    E q'esa ingrata faga d'el fiéitos?
    Ou porq'alí nos dese liciôs bravas
    E fos'o noso xefe n'estes éidos;
    Por seu amor, tan raro e recollido,
    Habemos d'andar todos feitos lelos,
    Aguantando que luxe nosa testa
    O primeiro landán e chuchumeco
    Que nos queira furtar a millor moza
    Que Qios quixo criar n'estes rueiros?
    
                             [p. 19]
    
    ¡Pensálo solasmentres... me magóa!
    ¿Onde van o'seus bríos d'outros tempos?
    Estebo. (Con refreusión e finxindo moito celo por Alonso.)
    Home ¡tên esa língua! ¡non te cegues!
    Percúra respetar santos diréitos.
    Dóite d'unha pasión esfertunada
    Dina de compasión e millor prémio,
    Pois quén a sofre con valor tamaño
    Hay tantos anos; respetar debemos.
    O valor corporal medir non debes
    Con ese espritual roer sonseiro,
    ¡Tán triste, tán cansado, tán firênte,
    Tan encontrado, misterioso e terco,
    Que óra nos ergue ós céos d'a esperanza;
    Óra sin ela nôs abate cegos! (Transizón.)
    Él non tallóu de náid'a libertade:
    Él decote será fiel compañeiro:
    Agacha seu door; e solo bréga
    Antr'as ôlas, sin fin, d'o pensamento.
    Reinaldo. (Con moito interés.)
    Pero a nosa razón q'está máis fría,
    Noso deber leal de compañeiros,
    É quitálo d'o cárcer onde xéme,
    Espantand'o fautor d'o seu tormento.
    Estebo. (En sôn de dúbida.)
    Non tópo eu tan a xeito esa vitoria
    Non torcendo de Mínia es'amor terco.
    Reinaldo. Desporcátat' Estebo: libre ela
    lnda poida que veña ó bon regueíro.
    Estebo. Pois esprícate craro.
    Reinaldo. (Con moita refreusión.) Xa q'Alonso
    Non quer poñer atrancos n'o portelo
    Por respetar de Mínia o alvedrío;
    Poñámolos nosoutros, tan espesos,
    Que Felipe n'acerte c-a parroquia:
    
                             [p. 20]
    
    E verás como así n'hai casamento.
    Estebo. ¡Difícel me parece a tal empresa!
    Se non t'espricas máis...
    Reinaldo. Xa falarêmos.
    Pois que Tadéa ahí vén, punto n'a boca,
    E diga o que quixér; non perdas tênto.
    Tí déixate correr. O dôr d' Alonso
    Tampouco á ela le regala o peito.
    Estebo. Quezáis non sexa él quen-a magôe....
    Segun veñ' aprezand' hai algun tempo.
    (Aparte.) Defend'a Mínia par'Alonso, acaso.
    Con máis folgo que nós e millor xeito.


    
ESCENA IX.


         Os mesmos.—Tadéa que vestida de gala salle pr'a misa parroquial c-a mantilla n-o brazo. Antes de saudalos, dirixe unha ollada á ventana d Alonso e outr'á de Mínia.

    Tadea. ¿Con intinción.) ¡Dios vos garde, galáns!
    Reinaldo. (lncrinándose ambos.) ¡Gracias, Tadéa!
    Estebo. Q'él te conserve así, fresca e garrida...
    Tadea. Non tanto coma vós, pro... vamos indo.
    ¡S'eu tivese os encantos que ten Mínia!...
    Esa fror, que me dades por limosna
    Arrecendada pol o amor viría.
    Reinaldo. Pois qué ¿sómente ela amor meresce?
    ¿Xa non hai n'este val estrelas vivas
    Que acendan nosa alma e nôs enrreden
    Con suas crenchas que as rayolas fian?
    Tadea. Galán estás, por certo; pro non creyo
    Que vôs póidan prender com'as de Mínia...
    Estebo ¡Volta co-ela! ¡Moi dïaño eres!
    ¿E porqué c-as domáis non nos fas tírria
    Cando hai tantas que son coma diamantes?
    Tadea (A Estebo) Porque sómente ela vos cautiva
    E vos trai sin sosego ó retorteiro;
    
                             [p. 21]
    
    Pro ¡logo acabarán vosas cotífas!
    ¡Ó fin n'é pra ningun de'esta parroquia
    Pois teñen os d' afora millor crista
    E saben galear con millor xeito...
    Reinaldo. ¡Cando ti o dís, sinal q'o sabes, pícara!
    Tadea. ¡A proba, está n'a mau! «O que n'é cego
    Ben pode, coma eu, ver poI a criba.»
    Xa sabél o refrán d'os nosos vellos:
    «De fora vos virá....» ¡ahjai! ¡qué risa!
    Estebo. ¡Bah! eso quer decir, q'esa rapaza
    Non quixo desbancarte por veciña.
    Tadea. ¿A min!...
    Reinaldo. ¡Si!
    Estebo. E maguála así non debes...
    Se non mostrar tua alma agradescida.
    (Co-a máis escarnecente mofa.)
    Tadea. ¡Moito que sí! ¡xá ocreo! ¡e regalála!
    E buscarll'a tua nai para madriña,
    E por padriño... á... Alonso pra que á dote.
    ¿Vos serel os testigos? ¡que delicia!
    Vámos, n'hai queixa d'os rapaces nosos,
    Pois son a mesma frór d'a mozarría.
    Reinaldo. ¡Vámos,Tadea, vámos, non t'adiantes!
    Q'ela pr'o teu vestido tórce as liñas...
    Tadea. ¡Q'engañadiño estás!
    Estebo. ¡Non tal, Tadéa,
    Que Alonso ceivo.....
    Tadea. ¿Que!
    Estebo. Esperanzas vivas!
    Tadea. Eso é lèria na mais. Por desquitarvos
    Dirês o que vôs prázca en pró de Mínia.
    Reinaldo. Pro muller ¿á que trábas tanto n'ela,
    Cando te deixa en paz c-a tua espiga?
    Tadea. ¡Moito gozades vôs co esas dozuras
    Q'ela tén pra Felipe! ¡Cotadiña!
    ¡Que lástema vos dá! ¡Tarde pïástes!
    
                             [p. 22]
    
    Xa non val alianza tan tardía.
    ¿E él non vos convida ó casamento?
    Mirá q' hoxe as terceiras van n'a misa.
    ¡Vámos, non lle deás desáire, nénos!
    ¡Animádevos, ponche, vínde á oílas!...
    Reinaldo. Non míres pr'a ventana, q'él non salle...
    E anque salla...
    Tadea. Non me vé.... que Mínia
    Tenll'os ollíños n'o fondón d'a ucha
    Que vôs queredes descochar. ¿N'é asina?
    ¡Lucístesvos, valentes! D'hoxe en vante
    Podés botar atruxos ¡Ehi, Mariña!! ....
    (Síntes'a campana tocar á misa.)
    A campana me chama. Adios meus rúlos.
    Si queredes mandar algo pra Mínía...
    Estebo. Mánda tí para Alonso.
    Tadea. (Deténdose.) ¡Que non chore!...
    Que ll'ha de dar Felipe unha rosquiña...
    E á vôs un caramêlo d'os retortos....
    Reinaldo. Cómo él cho entreg'a tí non déixas chisca
    Tadea. ¡Si fose coma vós tan galdrumeira......
    (Indose) ¡Adios, galáns!
    Reinaldo. ¡Adios!
    Estebo. ¡Cónta co-as silva!
    (Váise Tadéa, fondo ezquerdo.)
    Reinaldo. ¡Amárra, Estebo! hai q'andar con ollo,
    Pois ela, é visto, que nos sigue a pista.


    
ESCENA X.



         Estebo.—Reinaldo.—Merexildo qu'entra pol a direita d'o foro paseando unha ollada pol a redonda.

    Merexildo.
    ¡Vámos! ¿e q'adiantástedes, rapaces?
    Estebo. Nada, que o home non se dá á partido.
    Merexildo. Pois xa q'así o quer, q'así o teña.
    
                             [p. 23]
    
    ¡Carápe; val ben pouco seu esprito!
    ¿Pero vós franqueástedes-ll'o peito?
    ¿D'o noso intento déstedes-ll'o fio?...
    Estebo. ¿Tí que dis, Merexildo? O mesmo fôra
    Contarll'o noso pran; q' interrompílo.
    Merexildo. Fólgome moito: un amante cego
    Trai de cote os mïolos n'un sarillo,
    E non sirv'enxamáis pra unha conxura
    Por máis q'en seu favor caya o delito.
    Reinaldo. (Señalando á casa d' Alonso.)
    E sendo coma ese tan pratóneco
    Xa pod'un ter fianza en sério risgo.
    Merexildo. Pro ¿como entende èl a dinidade?
    ¿Ou xa tén abrayádol os sentidos?...
    Estebo. ¡Ti que qués! Cánto toque á dar disgustos
    A quen así o prende en seu feitizo,
    Nin ten axuda n'el; nin tén aprobo.
    Merexildo. Pois destonces deixálo, ¡voto á Crispo!
    Estebo. Mais ¿que dín por aló os nosos bravos?
    Merexildo. Que arden coma unha estiva.
    Reinaldo. Eso está visto.
    Merexildo. Xurán q'hoxe ha de ser o fin d'a lóita,
    E marmúlan de Mínia e d'o seu síno,
    Aló quedan n'o adro escasurrando
    N'o xeito de sallir d'o compromísio.
    Todos están conformes n-a conxura;
    Pro esperando en que vós fixél o sítio.
    Algús dín q'entramentres corra o baile
    Que d'a fonte ó carón estedes listos.
    ¿Apróbás est' acordo?.. (Estebo e Reinaldo
    míranse con interés e indecisos.)
                                        Acabar, ¡poña?
    Est. e Rein. Aprobado. (Dans'as maus.)
    Merexildo. Pois, chicos, hastr'o dito.
    Reinaldo. ¡Pro falta ó santo e seña, compañeiros!
    Estebo. (Sombrío) Unha crúz máis n'a veira d'o camiño.
    
                             [p. 24]
    Merexildo.
    ¡Ólesme pexegueiro! ¡Tên boa sombra!
    Conta non sean dúas, meus amigos.
    ¡O mozo tamén sabe remexerse!
    Estebo. (Pensativo.)
    ¡A cousa n'é pra ménos! ¡Ollo ó Cristo!
    Reinaldo. ¡Ai Mínia, Mínia! S'o teu melro espicha
    Vas á beber de fel catro traguiños.
                                  (Vánse po la ezquerda.)


    
ESCENA XI.



         Tia Minga.—Mínia que mirará con moito interés e impacenza poI a direuzón d'a praya.

    Minga. Mínia, perdôna que sofrir non podo
    Teu modo do pensar. (Con convencimento.)
                                     ¡Estás toliña!
    Mínia. (Mofándose do dito.)
    ¿Porque digo â verdá?... por tal pasáron
    Moitos q'a sostiveron, miña tia!
    Minga. ¿Pro tí non vês, rapaza, o arriscado
    Q'e casar c-un d'afora? ¿Quen ch'afirma
    Que ese rapáz é libre e fadendoso,
    E bôs costumes trai? ¡Detênte, Mínia!
    Os que naceno aqui; ben se conocen
    E pódelos tratar â xeito, filla;
    E vencer sin traballo os mil enredos
    Que trúban ó sosego d'a família.
    Infórmate pirmeiro, non te cegues:
    ¡Quén foxe d'o seu chau algo malícia!
    Mínia. Pois xa q'así vostê tanto descurre,
    Diréill'en concrusión, señora tía,
    Que as cousas q'un manex'a cada istante
    Ténllas o máis d'o mundo en pouca estima.
    Vostê ben vê q'os homes d'outras terras
    SonlI'os q'o noso chau máis agarima.
    
                             [p. 25]
    
    Quén ll'o sabía bén dixo que náide
    Por porfeta, n'o seu, nunca terían.
    ¿Cómo non se ll'alembr' aquela copra
    Que vosté me cantaba n'outros días:
                 «Sementei, e só collin
                 «Aréas n'esta revolta:
                 «Val máis un amor de lonxe
                 «Que vintecinco d'a porta.»
    E seguindo, por ende, este consello....
    Minga. ¡Ásí nos medra o pêlo, rula miña!
    (Compracéndose .)
    Mínia. Ús vridiños ó lonxe, mesmo lócen
    Com'as estrelas!...
    Minga. !Que toláxe Mínia!
    ¿E pódes tí medir os graus que fêcha
    N'o peíto, de bondade ou de malícia,
    Ese Felipe que foy nádo lonxe
    E te vén á prender pra tod'a vida?...
    (Remedándoa)
    Mínia. ¡E pode medir él os que se fêchan
    Por unha lei igual n'a alma miña?
    Minga. ¡Que toleirôna erés! ¡que lixeira!...
    Mínia. Non como vós pensades, miña tia!...
    Minga. ¡El é home e fará canto lle praza!
    Mínia. Ai eso... ¡pouco â pouco!
    Minga. ¡Toleiría!
    Terás que remoher tuas cadéas
    Por n'avisada ser cando debías...
    ¡Canto millor che fôra tua sorte
    Axuntar c-a d' Alonso....
    Mínia. ¡Volt'e víra!
    Têño dito, e non quero n'esta parte,
    Outros consellos q'os d'o amor.
                                                 Servíran
    Minga. S'a spirencia por bôs lle dése pase;
    Pro son coma galán foqüeteiría
    
                             [p. 26]
    
    Q'emboba os ollos teus por un istante
    Pra deixar mâis trubada tua vista.
    Eu tamén moza fún. Arrebatéime;
    Pro foi pr'arrepentirme ben axiña...
    ¡Queira Dios che non pase...
    Mínia. ¡N'haxa medo!
    Minga. Móito me folgaréi c-as tuas dichas.
    Mínia. ¡Moi agoiro é vosté! Mesmo parece
    Que con eses moscós entra n'a liga.
    Minga. ¡Non, muller. Si d' Alonso che me lembro,
    E porque coma un pai pra ti sería.
    Mínia. ¡Pró eu non busco pai! Busco un amante
    Que sea meu igual. Qu enunca diga
    Que debo de gardarll' aquel respeto
    A que xamáis faltar deb' unha filla.
    Minga. ¿Pois n'ha d'habêlo, e moito, antr'os esposos?
    Mínia. ¡Pro non com'o d'os páis, non, miña tía!
    Est' é d' igual á igual: e cand' un falte
    Hai razón pr' arrimall' igual medida.
    Minga. ¡Ai Mínia!....nosas armas n' este caso
    Non che sòn as d'os homes. Mira, míra.
    Cen esa independenza vou á verte
    C-o teu marido envolta en mil cotífas.
    Mínia. ¡Déixem' á min, siñora!
    Minga. Eu deixo, deixo!
    ¡Que non te deixe Dios n'as máas vías!
    (Con dínidade.)
    Mínia. Rógolle que por Él non máis m' ofenda,
    ¡Pois índa teño miña testa nídia!
    Minga. ¡Ai! pra luxála pouco tempo abonda.
    Mínia. Percuraréi gardárla!
    Minga. ¡Sobriñíña!
    «O lume xunt'a stopa...» xâ ti sabes
    O que dìn pol a aldea
    Mínia. (Aparte.) (¡Qué Paulíña!)
    Minga. Alerta, que Felipe ahí ven, rapaza.
    
                             [p. 27]

    Mínia.
    ¡Por fin, peitiño meu,... góza!... respíra!!
                          (Minga entra n'a sua casa.)


    
ESCENA XII.


    Mínia.—Felipe, que chegará con moita presa.

    Felipe. Bós dias miña Mínia, máis Garrida
    Que os tremantes luceiros d'alborada.
    Mínia. Felices, sol galán, que c-os seus lumes
    As estrelas máis ledas torna páledas.
    (Con impacenza.)
    ¿Cómo tardaches tanto?
    Felipe. (Algo desconcertado báixase á coller d'o chan
    o caravel con que Mínia estaba xogando,
    e despois de bicálo ó tempo de soprálo,
    deberá poñelo n'o oxal ezquerdo da cha-
    queta.
                                              Miña rula:
    Xa veño de catar anelo e arras,
    D'alá d'a Cruña con algus enrredos
    Pr'a nosa boda, que por Dios me tarda.
    Mínia. Perdóna stonces...
    Felipe. N' hai de qué, prendiña,
    Que tamen eu sintin poI a tardanza
    Mil áscuas n'o meu seyo. Tod'o aire
    Que había poI o mar, non m' abondaba
    Para fartal ó peito. C-os sospiros
    lnchando o seyo vín d'a véla cánsa:
    Hastra coidéi q'o mar de min se ría;
    E que fuxía á veira d' esta praya.
    Mínia. ¡Gracias, meu ben! Pagueiche n'a moeda.
    Pois inda os paxariños non piában,
    Xa misturaba eu os meus suspiros
    C-o són d'o aire erguido entr'as ramállas.
    Felipe. Está visto que entrambos n'acougamos
    Na mentres non s'axunten nosas almas,
    Com'as augas d'os rios, as d'o mare;
    Com'os sôns d'a ribeira, c-os d'a fraga.
    
                             [p. 28]
    
    ¿N'é certo meu amor?
    Mínia. Si diamantiño.
    Cando denoite vas pr'a tua casa,
    Por tí non prend' o sono n' os meus ollos,
    E síntome sin tí tan apoucada
    Q' hastra se me figura que non volve
    Máis á min o duzor d'as tuas falas.
    Felipe. Inocentes visiôs d'o teu querere
    Que com' o meu s' embrolla en tenras ánsias;
    Pro cála, miña xoya, q' oito días.
    Anque longos d'afán, logo se pasan.
    Xa terêmos dimpois noso desquite.
    N'o meu seyo hacharás tod' esa calma
    Q' hoxe atopa de ménos ten peitiño,
    Sintindo outras visiôs máis regaladas.
    Mínia. ¡Móito tarda ese dia!...
    Felipe. ¡Non é pouco
    Para quén coma nós viv'antre brasas!
    Mínia. (Divisando á Alonso, que vai á salir d'a sua
       casa; pro que se retira d'emproviso por
       non topar co'eles.)
    Para quén desconfía d'a fertuna...
    ¡Ai! Felipe, sin tí, todo me falla.
    Felipe. Non esconfíes, nena, tén xuício,
    Pois n'apoya en razón tal agoiranza,
    Asoségat'axiña é ponte leda
    Que xa vén nosa dicha abrind'as áas.
    Mínia. (Ollando pr'a casa de Alonso.)
    ¿Estás seguro de que náide opônse
    A que cheguemos nós á disfrutála?
    Felipe. ¿Pois n'hei d'estar, bobiña?¿quén o duda?
    O que non debe; náda teme. ¡Váya,
    Vout'a deixar!...
    Mínia. ¿Tan pronto?
    Felipe. (Collidos d'as mans hastr'o fin.) Sí, pombiña.
    Pois farto que facer por min agarda,
    
                             [p. 29]
    
    Se lle hei de dar á mau ós meus arregros
    Para chegar con tempo á foliada
    (Con fachenda.)
    Onde vas ti á ser a millor rosa
    D'a festa parroquial...
    Mínia. (Con temor.) A comparanza,
    Por Dios, que moi tranquila me non deixa:
    Ménos quixera eu que se pousáran
    Tantos ollos en min pra regalarme
    Con frores q'empezoñan miña alma.
    Felipe. ¡Non sôñes! O poder d'a fermosura
    De cote ha d'impoñel as suas gracias,
    Pois naceu pra lucir ó par d'o sole,
    Pésell', ou non, ás sombras malfadadas.
    ¡Adiós, ruliña! adios; é hastr'a volta.
    Mínia. (Con mimo) ¡Mira que veñas cedo!...
    Felipe. ¡As tres sin falta!


    
ESCENA XIII.



         Mínia.—Alonso, e despois Tadea e Tia Minga.

    Mínia. (Batendo contr'Alonso que camiña distra-
    idamente, ó tempo de voltar ela pr'a casa.
    ¡Ai!, Alonso!.. perdóna. Non te vía.
    Alonso. Non t'asústes, muller, nada val eso.
    ¿Ou magüeite quizaves? ¡No-o quixera!
    Mínia. En tal caso eu á ti c-o meu tropezo;
    Pro fóiche sin querer. Podes creérme
    Alonso. Ti non podes magoarme c-o teu peso.
    ¡E tan lixeiro teu fidalgo corpo!
    Teus mïudiños pés son tan silfeiros,
    Que non farían mortuxal as frores
    Aunque as tripáras con irado intento!
    Mínia. Gracias, Alonso, ¡tan galán comigo!
    ¡Sempre dísposto é desculpar meus érros!
    
                             [p. 30]
    
    Pro magüeite...
    Alonso. ¡N'hai tal! Anq' así föra,
    Sán quedaría c-o teu brand'alento.
    Pro non cúres dós pés; sinon da alma
    Que teño agonizando hai tanto tempo.
    Mínia. (Desconcertada.)
    ¿E yeu q'hei de facerll' Alonso amigo?
    Alonso. ¡Darll'un sopro d'o ben q'hai n'o teu peito.
    Unha soya esperanza par'as vágoas,
    Un ¡ai! d'os labros teus pro meu tormento
    ¡Mira que veu rolando par'a cova!...
    (Postrándose.) Dóite de min...
    Mínia. (Querendo fuxir.) ¡Alonso!!...
    Tadea. (Sale batend'as palmas.) ¡Así vôs quéro!
    ¿Quén se pára en repulgos, meu coitado?
    N'has d'andar poI as pólas: dáll'ô cêpo.
    Non pénses en Felipe. ¡Adiante, adiante!
    Tés q'apertál o cerco, meu roxelo,
    Pois fallan poucas horas par'o dito,
    ¡Un apertiño máis! Pro ¡con máis xénio!
    E tí, miña inocente, non t'asáñes.
    Alonso. ¡Tadéa!... quès calar?
    Tadea. ¡Non seas neno!
    ¡Fái, o que fai Felipe pol o mundo,
    Que deixa un menecreque coma un pero
    O pé de Marcianiña de Dorneda,
    Q' aló queda chorando en cás d'o crego!
                   «¡Quén á lonxe vai casar
                   «Chata leva ou vai catar!»
    Ohu Mínia! ¿ti que dís? ¿non sábes eso?
    Non t'amostres tan xôta con Alonso:
    Xa vês que teu rapáz non chupa o dedo.
    Mínia, oíndo nova tal, retrocede pouco á pouco
      hastr'o banco de pedra d'a sua porta onde
      queda sin conocimento. A tia Minga, que
      a vé dendes d'o portal, corre á recollela con
    
                             [p. 31]
    
      axuda de Tadéa. Alonso queda sin poder
      dar conta d'o que lle pasa.
    Minga. ¡Miña sobrina ¡ai Dios! ¿que tés? ¿que pasa?
    ¡Ai que friíña estás! ¿que tés, meu ceo?
    (Minga entra con Mínia esmorecida n'a casa;
      mentres que Alonso queda perfundamente
      esconcertado. )

    
ESCENA XIV.



    Alonso—Tadéa

    Alonso.
    ¡Que fixéches, Tadéa, co-esa língua!!!
    Tadea. (Con asombro.)
    ¿E tí servich'ó Rei? ¡Tén máis alento!!
    Asombrada me tés c-o teu caráutro
    Que vai servir de mofa hastra d 'os nenos.
    ¿Pra cando son os rayos, dí, paifoco?
    ¿Que ch'insinóu ó mundo? ¡Anda c-os deños!
    ¡Bén d'a paxára parda outro se ríra
    Se poidese loitar c-o teu direito!
    Alonso. Pro tí non vês, Tadéa, como foxe
    De min pra non oir os meus lamentos?
    Tí qués que pra vencer sea asesino?...
    Non sab'ela que-a adoro?... que ando lelo
    Por sola unh'a sorisa d'os seus labros?
    S'aínda sin maguála lle dou medo,
    ¿Que faría si vise q'eu celoso
    M'empeñaba en magoar seus sentimentos?
    (Minga, saindo c-unha cestiña só brazo,
      pol'o camiño d'a fonte observa receosa a
      Tadéa e Alonso.)
    Tadea. Quizais o amor de Mínia é amor bravo.
    Quérte máis home vêr, quer vêr teu peito
    Loitar como soía n'as batallas;
    E non así balar coma un cordeiro.
    
                             [p. 32]
    
    Agora xa sab'ela que Felipe
    Caíu como ó raposo n'o gramelo.
    Descochadas que fôron suas trampas
    Mínia xa enfreará seu amor terco.
    Con que érguete ben, xá q'hai respíro,
    E, cal mozo de pró, apért'o cerco;
    Q'eu farei canto poida en tua axuda.
    ¡Ai! si no teu lugar se vise Estebo!...
    (Aparte) (Pro el bótas'a eito é non repara
    N-a que sofre por él n'o seu rueiro.)
    Alonso. ¡Gracias, Tadéa, gracias! que eres bôa
    Pra min; non se m'esconde hai moito tempo.
    Tadea. Adios; é non te dúrmas, que hox'é dia
    De que ganes con cóstas ó teu preito.
    Minga ahí ven con Reinaldos; é maxino
    Q'el vén guiando á auga pr'o teu rego.
    (Alonso entra n'a casa, e Tadéa salle pol'a
       direita.)


    
ESCENA XV.


         Reinaldo—Minga que volve d'a horta pola ezquerda, c-un cesto de hortalizas é frores n-o brazo e que pousará n'o poyo d'a sua porta.

    Reinaldo.
    Agora xa vostede non iñora
    Os feitos de Felipe, seña Minga.
    Minga. Farei por darlle luz ó bon sentido;
    Pro coido que serán faladurías!
    Reinaldo. Pergúntell'á Tadéa é si no'a crêe
    O cura Ile dirá si esto é mentira.
    Minga. Pro home, si él parez un mozo honrado
    ¡Esto somella ser cousa d'entriga
    Pra'sbaratar de Mínia ó casamento! (Séntase.)
    Reinaldo. Vostê diga o que queira, seña Minga,
    Pro élle tan verdá canto lle digo
    Como aluma este sol d'o medio dia.
    
                             [p. 33]
    
    Vostê, véle por ela. Ese teimado,
    Apóstallas á un turco, miña amiga.
    As léis d'él.... non lle son com'as d'AIonso,
    Decote pón o parcho antes d'a frída!...
    Con que, non digo máis, q'ahí ven Tadéa.
    E pouco se ll' escapa d'es'ardilla.
                                        (Váise pol a direita.)


    
ESCENA XVI.



         Tia Minga.—despois Tadéa.
    
    (Sentada pé d'a porta e cabilosa.)
    ¡Vállame Dios! ¡q'enrredos hai n-o mundo
    ¿De quén terás fianza, probe Minga!
    El semella un coitado e segun vexo,
    Hai q' alonxarse d' él cal d' unha vívora...
    Quén boura en sua nai, ningun ben pode
    Gardar n'o corazón pra miña Mínia.
    ¡Decir á Dios que n' hei de convencela!...
    ¡Q'en todo ha de ver ela a mau d'a xisma!
    Tadea. Tia Minga ¿e que tal? ¿pasôull'o susto?
    Minga. (Con moito anoxo) ¡Valente lercha estás!
    Tadea. ¡Q' esgradecida!!
    O feito ben ll'está. Se no a quixera.
    Gozáram'en seu mal (Con misterio.)
                                             Sua sobriña
    Rolando vai de presa pra un abismo;
    E quén lle tend'a mau, é sua amiga ...
    Minga. Si a foses, como dís, non ll'espetáras
    Tal coitelo n'a alma...
    Tadea. Seña Minga,
    Discúrra máis millor, pois xa tén anos
    Pra non poñel o mel ond'as formigas.
    Háille males que piden gran cautério
    E non se curan ben con panxoliñas.
    
                             [p. 34]

    Minga.
    ¿E quén che pide á tí tales romedios?
    Tadea. A caridá con vosco ¡e non a envidía!
    Minga. Si a caridá que dis t'aconsellára;
    Sin dar que marmular á min virías
    A decirm'o que pasa, q'eres moza;
    E non a sorte á todas aloumiña.
    Tadea. Pois míre: Dios é pai; e tempo, ó tempo;
    Será meu porceder d'a vosa estíma.
    Minga. (En sôn de dúbida.)
    Pode ser, que dá o mundo tantas voltas...
    Tadea. (Moi acentuado)
    ¿Vostê quér sua paz? ¿quér a de Mínia?
    ¡Estim'o parecer d'a xente honrada
    Que vela poI o ben d'a fegrexía?
    ¡Ou quer nadar n'as vágoas pesarosas
    Envolta n'a miséria e n'as desdichas
    Froita... d'ese cañón tau conrompido
    Que xa perdiu duas fillas de família?
    (Moi marcado.)
    Mínia seu corazón ténll'embargado...
    E hay que llo espertar ¡asina! ¡asina!
    Abanearllo moito pra q'esperte.


    
ESCENA XVII.



         As mesmas.—Mínia.—Marciana e despois Felipe.—Estebo.—Reinaldo.

    Mínia.
    (Ó pano e sallindo com'unha fúria.)
    ¿E tí que probas tés, língua de xiva?
    Tadea. ¿Eu? ¡moitas... que serán pra tí cal fume
    Porq'eres orgullosa.... esgradecida......
    Hastra que te domêen os traballos....
    Marciana. (Entra c'un meníño n-os brazos.)
    (Aparte.) ¡Aquí debe de ser! ¡Ai! ¡Dios m'asista!
    (Alto.) Mulleriñas: ¿farésme o favoriño
    D'ensinarm'onde vive a seña Minga?
    
                             [p. 35]

    Minga.
    Aquí á tés pra servirte.
    Marciana. ¡Dios ll'o pague!
    E libre do meu dôr á sua sobriña,
    A quén quixera ver, si n'hai estorbo,
    Pra darll' a conocer as cóitas miñas;
    A fin de que se libre, s'ind'é tempo,
    De quedar, coma eu, orfa e perdida
    Con esta criatura abandonada.
    Mínia. (Acercándos' asustáda)
    (Aparte.) Por Felipe quizás. (Alto.) ¡Ai!
    Marciana. (A Mínia con moito desalento.) Miña filla,
    Dam'un chopiño d'auga. ch'o suprico
    Pois se m'apega ó paladar a língua!
    (Mínia salle á catar auga.)
    ¡Tanto é meu door, miña vergonza,
    Q'un nó sinto n'a gorxa.
    (Mirand'ó fillo.) ¡Ai, miña almiña!
    ¡Dios lle perdone ó pai q'así te trata
    E paga miña fé con tal tristícia!
    (Mínia entra alargandoll'a cunca d'auga.)
    (A Mínia).
    ¡Dios ch'o pague mnller! Que nunca súfras
    O q'hoxe sufro eu... (Retírase un paso atrás
    para bebér e cando vaí a chegál a cunca ós
    labros ve á Felipe que s'acerca festexeiro e
    caille no chau feit'anacos.)
    Felipe. (Entrando). ¡Aquí estóu, Mínia?
    Marciana. (Aterrada.)
    ¡Ai! ¡Santa Virxe!... ¡por piedá!.,. ¡vaIlëme!..
    (A Felipe como pedindo misericordia. Senti-
    mento xeral.)
    ¡Felipe! ¿é tí tés alma?
    (Amostrándoll'o seu fillo.)
                                  ¡Míra!... ¡míra!
    Este coitado teu amparo pide!!
    Felipe. (Con desprezo.)
    
                             [p. 36]
    
    ¡Dios sabe de quén é!...
    (Estebo e Reinaldo asoman pol o fondo ez-
    querdo.)
    Marciana. (Indinada). ¡lnfame!! ¡aínda?!!
    Felipe. (Erguend'o brazo pra darll'unha labazada.)
    Se non liscas d'aquí quedas defunta.
    ¡Grandiosísema...
    Marciana. ¡Ai!!! (Cái despromada
      apertand'o seu filliño contra de si.)
    Tadea. (Con desprezativo arranque.)
                                         ¡Cobarde! ¡Quita!!
    (Facendoo ciar dous pasos atrás d'un gara-
      paldo.)
      Mínia tapa os ollos con ambas maus. Seña
      Minga acod'a Marciana. Estebo e Reinaldo
    corren á deter amenazantes a Felipe.)


    Teón.


    [p. 37]


    
AUTO SEGUNDO

    
~~~~~~~~~~~~



         Derorazón de souto. Aldea n'a vertente d'o último térmo, Fonte rústeca n'o medio. Sentadoiro de pedra carón d'o bastidor segundo d'a direita. Mesas con dulces, esponxados, vasos con agua, botellas de resólio, caña, anís é viño mariñán e d'o Riveiro n'o comenzo d'a banda ezquerda; con varios postos de froita—que se irán retirando pr'o souto d'a foliada, que se supon ó mesmo lado—tan logo como acaben de pasar os grupos de festeiros. Estes entrando pol o fondo d'a mau direita darán un paseo arredor d'o scenario desaparecendo pol o fondo d'a ezquerda d'a siguente maneira.


    
ESCENA PRIMEIRA


    1.º Gaiteiro e tamborileiro en traxe de mariñás tocando unha muiñeira Maordomo-funcionista acompañado de sua muller e d'unha filla. Esta portand'o ramo d'o Santo, feito de frores de mau; e aquela unnha palma de barotillo ou de brínvios revestida c-unha bica de pan de ovo, roscas, peras e dulce e d'as millores fróitas d'o tempo. As rapazas d'este grupo irán tocand as castañolas ó son d'a gaita.
    2.º Convidados e persoas d'a família. Criada, c-o cánastro d'a merenda, e criado c-un feixe de foguetes.
    3.º Múseca composta de bombo, crarinete cornetin, seguida de nenos e parellas de mozos e mozas, q'irá tocando unha danza d'as máis ruidentas e conocidas d'o país, por inxempro: Me gustan todas, ou A la Habana me voy niña...
    4.º Frauta, pandeira e ferros. Trós d'eles irán os rapaces, máis bullangueiros e de punta, botando copras d'indireita, ó sôn d'o zapateado, vivas e aturuxos,&.



    [p. 38]

         O tempo d'ir pasando os foliantes, Estebo, Reinaldo e Merexído, aparecerán pé d'a mesa d'a rosquilleira, alargaránll'o vaso ós compañeiros d'a sua conxura, e entreténdos'en votarlle roscas ás rapazas, acompañadas d'algun froleo donairoso.

                                                              Reinaldo.—Merexildo dirixíndos'ó últemo grupo de Mozas

    Merexildo. ¡Vámos, rapazas, q'o gaiteiro folga!
    O dia d'o patrón vais' acabando.
    Desfrutêmos con vós d'a su festa,
    Pois alguén n'ha de ver a doutro ano!...
    Reinaldo. ¡Anda pra diante! Merexildo, ou démo;
    Non me marêes nin agóires tanto.
    jNon t'acupes d'o mundo, q'é redondo.
    E hémolo deixar com'o atopámos!
                          (Desaparecen fondo direito.).




    
ESCENA II


         Felipe e Mínia.—Esta resistíndose á seguilo ó baile. Ó tempo d'asomar eles poI a direita, síntese o cantar d'o Ala-lála n-o souto.


    
Primeira copra



    Mozas.

    Marcianíña viróu tôla
    Vend'o seu fillo morrer:
         ¡Ala lála!
    Mínia, s'a Felipe escoitas,
    Non tés peíto de muller.
         ¡Ala lála!

     

    
SEGUNDA copra



    Mozos

    O dia vais'escurando,
    Vermelleiro pons'o sol,
    ¡Ala lála?

                [p. 39]

    Quén tal fixo, que tal pague,
    Para un mal pái n'hai perdón.
         ¡Ala lála!
      
     (Sensación en Mínia. Alarma en Felípe)
    Felipe. Mínia, non créas eso; non-o créas.
    ¿Sería eu tan ruin e desalmado
    Q'envenenar quíxes'o teu peitiño?
    ¡Primeiro m'enforcára d'un carballo!
    Son intrígas no máis d'os que me ódian.
    Conque, d'o que pasóu, non fágas caso.
    ¡Non hai romedio, pois: hái q'ír ó baile...
    Mínia. Felipe, tên xuício, Moito estraño
    Que queiras espoñernos á un disgusto
    Despois d'o que pasóu....
    Felipe. ¡Ánda, carasto!
    Moito pior sería s'a parroquia
    Reparase que nós d'alí faltamos.
    Mínia. Pro s'aínda Marciana c-o seu fillo
    Non saíu d'o lugar...
    Felipe. ¡Qué os leve o diabro!
    Mínia. Home....¡non dígas eso! que m'asusta
    Pensar q'eres tan crúo...
    Felipe. ¡Vámos! ¡vámos!
    É perciso que todos se convenzan
    Que lle non damos importanza ó caso
    Mínia. Che suprico por Díos que non m'engañes...
    ¡Ai! non sei o que sinto...
    Felipe. (Percurando encamiñála pr'o souto.)
                                   ¡Ánda, diáño!
                      (Vánse pol a ezquerda.)


    
ESCENA III.


         Minga entrando azoradamente pol a direita para impedir que Mínia entre con Felipe no baile, despois Merexildo que vén á esprorar o campo d'a Fonte.

    Minga.
    ¿Mínia! ¡Mínia! ¡Xesus, vólvome tôla
    
                             [p. 40]
    
    Si Dios non me secorre! ¡Ai que desdicha
    Mal sábel o que pasa n'este istante
    Pois sinon d'ese demo fuxirías.
    Agora me convenzo que Tadéa
    Sobrada razón tén, ¡Ai Mínia, Mínia
    ¡Que logo vas topar c-os desengaños!
    Ese trobón te leva arrastradiña!
    Marciana paróu louca ó ver seu fillo
    Morto por resultanza d'a caída...
    Merexildo. Seña Minga, sosegue ¿qué Ile pasa?
    Minga. ¡Merexildo! ¿ond'esta? ¿ond'está Mínia?
    Merexildo. ¡Con Felipe n'o baile! pro, soségue;
    Pois n'ha de tardar moito a despedila.
    O mesmo foi entrar co-el n'a rolda
    Cruzárons'as olladas d'a familia,
    Todos fuxir querían d'o pé deles
    Cal s'a pest'emborcasen n'a folía.
    ¡O nome de Marciana vai rolando!
    ¡Quén haí que de Felipe non maldiga?...
    Minga. ¡Ai qué sorte! ¡qué sorte mal fadada!
    Que mal olIo te véu, miña sobriña!
    Vou á ver si d'alí podo arrincarte!
    ¡Ármate de valor, coitada Minga!
                     (Vaise pol'a 1ª cáixa ezquerda.)
    Merexildo. ¡Non me parece mal; anque xa é tarde
    Pra romendal'o sayo, miña amiga.
                 (acercándose'a 2ª cáixa ezquerda,)


    
ESCENA. IV


         O tempo que sale Minga, entran Estebo pol'a 3ª cáixa d'a ezquerda é Reinaldo pol'a 1ª d'o mesmo lado


    Estebo.
    
    (Con moito calor.)
    Mínia perdida está. . ¡Non hai romedio,
    Ou eu perdín á luz d'a miña chola¡
    Merexildo. ¿Pois que sucede?
    
                             [p. 41]

    Estebo.
                       ¡Diabro c-a rapaza!
    Ou non tén corazón; ou and'ás tôas.
    Dimpois d'o que pasóu á porta sua,
    Dimpois d'aquela escena feridora
    Entr'a probe Marciana e ese pillo
                                    (Refiríndos'á Felipe.)
    Dino d'unha cadêa das máis grosas;
    Dimpois de ver rolando esventurado
    Aquel terno anxeliño ¡miña xoya!
    E sua xóven nai tan desprezada,
    Vagar por estos campos trist'e orfa;
    (Ben marcado.)
    Sin maxinar n'a sorte que Il'espera,
    Sin dar de compasión á menor mostra,
    En vez d'estar n'a casa, recollida,
    Cochand'as Ilamarédas d'a vergoña
    (Sinaland'ó souto.)
    ¡Vede cal baila c'o malsin d'o mozo
    Cascarexando, satisfeita e louca!...
    Reinaldo. (Indifrénte.) ¡Que s'aporvéiten!
                       (Con desprezo) ¿qué máis dá?
    Merexildo. Ó cabo. (Finxindo compasión.)
    ¡A sorte non lles é moi dadivosa!
    Estebo. (Espantado.) ¿Non a vêdes, amigos?
                                            (Siñalándoa.)
                                      ¡Vêdea! ¡vêdea!
    Case colêa, cal grilêa é rola,
    Mentras q'Alonso emigrando foxe
    Cramando por sua morte a renda solta?
    ¿Non vês cal sigue á besta desfreada
    Dando de mau os mozos d'a parroquia?
    ¡Váya! ¡non podo vêla! ¡Árdenm'os ollos!
    ¡No corazón o salJgue se m' agolpa!!
    ¡Alonso! tí serás por min vingado
    Con tal de que me toque a negra bóla...
    Reinaldo. Pois como cáya en min a que tí pides,
    
                             [p. 42]
    
    Xuroaforrarll'a ése (Por Felipe) o pan da boda!
    Estebo. Pois ¡hála! sin tardar, cháma esa xente,
    (Merexildo e Reinaldo fan señas ós compa-
       ñeiros q'entran por direita e izquerda.)
    Poñamos d'unha vez fin á esta mofa!


    
ESCENA V.



         Estebo.—Reinaldo.— Merexildo.— Mozos.

    Mozos.
    «¡Unha cruz máis...!» (Forman corro.)
    Estebo. ¡Abonda, camaradas!
    Supóñovos sabídos de que Alonso
    Con tal que hache vapor, hoxe s'embarca.
    Mozo. Iñorabámos eso...
    Estebo. ¡Pois sabédeo!
    Reinaldo. ¡A sórte para él é bén madrasta!
    Estebo. Esbotado de vez por esa louca,
    Que só para un vizoso ten estrañas;
    Deixóume, ó despidirse, pra vosoutros,
    Cen apertas d'amigo; na confianza
    De que non-o esquenzás s'acá non vo!ve,
    Por morrer de pasión, lonxe d'a pátria
    Reinaldo. ¡lmposibre será!
    Estebo. ¡Non é moi fácil
    Olvidar a quen foi sol d'a comarca!
    ¿Estádes firmes no tratado?
    Todos. ¡Firmes!!
    Reinaldo. ¡O mesmo q'a Maróla! ¡váya váya!
    Estebo. Pois non falémos máis. Veñ'o sombreiro
    D'o máis xóve de vós. (Un alárgalllo.)
                                           Ahí van as fabas
    Q'han de fixál a sórte d'as parellas.
    O que negra quitar ¡ou mórre ou mata!
    (Quitando fabas d'o peto e botándoas n'o
    sombreiro.)
    
                             [p. 43]
    
    Unha, dúas, trés, catro, ¡ahí van as negras!
    Unha, dúas, trés, catro, ¡ahí van as brancas!
    ¿Xurádes fieles ser á esta conxura?.,.
    Mozos. ¡Sí xuramos!
    Estebo. Pois ben, cruzád'as armas!
    (Cruzan as cardeñas e bisarmas sobr'o som-
      breiro que fai d'úrnia.)
    N'é mester que vos diga q'ese mozo
    Xa non debe ver má s a luz d'a yalba,
    Anque, pra conseguilo, fôr perciso
    Que secumba un de nós n'esta demanda.
    O conto é, q'o pendon d'esta parroquia
    Que vosoutros sostês ¡quêde sin mancha!
    ¡Xurás pé d'esta fonte cumprír fieles
    Os degredos d'a sórte sô palabra
    De perder vid'e honra sempre e cando
    Non gardês coma bôs nosa comarca?...
    Mozos. ¡Xurámos poI a Crúz!
    Estebo. (Estendend'a mau.) Pois eu con-vosco
    Aceto o xuramento; e dóu palabra
    De dar todo meu sangue por cumprilo.
    Agora, córra a sorte, camaradas...
    ¡A quén ll'a dére Dios, vállao San Pedro!
    (Metend'a mau n'o sombreiro e dicindo con
    fervor.)
    ¡Sórte! ¡vólve por mín! ¡Non m'a dês branca!
    Prométoche baterme peito á peito,
    Pois nunca me gustóu ferír n'a spaldra!
    (Quitand'a primeira faba d'o fondo d'o som-
    breiro. Interés géral.)
    ¡Bravo! (Ensamiándoa.)
           ¿Védela?... ¡Negra!... Non me queixo!
                    (Transizón.)
    Agora tí, Reinaldo...¿qué tal?
    Reinaldo. (Con sentimento.) iBranca!
    Estebo. ¡Par dez! que me tocóu bô compañeiro,
    
                             [p. 44]
    
    Por máis que calquer outro m'abondára.
    Reinaldo. Sáca tí, Merexildo...
    Merexildo. (Moi ledo.) ¡Negra, negra!
    Reinaldo. ¿Quél a trocar conmigo?...
    Merexildo. Miña fada
    Me déu esta xoíña, compañeiro,
    E non a soltaréi por canto haxa...
    Reinaldo. Vêñan pois, eses cinco...
    Merexildo. ¡Non ch'os nego!
    ¿A ver quén vén á ser meu camarada?...
    Mozo 1. ¡Branca... ¡voto á mil!...
                               (Guindándoa con forza.)]
    Reinaldo. Chico ¡que facerlle!!
    Mozo 2. ¡Negriña! ¡vên pra mín (Mostrándoa.)
    Mozo 3. ¡Maldíta branca!
    Mozo 4. ¡Quedóu negra pra tí! (Mostrand'a branca).
    Mozo 5. ¡Fólgome, chíco,
    Co-eso tí verás q'él non m'a empata!
    Estebo. Agora cada moucho ó seu portêlo
    Q'eu gardaréi a Fonte, por miñ'alma,
    Por onde cruzar sole ese valente
    Atruxand'ó volver pr'a sua casa.
    (Váise cada parella por cada unha d'as pri-
    meiras e segundas cáixas de cada lado.)


    
ESCENA VI.

         
         Mínia que entra desperáda pol a última cáixa d'a ezquerda fuxind' ós(...)que de todos recibéu n'o baile ò lado de Felipe.—Síntens' asovíos e berros n'o souto.

    Mínia.
    (Entrando de presa volvéndose car'ó souto.)
    ¡Máli-a vós, si, canalla d'o pecado!
    Así s'afund'o souto, e ningun quede
    De cantos m'ofendês. ¿Qué mal vos fixen?
    ¡Todos contra de min! ¡Ai... mal sabedes
    Cal é meu corazón!... ¡Ah, bén sabía
    
                             [p. 45]
    
    O que m'iba á pasar.
    (Volvéndose cara ó porto.) ¡Alonso! tí eres
    A causa de q'eu corra desprezada.
    En van ti n'eses côrros n'apareces,
    Pro andan teus noxentos camaradas.
    ¡Ti él-o pensamento; o brazo, eles!
    É certo que por min tés feito canto
    Un home facer pode por mullere;
    Salvaches dúas veces miña vída...
    Xamáis tanto favor p odo esquencere,
    Primeiro morreréi que ser ing rata.
    Sin auga pr'os meus labros quedaréime
    Si falla che fixer; pro ¡ai! non podo
    Pagarche co-este amor q'o peito m 'enche,
    Que m'afoga e consome dia e noite,
    Que é o calor e a luz q'en min s'embeben.
    Sí eu poider'esquencer pasión tan fonda
    E crebar os grillôs con que me prende;...
    S'eu poider'á razón prestarIle oídas,
    Se libre ver o peito meu poidese;...
    Ti serías o dono d'o meu peito...
    Pro e'sto n'é posibre... ¡Odiarme dêbes,
    Alonso... ¡non-o estraño! ¡Ch'o perdono!...
    Pro ¿q'hei de perdonar s'hastra non quéres
    Usar d'êse direito que che queda?..
    Xa vês q'amor, n'é igual que agradêcere...
    (Síntense novos asovíos e voces n'o souto.)
    ¡Ai Felipe, Felipe! ¡Vên! fuxámos
    D'onde tanto interés hai por perderte.
    S'acetas esa lôita, si secumbes
    ¡Quén virá d'este escár no a defenderme?....


    
ESCENA VII.



          A mesma.—Alonso, armado de cardeña; despóis d'oir os últemos versos.

    Alonso.
    Meu corazón, meu brazo, meu alento,
    Que hastr'á morte camiñan c-a esperanza
    
                             [p. 46]
    
    De consolar teus dôres, e...
    Mínia. ¡Alonso!...
    Alonso. De velar por Felipe, si fai falla...
    Mínia. Falsario ofrecimento cando todos
    Me firen n-o teu nome e m'asoballan.
    Alonso. ¡Non por mandado meu! xúroche Mínia
    Mínia. ¡As probas m'arremito!... hipocritadas!
    Alonso. Daréich'as que me pídas!...
                                       (siguen os asovíos.)
    Mínia. ¡Unha soya!
    ¿A que tí non pos coto á esa algueirada!
    Alonso. Percurarei muller, pro eso é pouco.
    Mínia. Pois si t'escusas n'esto ¿que fianza
    Podo eu têr no demáis?.. Alonso!
                        (Vaise pol a 2ª cáixa ezquerda.)
    Alonso. ¡Mínia!
    ¿Tés máis que me pedir? ¡Traidora fada!
    ¡Aguánta corazón! recôlle forzas,
    Xa que pra secumbir tan pouco falla.
                    (Dirixíndos' a 3ª cáixa d' a ezquerda.


    
ESCENA VIII.


     
         Alonso topando com Felipe que vén en busca de Mínia.

    Felipe.
    (Con carraxe.)
    Ninguen se reu de mín hastr'o d'agora,
    Que, tard'ou cedo, ó fin, non m'as pagára.
    ¡Canto me tardas, noite... á fé que nunca
    D'a tua escuridá sintin máis ganas
    Para facer morder á alguén a terra!...
    Alonso. Hóla Felipe!
    Felipe. (Con frialdade.) ¿Qué hay?
    Alonso. Unha palabra
    Felipe. Catro anque sea: pro acaba axiña.
    Alonso. Sosega: de paz veño.
    Felipe. Así chegáras
    En sôn de guerra...
    
                             [p. 47]

    Alonso.
                                  Nada d'eso: escóita:
    ¿Tí gustas descansar n'a miña casa?...
    Felipe. Non m'atopo cansado; nin percíso.
    Agasallo ningun d'os de Mayanca.
    Alonso. Non ch'o ofrezo por mal, per'hai momentos
    En q'alento percisa nosa alma.
    Felipe. A miña á todas horas ten d'abondo
    Para limpar meus pasos de pantasmas.
    Alonso. Xa sei q'eres valente; pero escóita:
    Andas solo, estás cego, e d'as disgracias
    Ninguén pod'afirmar q'está seguro.
    Felipe. Pois tên conta de tí, ¡Vaya unha farsa,
    Vir ofrecerm'axudas quen non serve
    Pra dar alento a un pito!
    Alonso. (Aparte.) (¡Q'homildanza!)
    (Alto) ¡Felipe! tên a língua e non m'apures...
    Que xa verás quen son n'outra encontrada.
    (Con desprezo.)
    Felipe. Xa falamos d'abondo... cando quéiras.
    Alonso. Por Dios, q'un carto d'hora non tardára...
    Felipe. (Volvéndose.) Pois ¿quén ch'estorva?¿o medo?
    Alonso. (Reprimíndose.) ¡No-conozo!
    O ter hox'empeñada unha palabra.
    Felipe. Pois hastra que te céives d'ese xugo
    ¡Sigue vivíndo c-as orellas gachas!
                ¿Vaise pol a 1ª cáixa a'a ezquerda.
    (Desesperado)
    Alonso. ¡Ai Mínia , Mínia ... ¿porq'o promo cego,
    Morto me non deixóu n'o chau de Africa?..
         (Vaise poI a 2ª cáixa d'a ezquerda.)


    
ESCENA IX.

       
    Tadéa e Paula entran sostend'a Marciana que c-a razón estreviada vén andando paseniño falando c-o seu neno, morto pol a caida: supoñendo que está vivo.

    Marciana.
    (Con pouco alento.)
    ¡Que longo vou topando este viaxe!
    
                             [p. 48]
    
    (Sorrindo.) ¡Sentávos un pouquiño, picariñas!
    Voulle a dar un sustén a est'anxeliño.
    (Ó neno.) ¡Estríca!.. ¡Estrica así tuas perníñas
    (Bicándoo.)
    ¡Dáca un bíquiño máis! ¡dáca, meu ceyo!
    (Figurando darll'o peito.)
    Agora ¡un chopo máis d'a miña vida!
    (Con alegría.)
    ¡N'é verdá q'as fontiñas d'o meu sêo
    Curada levan xa tua ferida?..
    (Con voz melosa.)
    ¡Ti non tôas!... ¡ por Dios, non dúrmas tanto!
    Q'ahí ven teu papaíño... ¡qué falsía!
    ¿N'é verdá que ti es-o seu encanto?...
    (Con mêdo.)
    ¡No-nos deixa él por outra... non... ¡mentira!
    (Loitando c'os recordos.)
                (Transizón.)
    ¡Verdugo!... ¿Non foi él, non, meu diamante!
    ¡Com'íba segar él a tua vida?
    ¡Felipe... (Imaxinando vêlo.)
               Di: ¿n'e él ten fillo amante?...
    Foi tua nai..., ¡si! ¡si! ós pés de Mínia.
    ¡Fún eu! ¡fún eu!... Xesús!... ¡ai! (Esfalecendo.)
    Tadea. (Cruzand'as maus e erguend'os ollos ó ceo.)
                                        ¡Que martírio!
    Marciana. (Volvendo en sí.) (A Tadéa.)
    ¡Ou Felipe, tên... tên...! (Alargándoll'o neno)
    Tadea. ¡Trái Marcianiña!
    (Quitándollo d'os brazos e pasándollo a Páu-
    la que se colocará tras Marciana.—Ó dar
    a volta verá á Mínia asomar pol' a segun-
    da cáixa esqerda que vén catand'a Felipe.)
    

    [p. 49]


    
ESCENA X.

         
    As mesmas.—Mínia

    Tadea.
    Con imperio e tapando á Marciana c-o seu
    corpo.)
    ¡Ohu Mínia! ¡vên acá!
    Mínia. (Con desdén) ¿Qué quéres?
    Tadea. ¡Óime!
    E non m'acabes c-a pacencia toda...
    Mínia. (Achegandos' ó grupo) ¡Qué che s'ocurre?
                                  ¿qué me qués? ¡acaba¡
    ¿Ou quéres afrentarme com'as outras?...
    Tadea. (Tendend'o brazo.)
    Côrre, dill'a ese pillo agora mismo
    ¡Que veña a compracers'en sua obra!..
    (Amostrandoll'o meniño nos brazos de Páula
    Este meniño morto!...
    Mínia. (Con terror.) ¿Que dís?
    Tadea. Morto!
    (Amostrand'á Marciana.)
    ¡E sua madre louca!!..
    Mínia. ¡Aí míña xoya!!
    Tadea. E ti... beilando c-o verdugo... en tanto...
    (Ben marcado.)
    Que o ceu nos crube de maldita sombra!
    Mínia. (Cochand'os ollos co-as duas máus.)
    Pro ¿eu que culpa teño?!
    Tadea. Non te culpo...
    Con tal que fúxas d'ese mostro agora,
    Senon diréiche q'eres ti culpabre
    D'o moito sangue q'esta noite corra.
    Mínia. ¡Pro el perxura non ser pai d'o neno!
    Tadea. ¿E porqué pasóu él a mañá toda
    Impedíndoll'o paso á nai coitada
    Pra q'estorball'as moniciôs non fôra?...
    
                             [p. 50]

    Mínia.
    ¡Eso non pode ser! ¡El véu d'a Cruña
    N'a minüeta de Ramon!...
    Tadea. ¡Embrollas
    D'ese truhán! Os pés aló non puxo.
    El véu poI'as Telleiras d'and'a volta.
    Mínia. (Con rabia.) ¿E quén o veu, Tadea?
    Tadea. ¡Éstes meus ollos!
    Os d'Alonso, os de PáuIa, os de Ramona...
    Os d'o mesmo patrón d'a minüeta...
    Mínia. (Con desconsolo.) ¡Ai que treidore!
                                              ¿Con q'así?...
    Tadea. (Sinalando a Marciana que sigue co-stravio.)
                                               ¡Escôita!
    Marciana. ¡Felipe! ¿el trás a tomba? (A Mínia, como si a
    tomba lle gustase.) ¡Que garrida!
    Mínia ¿non é verdad q'é moi preciosa?
    (A Tadéa.)
    ¿Quén a visten de frores siñor Cura?
    ¡Un regaliño máis pr'a nosa boda!
    (A Mínia.)
    ¡Ohu Mínia! ¿dásme áuga por tua vida?
    ¡Anda muller, por Dios tráime unha pouca!
    Tadea. ¡Vên Marcianiña, vên, vâmos por eIa!
    ¡Trái a mau! ¡por aquí!... ¡vên, miña pomba¡
    Marciana. ¿Onde está miña nai?
    Tadea. (Sacándoos pol a primeira caixa da direita.)
                                            ¡Aqui, xoiña!
                                        (A Páula.)
    Lévaos pr'a casa míña hastra q'eu volva.
    Volvéndos'a Mínia despois d'acompañar a
      Marciana hastra deixala fora d' a scena.
    ¿Ti choras Mínia! ¡Venturosa sea
    ¡A que, sin culpa poI'ós tristes chora!!...
    

    [p.51]


    
ESCENA XI.


    Tadéa:—Mínia.—Félipe, que volve pol a1ª cáixa ezquerda, sempre en busca de Mínia.

    Tadea.
    (A Felipe.) ¡Bôa festa nes dás!
    Mínia. (Ó mesmo, arreprimíndose.) Mirá Felipe.
    A tempo estamos. A razón é crara:
    Xa q'hai inconmenente, aquí non vôlvas,
    Que ó ceo xustiza pide esa rapaza.
    Felipe, demostrando estraneza, apóyase c'os
      brazos cruzados n'o mango d'a cardeña
      disposto á dar descargos c-o mayor des-
      caro.)
    Tadea. (En sôn sentenzoso.)
    O Cura sin facer apartamento,
    Na mentres Cura sexa ¡non vos cása!
    O'scándalo ademais,!foi como sabes:
    S'antes os teus rivás te mordiscaban;
    Hoxe te roerán
    Mínia. (Esconsolada.) E a min contigo
    Sin poder defender nosas' espaldras.
    Felipe. (A Mínia con desvergonza.)
    ¡E decir que te rendes á pirmeira...
    Que lle dás a razón acobardada
    A eses lampantins q'hai media hora
    Achegándot'a min ti desprezabas?...
    ¡Teu corazón viróu ó sôn d'o vento!
    ¿Xa recollích'o guante que guindáras
    Á faz de cada un? ¡Quén me dixera
    Que tragarias ti tuas palabras! ...
    ¡Por que esa lúrpia veu e-o seu míniño..
    (Esconcertado e logo repoñêndose.)
    Apañado ó carón d'as foliadas,
    Como eu podo apañar cando chovisca
    Sin saber d'onde vén á pinga d'augua!
    

                             [p. 52]

    Mínia. (Con íria.)
    Fêcha, fêcha eses labros, que o despeito
    Te obliga á parolar d'aquesa traza!
    Débodas d'honra, se contrán axiña:
    Pro se n'hay boa fé, nunca son pagas.
    Felipe. Eso é decir... q'eu boa fé non teño?..,
    Mínia. Terás, terás, sí novamente a ganas
    Felipe. ¡Quén non á ten, és ti, que de min dudas!
    Mínia. (Crecéndose.)
    ¿Ora ques m'amostrar aquelas árras
    Que dis q'a buscar fuches hox'á Cruña
    Non tocand'hox'alí c-a tua pranta?
    Felipe. (Desconcertado.) ¿E podes probarm'eso?...
    Mínia. ¡Como podo
    Probarch'os mil enredos que ti armas
    Pra verme com'a probe Marcianiña
    C-o seu filliño morto ás tuas prantas,
    C-o xuízo perdido, ou sobr'o carro
    D'un pedáno d"aldea. ¡E índa falas!
    ¡Inda êrguel os ollos! ¡Inda sigues
    N'o meu seyo afitand'esas oIladas
    Acostumadas á xogar c-os vicios!
    Ainda como xuéz érguel a vara...
    Mais non: m'equivoquei: coma verdugo
    Para azoutar n'a: mai esventurada
    A quén furtach'amor... honra... xuízo
    Cal vil salteador que non se pára
    Nin diante d'o cruceiro d'unha vrêda
    Os ais d'o corazôn, rogos e vágoas!
    Felipe. (Con desprezo.)
    Coidei q'éras muller de máis tempero
    Pra erguerte sobr'a xisma d'eses mándrias
    A quén penso pagar, sí, non-o dudes.
    Hoxe c-unha lición d'a millor talla!
    Mínia. (C-o mesmo desdén.)
    Coidei topar en tí amor máis puro,
    

                             [p. 53]
    
    Igual ó que se acocha en miña alma,
    Que nunca n'o teu labro vil mentira
    Pra min erguer poidese as negras áas.
    Mais púden procatarme de quen éras
    N'esas horas mortás q'hoxe empregáras
    Prívándoll'a Marciana que viñese
    A chorar onda min suas disgracias!
    Sóupen, farta d'horror, as aventuras.
    Q'empeñadas ti tés contr'as rapazas
    Que más xuízo e máis virtúde amostran
    N'as parroquias destintas d'a comarca.
    (Felipe da mostras de retirarse.)
    Sóupen onde tés feítl'os concertos...
    Deténte.. e ond'arrombal a disgracia.
    En fin, q'eres mísérrem',e treidore...
    ¡Que Dios te desvotóu... q'andas sin alma!
    Felipe. (Con cinismo.) ¿Acabaches?
    Mínia. ¡So'falla que che díga...
    Que vóu a fomigal á miña casa.
    Que lével a de fume; e non te lembres
    (Vólvell a espaldra.)
    De q'en tí se pousóu miña mirada.
    (A Tadéa.) ¡Tadéa! vên conmigo, pois xa sinto
    Meu triste corazón feito mïaxas!
    Tadea. (Despedíndose con sorna.)
    ¡Adios, siñor Tenório,e non s'esquenza
    Q'hai alma e pundonore aquí en Mayanca.
    (Unha vénia e vanse pol o fondo dereito.)
    Felipe. ¡Nín por esas! Aínda non me ríndo.
    Son troádas de vran q'axíña pasan.
    Ceguiña estás por min; e coma outras
    A min te chegarás feita unha malva.
    

    [p.54]



    
ESCENA XII.


    Felipe.—Estebo, sallindo pol' a 2ª cáixa d'a direita, e pasando revista cada un á sua cardeña.

    Estebo. (Con moita sorna.)
    Gárde Dios ó galán medio sbancado!
    Felipe. (Co-a mesma frema.)
    ¡Véña en b'hora o valente en dar á lengua!
    Estebo. ¡Míre que vén a noite: téña conta
    Que un rapáz non o deixe sin cardeña!
    Felipe. ¡Andaría ó rivés o mundo estonces...
    Porqu' os páis, non ll' ensinan á sostêlas.
    Estebo. ¿Agardarán por vós pra seu enseño?
    Felipe. ¡E pensarán moi bén s' é q' así pensan!
    Estebo. ¡Vámos! cóido que Mínia te trai louco.
    ¡Xa se vê... ¡é tan cuca! Val a pena
    De perdel os narices d' un moquete
    Da mau q' hoxe a quitarcha, cal eu, veña.
    Felipe. Sendo d'a masa túa ¿quén o duda?
    Estebo. ¿Logo ti és moi duro?
    Felipe. ¡Máis q'as pedras!
    Estebo. ¡Non me parece pouco, rápi-os diabros!
    ¿D' esta terra, ou d'a túa?
    Felipe. ¡De cal quéiras!
    Estebo. ¡Moi finchado te mostras!
    Felipe. (Con moito calore.) Ménos basta
    Pra quén chega cal tí. Pois si tivéras
    Algun sangue n'a cara; n' aguantáras
    Q'a namorar á Mínia m' astrevera
    Sin sairm' ó camiño á decir: ¡basta!!
     
    Estebo. ¡O q' ha de ir ben feitiño, non quer presa:
    Foi millor agardar á que viñeses
    C-o teu calabre á honrara nosa festa..
    (Felipe da mostras de desprezo.)
    Téste por moi valente ¿n' é verdade?...
    

                             [p. 55]
    
    ¡Canto t' engaña o fúme d'a moleira!
    (Transizón.)
    Quén guinda sua honra n'os barrancos
    E trat'os fillos seus pïor q' as feras,
    E racha c-os garfelos d'a caloña
    A trasparente alba d'a inocencia;
    Quén cásca... A sua nai;... ¡non é valente!...
    Ese millor que home, quer ser besta;
    E hai que soterrálo por dañío
    Pra ver de aniquilar tanta podrémia.
    Felipe. ¡Cánta parôla escusa, siñor cheche!
    Onde mandan cardeñas sôbran verbas.
    Estebo. (Con íria.)
    ¡Sôbran? ¡Poís hála xa!... señor valente..
    (Retrocedendo de xeito que a loita quede an-
      tre bastidores, anque véndos' algo d'os
      movementos d' Estebo.)
    Felipe. ¡Hála señor cobarde!... ¡hála co-ela!
                                    (Feríndoo á traizón.)
    Estebo. Con rábia)
    ¡Ah túrdío! ¿Con q'así? á treízón? ¡tóma!
                                  (Dandoll'á desesperada.)
    Felipe. ¡Matáchesme! (Vén á caer á punto pouco
    visibre.)
    Estebo. (Salvando por riba d'el e gozándose d'a sua
    morte.) ¡Ánda, môrre! ¡alma perversa!
    Nada perd'este chau c-a tua morte...
    E anque morra eu... ¡mat'unha fera!
    (N'atopand'a q'arimarse dóbransell'as per-
       nas e apoyándose n'a bisarma vay tamba-
       eando a caer sobr'o banco de pedra q'está
      á direita.)
    

    [p.56]



    
ESCENA XIII


    Os mesmos.—Alonso e despois Mínia.—Tadéa.—Minga e Pobo.

    Alonso.
    (Entr'os bastidores d'a fondo ezquerdo.)
    ¡Alto co-as armas! (Sallindo e denténdos'ate-
       rrado ó ver os dous corpos sin movemento.)
                           ¡Ai coitada Mínia!...
    ¡Que tard'o meu socorro á entrambos chega!
    ¿Qué pensarás de min?... ¡Treidora sorte!
    Pro inda poida dar que vida teñan!...
    (Tentand'o peito de Felipe.)
    Este xa non ten pulso. A ver estoutro:
    Reciémos con auga sua testa.
    (Pillándoa d'a fonte n-os puños, recía co-ela
       a testa d'Estebo.)
    Mínia. (Azorada corr'ó lado de Felipe.)
    ¡Ai Felipe!! Felipe!!
    Tadea. (C'os brazos abertos hácia Estebo.)
                                 ¡Ai miña prenda!
    ¡Mali-a quén tal causôu!... ¡Desconsellada!
    ¡Estebo! ¡Estebo! ¡Ai Dios!
    (Afroxándoll'as fitas.)
    Estebo. Volvendo en sí e tendéndoll'a direita.)
                                  ¡Gracias... Tadéa!!
    (Reanimándose e olland'á Alonso.)
    Alonso... sê feliz... estás vingado.
    (Minga retira a Mínia, medio esmorecida,
      d'o pé de Eelipe, achegándose a Tadéa.)
    (A Mínia.) ¡Mínia... (Acercandos'ésta.)
                      Ese treidor... en paz te deixa...
    O corazón por tí sintin ferido...
    Mais hoxe d'o teu ben... cayo en defensa...
    Alonso non tomóu parte n'a lóita
    Nin-a pudo evitar... crüel non séyas...
    

                             [p. 57]
    
    (Desmáyase novamente.)
    Tadea. (Co-a maor engústia.)
    ¡Mínia! ¿que tál? ¿qués máis, por novelada.
    D'un forasteiro amor? ¡Ai d'a soberbia!
    ¡Cómo aforrar poideches este sangue
    Si fôses con Alonso cal deberas!
    Mínia. (Con abatimento)
    ¡Tés razón!... Sua mau tan xenerosa
    (Tendendoll'a sua á Alonso.)
    Bálsamo sea, sí, d'as miñas penas.
    Alonso. (Farto comovido.) (A Tadéa.)
    ¡Velêmos por Estebo! ¡Aínd' hai vida!
    ¡lnda pode salválo a mau d'a cencia)
    ¡Tadéa, teu amor prémio meresce!...
    ¡Q' Estebo para tí viva, Tadéa!...
    Minga. ¡A irrefreusión! (Sinalando á Mínia.)
                     ¡O vício! (A Felipe.)
                          ¡Os negros celos! (A Estebo.)
    Non tráguen milIor fin! ¡Vêd'a sperencia!!!


    
Teón




    
FIN D'O DRAMA.


Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.