Wikisource:Administradores

De Wikisource
(Redirixido desde "WS:A")
Isto é unha política oficial do Galifontes.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais do Galifontes. Ten unha ampla aceptación entre os editores deste wikisource e considérase un estándar
que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Atallo:
WS:A

No Wikisource calquera pode editar un texto. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores.

Os administradores poden:

  • Borrar páxinas e imaxes
  • Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
  • Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
  • Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
  • Protexer ou bloquear unha páxina
  • Editar páxinas protexidas ou bloquealas
  • Reverter páxinas rapidamente
  • Editar o espazo de nomes de MediaWiki

Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.

A elección e revogación dos administradores segue o procedemento indicado en Wikisource:Elección de administradores

Administradores [editar]

O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 5. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou através do Taboleiro dos administradores.

A lista seguinte actualízase manualmente:

Os administradores activos nos 6 últimos meses son:

Agremon contactar (Burócrata)

Administradores inactivos desde hai máis de 6 meses:

Alyssalover contactar
Moderador contactar
Rocastelo contactar (Burócrata)
Xosé contactar

Antigos administradores:

Prevert contactar

Burócrata [editar]

Os burócratas son unha clase especial de administradores con poder para nomear ou desnomear a outros administradores e burócratas.

Links [editar]

w:Wikipedia:Administradores in Wikipedia